FORAL DE BALDOMAR, EN TRIACASTELA ( 1587)

            FORAL DE BALDOMAR, DO MOSTEIRO DE SAMOS, NA FREGUESÍA DE SAN BREIXO DA BALSA, COUTO DEPENDENTE DO ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ( 1587)

Na freguesía de San Breixo, ou San Bréixome da Balsa, na Terra de Triacastela, que estaba formada polos lugares de San Breixo, A Balsa e una boa parte da Vila de Triacastela, o Mosteiro de Samos tiña un foral, chamado de BALDOMAR ,  que do mostero dependeu ata a exclaustración ( 1835 ), estando aforado a diversos posuedores.
Baldomar alude a un posuedor "Baldemarus".

Por un apeo de 1587  sabemos que o tiñan Diego Belón , Xoán e Diego Belón Cobo, sendo a primeira voz Diego Belón Cobo.

                        Bens do foral: Unha casa "pallaza" e un celeiro lousado de pedra cos seus saídos.- Cortiña de Xunto do Celeiro.- Río da Balsa.- Leira de Cima do Agroal.- Prados dos Valcárceres.

                      LUGAR DE SAN BREIXOME:  Herdade da Porta.- Agra da Rasela.- Cabo da Agra da Rasela.- Monte Birón.- Cortiña de Lama Ferreira.- Lameiro.- Leiriño.- Leiro da Igrexa de San Bréixome.- Prado do Hospital.-Río de Matavellas.- Agro do Teixo.- Leiro da Veiga da Freira.- Leira de Agra do Campo.- Campo de Feal.- Os Barredos.- Lameiro do Teixo.- Agro de Cadarro.- Tuiña.-  Leiro dos Ferreiros da Balsa.-  Leiro do Isao.- Agro de Fontán.- Prado da Veiga.

Comentarios

Publicacións populares