FORO DE BIVILLE ( 672 )
FORO DE BIVILLE : ( 672 )
O Couto e parroquia de San Miguel de Biville, no actual Concello de Sárria , oririnariamente vencellao ao Bispado de Lugo, pasóu a ser de señorío de leigos, por aforamentos sucesivos, e despois de formar parte o Concello Constitucionalda Pinza e Biville ( 1820 / 1830 ) acabóu formando parte do Concello de Sárria no ano 1840.
As estremas do Couto comezaban na Pena e Marco de Buitrón ; de este á Cruz de Lagartedo en dereitura á Ermida de San Marco, Pico do Faro e ao Marco da Gandarela ; de este á Pena Redonda, Marco do Redondo, Pena de Monteán e ao Marco de Buitrón, primeria demarcación.
Formóu parte do alciprestádego de Paradela, formando curato con San Salvador da Pinza e Santa María de Belante. En 1753 o Couto de Biville era de señorío de dona María Ana Suárez Vivero de Zuñiga , residente na Cidade de México ( Nova España ) que tiña por administrador a Manuel López Guitián . Por loitosa a dona do Couto percibía medio real de veludo en cada un ano, pago por cada veciño do estado xeral.
No ano 1589 o foro do Couto, que fora suscrito por Alonso de Losada , O Vello , en 19 de setembro de 1508, e que pasóu a Martiño de Losada e a Alonso de Losada , O Novo, foi anovado , por dúas voces máis, por don Xoán Ruiz de Villazán, bispo de Lugo.
( 13 de febreiro de 1589 )
Na cidade de Lugo a trece días do mes de febreiro do ano de mil e cincocentos e oitenta e nove anos diante da Súa Señoría don Xoán Ruiz de Villazán , bispo e señor da cidade , do Consello do rei noso señor , Parecéu presente ALONSO DE LOSADA E RINADENEYRA, veciño da vila de Chantada e presentóu ante a Súa Señoría unha escritura de foro feita e outorgada por don Pedro de Ribera , Bispo que foi deste Bispado de boa memoria a ALONSO DE LOSADA e TEREIXA RODRÍGUEZ DE AGUIAR, a súa esposa e outras dúas persoas, do COUTO DE BIVILLE coa súa vasalaxe, señorío, xurisdición civil e criminal, mero misto imperio, Penas de sangue, loitosas, servizos, abadías, magriños e montazgos , casas e casares e herdades, montes e fontes, Prados e pasteiros e con todas as outras cousas ao dito Couto pertencentes e os dous lugares chamados de BIVILLE que estaban en ermo e o lugar de SONAI e o lugar de CARMONIÑO, e os dous lugares de VILAR e o lugar de QUEIXONA que estaba en ermo e outras tres leiras, unha no CASTELO DAS MOREIRAS e outra riba do valado de ARGOI e outras riba da FONTE DE CORTIÑAS, sitos os ditos lugares no Couto ; e máis o lugar de FONTEMAIOR so o sino de SAN SALVADOR DA PINZA e o lugar e herdades de SAN SADORNIÑO e a ERMIDA DE SANTO ADRAO e casar dela cos seus dereitos e máis so o sino de SANTO ANDRÈ DE PARADELA e a herdade que chaman das CAMPÁS, bens referidos e expresados na dita escritura de foro e que pagase en cada un ano setecentos maravedís e así outras condicións contidas e expresadas na dita escritura de foro feita e outorgada polo dito don Pedro de Ribera, Bispo, en dez e nove días do mes de setembro do ano mil e cincocentos e oito perante Luis de Benavides, notario.
