ADIVIÑAS COÑECIDAS EN SÁRRIA ( 673 )
ADIVIÑAS COÑECIDAS EN SÁRRIA ( 673 )
01.- Igrexiña pequechiña, sancristán revolvedor e todos os santinos están darredos ( ¿....? )
02.- Grande como unha lousa e no colle nunha chousa ( ¿.....? )
03.- Catro corremontes, catro cichafontes, dous torna.torna e un dalle-dalle ( ¿ .... ? )
04.- Alto me vexo no meu cagarexo, vèxoo vir e non poido fuxir ( ¿...... ? )
05.- Cando van para o monte, miran para a casa ; cando van para a casa , miran para o monte ( ¿ .... ? )
06.- Nariquín pariu a Naricós, sen bico, sen faldra nin cos ; os fillos de Naricós teñen bico, faldra e cos ( ¿ ... ?
07.- Unha señora moi rrmendada e non se lle ve ningunha puntada ( ¿..... ? )
08.- Casiña branca sen porta nin tranca ( ¿ ...... ? )
09.- Tortobico non ten bico, nin bico nin cu nin rabo ; os fillos de Toetobico teñen bico, cu e rabo ( ¿...?)
10.- Son dous coscoroliños pola note pechadiños ( ¿..... ? )
11.- Na horta do meu amo / hai un galiiño francés / Ten dentes e non ten boca , / ten cabeza e non ten pès ( ¿ ..... ? )
12.- Adiviña adiviñanza , ¿ que animal leva os pes na cabeza ? ( ¿ .... ? )
13.- Nacín na auga, na auga me ciriei , se me pós na auga , na auga morreréi ( ¿ ..... ? )
14.- Adiviña adiviñanza : ¿ Que cousa cousiá é que canto máis lle quitas máis grande é ? ( ¿ ..... ? )
15.- O que o fai non o quere , / o que o compra non o usa / e o que o usa non o vé . ( ¿.... ? )
16.- É un fato de señora que cando unha delas mexa, mexan todas ( ¿ .... ? )
17.- Adiviña adiviñanza : canta máis hai, menos se ve ( ¿ ... ? )
18.- Nunha horta fun criada , / atada con verdes lazos / aquel que chora por min / estame partindo a cachos ( ¿.... ? )
19.- Todo o día traca-traca , pola noite baixo a cama ( ¿ .... ? )
20.- Anda e non ten pés , / come e non ten boca / e toda a comida lle parece pouca . ( ¿.... ? )
21.- Pelo con pelo e o vivo no medio ( ¿ ... ? )
22.- Unha cousa para quen sempre chove e sempre vai mollada ( ¿ .... ? )
23.- Dez señoritos van de par en paz cruzando o río sen se mollar ( ¿ .... ? )
24.- Estou pensando pensando, / de pensar vólvome tola . / ¿ Coa sogra da miña cuñada , / que parentesco me toca ? ( ¿.... ? )
25.- Aló enriba en alto coto hai un boi xoto , e non hai home nado , e tampouco por nacer , que na súa corte o poda meter ( ¿ .... ? )
26.- Casulo riba de casulo , casulo do mesmo pano, senón que cho diga eu ., non o atinas neste ano ( ¿..?
27.- Ten un só dente e tira por toda a xente ( ¿.... ? )
28.- Toda empoleirada, vai sempre en coche e sempre mollada ( ¿ ... ? )
29.- Andan andan e andan, andan sen parar , non teñen pés nin pernas nin poden falar ( ¿ .... ?
30.- Ten grandes bigotes para ben murar , se acha un muro sempre o saltará ( ¿ ..... ? )
31.- E queixo que cos teus dentes morder nunca poderás e para poder dalo visto no espello o ollarás ( ¿ ... ?
32.- Tachin.tachán todos xuntiños están, pararapapá pararapachín todos xuntos até o fin, rataplam.rataplán cada un fai o seu son , e todos ben sentadiños atenden a un garabullo fino ( ¿.... ? )
33.- Ten conta do que lle poñen e todos o queren ver , e aínda que é pouco forte ten un moi grande poder , ( ¿..... ? )-
34.- Podes tocala e rañala e tendo moi perto os ollos nunca a poderás ti ver . ( ¿... ? )
35.- Canta e canta todo o día e metido nunha pota xa deixará de cantasr ( ¿ .... ? )
36.- Andan de abalo en debalo sempre co seu sabor salgado ( ¿...... ? )
37.- Chámese cuxo o u almallo dálle ao carniceiro traballo ( ¿ ..... ? )
38.- Ábrelle a boca á xente e faino de tal maneira que lles abre a carteira ( ¿..... ? )
39.- En alta árbore Don Concho pendurado está na súa casiña ben pechado (¿ ..... ? =
40.- Rente a rente sexa de noite ou de día rillan , roen , moen , traban e richan , cando son novos desaparecen e sen seren sementados aparecen ben chantados , ( ¿ ...... ? )
41.- Primeiro hai que roxar, para meter e sacar . ¿ ....... ?
