miércoles, 30 de septiembre de 2020

TÁBOA DAS MISAS DE FUNDACIÓN EN SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA ( 1759 )

1,.< ROI GONZÁLEZ e ÁLVARO GONZÁLEZ DE  RIBA DE NEIRA,  corenta  e catro  misas rezadas, en días de luns de cada un ano e corenta e tres responsos rezados  nos ditos días , coa obriga de conservar a  CAPELA DE SAN LOURENZO. ( 44 )

2.-GÓMEZ PÉREZ, sete  misas rezadas  e unha cantada despois de Todos Santos ; máis cincuentae e dúas misas cantadas  e trece responss cantados  en mércores, xoves  e sábados coa obriga de coser  DE  var a CAPELA DE SAN BATOLOMEU, ( 60 )

3.-SR CONDE DE TRASTAMARA E  DE LEMOS , DON PEDRO, duascentas  corenta e dúas misas rezadas, despois de prima. (242 )

4.-SEÑOR CONDE DE LEMOS, DON RODRIGO,  cincuenta e dúas misas  cantadas cos seus responsos todos os sábados, á Nosa Señora<( 52 )

5.-SEÑORA CONDESA DE LEMOS, DONA BEATRIZ,  dazaseis misas rezadas con tres responsos cada unha en dazaseis martes do ano, polo DUQUE DE ARJONA ( 16 )

6.- ----------------------- 

7..- DONA FABIANA  GUITIÁN DE RIBA DE NEIRA, unha misa  cantada co seu aniversario na Infraoitava de Defuntos, túmulo, clamor de campás e responso máis dazaseis misas rezadas , oito en festividades da Nosa Señora e oito na Infraoitava de Todos Santos. ( 17 )

8,- DON PEDRO DE SAAVEDRA, tomou o Padroado de San Xosé e por el e os seus hai que aplicar  unha misa cantada  con sermón o día do Santo , na dita Capela,  e cnco misas rezadas  en cada un ano
( 6 )

9.-XOÁN CASTAÑO, dúas misas rezadas  en cada un ano ( 2 )

10.- CATARINNA  QUROGA unha misa rezada  con responso día de Resurreción ( 1 )

11.-MÓNICA DE ARBIETO , unha misa rezada  con responso no altar  da Nosa Señora, día da Anunciación.( 1 )

12.- DON ANTONIO LOSADA, unha misa cantada con vixilia, responso e campás, Día de Defuntos, e oito rezadas na Infraoitava ( 9 ) 

13.-VASCO DE PÁRAMO ,unha misa rezada en cada un ano ( 1 )

14.- PEDRO RODRÍHGUEZ, unha misa rezada ( 1 )

15.- DON GASPAR DE QUIROGA e DONA MARÍA PALLARES unha misa cantada con ministrose responso no Altar Maior, Día da Expectación da Nosa Señora, Máis doce misas de Alba  cos seus responsos en doce Domingos, en cada mes do ano unha ( 13 )

16.-ALONSO MOURÍN, unha misa rezada ( 1 ) 

17- ALONSO GALLINA  e MAIOR FERNÁNDEZ , dúas misas rezadas cos seus responsos ( 2 )

18.- LEONOR ÁLVAREZ, unha Misa cantada día da Anunciación ( 1 )

19.- ANTONIO LÓPEZ DA PONTE RIBEIRA, unha misa rezada ( 1 )

20.- IÑIGO LÓPEZ DE OROZCO, unha misa cantada  con responso Día da Cruz no altar do Santísimo Cristo, Máis tres misas rezadas con responsos días de San Sebastián, Santa Lucía  e Nosa Señora de  Agosto. Máis un responso cantado cada primeiro domigo do mes na dita Capela (  4 )

21- DON GREGORIO DÍAZ,dez misas rezadas  días de San Gregorio Magno ,San Xosé, San Xoán Bautosta, San Pedro, Asunción da Nosa Señora, Natividade da Nosa Señora, San Francisco de Asía, Santo André Apóstolo e outra na Infraoitava de Defuntos ( 10 )

