SÁRRIA : A NOVA ETNOGRAFÍA ( 666 )
SÁRRIA: A NOVA ETNOGRAFÍA ( 666 )
O forte proceso de despoboamento que nos últimos anos ven sufrindo a Comarca de Sárria, o envellecemento das comunidades ruráis, a baixa de nacementos e a perda de poboación moza , fronte ao incremento de habitantes na capitalidade comarcal , trouxeron a desaparición de moitas tradicións populares que por moitos séculos deran sentido ao curso vidal .
En paralelo coa perda de usos e costumes propios , mostra do que fora rico folklore da Terra de Sárria, no que, todo hai que dicilo ningunha parte destacada tivo a vila a prol da súa conservación, foi xurdindo entre persoas sensibles do núcleo urbán a idea de facer realidade programacións . actividades e plataformas para a conservación de vellas tradicións e a creación de novos xeitos culturáis, de lecer, deportivas , etc. que aparecen como definidores dos valores populares.
Da man de asociacións recreativas, culturáis e deportivas, centros de ensino, autoridades municipáis, confrarías, comisións veciñáis ....xurden ao longo de cada ano, nun amplo número, programacións e actividades presentadas como definidoras dos mellores valores do pobo sarriao.
Estas son as actividades abertas á participación xeral das xentes da Comarca, que teñen lugar na vila de Sárria e van conformando os novos valores tradicionáis nados no medio urbán, e que veñen a encher o valeiro que se veu `producindo na zona rural.
CABALGADA DE REIS.- ( 5 DE XANEIRO ) Trátatase dunha programación xurdidas ns vila de Sárria a imitación das organizadas en cidades españolas. Despóis dalgunhas saídas ocasionáis na década dos anos 1950, foi na alcaldía de Xabier López-Acevedo López cando se ambientóu unha cabalgada con reis a cabalo, paxes con fachos e nacemento vivente no portal da igrexa de Santa Mariña. Décadas adiante o Centro Cultural Meigas e Trasgos CIT de Sárria programóu xa con regularidade cabalgadas dende o Convento da Mercé coa participación de reis a cabalo, paxes e hebreus con fachos e grupos de música , que remataban en Catro Camiños, onde se instalaba o nacemento vivente . Os reis e os seus axudantes tiran caramelas á pillota e pais e avós entran en coimperencia cos picaros ., con uso de bolsas e paraugas para evitar esforzos. Pasado o período de organización de Meigas e Trasgos, a programación e organización da cabalgada pasóu a mans do Concello, consolidando o seu paso pola Rúa da Liberrdade e con remate na Praza da Vila. O acompañamento , suprimido o desfile con cabalos, ademáis de grupos a pe presenta tres carrozas reáis, un tren con vagóns levando nenos, figuras relacionadas co Nadal.
Esta programación conta con xeral aceptación dos sarriaos ,
BENZÓN DOS ANIMÁIS DE COMPAÑA ( FESTA DE SANTO ANTÓN ABADE ) .- Na Igrexa da Mercé, seguindo a vella tradición de abenzoar aos animáis, potenciada agora a participación polo elevado número de animáis de compaña e mascotas, mantense ese costume.
FESTA DE SAN BRAIS.- Tendo como referente a San Brais, avogoso para a curación das doenzas da gorxa, no Convento da Mercé , mantense o rito de benzón dos fieis con imposición de fitas e reparto de panciños.
FESTA DO COCIDO DE PORCO CELTA.- Organizada por hostaleiros da comarca, e para a potenciación da proución de porcos da raza celta , con certa regularidade vénse organizando esta mostra gastronómica, complementada con xantares ofrecidos nos restaurantes , coa colaboración de concellos da comarca, Deputación e Xunta de Galicia. A programación ofrece a degustación en mesas coa participación de trece comensáis e un bon número destes proceden das cidades galegas e mesmo de Madrid.