42..- É anel de antiga idade darredor dunha cidade . ¿,,,,, ?
43.- Vaise facendo fío a fío e remata sen...... ¿ ........ ?
44.- Ten ollos e auga nos pés e os teus enxoitos ves se os cando pasas do dereito, cando pasas do revés 8 ¿...... ?
45.- Ten voltas , reviravoltas , costas e baixadas a eito , aínda que sexa moi lonxe é o camiño máis dereito . ¿...... ?
46.- Todos miran para eles, todos lls piden favores , trñrn olloos e non ven , as bocas teñen pechadas , no alto están todos tesos e coas orellas tapadas . ¿ ...... ?
47.- Nace en terra asolagada, coce en branco caramelado e metido nunha cunca evos doce lamebtada ( ¿ ....... ? ).
48.- Outean uns e outros merca, engañan , ollan , pasean, venden, saúdan, falan, minten, pagan , comoen e bebden e todos á súa maneira van facendo .... ¿ que fan ? ( ¿ ....... ? )
49.- Dous ceros un riba do outro que deitados a durmir nunca chegan a ter fin . ( ¿ ..... ? )
50.- Con follas feitas sen seiva , que non medraron nas árbores, agardan seren retirados para con ollos e mans seren ben agarimados.
51.- Ten linguas que move o vento e deixan un manto negro e no tempo de verán a todos nos meten medo.
52.- Son parentes dos bugallos e por fillas dos carballos fican ben recoñecidas se no chan están caídas.
53.- Faise con auga e con vento, coa forza de marés e átomos, tamén con hidrocarburos e corre polos arames a moi gran velocidade,
54.- Para doentes levar percurando curación, a portadores amola, sendo a mellor solución,
55.- Coida ben dos nosos pés, non estudóu medicina, e danos unha nova pel, sexa bruta sexa fina.
56.- Ela múa e non bordía, espanta moscas co raboi e xanta a herba e nabo.
57.- Cando ela está moi ben muda, depois de ser peneirada, é branca como a neve branca nun día de nevarada.
58.- Se están na parte de arriba teñen nome masculino ; e por baixo da barriga, seguindo criterio fino , teñen forma feminina.
59..- Se por decenas fan seis e por ducias son só cinco, ¿ cantos ovos axuntei para facer a merenda ?
60.- Para subir e baixar a alta ou a baixa estada, só se precisa ter, metálica ou ben madeirada, unha ben segura.......
61.- Se os bons van para o ceo e os malos van para o inferno , ¿ Para onde van os traballadores cansos cando é o tempo de inverno ?
62.- Pode facer o seu labor con cantas almas hai no mundo e non o facer para el non lle vai causar dor.... ¿ Quen é este traballador ?.
63.- Para facer caldo galego bota na pota un anaco de defunto.
64.- Poño na terra un e no verán collo un cento.
65.- Asadoiro universal, medra baixa cada día é o lugar ideal para mollar pés e barriga.
66.- Feito está con biquiños de farna e a todos dozura da.
67.- Peixe e porco en tempo de secura co seu branco manto alcanzan carne dura.
68.- As brancas pedras na auga ferven e moito locen polas paredes.
69.- Se ben vai , vai e ven e vai ben.
70.- Manexalos é doado : riba da mesa tirados percuran sorte os soldados.
71.- Sexa golpe ou renarte nos galiñeiros amosa cal é a súa arte.
72.- Ao abeiro da cambota guindastre ou burro, gramalleira, brasa e remol daanlle quentura á pota.
73.- Ten un cantar madrugueiro e colorada monteira e todos queren guisalo.
74.- Gordo o teño , máis o quixera que entre as pernas non me collera.
75.- Sendo a primeira do día ponlle remate ao xexún e meterlle algo de leite soe ser o máis común.
76.- É redonda e moi galega , promete moita fartura e remata sempre en nada.
77.- Aínda tendo catro patas nin corre , nin brica , nin anda.
78.- É grande , moi poderoso e porque lle gusta o mel todos lle chaman goloso.
79.- Corre o mar todo e máis a terra cos seus bruidos de guerra e non o podo encerrar aínda que eu o intento.
80.- A cabeza e moitos saen fo caldeiro fervendo e con afiada tesoura trucídano para xantalo.
81.- Leira branca, leira branca onde lle botan semente tanto persoas sen sona como previlexiadas mentes.
82.- Cuarto escuro ben pechado onde se gardan viandas e se aparecen buratos por eles entran os ratos .
83.- Para ferrados as arcas fan e por fanegas acolle de mil feixes a debulla que moreas de gra dan.
84.- Se abres os ollos non os ves e se os pechas dentro os tes.
85.- Son buratos pequeneiros que se ven riba da mesa e coméndoos por milleiros a ninguén lle dan fartura.
86.- Ten fol e non ten fariña , ten punteiro e non ten puntas , ten fleques e non é unha colcha e rosma sen estar rouca.