22-DONA INÉZ e DONA FRANCISCA DE RIBA DE NEIRA, dúas misas cantadas  cos seus responsos na Infraoitava da Asunción, unha dela dos reíduos   por non haber máis residuos de cantadas (2 )

23.- XOÁN CONDE , dúas misas rezadas  cos seus responsos  riba da súa spultura, día da Asunción da Concepción ( 2 )

24.-ALONSO LÓPEZ ,unha misa rezada día da Sunción ( 1 )

25.- MAIOR FERNÁNDEZ, unha misa rezada con responso  día de San Bartolomeu ( 1 )


10.-

POEMA ADICADO A BIENVENIDO DIAZ DE FREIJO ( 1903 )

BI ENVENDO DÍAZ DE FREIJO,  autor de obras teatrais e fundador do comerzo xeneralista BAZAR  EL SIGLO ( Caa de Freixo), foi o auténtico animador social no CASINO e na vida ordinaria da vila de Sárria, Ao voltar de América  abriu o establecemento comercial  e estreou varias obras teatrais da súa autoría, Fíxose acreedor a unha sentida homenaxe que lle ofrceron nun xantar organizado na Carballeira das Insuas.

O xornal lucense  EL NORTE DE GALICIA de 3 de agosto de 1903 , referíndose á estrea  de "El Despacho del Doctor" publicou o seguinte poema:

                    A Bienvenido  Freijo

        Cansado ya del viejo y nuevo mundo,

        En adorar a la estéril burocracia ,

        Has venido, por suerte, o por desgracia,

        A tener un destino más fecundo,

        El comercio te atrajo, y me confundo

        Al verte ahora en plena "democracia"

        Con tu habitual distinción, y con tu gracia,

        Al frente del "Bazar" hoy sin segundo ,

        Me  llena de  sorpresa y estupor, 

        Tanta aptitud diversa reunida,

        Y entre todas, por suerte, es la mejor.

        Lo que en tu accidentada vida

        Nos revela "El Despacho del Doctor"

        Obra de  chiste y de talento henchida.

    

DENUNCIANDO FALCATRUADAS DOS CACIQUES EN LÁNCARA ( 1922 )

( LA ZARPA, 7 de maio de 1922 )

MOVEMENTO AGRARIO NA POBRA DE SAN XIAO

Cando as xentes chegaban para escoitaren a palabra de redención do pobo galego, o suboficial da garda civil achegouse ao médido D, Pedro González  dicíndolle que tiña un telegrama do Gobernador de Lugo,  Xosé Csrrrera Romiño, suspendendo o acto cidadán< e que cos sete gardas que tiña ao seu mando ía verse na necesidade de executar o mandato. Nese mesmo momento o camarada Carid , preguntáballe aos organizadores o motivo, Arturo Rivera e Manuel Älvarez ,manifestaronque o alcalde don Xulio  Frsnco tiña dado o permiso, pero o día 20  don Xosé Quiriga Espín. irmán do deputado en cortes pola circunscripción  D. Xoaquín Quiroga, fora á súa casa amenazándoo  coa destitución se concedía a licenza, véndose obrigado a denegalo oficialmente, aínda que como veciño o vía con gusto.

Como os campesiñas tiñan verdadeira ansiedade por escoitar a palabra de un propagandista que lles explicase  o contido do programa agrario, seguiron aos oradores ate un pobo de perto onde no medio do maior entusiasmo se celebrou o comicio,,,,,,