COCIDOS POPULARES.- Nas semanas previas ao Entroido é costume consolidado a celebración de cocidos ca reunión de grupos de amigos, veciñáis, de membros de asociacións, grupos parroquiás, tarballadores de empresas , do ensino e das administracións públicas ,
ENTROIDO NA RÚA.- Nos tempos anteriores á guerra civil 1936 /1939 grupos de veciños, xeralmente darredor da idea de "barrio" , sen continuidade organizaban desfiles de carrozas que saían polas rúas da vila e soían rematar o percorrido na Praza de Xoán María López. Unha das familias máis destacadas na organización do Entroido foi a Díaz de Freixo. Despóis da guerra as leis da Ditadura proibiron todas as manifestación carnavaleiras nas rúas, consentindo só os bailes de máscaras no Casino e en La Unión. Porén a medidos da década dos anos 1950 veciños da Rúa Maior e outros do Barrio Novo-As Casetas , sen contar con licenza algunha, e de feito e programación sorpresiva, para evitar á garda civil, sacaron carrozas que gozaron da aprobación da veciñanza. De 1975 en diante Meigas e Trasgos CIT de S´arria programóu o " Antroido na Rúa ", que pouco a pouco foi consolidando a participación de variados grupos . Chegóu un momento que a complñexidade da organización excedía da capacidade organizativa da asociación cultural e foi o Concello de Sárria que botóu riba da súa Concellaría de Cultura a programación do "Entroido na Rúa" na tarde do domingo de Carnaval. A crecente e activa participación dos centros de ensino da comarca e das Anpa dos colexios deu lugar a desfiles de carrozas e comparsas que percoorendo as rúas da Liberdade, Diego Pazos e Matías López rematan o percorrido da Praza da Vila. Este desfile é sen dúbida ningunha un dos actos máis seguidos polos cidaddáns sarriaos.
Houbo ocasións nas que se celebraba o Enterro da Sardiña e Meigas e Trasgos CIT tratóu de recuperar a cerimonia, sen conseguir mantela.
Hai que destacar que na parroquia de San Martiño de Louseiro está consolidada a celebración dun baile de Entroido que conta con moita concorrenza. Anos atrás as Salas de Festas programaban bailes para nenos, e na actualidade só se mantén o Baile Infantil do Luns de Carnaval , de tradición secular organizado con carácter aberto pola Sociedsade Cultural e Recreativa La Unión. Os colexios da comarca organizan tamén actos internos coa participación dos alumnos.
ACEITE DE SAN SERAPIO.- No Convento da Mercé potenciouse o culto ao mártir mercedario Serapio que leva parello a expedición dun aceite abenzoado que goza de aceptación dos fieis para a curación de varias doenzas.
ESTREMONÍA CANTADA.-
ACTOS DA SEMANA SANTA.- As programacións históricas da Semana Santa , cuxo custe soía recaer riba do Rexemento de Sárria, nas que destacaban a Hora Santa e o Sermón das Sete Palabras., foron enriquecidas despóis da chegada dos relixiosos mercedarios co establecemento de procisións pentenciais, destacando a do Santo Enterro. A Confraría da Virxe da Soidade, creada no século XVIII na parroquia de Santa Mariña, mantivo o seu culto tradicional e a súa procisión ao longo dos anos. Desde os anos 1960, impulsada polo mercedario Benxamín Fernández Villar , formouse a Confraría do Santo Enterro que introduciu o costume do desfile de penitentes encapuchados. Finalmente formouse a Confraría do Santo Enterro e a Virxe da Soidade e máis recentemente a Venerable Orde Terceira da Mercé incrementóu o número de procisións . " A Procisión da Burriña" , o Domingo de Ramos, goza de xeral participación de familias e nenos da vila. Os novos costumes vacacionías fan que a participación nos actos litúrxicos vaia descendendo e das procisións, só a do Santo Enterro, conte cunha participación destacada, aínda que pola súa longa duración, entre o Convento da Mercé e a Igrexa da Nosa Señora do Rosario, se faga a un ritmo moi lento.
CARREIRA DA MULLER.-
CORRELINGUA.-
FESTA DA POESÍA.-
FEIRA DE SAN LÁZARO.-
PRETORIAN RANCE.-
EXPOSICIÓN BONSÁIS.-
COCHES ANTIGOS,..
DÍA DAS LETRAS GALEGAS.-
XORNADAS XURÍDICAS.-
ALFOMBRA FLORAL DO CORPUS.-
LIBRO PROGRAMA DAS FESTAS DO SAN XOÁN,.
PREGÓN DO SAN XOÁN.-.
NOITE DO LUME.-
AS PAMPÓNIGAS.-
FESTA DA EMPANADA.-
( CARNAVAL DE VERÁN ).-.
( A ENXURRADA ).-
DESCENSO URBÁN.-
A NOITE MEIGA.-
ROMAXE DOS REMEDIOS.-
OS SANTIÑOS.-
MAGOSTOS POPULARES.-
XANTARES E CEAS DE NADAL.-
DESFILE DE NADAL.-
NACEMENTO DO CONVENTO.-
CEAS DE FIN DE ANO.-
Comentarios
Publicar un comentario