Conde don Rodrigo Alvarez

                                                DON RODRIGO ÁLVAREZ

             Unha das máis fermosas manifestacións da vida de Galicia no social e político durante o século XII  foi a serie non interrompida de peregrinacións aos Lugares Santos de Xerusalén. Estas tan arrriscadas como gloriosas expedicións nos máis dos casos  coa fin principalmente piadosa levaban outra politica, cal era a de prestaren axuda e socorros aos que naquelas apartadas rexións  se comprometeran a  manteresn ergueito o pavillón do Nome cristián. Considerable foi o continxente co que o noso país dende a primeira Cruzada contribuiu a tan noble empresa; pois nos documentos da época é moi frecuente a mención de persoas que se dispoñían para marcharen á Terra Santa. Mais o principal repersentante deste movemento m que tan activo e enérxico se amosaba na nosa rexión, foi o Cabaleiro don Rodrigo Álvarez.

    Don Rodrigo era fillo de don Álvaro Rodríguez,- un dos principais cabaleiros da Corte don Fernando II, -  e dona Sancha Fernández, filla de don Fernando Pérez de Traba e de dona Tareixa , Raiña de Portugal. Os seus avós , tanto o paterno , don Rodrigo Velaz , Conde  de  Sárria, como o materno, don Fernando  Pérez , fixeran a viaxe  a Xerusalén, e o segundo por dúas veces. O seu neto, don Rodrigo, herdou, pois, dos seus maiores a súa entusiasta devoción cara os Lugares Santos. Ata onde chegaba a xenerosidade  da súa alma  revelouse dende o momento no que polos anos 1168 se asociou a don Pedro Fernández de Fuencalad,a a don Pedro Arias e a outros magnánimos cabaleiros para  a fundación do insine Orde militar de Santiago, na que foi comendador de Monsante e Abrantes en Portugal
    
        Mais España enteirí pareceulle a don Rodigo reducido campo; e por outra parte o seu espìritu  aspiraba a outros trofeus que os que se poden alcanzar  coas armas materiais; o vencemento  del mesmo e a completa sumisión de todo o que na nosa fráxil natureza  está preparado a sacodir calquera xugo, Con este propósito encamiñouse a Roma , onde obtivo faculdade do Papa Aelexandre III para abrazar  o Instituto cisterciense. Isto non foi senón a preparación para máis arduas empresas. Darredor do ano 1175 á fronte de varios cabaleros españois parteu para Xerusalén.  En chegando a Palestina  recobrou varias terras e castelos, e estableceuse cos seus compañeiros nunha fortaleza sita no Monte do Gozo ( Mos Gaudii) na entrada da Cidade Santa.

       Posesionado de aquel castelo , deu volta cara Europa coa fin de sacar a autorización e os poderes neecsarios para a fundación oa Orde que el ideaba, e espallalado nosa Penínsua.

       Deullos ben compridos o Papa Alexandre III en Bulda despachd a en Túsculo o 24 de novembro de 1180; e o título que por virtude dela tomou o novo Orde foi o de Montegaudio ou Montis Gaudii.

       De Roma pasou don Rodrigo a España, onde en 25 de marzo  de 1181 o achamos en Villalpando, confirmando a doazón que don Nuno Peláez lle  fixo á Orde de Santiago do Castleo do Courel.Por aquel entón o seu antigo amigo e compañeiro, o Mestre de Santiago, cedeulle o castelo de Monfragüe ou Almofrag, perto de Alcántara , na ribeira do Texo; e tan favorable acollida acharon en España os proxectos de don Rodrigo, que no dito castelo de Almofrag  puido estabecer a cabeza do seu Orde na parte Occidental da Penínsua.

       Pasando depois a Aragón obtivo do Rei , don Alfonso II, o castelo de Alfambra perto de Teruel, que sinalou como cabeza do seu Orde naqueles estados.
          Encomendada a custodia desta casa ao Cabaleiro don Rodrigo González, que despois o sucedeu no Mestrazgo do Orde, volveu para Palestina, onde ao pouco tempo as vitorias de Saladino aniquilaron case de todo o poderío das armas cristiás.

        Perdida Xerusalén, e tamén por iso Montegaudio, no Outono de 1187, don Rodrigo tivo que voltar para España; mais aquí a súa actividade non permaneeeu ociosa, senón que  se empregou con todo afán noutras obras non menos meritorias e de proveito para a sociedade craistiá. Ademáis da de Alfambra, en Teruel, fundou unha casa, titulad do Redentor, cuxa misón era rescatar aos cristiásns que xacían cativos en poder dos nemigos  da Fe.

        Non é noso ánimo escrbirmos neste mome a biografía do insine fundador da Orde de Montegaudio, de Alfambra, de Almofrag  e de Trujillo; que con tan diversos nomes o seu Orde foi coñecido.

        Abonda agora con sinalar algús rasgos máis carcterísticos  da súa vida para chamar de algún  xeito a atención sobre este ilustre personaxe  tan pouco coñecido na súa patría.
         Despos dos sucesos apuntados , pouco puido sobrevivir  don Rodrigo Álvarez. O seu cadáver  foi sepultado no convento de Alfambra , perto de Teruel.
          No ano 1221, o santo rei don Fernando incorporou a Orde de Montegaudio á de Calatrava , que tamén era Cistercense.

                                                  ANTONIO LÓPEZ FERREIRO

                  NOTA: O insine historiador  , escriror fecundo e coengo compostelán, don Antonio López Ferreiro,  foi fillo de pai nado en Santo Estevo de Calvor, freguesía entón pertencenee á Xurisdición da Abadía de Samos.

Comentarios

Publicacións populares