Remata a súa intervención o camarda Carid glosando o que acaba de escoitar  e dí que non lle era posible crer que Roxelio Álvarex, avogado, Xuiz municipal que leva a administración do Pazo de Láncara , rebaixase o título e o carg, facendo os máis indebidos papeis polo dez por cento que o"señor" lle dá  do total das rendas polos traballos do cobro, co enadido da metade dos froitos que produce a finca  que hai darredor do despreciabble pazo; cousa triste pensar que un avogado se preste a percurar  no pobo sete mozos para que de mañá cedo peten na prta do cuarto onde durme o don Xerardo Bermúdez ( *) os días que ven de Madrid a esta aldea, valéndose da debilidade  do señorío que malia os seus anos  gustou da vida alegre, de sacar  en andias ou padiolas, en "traxe de Adán" a un home o día despois  da festa do Carme que se celebra o 13 de xullo, levándoo ate o pazo para exhibilo como acto gracioso ao señorío, para rematar por caer o pobre home no chan, sofrindo ao momento a rotura das dúas  íngolas , hernias que lle produciron inutilidade, e observan como ofende a vosa clásica festa interrompendo os  vosos bailes campestres pola preferenza  de que o señorio   ven a danza do cabalo ao que acompaña un criado no campo da festa;; fai indginar ao cidadán máis retrógrado que ha ouservar estes feitos  como a supoervivenza  do carbón aceso que dentro dun vaso de auga se levaba ao señorío un día en cada un ano ; o ramiño de flores que outro tiña que entregar  aos colonos; o célebre pote de papas que seguido da gaita chegaba tamén ao pazono día do Entroido, e en que os donos do dominio útil traíanen brazos do señorío todas estas obrigas establecidas na maioría  dos contratos forais "

( * ) XERARDO BERMÚDEZ DE CASTRO ( Xerardo Láncara  ) Señor de Láncara , famoso en Madrid pola súa vida desenfadada. Deixou todos os seus bens á Deputación da Coruña ( os pazos de Bergondo e Láncara entre eles)

martes, 29 de septiembre de 2020

DETENCIÓN NA POBRA DE SAN XIAO DE REPUBLICANOS CONCENTRADOS EN LUGO ( 20.07.1936

Ao ser declrado o estado de guerra na cidade de Lugo os republicanos procedentes de lugares da provincia  que foran concentrados no Hospital dispostos a defender a legalidade constitucional abandoaron precipitadamente  a capital voltando para os seus lugares de procedenza, uns a pé, e outros servíndose dos camións e coches nos que na mañá daquel día foran mobilzados secundado as ordes emanadas do Goberno Civil-

En direción a Sárria e Monforte darredor das seis da tarde  pasaban pola Pobra de San Xiao ( Lánca) dous camións , no dicir do comandante de posto da Garda Civil, Emilio Iglesias Vázquez,  completamente cheos de sediciosos , en direción a Sárria, e ao pasar por diante da Casa Cuartel, a forza ali destacada  e se n se preocupar  das diferencias numéricas  de forza xa que oss  sediciosos calcúlase o seu número nuns corenta, deulles o alto, botándose aqueles fora dos autos e dispoñéndose a facer fogo contra a forza do Corpo, e visto isto rompeuse fogo contra os sediciosos, fuxindo os ocupantes  o primeiro camión, e capturando aos do segundo  que resultaron ser :

XERARDO LÓPEZ CASTAÑO,de 26 anos, solteiro,natural e veciño de Vilar ( Sárria) e garda municipal da repetida vila.

FRANCISCO  LÓPEZ  VILA ,  de 20 años, solteiro,natural e veciño de Sárria. 

ROXELIO  LÓPEZ CALVO, de 23 anos, solteiro, natural e veciño de Monforte

XOÁN SANTÍN SÁNCHEZ, , de 23 anos, solteiro , natural e veciño de Monforte.

