TÁBOA DAS MISAS DE FUNDACIÓN EN SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA ( 1759 )

O Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria , naceu para atender aos peleriños que pasaban pola vila camiño de Compostela no Hospital de San Roque, que estaba na Cortiña do Pombal, onde agora se alza o Cemiterio Novo, e foi derrubado a mediados do s-eculo XVIII, e na Obra Nova destinaron un espazo moito menor para os Hospitaliños Novos, en servizo ata 1835.

Os frades agostiños atendían aos peleriños poñendo hospitaleiros a tal fin destinados. O mosteiro gozaba de numerosas rendas e  moitas delas procedían de fundacións de misas rezadas e  cantadas, e en definiitiva or relixiosos do Convento sarriao  somente tiñan por obriga a  celebración das misas, acoller enterramentos dotados no interior do templo e  adicar un pregador a concorrer cos seus sermóns nas parroquias rurais onde o chamaban, Ocasionalmente daban pasantía, por vía de compromios, a fillos de familias fidalgas da bisbarra.,

Para dar cumprimento  á obriga da celebración de misas, nalgúns casos con resposos cantados e clamor de campás, elaboraban cada ano unha táboa  fixando datas e condicións ,

TABOA  DAS MISAS CANTADAS E REZADA A QUE ESTÁN  REDUCIDOS TODOS OS CARGOS DESTE CONVENTO

CANTADAS: Deben ser cantadas en cada semana tres misas , e nelas están reunidas  todas as fundacións do Convento.

Item en catorce  semanas do ano débense  cantar catorce , unha cada semana,as que se aplican nas últimas contas  de cada ano, ou primeira do seguinte.

Item, cada mes , e Vixilia pola Confraría de Ánimas , e o mesmopor cada relixioso  e confrade  que morra, máis outras cinco misas coas súas Vixilias pola mesma Cofraría nos seguintes días: Día 2 de xaneiro; Día Venres de Lázaro ;Día Oitavo da Asunción da Nosa Señora;Día 11 de Setembro ;Día Defuntos  con prosición.

Todas  estas misas da Confraría de änimas  son pagas polo Mordomo no remate do ano  e dá de esmola  por cada unha  unha  peseta .que é a  esmola  capitulada  na escritura de Concordia.

REZADAS : Deben ser aplicadas  en cada semana dazsete misas  rezadas, nas qu están resumidas  todas as memorias e fundacións, ate o presente ano de stecentos cincuenta e sete .... (  917 )

Son 20 misas  de cargas ordinarias  cada semana : 3 cantadas  e 17 rezadas


Nota: Chamo a atención sobre o dato de  fixar a esmola de misas  en unha PESETA, cuantifificación en tempos de uso xeralizado de reais e maravedís, e esa moeda acabaría sendo a úneca de curso legal na segunda metade do século XIX

Comentarios

Publicacións populares