E atento que o dito Alonso de Losada será a terceira voz e persoa do foro por ter sido o dito ALONSO DE LOSADA o seu avó e MARTIÑO DE LOSADA, o seu pai, fora a segunda persoa e el será a terceira e última como da dita escritura de foro consta e parecéu de si por el a maior abundamento sendo necesario presentábase e presentouse e pedía e suplicaba á Súa Señoría tivese por ben aumentar e acrecentar no dito foro ás presentes voces e vidas , mais atento a que el da súa parte cumprira e cumpría as condicións do dito foro e defendía a facenda del e diso viña utilidade e proveito á Súa Señoría e á súa dignidade episcopal e visto o susodito polo dito Señor Bispo dixo admitía e admitiu a dita presentación feita polo dito ALONSO DE LOSADA e tendo respecto a que defendía o dito Couto, xurisdición e Vasalaxe e o aumentaba e diso viña utilidade e provrito á Súa Señoría e á súa dignidade episcopal tiña por ben de confirmar o dito foro e que a vida do dito ALONSO DE LOSADA fose e se entendese pola súa vida e de dona LEONOR DE CASTRO PIMENTEL , a súa muller , e admáis e alén lle acrecentaba e acrecentóu dúas vidas máis, a primrira que sexa o primeiro fillo ou filla do dito Alonso de Losada e de dona Leonor de Castro, a súa muller , e a segunda e última o seu neto de entrambos dous e non habendo fillo nin neto o sexa a persoa que polo postrimriro dos ditos Alonso de Losada e dona Leonor de Castro fose nomeada , sexa a de dereito e herdare os seus bens ou a maior parte deles e sen que os bens deste foro sexan partidod nin divididos senón que anden sempre xuntos e sen que por esta dita presentación e nomeamento de voces poida pasar a súa parte por xuizo ao dito Alonso de Losada e os seus herdeiros por mor do dereito que por virtude da dita escritura de foro ten e pretende ter ao dito Couto de Biville e máis bens na escritura de foro arriba anteditos e quedando como queda ao Alonso de Losada e os seus herdeiros o dito dereito, xurisdición e vigor e coa condición que o dito Alonso de Losada e dita dona Leonor Pimentel , a súa muller dende hoxe en adiante durante os días das súas vidas sexan ibgigados a daren e pagaren á Súa Señoría e sucesores bispos en cada un ano mil maravedís e despois dos días do postrimeiro deles, as outras dúas persoas sexan obrigados de daren e pagaren á Súa Señoría en cada un ano dous mil maravedís postos e pagos nesta cidade no poder da Súa Señoría ou do seu mordomo no seu nome ou á persoa que houbere de haber por día de San Martiño de cada un ano, con máis as custas e daño que pola cobranza deles se seguisen e renacesen e debaixo das máis condicións contidas e expresadas na dita escritura de foro as que, e cada unha delas, se guiaban e houberon por expresados, o que todo a Súa Señoría había e houbo po bo e se obrigaba e obrigóu os bens, xuros e Rendas da súa dignidade episcopal que as ditas dúas vidas máis serán certas e seguras aos ditos Alonso de Losada e dona Leonor de Castro a súa muller e os seus herdeiros amosen obrigados, declaróu.
E o dito Alonso de Losada por si e a dita Leonor de Castro , a súa muller, e as ditas dúas persoas do pasamento do postrimeiro deles, dixo que acetaba e acetóu o dito acrecemento de voces coas condicións e cada unha delas, obrigábase e obrigóu coa súa persoa e bens mobles e raíces habidos e por haber e os bens deste foro de pagar de hoxe endiante en cada un ano polos días da súa vida e da dita dona Leonor de Castro , a súa muller, os ditos mil maravedís e as ditas dúas persoas e vida representados dous mil maravedís en cada un ano e cumprirán as máis condicións de suso declaradas e cada unha delas e para que o cumprirán , segundo dito é , ambas partes cada unha polo que lle toca, deron e outorgaron todo o seu poder cumprido a todos ou calisquer xustizas llo fagan cumprir ben e tan cumpridamente como se esta carta e o que ela contén pasada en cousa xulgada , acerca do que renunciaron a todas e calisquer outras leis, foros , dereitos que rato e que non ratos de que se poidan aproveitar e a lei e dereito que di que xeral renunciación de leis feita non valla e outorgaron a presente carta perante min, notario , e testemuñas de xuso escritos e ao seu rogo asinárono do seu nome , estando presentes por testemuñas Bartolomeu de Estrada e Marcos Fernández, familiares da Súa Señoría , estranxeiros, ademáis do licenciado Figueroa e Aguiar, e eu dou fe a rogo dos outorgantes / non valla.... / son obrigados / e vai emendado episcopal / Ioannes eps lucens, / Alonso de Losada. Pasóu perante min : Ilexible.
NOTAS.-
No ano 1508 na parroquia de Biville estaban a ermo os dous lugares chamados de Biville e o lugar de Queixona ( Caixona ). Había poboación nos lugares de Sonai e Carmoniño ( desaparecidos ) e no Casar e Ermida de Santo Adrao ( agora ermida de San Marco ) , onde desaparecéu esa casa. Na Pinza había un casar coñecido como San Sadorniño.
Renda establecida en 1508, a pagar por Alonso de Losada e Tereixa Rodriguez de Aguiar, e sucesores ; 700 maravedís. Renda establecida na anovación de 1589 a pagar por Alonso de Losada : 1.000 maravedís. Renda para as voces posteiores á morte de Alonso de Losada e Leonor de Castro ( Leonor Pimentel ).
*********************************************************************************
VENDA DE RENDAS NA PARROQUIA DE BIVILLE
Os sucesores dos foreiros que aproveitaron os bens cedidos polo Bispado de Lugo foron derivando en suforos con rendas moi multiplicadas que producián gaños abusivos aos fidalgos intermediarios , e que recaían riba dos labregos que traballaban as terras .
