Escolas Públicas

ESCOLAS PÚBLICAS DE SÁRRIA ( Curso 1959/1960 )

                                             Alumnos da Escola de Nenos Nº 1

       Apelidos e nome                  Idade     Pais/responsable    Profesión                      Domicilio

01.-FRANCO ESPÍN, Henrique  ( 5 anos )Ruperto/Alicia  ( telégrafos)¿ Maior ? (Marqués de Ugena)
02.-FRANCO ESPÍN, Xosé Antonio ( 8 anos)  Ruperto/Alicia ( idem )¿Maior ? ( Marqués de Ugena)
03.-GALLEGO LÓPEZ, Luis  (7 anos )       Severino/Ermitas  (comerzo)          ¿ Marqués de Ugena ?
04.- GONZÁLEZ LÓPEZ,  Fernando ( 6 anos)     Xosé/Mariña   ( xornaleiro )                  San Lázaro
05.-LÓPEZ ARIAS, Alfonso  ( 11 anos )                      Pilar (pensionista)                        R. de Castro
06.-LÓPEZ ARIAS, Arlindo ( 10 anos)                         Pilar ( pensionista )                     R. de Castro
07.-LÓPEZ CORTIÑAS,.................. (7 anos )         Eloi/Palmira  (xornaleiro)       San Lázaro              
08.-LÓPEZ LÓPEZ, Pablo ( 9 anos )                             Pedro/Elvira ( comisionista)                  Maior
09.-LÓPEZ LÓPEZ, Pedro ( 8 anos )                            Pedro/Elvira ( comisionista)                  Maior
10.- LÓPEZ MACÍA, Alfonso ( 6 anos)                       Alfonso/Xosefa ( obreiro)          Padre Severino
11.- LÓPEZ MENÉNDEZ, Francisco Manuel ( 7 anos)Anxo/Irene ( comisionista)           Diego Pazos
12.-LÓPEZ SAAVEDRA, Rafael  ( 11 anos )               Manuel    (  Mestre  )           Marqués de Ugena
13.-RIVERO GONZÁLEZ, Xosé María  ( 6 anos ) Manuel / Mona ( obreiro )                           Maior
14.-SAAVEDRA MONTES , Anxo ( 10 anos )       Manuel (encargado)-mestre.     Marqués de Ugena
15.-SÁNCHEZ  GARCÍA, Xosé  ( 6 anos ) Bautista e Adela  ( obreiro )                              A Pedreira
16.-SÁNCHEZ LÓPEZ, Xesús (9 anos )    Xosé/Carme (  carpinteiro )                           Xosé Antonio
17.-VÁZQUEZ LÓPEZ, Xosé ( 6 anos ) Teodoro/Amparo (obreiro)                                    A Pedreira
18.-VÁZQUEZ SAAVEDRA, Matías   ( 6 anos ) Luis/Mariña (   )                          Marqués de Ugena
19.  VÁZQUEZ SAAVEDRA, Xosé Luis (7 anos ) Luis/Mariña (  )                        Marqués de Ugena
....................................................................................................................................................................

 Era Mestre titular da Escola:  Manuel López Rodríguez ( Manuel López-Vizcaíno Rodríguez), entón Alcalde e Xefe Local do Movemento, e Instructor da Fronte de Xuventudes, que non daba escola.

Sustituíndo  ao titular ,as clases impartíaas o seu sogro Domingos Saavedra Sánchez ( mestre xubilado , natural de Friol, que estivera dende 1913 exercendo nas Escolas Públicas de Sárria ). E cando él  non podía asistir os alumnos pasaban á Escola de Nenos Nº 2, na que era mestre  Manuel Prado Díaz, da Casa de Prado de Treilán.

A entrada e saída das clases facíase pola porta principal do edificio, pasando á entrada da casa do mestre, e polo despacho pasábase á aula.  Nese tempo abriuse un acceso direito  rompendo a primeira ventana  da esquerda, e instalouse unha escadeira de pedra semellante á da Escola Nº 2, quedando a porta de acceso ao despacho só para uso  do mestre.
Nos días de chuvia  o recreo tiña lugar no semisoto,  que en tempos fora ximnasio ben dotado,  e cuxos trebellos foran queimados no tempo no que o edificio fora Cuartel Militar, pasando ademáis a ser  corte dos cabalos. O aspecto dese lugar era insalubre  e moi deprimente, por estar cheo de lama e coas paredes  cheas de humidade.
As clases tiñan lugar en xornada enteira  o luns,martes , xoves, venres e sábado, e o mércores só había xornada pola mañá. Había un día de descanso correspondente á data na que o mestre ía a Lugo para cobrar o seu soldo, e tamén libraban de clases os tres días de feira de cada mes.
Os domigos  e festivos, darredor das nove e media, os alumnos  reuníanse na porta  principal das Escolas Públicas  , agardando a saída de don Domingo Saavedra, ao que acompañaban , subindo polo Barrio Andión, ata a igrexa de San Salvador, onde oían misa , cumprindo así todos xuntos  o preceuto dominical.
.....................................................................................................................................................................
Foron varios os sustitutos do mestre Manuel López-Vizcaino entre 1960 e  1973.
Xermán ( de Farbán); Manuel Rodríguez Díaz ( de San Lázaro ), Xaime Lago, Xaime Félix López Arias, Afonso Díaz Cortiñas, a quen aquel retribuía   pola súa conta.
  Cando se organizaron clases de noite para adultos correu con elas ( "Pequena Universidade") Manuel López-Vizcaino, quen ademáis , como instrutor da Fronte de Xuventudes daba clases de Ximnasia  aos alumnos das Academias Felipe II e Rosalía de Castro, se ben , moitas veces, cando na Academia Felipe II houbo alumnos de Maxisterio, lles encomendou a estes que  as deran, como prácticas de mando.
.......................................................................................................................................................................










Comentarios

Publicacións populares