CASA DO CONCELLO DE SÁRRIA
En 1920 o Concello de Sárria comprou a CASA VAAMONDE na Praza da Constitución , que era dos PP Mercedarios , para destinala a CASA CONSISTORIAL , abandonando a casa nº 1 da Rúa Maior, onde , dende o século XVIII, estivera a sede da Xustiza e Reximento da Vila e Marquesado de Sárria e dende 1820 a Casa Axuntamento.
Para comprala emitiron unhas cédulas de empréstimos a cargo de cidadáns ricos da vila, que foron amortizando nos anos seguintes con sorteos.
A Casa Vaamonde debeu ser proxectado polo arquitecto Daniel García Vaamonde , que foi arquitecto municipal en Santiago de Compostela, e foi irmán de Camilo García Vaamonde, abogado, casado con Concepción Ulloa.
Ao morrer Camilo García Vaamonde, foi herdado pola súa esposa, que deixou todos os seus bens á Orde da Mercé.
Estes benefactores están enterrados no Cemiterio Municipal de Sárria, nunha capela na que tamén están recollidos os restos mortais dos relixiosos mercedarios falecidos no convento sarriao a partir de 1896.
Comentarios
Publicar un comentario