Extinguidos os señoríos as rendas de obrigado cumprimento, tanto por razón de aforamentos documentados como por "antiga ouservanza" permanecero vixentes, e mesmo as derivadas das "mans mortas " que cos bens raíces pasaran a ser considerados propiedade da Nación, e mediando subhastas bens e rendas pasaron a mans de burgueses liberáis, e os labtregos , por máis de 90 amos seguiron pagando en cada un ano a pervivencia daquelas rendas nadas na Idade Media, de maneira que até os anos 1930 non se deu a plena redención da inxsuta e opresiva esixenza de entrega de ferrados de centeo ou trigo, porcos abertos ou polo pe, millo, empanadas de anguías, viño, castañas, touciños, años , estrigas de liño, manteiga de vacas e de porcos, cera, etc, coas que se vían oprimidas as clases populares.
A renda foral dos 700, 1000 e 2000 reáis de veludo fixados no século XVI e primeiras décadas do século XVII , para os bens de Biville , convertíranse en 1847 en 240 ferrados de centeo en gra e 49 reais en diñeiro que lle pagaban 11 veciños da parroquia ao titular dominical do antigo dereito. , don Pedrro Mª de la O Miranda Miranda , veciño de Ribadeo-
Venda en virtude do poder antecedente a favor da Señora Dona Xosefa Solance ( viuva de Neira ) veciña da Vila de Sárria.
" Na Vila e partido xudicial de Sárria a vinte días do mes de xullo ano de mil oitocentos corenta e sete.
Perante min escribán da Súa Maxestade e Número e testemuñas constituiuse persoalmente don Manuel González Alván veciño de Legariños, parroquia de Santo Estevo da Peroza, distrito municipal de Coles, no partido xudicial de Ourense , como Administrador e apoderado de don Pedro María da O Miranda e Miranda , veciño de Ribadeo, dono das Casas de Camba , Legariños, e outras, segundo poder que para outorgar este instrumento lle conferiu en dazasete do corrente do que deu fe don Manuel Rodríguez , Escribán de Número da Vila de Chantada , cuxa copia legalizada do mesmo presenta e entrega a min o presente para que se coloque por cabeza deste dito instrumento e inserte nas copias que del se deren, confesando non usalo revocado nin en maneira algunha limitado antes ben estándoo en todas as súas partes. E usando das faculdades que por el se lle confiren dixo :
Que pertencen ao referido don Pedro María da O , en representación dos seus maiores o dominio e propiedade das casas e bens ás que son adherentes as rendas de centeo e diñeiro que percibe nos lugares de BIVILLE , QUEIXONA, VILAR DE QUEIXONA , LAVANDEIRA e CABO DE VILA, situados na parroquia de San Salvador da Pinza e San Miguel de Biville no distrito e partido xudicial desta Vila..... e a súa principal costosa administración do que lle resulta crecidos gastos e pouca utilidade , determinóu enaxenar para sempre as rendas e foráis dos expresados lugares por ter proporción de adquirir outras iguais rendas ou maiores, a carón da Administración de Legariños e outros puntos ventaxosos e de utilidade a cuxa fin o fixo público por medio de papeletas fixadas e entre as persoas que fixeron proposicións arranxouse con maior prezo coa Sra. Dona XOSEFA SOLANCE , viuva do Señor Coronel Don Uxío de Neira, veciño que foi e ela é desta Vila de Sárria .
De conseguinte o recordado don Manuel González Alván a nome do seu poderdante por el , os seus fillos , herdeiros e sucesores nas súas Casas, vínculos e maorazgos en uso da faculdade que lle concede a lei de maorazgos , por virtude da presente vía e forma que mellor se requira en dereito vende e da en venda Real por xuro certo de herdade e enaxenación perpetua de todo tempo de sempre xamáis sen reservación nin reclamación algunha á expresada dona Xosefa Solance que está presente , o aceta e compra para si propia e para quen for a súa vontade posto que o fai con diñeiro do seu mesmo capital e lexítimas que lle foron satisfeitas polos seus tíos Coengos de Santiago , don Xosé e don Manuel Solance as que lle comprendeon na súa Casa de Valdepeñas : a saber que así lle vende o don Manuel e dá nesta dita venda polo seu principal DOUSCENTOS CORENTA FERRADOS DE CENTEO EN GRAN e CORENTA E NOVE REAIS en diñeiro segundo llos pagan e deben pagar por xustos e límites títulos que protesta entregar neste propio día á compradora baixo recibo que a mesma ofrece darlle parcial , os seguintes colonos :
XOÁN LÓPEZ , dazaoito ferrados e catro reais con oito maravedís en diñeiro. ANDRÉ LÓPEZ DO PACIO , dazaoito ferrados e catro reais e oito maravedís . MANUEL LÓPEZ DE FONTEMAIOR , dazaseis ferrados , un real e dazaoito maravedis, todos tres veciños de San Salvador da Pinza : MANUEL GONZÁLEZ DE CABO DE VILA, corenta ferrados e trinta e oito ferrados e trinta e oito reais en diñeiro. ANXO CHOUSA DE LAVANDEIRA, sesenta ferrados e vinte e dous reais en diñeiro. Os HERDEIROS DE MANUEL ARIAS DA CASA DO CAMPO , catorce ferrados e oito reais. MANUEL LOPEZ DE QUEIXONA , por si e polos de DOMINGOS DE SAN MIGUEL . trinta e dous ferrados e catorce reais FRANCISCO LÓPEZ ALBÍN DE VILAR, corenta ferrados e 38 reais. XOSÉ TOIRÁN DE CASTROMEIXE , un ferrado . XOÁN GONZÁLEZ e DOMINGOS FERNÁNDEZ do mesmo CASTROMEIXE outro ferrado, todos eles de centeo, veciños do dito San Miguel de Biville, cuxas parcelas compoñen os cento vinte e nove reais vinte e catro maravedís en diñeiro e douscentos corenta ferradosm iu sexan sesenta fanegas de a catro ferrados cada unha pola medida que alí se usa os que así lle vende como propios do expresado seu poderdante por libres de toda outra venda, carga nin responsabilidade con todo.... dereito e servidumes en prezo e cuantía de....... mil seiscentos reais .
...........................................................................
REDENCIÓN DAS RENDAS PAGADAS POLOS VECIÑOS DE BIVILLE ( 18.08.1861 )
Na Vila de Sárria a dazoito días do mes de Agosto, ano de mil oitocentos sesenta e un, perante min Escribano de Número e testemuñas , presente persoalmente a Señora dona Xosefa Solance, viuva do Coronel Don Uxío de Neira, veciña desta Vila, maior de corenta anos de idade, e dixo ;
Que adquriu en vinte de Xullo de mil oitocentos corenta e sete, unha renda anual de douscentos corenta ferrados de centeo e cento e vinte e nove reais e vinte e catro maravedís , que lle deu en venda real por enaxenación perpetua a medio de escritura pública Don Manuel González Alván , veciño de Legariños, parroquia de Santo Eusebio da Peroxa, distrito de Coles, do partido de Ourense e en virtude de faculdade, segundo poder que ao intento lle outorgóu na Vila de Chantada a dazasete do expresado mes de Xullo perante o escribán Don Manuel Rodríguez , veciño o expresado Miranda de Ribadeo, e dono das Casas de Camba , Lagariños e outras, como todo máis por menor resulta do expresado documento que pasóu a testemuño de Don Xoán Díaz de Freijo nesta propia Vila e que foi rexistrado na Oficina de Hipotecas desta Vila ao folio cento corenta e dous do libri primeiro tomo do distrito desta referida vila, previo pagamento do tocante á Facenda e ao que se remite do que tamén resulta que esas rendas son cobradeiras nos lugares de Viville, Queixona , Vilar de Queixona, Lavandeira , Cabo de Vila e Castromeixe , parroquia de San Salvador da Pinza e San Miguel de Biville , de cuxa renda se posesionóu xudicionalmente o vinte e tres do expresado mes de Xullo.
Que dende esta data ven percibindo a indicada renda , quieta e pacíficamente sendo un dos pagadores Xoán Albín , labrego, casado, de corenta e oito anos de idade, veciño de Vilar de Queixona , parroquia de San Miguel de Biville, por cuarenta ferrados de centeo e trinta e oito reais en diñeiro, renda que gravita probablemente os bens que o Albín ten e posúe na dita veciñanza de Biville.
Que os ditos pagadores obcecados coa idea de que esas rendas procedían de Señorío xurisdicional e coa de que por esta razón non debían seguir pagando, dispoñianse con empeño a fulminar a oprtuna demanda, sen repararen nos dereitos cos que a dita Señora podía contrarrestalos; que vista semellante resolución e mirando ás vexacións , gastos e incomodidades que trae toda cuestión procesal, decidiuse por lles franquear o medio de redemir ou recuperar o canon de renda respective, fixando para iso o tipo de trescentos setenta reais a fanega de centeo e cinco e medio por cento o diñeiro ; que acetando como beneficiosa tal proposición, o XOÁN ALBÍN que está presente en este acto, despois de enterado de todo o referido , fixo entrega e del recibiuu a dita Señora catro mil catrocentos tres reais ( 4.403 reais ) na presenza das ditas testemuñas e de min o Escribán que dou fe, como valor , ao tipo indicado dos expresados corenta ferrados de centeo e trinta e oito reais de renda da que era pagador como vai expresado e cuxa renda leva recobrado ou redimido na forma expresada , e a mencionada Señora do expresado diñeiro en moedas de prata e ouro outorga ao Albín en forma ......
.......................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario