Concello de Sárria ( 1931 )

                                         1931

30 de xaneiro.- Nomeamento de tenentes de alcalde:  Cándido López Lópea, Emilio Zaera Vázquez,  Nestor González Fuentes e Xesús Abad López.

5 de febreiro.- Toma de posesión do novo alcalde, Cándido López López.

15 de marzo.-  Fixan en 19 o número de concelleiros do novo Concello.

18 de marzo.-  Aprobación  da Xunta Administrativa da Pena.

29 de marzo.-  Aprobación  de Xuntas Administrativas en Loureiro e Santiago da Veiga.

                  14 de abril: Proclamación da II República Española

Concelleiros eleitos, segundo o número de votos :  Antonio González Méndez , Xosé Moreira Rodríguez, Antonio Valiña López, Pedro López Vázquez,  Clemente López Rodríguez,  Antonio Sánchez Arias, Manuel Pardo Armesto, Manuel González López,  Xosé Ramón castro López, Xosé Vázquez López , Manuel Valladares López, Delfín Yebra Vázquez , Fernando Taboada de Zúñiga, Modesto Pardo Rodríguez , David López Rivas , Enrique López Álvarez, Santiago Pombo Pombo, Xoán Manuel Somoza García, Xosé Loureiro López.
                             
23 de abril.-  Posesión da Comisión Xestora Interina de nomeamento gubernativo, efectuada por  Xesús Abad Díaz. 
Presidente : Camilo  González Macía. Xestores: Dalmiro González Macía, Vicente Páramo Losada, José Fernández Márquez. Realización do arqueo de contas.

24 de abril.-  Satisfación pola proclamación da República en ben de España , nos cocpdetos de liberdade , xustiza e progreso , que constitúen o seu programa, e que se felicite ao Goberno , expresándolle sincera adhesión e ferventes votos polo triunfo da Democracia española.- Garda Municipal: Un diurno ( servizo no Matadoiro e Tablaxerías ) e dous de noite, de 21 ás 4 horas.

30 de abril.-  Festa do Traballo.- Celebración  con actuación da Banda de Música,  por conta do Comité Republicano.- Leonardo Prieto  López pide licenza para facer un forno na Corga de Vales ( actual rúa Pedro Saco ).-  Pedro Páramo Arias, párraco de Meixente, solicita licenza para facer una Casa-Escola no Castelo.- Reparación da porta do Cemiterio Municipal.- Arranxo do Camiño da Ponte Ribeira.- Adquisición de bandeiras ( republicana e galega ) e de carimbos ou  selos oficiais.

7 de maio.-  Novos nomes para as rúas da vila :  Casares Quiroga ( antes Porvir );  Liberdade ( antes Alfonso XIII);  14 de Abril ( antes Raiña Victoria ) ; Capitán Galán ( antes Rúa Maior ); Alcalá Zamora ( antes Praza da Constitución ). Licenza para o forno de facer pan a Xesús Neira Seijido de Goián.- Autorización de obras na Casa Reitoral de San Xulián da Veiga.-  Petición de creación dunha escola en San Fiz de Reimóndez.- Licenza ao secretario  Ernesto López Martínez para vacacións.-  Resolución sobre a "Corga de Pérez" en Corvelle.

5 de xuño.-   Alcalde:  Xoán Manuel Somoza García-
Tenentes de Alcalde: Antonio Sánchez Arias , Antonio González Méndez, Manuel Pardo rmesto, David  López Rivas. Síndico : Modesto Pardo Rodríguez.

5 de xuño.- Ramiro Armesto López, de Farbán, autorizado para o alargamento dun camino para acceso a unha Pedreira.- Autorización para facer una alcantarilla no nº 57 da Rúa Maior.- Arqueo de fondos existentes no Concello:  61.007, 36 pesetas.

11 de xuño.-  Aprobación do expediente de prófugos.

12 de xuño.-  Só concurriu o alcalde ao Plenario.

19 de xuño.- Só concurriu o alcalde ao Plenario.

27 de xuño.- Designación de Comisións: Facenda e Orzamentos, Gobernanza,  Fomento e Abastecementos.-  Autorización de acometida de augas a  Alfonso Alcalde Santander, na Rúa Benigno Quiroga.-  Solicitude de  reapertura da Oficina de Telégrafos , pechada por xubilación do encargado.

3 de xullo.- Eduardo Antonio  Gómez Rodríguez, fotógrafo,  autorizado para enganche no servizo de augas na Rúa Maior   43. Concesión  de nicho en propiedade  a Xosé López Soto.- Regulación do consumo de auga.-  Requerimento aos veciños para arranxo  de canos e baixantes de augas pluviais.-  Venda do "Camiño de Pérez" en Corvelle.

11 de xullo.-  Aprobación do gasto de 376 pesetas para arranxo da casa do mestre de Sárria.-  Concesión da axuda de 50 pesetas para as festas do San Xoán ( 23 e 24 de xuño ).- Enganche de augas no nº 62 da Rúa Maior ( Xosé Viñas López).

20 de xullo.-  Os veciños de Louseiro solicitan unha axuda de  2000 pesetas para as obras das Escolas promovidas pola Asociación Fillos do Distrito de Sárria en La Habana. A petición quedou riba da mesa para estudo.- Ultimación de expediente de creación de escolas.- 50 pesetas de axuda para a Tómbola de "La Unión".

31 de agosto.- Contas de Ingresos.- Autorización dun alpendre en Lousadela, "Camiño de Abelairas".- Solicitude de Carterías  en Barbadelo, Biville, Cesar e Louseiro. -Arranxo do Camiño  das Nogueiras en Ortoá ( 300 pesetas ).- Necesitan acondicionamento camiños en Betote, Lezoce, Barbadelo ( Vilei e Baxán), San Fiz de Reimóndez, Santo Estevo e Tosal.- Concesión de 100 pesetas  para camiños de Regueiro, Teibente e Quintela.- 150 pesetas para o Camiño de Santo Antolín á estrada de Becerreá.- Apertura de expediente para arranxos de camiños "Raiceira" á estrada do Oural ao Incio,   en San Sadurniño de Froián   e Camiño Real de Cervos a o Mercado da Serra.- Arranxo de Pontóns: Pezais, na Pena e Goimil.- Arranxo da Travesa dos Fornos.- Arranxo do Depósito de Cadáveres no Cemiterio Municipal.- Arranxo da Avenida da Feira.- Novo proxecto de acondicionamento da Rúa Maior.- Expediente para a contratación de alumeado público por electricidade.- Normas sobre o peso do pan.- Compra de medidas para grá ( ferrados ) para uso no Mercado dos Domingos.- Adquisición de carimbo ( selo )mnpara Veterinario Municipal.- Normas sobre o sacrificio  de gado.- Tarifas aplicables nas Tablaxerías ( "Carnicerías").

7 de setembro.-  Peche no Souto de Ardiñal, en Callás, feito por Manuel Carrozas.-  Deron conta  de instancia suscrita por Ricardo Núñez Rodríguez , veciño de San Fiz de Vilapedre, en súplica de licenza  para a construcción dun edificio no Agro de San Fiz, a Corporación  en votación nominal  e por unanimidade acordou pase á Comisión de Fomento para estudo previo.- Arranxo da Fonte do Sisto en Meixente.- Aprobación de obras nos Pontóns  da Veiga e de Sobrado  en Louseiro, e da Ponte de Valiñas na Pinza.- Escolas de San Martiño de Louseiro :"....... O concelleiro Fernando Taboada de Zúñiga pon en coñecemento  da Corporación  que no punto denominado Barrio pertencente á parroquia  de San Martiño de Louseiro, en virtude de aportacións feitas en metálico polos naturais do país residentes en América e aportación persoal  de todas clases, prestada polos veciños da expresada parroquia ,  con residenza na mesma  construiron e teñen  e n perfeto estado de poder ser utilizado  un edificio  que reúne como feito ao obxeto  todas as condicións hixiénicas e pedagóxicas para poder  instalar dentro del dúas Escolas Nacionais, con locais capaces e independentes  un para nenos e outro para nenas, contando ademáis con habitacións axeitadas , tamén independentes, para destinalas  a vivenda do Mestre e Mestra , e en consecuencia propón e interesa da Corporación, se sirva  esta acordar se  solicite do Ministerio de Instrución Pública, a creación dunha Escola Nacional de Nenos  e outra de Nenas na expresada parroquia, para así poder utilizar o mentado edificio, expresamente construido  en ben do ensino público , que é sen dúbida o mellor  co que se conta nos demais pobos do termo municipal.  a Corporación estimando  a proposta do expresado Sr. Concelleiro, por unanimidade  e en votación nominal  acorda solicitar a creación  unha Escola Nacional de nenos  e outra de nenas en Louseiro e que se faga todo o demais necesario para cumprimento deste acordou, dándolle ao efeto  un amplo voto de confianza  ao Sr. Presidente, xestión que este acepta no acto no ben do ensino , agradecendo  esta mostra de confianza da Corporación.- Alargo do Camiño do Hospital a Treilán.  Renovación da Xunta Pericial ( consumos).