87.- Uns dano para agradecer e outros para pedir o dan.
88.- É un ceo moi estreito onde xuntos uns santiños moen adoito viandas e para o seu mellor goce uns desfrutan do salgado e outros gozan co doce.
89.- Para chegar a carneiro moita herba comerá ao logo de todo o an.
90.- Dá horas e non as ten, non cose e non ten agullas , vixía dende alta torre cando o sol nace e cando o día morre.
91.- Ten conta do que lle poñen, mestura verdade e mentira o que o gasta axiña o tira despois de lle pasar a vista.
92.- Do dereito e do revés serve para quentar os pés.
93.- Camiñando ou recuando polos cons ti o verás e eu no prato o vexo.
94.- O aparello está aquí e ti dis aló aló.
95.- O máis vello vai por baixo e o máis baixo vai por riba .... e o que o saiba que o diga.
96.- Moito costa, costa moito se che cadra ir cara arriba e moito menos costa o baixar dende a súa cima,
97.- Os que están ben preparados Sitúanse Todos Ordenadamente Parados.
98.- Con moitas vimbias tecida meten nela as espigas.
99.- Con moxenas e con chispas rente ao lume bate ferro frío en ferro que está moi quente.
100.- De sen a sen vai o arco e riba do fuciño o marco.
************************************************************************************
SOLUCIÓNS :
1.- ( A boca, a lingua e os dentes e moas ). 2.- ( A lúa ). 3.- ( As patas da vaca, os tetos, as cornas e o rabo ). 4.- ( A castaña dentro do ourizo e o lareiro ). 5.- ( Os cornos da cabra ). 6.- ( A galiña e o ovo ) 7.- ( Unha galiñ a ). 8.- ( O ovo ). 9.- ( O ovo e os pitiños ). 10.- ( Os ollos ). 11.- ( O allo ). 12,. ( O piollo ), 13.- ( O sal ). 14.- ( Un furado ). 15.- ( O ataude ou cadaleito ) 16.- ( As goteiras do tellado ). 17.- ( A escuridade ) 18.- ( A cebola ) 19.- ( Os zapatos ) .20.- ( O muiño )
21,. ( O ollo e ntre as perfebas ). 22.- ( A lingua ). 23.- ( Os dez fungueiros ou estadullos do carro ). 24.- ( A miña mai ). 25.- ( O sol ). 26.- ( A cebola ).- 27 ( Unha campá ou sino ). 28.- ( A lingua ). 29.- ( As agullas do reloxo ). 30.- ( o gato ) 31.- ( O queixo humán baixo da boca ). 32.- ( A banda de música ). 33.- ( O xornal de prensa ). 34.- ( A punta do nariz ). 35.- ( O galo ).- 36.- ( As ondas do mar ). 37. - ( O tenreiro ).- 38.- ( dentista ). 39.- ( A noz ). 40.- ( Os dentes e as moas ).
41.- ( O forno ). 42.- ( A muralla de Lugo )- 43.- ( O río ). 44.- ( Unha ponte ). 45.- ( A estrada ). 46.- ( As imaxes dos santos nos altares ). 47.- ( O arroz con leite ). 48,. ( A feira ). 49.- ( O número 8 ). 50.- ( Os libros nas bibliotecas ). 51.- ( O lume ). 52.- ( As landras ). 53.- ( A electricidade ). 54.- ( A padiola 9, 55.- ( O zapateiro ). 56.- ( A vaca ). 57.- ( A fariña ), 58.- ( As dedas dos pés ). 59.- ( Sesenta ). 60.- ( Escada ).
61.- ( Para as casas ).62.- ( O enterrador ). 63.- ( O unto ). 64.- ( Un gran de centeo ). 65.- ( A praia ). 66.- ( O mel ). 67.- ( O sal ). 68.- ( O cal ). 69.- ( A tróndea, bambán ou acanadoiro ). 70.- ( Os dados ). 71.- ( O raposo ). 72.- ( A lareira ). 73.- ( O galo ). 74.- ( O cabalo )..75.- ( O almorzo ). 76.- ( A emepanada ), 77.- ( A mesa ). 78.- ( O oso ). 79 .- ( O vento ). 80.- ( O polbo )-
81.- ( A folla de papel ).- 82.- O celeiro. 83.- ( A tulla ). 84.- ( Os pensamentos ). 85.- ( Os ollos dun pan ), 86.- ( A gaita galega ). 87.- ( Un beixamán ), 88.- ( A boca ). 89.- ( O año ). 90.- ( O reloxo ). 91.- O xornal ). 92.- ( O carpín ). 93.- ( O cangarexo ). 94.- ( O teléfono ). 95.- ( O neno que vai ao requicho do pai ). 96.- ( Unha costa ). 97.- ( O sinal de STOP ). 98.- ( A goxa ). 99.- ( O ferreiro ). 100.- ( O nariz )
*************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario