Corvelle ( Sárria )

Veciños de Santa María de Corvelle ( Sárria )
                                    1753
                                FIDALGOS

1.- GREGORIO NÚÑEZ CAPÓN.- casado, de 60 anos, ten Francisco  Núñez, fillo seu, casado, maior de 18 anos; dous criados tamén maiores de 18 anos; un criado e un neto, menores de 18 anos, dúas netas e tres criadas. Francisco Núñez era siseiro de viño.

2.- JOSEPH DE PÁRAMO.- casado, de 60 anos; ten un fillo casado, maior dos 18; un criado tamén maior deles ; outro menor; unha filla, tres netas e dúas criadas.

                              LABREGOS

3.- ANTONIO FERNÁNDEZ.-casado de 60 anos; ten con  el a Fernando López, xenro, casado, maior dos 18; un criado maior deles; dúas irmás,un neto menor e unha criada. O Fernando López, como ferreiro,obtiña 30 reais ao ano.

4.- ANTONIO FERNÁNDEZ DE CORVELLE.- casado , de 30 anos; dúas fillas. Como estanquilleiro de tabaco obtiña 20 reais ao ano.

5.- JOSEPH LOPEZ.- casado, de 47 anos; tiña con el a Pedro López, fillo seu , de máis de 18 anos;  e outros catro menores deles,  cinco fillas  e unha cuñada. Pedro López, que era xastre tiña a utilidade de 30 reais ano ano.

6.- JUAN DÍAZ.-  casado, de 47 anos; tiña un fillo maior dos 18 anos, tamén casado, outro menor deles, dúas fillas e unha irmá. Poo ser taberneiro tiña unha utilidade de 30 reais en cada un ano.

7.- ANTONIO ARIAS.-  casado, de 58 anos; tiña un fillo maior dos 18 anos e unha filla.

8.- ALONSO DIAZ.-  casado, de 60 anos; tiña un irmán maior dos 18 anos,  dous fillos menores deles e dúas fillas.

9.- BLAS LÓPEZ.- casado, de 30 anos; tiña  con el un fillo e un criado menores dos 18 anos, unha filla, unha irmá, a súa nai e unha criada.

10.- DOMINGO ANTONIO DE CASTRO.-  casado, de 49 anos;  tiña un fillo maior dos 18 anos, dous fillos menores deles , unha filla e dúas criadas.

11.- FRANCISCO DE CASTRO.-  viuvo, de 60 anos; tiña un fillo menor dos 18 anos, e catro fillas.

12.- JUAN DO REGO.- solteiro, de  54 anos, tiña con el dous sobriños.

13.- JUAN FERNÁNDEZ PEDROSO.- casado, de 44 anos; tiña tres fillos menores e dúas fillas.

14.- JUAN LOPEZ.-  casado, de 66 anos; tiña un fillo maior dos 18 anos, tamén casado, tres netos menores deles e dúas netas.

15.- JUAN LÓPEZ DA SILVA.-  casado, de 51 anos ; tiña un fillo menor  dos 18 anos, dúas fillas , unha parenta e  unha criada.

16.- JUAN GARCÍA.- casado, de 37 anos; na súa compaña estaban un irmán maior dos 18,  unha irmá e dúas criadas.

17.- JACOB LÓPEZ.- casado, de 51 anos;  tiña tres fillos  e un criado menores dos 18 anos, dúas fillas e unha sobriña.

18.- MANUEL DE NEIRAS.- casado, de 60 anos; tiña con el ao seu xenro  maior dos 18 , casado, un neto menor deles e  unha irmá.

19.- MANUEL ARIAS.-  viuvo de 70 anos, tiña un fillo casado, outro fillo e un fillastro maior dos 18, un neto menor deles , unha filla e unha neta.

20.- MATHEO LÓPEZ DA SILVA.- casado, de 60 anos; tiña un fillo maior dos 18, casado, dous menores deles e tres fillas.

21.- MATHEO LÓPEZ.- casado, de 34 anos; na súa compaña estaban un cuñado maior dos 18 anos, tres fillos menores deles, dúas fillas e unha criada.

22.- MARTÍN LÓPEZ.- viuvo, de 66 anos; tiña dous fillos maiores dos 18 anos, un deles casado, un neto e un criado menores  e dúas fillas.

23.- FELIPE DE CASTRO.- Casado de 36 anos;catro fillos menores  dos 18 e unha filla.

Resultan 147 individuos que entran na veciñanza  e 33 do persoal, e 163  reais de industria.

Datos tomados  do Libro de Veciñanza,Persoal, Industria, Artes, Idades e Oficios  de todos os leigos correspondentes á parroquia de Santa María de Corvelle ( Marquesado de Sárria).

Os interesados en coñecer as circunstancias persoais de sucesivos moradores en Corvelle-Sárria, poderán seguir as averiguacións precisas consultando os Libros de Batismos, Matrimonios e Enterramentos do Curato de Corvelle, que se conservan no Arquivo Diocesano de Lugo ( Praza de santa María ).

Comentarios

Publicacións populares