NEMESIO LÓPEZ RODRÍGUEZ: ARQUITECTO SARRIAO EN FERROL
NEMESIO LÓPEZ RODRÍGUEZ. ARQUITECTO SARRIAO EN FERROL
Nemesio López Rodríguez, arquitecto, desenvolveu a súa actividade profesional en Ferrol ( 1936 ), levando adiante máis de 4500 proxectos, sendo el o primeiro dunha saga na que o seguiron o seu fillo Nemesio López Alvargonzález ( 1980 ) e a súa neta Madalena López Martínez ( 2007 ).
Membro da familia da Casa da Nogueira, de Santa María de Ortoá ( Sárria ) foi fillo da señora Carolina Rodríguez Fernández e foron irmáns seus Xosé, Clemente, María das Dores, Felipe, Álvaro, Manuel, Carolina, Xusto , Fernando e María López Rodríguez.
Exerceu como arquitecto municipal de Ferrol , cidade na que deixou marcada a súa impronta en numerosas obras que lle dan carácter á cidade departamental.
Interviu na urbanización da Praza de España de Ferrol onde se alzan varios edificios proxectados por el., na obra do Cemiterio de Catabois e no Parque Raiña Sofía. Son creacións súas : O Palacio Municipal na Praza de Armas ( 1953 ), Edificio Criado ou Sanatorio do Carme ( 1939 ). Edificio da Caixa de Aforros Monte de Piedade de Ferrol ( 1944 ), Edificio de Vivendas da Mariña ( 1954 ). Hotel Almirante ( 1968 ). Fábrica de Lápices Hispano SL (derrubada en 2012 ). Cine Bahía en A Graña.
En Sárria, nos anos da II República o Concello encomendoulle labores profesionais e o frustrado intento de dotar á vila dun plano urbanístico-O emblemático edificio do CINEMA CISSA, na actual Rúa Marqués de Ugena, garda a súa memoria nunha vila na que desenvolveu unha activa presenza nos seus anos mozos.
Nemesio Arquitectura, en Ferrol, con liña de continuidade no seu fillo Nemesio e a súa neta Madalena mantén viva a memoria dun arquitecto , que como poucos, tivo a oportunidade de conformar a cidade na que desenvolveu a súa actividade e onde formou familia
Comentarios
Publicar un comentario