Casiano Pérez Batallón

CASIANO PÉREZ BATALLÓN.- Propietario, veciño de Sárria. Foi Senador do Reino e Deputado a Cortes. Casou con Xosefa López Méndez, e tivo cinco fillos: Manuel, Xesús,  Dores Antonio e Xosé Pérez-Batallón López.
Faleceu en Sárria o 1 de xullo de 1903 ás  3 e cuarto da tarde. O xornal lucense   "El Norte de Galicia "  incluiu esta nota no seu número do 4 de xullo de 1903:
EN SÁRRIA.- O SEÑOR PÉREZ BATALLÓN.
     Cumprimos onte o deber de asistirmos aos funerais  d Sr. D. Casiano P´rez Batallón e rezar unha oración diante da súa tumba.
     Como nós cumprírono miles de peroas unidas á distinguida familia  do finado por lazos  rdytritos de amizade e aefeto e de agradecemento perdurable. Todo Sárria  e moitas xentes da contorna tomaron parte direita neste grande loito daquela vila formando no numerosísimo cortexo fúnebre, e enchía o camiño entre a casa mortuoria e o cemiterio.
     Ás dez  en punto comezou a vixilia na magnífica igrexa do conventodos PP Mercedarios , asistindo dende o primeiro momento , no se sitial do presbiterio , o Excmo e  Ilumo. Sr. Bispo  da diocese, que así deu  unha proba singular do aprecio en que ten á familia do Sr. Batallón. Estivo o sabio Prelado acompañado do señor Alcipreste do partido deSárria D,Xosé López Somoza e do párroco de Santa Mariña de Sárria.
     Máis de setenta sacerdotes, revestidos de sobrepelliza, ocuparon o sitio destinado ao clero, e terían pasado do cento , tal é o prestixo de que goza a casa do Sr. Pérez Batallón, se non estivesen moitos señores no seminario praticando exercizos espirituais.
     Formaron o dó o direitor espiritual e Comendador P. Inocencio López , o fillo do finado , primeiro tenente da arma de Cabalería , D.Antonio; o fillo politico  e destacado  membro do Colexio Xurídico desta rexión D. Agostiño B elloso; os testamentarios  e íntimos do finado D. Luciano Macía eD. Camilo González Cabarcos ; o Predente da Deputación de Lugo, señor Vázquez de Parga; o  direitor do Instituto xeral e téinico  Sr. Portabales; o Rexistrador da propiedade de aquel termo D. Xesús Rodríguez Guerra, o deputado provincial Sr. García Vaamonde, os señores Neira Solance ( D. Euxenio ), Gallego ( D. Anxo ) ,Macía ( D. Amador ), Saco ( D. Manuel ), Pedrosa e Pérez ( D. Xabier ), Sarry ( D. Santiago ), os expresdientes da Deputación  Sres. Maseda ( D. Pastor ) e Pardo Rodríguez ( D. Xosé Bieito ), o exdeputado e avogado de Monforte (D. Darío ); Vázquez Castiñeiras, e o direitor de EL NORTE DE ESPAÑA.
Concorreron os irmáns e sobriños políticos do finado D. Xosé  López Méndez, D. Xusto Regueiro López e D. Antonio López e López.
     De Samos viñeron o Abade mitrado daquelMosteiro ; D. Antonio Losada; D, Antonio Pardo Vila ;D. Manuel Losada Arrojo de Saa; D. Fermín Pérez  e outros. Do Corgo,  de Paradela , de Láncara viñeron varias persoas engte elas don Salustiano  Fernández e don Xesús López.
De Lugo ademais dos citados  foron o enxeneiro Sr. Lois e os direitores dos xornais lucenses.
O enterro foi un momento solemnísimo, ao que deu realce  singular o sol que alumeaba  a belísima paisaxe domagnífico val de Sárria, que dende tal altura produce unha emoción estéticamoi intensa.
Oficiou o señor cura párroco de Cesar  D. PaulinoVázquez López  e de diácono e subdiácono  o do Fontao D. Seafín Marcos Rodríguez e o presbítero D. Severino Vázquez.
    As campás  das igrexas de Santa Mariña, de San Salvador ,da igrexa conventual  e as de Farbán non pararon de tocaro toque fúnebre   e devagar  destas tristes cerimonias  ata que a comitiva se disoveu ao sair do cemiterio.
     Pola casa do Sr.  Pérez Batallón  , na que se xuntaron todos os os fillos dofinado,tendo a dita de rodear o seu leito antes de morrer, pasaron estes días centos  de perosas de tódalas clases  sociais e nela se recibironnumerosas cartas e telegramas de pésame. Do lado daqueles non se separou nin un mometo o irmán politico do Sr. D. Manuel Batallón, D. Amadeo Macía, e no medio da intensísima dor que reina naquela morada entrou desde o primeiro momento a forza consoladora  do recordo vivo das virtudes exemplares do finado, da maneira de morrer com o os xustos e dos respectos grandes  e simpatías singulares  que se puxeron de relevo neste dó, que foi xeral en Sárria, e do que participan os numerosos amigos que fora de Sárria teñenos Sres. de Pérez Batallón.
Proba disto foron este funerais  solemnísimos , aos que a arte por medioda capela dirixida con singular acerto polo mestre Sr. Torres  deulle o debido realce.
      De novo enviamos aos señores de Batallóno sincero testemuño da nosa  participación na súa mágoa.


Comentarios

Publicacións populares