RICARDO LÓPEZ LÓPEZ,  de 27 anos,solteiro, natural da Arxentina e veciño de Vilapedre. (Sárria)

XOSÉ NODAL PENA, de 27 anos, solteiro,natural de Pontevedra  e veciño de Vilapedre 

AVELINO LÓPEZ PÉREZ, de 35 anos, natural e veciño de Doade ( Sober )

ELADIO GONZÁLEZ,  de 25 anos,natural e veciño do repetido Doade

XOÁN MANUEL DONEGO LÓPEZ , de 47 anos,natural  e veciño de Monforte

RICARDO LÓPEZ SOMOZA, de 24 anos, natural e veciño de Monforte

ANTONIO SÁNCHEZ CANALEJO, de 26 anos, natural de Madrid e veciño do mesmoe  punto

LUIS  PÉREZ  ALONSO , de  18 anos, solteiro natural de Lugo e veciño de Monforte 

ELOY LÓPEZ CANO,  de 21 anos, solteiro, natural e veciño de Sárria,

MATÍAS RODRÍGUEZ VARELA,  de 23 anos, solteiro , natural e veciño de Sárria

XOSÉ POMBO AGUIRRE, de 22 anos, solteiro,natural e veciño de Sárria

XOSÉ LÓPEZ ARIAS, de 26 anos, solteiro, alcalde pedáneo da Pinza ( Sárria)

XOSÉ QUIROGA PÉREZ,  de 27 anos, casado, natural e veciño de Sober

MANUEL SEIJO LÓPEZ, de 26 anos, solteiro, natural e veciño de San Martiño de Oleiros(Láncara)

XOÁN ARMESTO ÁLVAREZ, de 35 anos, solteiro, natural e veciño de Doade ( Sober )

DANIEL CANEL GONZÁLEZ, de 48 anos, solteiro, natural e veciño de Lobios ( Sober )

EMILIO MARCOS  DÍAZ, de 39 anos, casado, natural e veciño de Doade

CLAUDIO GARRIDO LAGO,  de 31 anos, casado, natural e veciño  de Sárria, garda municipal da dita Vila

BENIGNO LAGO DÍAZ, de 31 anos, solteiro, nattural e veciño de Sárria, garda municipal da mesma Vila

Armas ocupadas;  1 rifle,  14 escopetas,  5 pistolas , 2 revólveres e unhas 20 bombas de dinamita cos seus detonadores  e mechas correspondentes  cargados con cristais e pedras.

O día 4 de agosto o mesmo comandante de posto declara que " todas as armas enontradas foron entregadas aos elementos de "Falange Española", que nos primeiros días se puxeron ao lado da forza estando no seu poder  ata estes últimos días  en que foron entregadas  na Comandancia Militar de Lugo

NOTA.- Ninguha referenza se encontra ao veciño de Sober que  morreu a consecuencia de disparos dos gardas  na Pobra de San Xiao e cuxa morte consta en acta no Rexistro Civil de Sárria






lunes, 28 de septiembre de 2020

FUNDACION DO MAORAZGO DO PAZO DE VILASANTE DO CAMIÑO EN SÁRRIA

 

 FUNDACIÓN  DE VINCULO E MAORAZGO POR DON XOÁN GARCÍA CAPÓN 

( Casanova da Pobra de Triacastela,  4,02.1662)

De unha parte: ANA DE RUBIÁN E QIROGA( viuva do capitán Mendo de Ribera e Reimóndez ) ; PEDRO DE RIBERA E QUIROGA ,licenciado , cura de Santa Mariña de Vilaesteva de Herdeiros , DIEGO DE RIBERA E QUIROGA. Da Casasola en San Salvador de Toldaos.                                            Da outra parte : PEDRO GARCIA CAPÓN , de Santalla de Guilfrei

Para casar a ANA DE RUBIAN E QUIROGA, irmá de Pedro e Diego con Pedro García Capón,danlle xunto coa súa nai, de igual nome, unha DOTE de 600 ducados en diñeiro,renda, vestidos, camas de roupa e outros bens.

Pedro García Capón  dalle en ARRAS 500 ducados no mellor e máis ben parado dos seus bens.

Fundado  no feito de que é doncela virxe .,persoa e de moita calidade e ser el viuvo con fillos.

