Ricardo Núñez Rodríguez

         
( El Regional, Lugo,  4 de xaneiro de  1918 )

                   MANSIÓN DE ORATES
         A CASA DE SAÚDE DE VILAPEDRE

Temos escoitado moitas  veces  relacións sorprendentes  de enaxenacións mentais voltas á sana saúde  no "petit" manicomio  do Doutor Ricardo Núñez.
Os nosos desexos  de coñecer persoalmente  a obra do alienista  e as referenzas  da bondade  ilimitada  do director do ( establecemento víronse colmados )  conseguíndose a realización dos  propósitos hai tempo  concebidos.

                           Falemos da obra

O lugar  de Vilapedre  áchase emprazado  no punto medio de distancia  entre a vila de Sárria  e a Pobra de San Xiao. É alegre como as as paisaxes  de Galicia, coa sereidade  adusta dos terreos montañosos.: san , moi san, e de pouca veciñanza.
A casa de saúde  é pintoresca , con máis trazas de  de chalet de  adiñeirado que de masión de loucos , e só se albisca  a anormalidade dos seus hóspedes  en algúns detalles  de construción constitutivas  de medidas de seguridade. O edificio é novo: todos os anos introducen reformas en consonancia cos nvísimos estudos  da ciencia médica  na especialidade  de patoloxía mental, e co pedido cada vez máis  crecente de lugares  para doentes de novo ingreso.
Rodean o edificio  hortos espléndidos e agros vastísimos , lugar de esparcimento dos  recluídos coa puntual vixianza  de competentes encargados.
O sistema de construción  do Sanatorio é tan sorprendente como novísimo. Esguíos pavillóns , de constante solleiro  e ventilación  están comunicados por amplo corredor  que permite asistir simultáneamente a todos os asilados que, por outra parte,  están localizados  con rigorosa separación de sexos, idades , categorías da doenza , tempo de curación, etc.

                                Escoitemos ao mestre:

O Doutor  Ricardo Núñez recórdanos  aquel outro Doutor  Rodrigo Vázquez en "El Caso Clínico " do soberbo novelista   Antonio de Hoyo y Vicent. É tan exacto o paralelo  espiritual  dos dous alienistas  que, reproducindo algúns párrafos  da singular novela  retrata xustamente a psicoloxía do Doutor  Núñez e o método de curación  dos seus anormais : " O sistema era todo dozura , bondade, alegría. Nada de martirizar aos pobres loucos  con esixenzas   que non podían comprender  e que só mecánicamente  eran capaces de realizar  con grande perxuizo para a súa saúde misérrima.Darlles benestar , satisfación interna , a partir do seu espíritu, ás preocupacións  e ás inquedanzas , facerlles  cobrar forzas  e agardar o intre propicio , o intre no que unha vacilación  da súa loucura , unha oscilación  entre a razón e o desequilibrio, lles permitise pesar na balanza  sen violenza , facéndoos retornar á verdade..."

Ese é o programa que se desenvolve en Vilapedre.Só un home tan forte  de cerebro como san  de corazón tal é D. Ricardo Núñez sería apto para manter  o progreso dun plano así. Discípulo predileto do Doutor Esquerdo , de inesquecible memoria, recolleu do sabio alienista os cánones da moderna  ciencia, nutríuse  coa seiva fecunda  das súas explicacións  e labores prácticas  e constantes das súas  clínicas numerosas  e co estudo asiduo  na soberba biblioteca  do grande mestre .

Nada de coacción , nada de forza  cos infelices asilados : procurar  sempre a maior liberdade  harmoniada  coa situación  do doente  en cura.

"- Na miña casa - dicíame  enérxicamente  D. Ricardo-  non se coñecen eses cilcios  brutais  que se chaman camisas de forza.- "Ne pas rsterindre": velaí o lema da nov´sim patoloxía mental.
- ¿ Por qué non se anuncia ?,- tivemos que preguntarlle.
- O mellor anuncio  desta Casa  de Saúde realízana  as curacións  gañadas. Vostede mesmo  - enadiu inxenuo- .¿ Por qué ven visitarme  ?. ¿ Onde leu a existenza  do "Manicomio de Vilapedre ?".

Despedímonos do sabio , compracidos  da súa bondade , e da súa ciencia ;  admiramos ao mesmo tempo o servizo persoal da Casa . polo seu trato afable , innúmeras  atencións  co visitante e cordialidade  inmensa para os pobres asilados; e ao lembrar  a oca suntuosidade dos grandes manicomios, pensamos que a eficacia  da curación mental máis esixe acougo  de espíritu  e asistenza técnica  que enormes pazos  que recibirían por nome  xusto o de "restaurantes de orates".

                                           JOSÉ CASAIS

( Texto versionado en galego por Xaime F. López Arias )



Comentarios

Publicacións populares