19 de outubro.- Contas de Ingresos.- Gastos: 208 pesetas  para tapar dous furados grandes abertos  pola chea do río Sárria no Agro da Ponte Ribeira.- Axuda  de 30 pesetas  a Gregorio Fernández barrio, pobre de solemnidade, de 83 anos, para que vaia aos baños a Lugo ( Balnario ).-  Acordo de hixienizar o Pozo de Outeiro en Ferreiros.- División da Escola de nenas de Sárria , para, por trámite de urxenza, facer dúas aulas.- Redación do prego de condicións  para alumeado público por electriciade e nos edificios municipais.- Casas-Escola: Quedan para estudo as subvencións para as de Vilamaior e  San Miguel de Vilapedre.-  Prorrogación dos orzamentos.-  Nomeamento de escribente fora de plantilla a favor de Xosé López Limeres, co soldo de 5 pesetas diarias.

9 de novembro.- Licenza de obras a  Ramón Mourelo de la Bastida na Avenida da Feira.-  Aprobación do acondicinamento de  camiños , pontóns e fontes : 1.- Do camino de Albán aCedrón  pola Ciguñeira. 2.- Da Feira de Vilamaior a Vilamaior.- 3.- Alcantarilla na Corga de Requeixo,da estrada de Sárria a San Martiño de Castro á Estación. 4.- Reparación da Ponticela, no Camiño de Barreiros a Ortoá. 5.- Camiño dos Remedios a Pape. 6.- "Corga de Vales", en Sárria. 7.- Camiño de Betote a Lousadela. 8.- De Fontela á Pontella, en  San Salvador da Pena. 9.-  Camiño da Lamarrigueira á Ciguñeira. 10.- Camiño  desde a estrada á Corga da Ponte en Biville. 11.- Camiño da Airexe a San Mamede do Camiño.-  Pontóns: 1.- Pontón de Crecente ( Vilar ). 2.-Pontón de Paderne ( Vilamaior ).3.- Pontón de Cervos ( Barbadelo-Maside ). 4.- Pontóns da Veiguiña ( Vilar de Sárria ).  Arranxo de Fontes:  1.- Fonte do Barrio ( Louseiro ).2.- Fonte de Outeiro ( Goián ). 3.- Fonte Vella ( Vilar do Monte ).4.- Fonte da Brea ( A Pinza ). 5.- Fonte de Biville. 6.-Fonte de Pape ( Cesar ).- 7.- Fonte da Tuiña ( Lousadela ).8.- Fonte de Castelo ( Loureiro ). 9.-  Fonte de Peruscallo ( Belante ). 10.- Fonte de Pintín ( Calvor ). 11.- Fonte de Arxemil ( Santalla ).12.- Fonte de Cortiñas ( Biville ). 13.- Fonte de Castelo dos Infantes, 14.-Fonte de Baixo e Lavadoiro en Lier. 15.- Fonte de Treilán ( Requeixo ).16.-  Fonte da Ponte Ribeira ( Sárria ). 17.- Fonte do Sisto ( Meixente ). -  Axuda para o Camiño das Ribeiras de Pereiro ( Corvelle ) e 160 pesetas máis para o de Santo Antolín.-Prego de condciións para  submisntro  eléctrico para o alumeado.- Fixación de días inhábiles  para 1932: 24 de xuño,  25 de xullo, Día de Galicia, e Martes de Antroido.- Praza de Abastos: Acordo  de elevación de u metro do muro do circundo, dotación dun deposito e dunha bomba de auga.- Acordo de dotación na Rúa Maior  de soleira de granito.

Comentarios

Publicacións populares