O irmán do noivo, o licenciado XOÁN GARCÍA CAPÓN, cura de San Martiño do Fontao ( Sárria ) fai

vinculo  coa obriga  de unha misa semanaria o sábado da Virxe na capela da súa casa de Vilasnte, sinalando  os seguintes bens: As casas altas e baixas  e bens de Vilasante, Cinco fanegas de pan de renda  na Casa de Pedro de Outeiro de Manán; na Torre d Meixente cinco fanegas ; 12 fanegas de pan e 2 galiñas na casa de Francisco de la Iglesia, no Leimán; 7 fanegas de pan en Mendrós, na casa  de Bartolomeu Mourín; fanega e media de pan, na casa de André López de San Mamede do Camiño; media fanega de Cosme Vázquez de Castelo:; media fanega de pan de Brais López do Rigueiro;; no lugar de Sabela da Ribeira , un leitón e 6 capóns ; 5 fanegas na casa de Domingos Simón do Fontao ;na casa de Xoán López do Outeiro de Fafíán  media fanega de trigo; na casa de Neiras de Fafián unha fanega de pan ;no lugar de Pedro da Airexe de Fafián  2 fanegas de pan ; no lugar de Pedro do Castro media fanega de pan; en Castelo de Loureiro 8 fanegas na casa de Pedro Afonso Grixo; en Traslodeiro de Chorente 4 fanegas de pan e 4 capóns ; Alonso Fafián media fanega de pan por un prado; na casa de Pedro da Condomiña 5 celemins de pan por outro prado; de Antonio Fernández , ferrador, veciño de Sárria, media fanega pola Cortiña da Lama Rigueira;no luigar de Arxivide  9 ferrados de pan na casa de Francisco Pardo "O Novo"; na casa de  Domingos López de Vilasante, 7 ferrados. Totalizaban a renda aneira de 61 fanegas de pan, 16 galiñas  e capóns e un leitón cebado,

Ademáis  aportou ; 1 xarra de prata de 17 reais de a oito, branca e lisa;unha salvilla de 17 reais de a oito e un saleiro de campá  branco de peso de 68 reais de a oito; unha cunca grande cunha  cuncha de  Santiago no medio, de peso 10 reais de a oito. Todo  por vía de mellora e maortazgo. e sinala ao seu irmán e a Ana de Ribera e Quiroga para que o sucedan nos ditos bens,

Xoán García Capón estivera casado con Gracia Fernández e tiveron un fillo mudo e xordo, que debera ser dotado polo seu tío Xoán, e por non ser capaz , sinala novo vínculo para o primeiro fillo varón de Xoán García e Ana de Ribera.

Dentro dos 600 ducados de dote , por valor de 200 ducados, entrou a seguinte renda:6 fanegas menos cuartal de pan na Casa de Domingos väzquez e María Pérez.viuva de Cosme Vázquez, en Suaxe;Na casa do crego Pedro López de Suaxe, cinco fanegas menos un celemín de pan; Media fanega na casa de Pedro López de Suaxe; Na casa de Sebastián Núñez de Suaxe tres fanegas de pan. Total> 14 fanegass de pan e un celemín-

Testemuñas: Pedro Osorio, cura de Cancelo;Domingos López de Balboa, cura de Guilfrei;Lourenzo García, cura de Santalla do Alfoz e Santa María do Monte; Franciso López, "gaiteiro"veciño de Lagares; Pedfro López de Balboa, de Santalla; Alonso Tallón, das Encrucilladas;Diego López Reimóndez do Couto de Narón;Francisco de Neira, do Couto de Cedrón e Domingos Vázquez da Seara en Cedrón. Escrtibán: Pedro Fernández de Sanjurjo.

