O anel visigótico de Romelle ( Samos )

No MUSEO ARQUEOLÓGICO NACIONAL de Madrid está custodiado un anel visigótico, de azarosa historia, que foi adquirido ao sarriao Mario González Zaera , e foi achado en Romelle ( Samos) con anterioridade a 1936.-----------------------------------------------------------------------------

             7.- ANELO DE TEUDERICO.-  A disposición do anel de "Teuderico" é semellante á do anterior, Unha cabeza sw m perfil, coberta co casco semiesférico, ocupa o centro  dun chatón oitogonal  de lados lixeiramente curvos, e no seu  redor figuran as letras do posuedor, coa consabida cruz diante ( + TVDERICI ) e en lectura dereita. A unión do chatón co aro adórnase con pares de esferiñas, que fallan nun dos lados. O casco do personaxe  aparece empenachdo e levantado na zona que cobre a caluga. As letras manifestan  certas particularidades  que remite á cursiva.: o T ten o comezo do treito horizontal  curvado ; o treito vetical dereito do V alóngase máis aló da unión co esquerdo; o pequeno rizo da D queda colgado en medio do   longo treito vertical, como unha bandeira a media hasta; a forma do R, deixando libre a parte superior do treito  vertical , é moi semellante ao R que principia a inscrición da coroa de Recesvinto. O nome é puramente xermánco  e segundio Reinhart  a deriva de Theuds ( xente ) e riks ( rico ).
          Vázquez de Parga opina que é un anel sinatorio e, máis  alá  da similitude con letras inscritas  en pedra dos séculos VI e VII, apunta a posbilidade de precisar a súa cronoloxía por comparación coas moedas de Chintila e Chindasvinto, nas que aparecen os bustos dos monarcas afrontados a unha cruz.
       Rheinart  , nun peqiueno artigo sobre xelmos visigodos menciona  os de tipo esférico que aparecen  en moedas de Leovexildo, Ervixio  e Exica . Unha cruñación toledaná deste último rei amosa a súa cabeza co xelmo semiesférico adornado por unha especie de penacho.
                               Foi achado nunha tera de cultivo en Romelle, Samos ( Lugo )

     Nº Inventario 62193. Exp. 1943/17 . Adquirido por compra a D. Mario Gonález Zarea. Diámetro exterior do aro: 2,8 cm. Id, interior: 2,3 cm; diámetro do chatón: 1,5 cm. Reinhart , W " Os aneis ", cit, 171 , nº 10. Idem, Ibidem. "Os xelmos  visigodos", páxs. 122-125, Vázquez de Parga.L. " Xoias baixorromanas da primeira idade media " Adquisicións do MAN ( 1940-1945 ) Madrid, páxs. 128-130.
 ..............................................................................................................................................................

                  Nota:  O anel aparecu facendo traballos nunha leira e pasou a  ser posuida polo chamado "Reloxeiro de Romelle".
                No comezo do  alzamento militar de 1936, para evitar represalias por motivos políticos contra un seu fillo de ideas esquerdas, o "Reloxeiro de Romelle" entregoulle o anel ao xefe falanxista sarriao , Mario González Zaera.
              Nos confusos tempos relacionados co seu apoio a  Manuel Hedilla e a oposición ao  Decreto de Unificación, Gonzalez Zaera,  tratou de vendelo en varias cidades da chamada zona nacional, e dentro do axuizamento en Consello de Guerra celebrado contra él en León, aparecen manifestacións  súas  de que faría doazón do anel "ao Caudillo", porque  era acusado, ademáis de hostilidade contra Franco, de que, entre outros feitos irregulares, se fixese co anel  de modo  forzado, dicindo , sen fundamento, que para conseguilo  houbera por medio un asasinato, o que non era certo .
                Despois de ser indultado , non se produciu  a doazón  prometida , e o anel visigótico foi obxecto de venda ao Museu Nacional de Arqueología. ( Madrid ).

.....................................................................................................................................................................
( XAFA : netopacios@gmail,com )




Comentarios

Publicacións populares