Esta escritura foi a fundacional do VINCULO E MAORAZGO do Pazo de Vilasante do Camiño, parroquia de San Martiño do Fontao en Sárria, coa obriga dunha misa semaneira na capela da Virxe existente no pazo,



































sábado, 19 de septiembre de 2020

A DOTE DUNHA MOZA CASADEIRA DO COUSO DE PIÑEIRA ( 1706 )

 O día 31 de xaneiro de 1706 ALONSO LÓPEZ REGUENGA , a súa muller  SABELA LÓPEZ, a irmá celibata CATARINA LÓPEZ, do Couso, e ANXO PÉREZ de Vilagudín, concertaron o casamento de ANDRÉ LÓPEZ  e MARÍA GONZÁLEZ, filla de  PEDRO PÉREZ E DOMINGA LOPEZ.,

A dote prometida a MARÍA GONZÁLEZ DA HERMIDA foi a seguinte:

24 castiñeiros na Ribeira da Mosqueira  en Vilar da Vara ( A Cuvela ) coa súa ouriceira

1 fanega de pan de renda.-  1 tega na Casa de  Roque do Sío e na de Miguel Pérez de Vilagudín en 20 ducados por ela.,

16 tegas de pan, 1 quintal de ferro para labrar en banda.  Medio canado de viño. Unha colmea de mel , cera e entena  de abellas  co seu trobo.

1 touciño. 1 unto mediano. 1 caldeiro de ferro  de porte de unha  fanegs, 1 ucha coa súa pechadura , de madeira de castiñeiro, nova  de porte de 20 tegas.

7 cabezas de gado vacún , de enttre eles un boi manso de carro e arado  de  valor de 100 reais e o demais de dar e tomar.

25 cabezas de gado menor, ovellas e cabras,  de dar  e tomar.. 

Unha cama de roupa de a tres pezas, 3 sabas,  3 almofadas  de lenzo, 3 cabezais de estopa coa súa pruma, 3 mantas de saial galego novas.

Un ferrado de liñaza, 3 meas ou marañas de liño.

E ela  vestida de 2 vestidos  que se compoñen de dúas saias,  de pano, novas e dous mantelos de pano de Segovia novos e un cinguideiro  do mesmo, novo, e a roupa que ela tivese  de cada día,

Catarina  López  dalle ao seu sobriño André López a metade dos seus dereitos  e noméao por herdeiro universal seu.

Testemuñas ; Antonio López,  André López e  Xoán López, veciños do Couso, parroquia de San Miguel de Piñeira, na parte da Xurisdición de Samos.

.............................................................................................................................................................  

Moitas veces as amplas e xenerosas dotes prometidas , no desexo de que a moza matrimoniase,, non se  entregaba nos prazos sinalados, ou só entregaban parte dos bens, dando lugar a pleitos entre cuñados ou consogros, rematados en moitos casos con rebaixas.

Unha modalidade de dote  era a concedida por cregos a algunha das súas sobriñas, creando vínculo e con moi xenerosas aportacións.

A MORTE DE MANUEL GONZÁLEZ LÓPEZ DE CORVELLE(SÁRRIA) 25.07.1936

Aos poucos días de se impoñer o Estado de Guerra en Sárria comezaron a se producir mortes en diversas parroquias.. Unha delas foi a do veciño de Santa María de Corvelle Manuel González López , á que se refiire o seguinte informe do Xefe de  Liña da Garda Civil de Sárria :

" En cumprimento ao que me interesa na súa comunicación de data 30 de Xullo -ultimo , teño  a  honra  de participarlle á VS que a morte do viciño de Corvelle MANUEL GONZÁLEZ LÓPEZ , ocorrida na mañá do día 25 do anterior, sobreviu a consecuencia dun disparo  de arma de fogo nun tiroteo sostido por un grupo de falanxistas con outros paisáns do pobo, na ocasión de se acharen practicando un servizo na dita parroquia, sen que se poida precisar  quen foron nin de quen partiu a citada morte téndose só averiguado que o morto  era un perigoso comunista e que fuxía no  momento dos disparos.

Viva  VS moitos anos.

Sárria, 5 de Agosto de 1936

O Xefe da Liña : Gullón Baladrón

Sr. Xuiz de Instrución do partido de Sárria