LOUSADELA: MORTE DE XOSEFA DO CAMPO ( 1759 ) (671 )
LOUSADELA: A MORTE DE XOSEFA DO CAMPO ( 1759 ) ( 671 )
Don Bernardo Somoza de Quiroga Rexidor perpetuo da Cidade e Provincia de Lugo, Capitán de Infantería, Correcidor e Alcalde Maior da Vila e Marquesado de Sárria.
Perante o presente escribán de Número da súa Audiencia dixo ter chegado á súa noticia y dádosele cuenta por Don Pedro Losada, cura propio de Santo Estevo de Lousadela e anexos en como depois de posto o so e a boca noite sucedera, no lugar de Lousadela, unha desgraza, de moorte, procedida de bque andando uns barrosos desteitando unha casa pra a súa redificación, e andando a un lado dela, cara o poñente os ditos barrosos e ao lado de nacente andaba Xosefa do Campo, criada maior de oitenta anos ; e que servía a Don Antonio Quiroda , veciño do dito lugar hai moitos anos, que adando xunto da dita parededo nacente a coller vianda para os porcos en nabos, sen que os seus amos llo mandasen nin supuxesen onde andaba, nin os ditos barrosos a visen, nin ningunha persoa da casa onde andaban os ditos barrosos. A cuxo tempo se desquicióu a parede dende os seus alicerces de repente toda ela e fundiuse ao chan e matouna , e a un dos barrosos , caeu ao outro lado que a non escapar sucederíalle o mesmo, e tendo ido percurar pedra da citada parede que caera viu unha pouca roupa entre as pedras e acodiu a dar de voces presumindo morrera alí un dos seus compañeiros , ao que acodiron e outros da mesma casa e acharon estar morta a sobredita baixo da pedra da referida parede de cuxas novas deron na conformidade que vai expresado sempre que pola súa mercé visto e que se saiba e averigue a verdade protesta sen dilación algunha pasar ao dito sitio coa asistenza do presente escribán, os seus ministros e cirurxán ao recoñecemento de todo elo, e testemuñas, e na súa vista lle dean sepultura sagrada , e ao máis que haxa lugar-
Así o provéu , mandóu e asinóu a súa mercé estando no lugar de Vilasante de dicho Marquesado a vinte e catro dias do mes de setembro deste ano de mil stecentos cincuenta e nove, con min escribán que disto dou fe, e neste papel por non haber doutro.
Bernardo Rivera e Quiroga.-
No lugar de Vilasante , freguesís de San Martño do Fontao, a vinte e cinco días deste citado mes e ano e farán polo dia de hoxe a súa mercé parte cos seus ministros e cirurxano cara o lugar de Lousadela . distancia unha légoa deste para averiguación do que expresa o auto que antecede . e para que conste mandouno poñer aqui por dilixenza asino e asinéi , do que dou fe.
Quiroga
Chegada ao lugar de Lousadela e sitio que chaman
No lugae de Lousadle,a ,freguesía de Santo Estevo do mesmo nome , e sitio que chaman o Nabal da Airiña, pegado á casa de Rosa do Valado, viuva , e onde sucedéu a desgracia, co escribán . Ministrs, Cirrurxán e testemuñas, e no dito sitio áchase o cadáver da esrpresada defunta vestida e quitado de riba da moita pedra da dita parede: e arrimada aos lados dela . que visto pola súa mercé mandoulle a Diego Varela, cirurxano, no real protomedicato pase con homes a desnuala e quitrarlle a roupa e que lle rexistre todo o seu corpo e veña dando razón de que sería precedida ba súa morte. Presente o dito cirurxán que dixo que o faría así.asinando , presente o dito cirurxán que dixo que o faría así , asinando a súa mercé co dito Cirurxán e disto dou fe-
Quiroga Diego Vázquez Varela
Certificación de Diego Varela, cirurxán.
No lugar e freguesía de Santo Estevo de Lousadela citado dia, mes e ano que anttecede comparecéo o dito cirurxano , paróu diante da súa mercé e de min escribán e dixo que en cumprimento do mandado foi a ver e mirar o cadáver de Xosefa do Campo .defunta, e habendolle ouservado todo o corpo dende os pés até a cabeza con asistenza de mulleres , achóu que en todo o seu corpo non achóu ferida, golpe , mazadura, nin rotura en ningún óso , se non é na cabeza e por riba do casco coroal , todo mazado e esmagado e riba dela unha grande contusión sen botar sangue ningún do lado esquerdo da cabeza; riba do óso , todo iso procedido de ter caído da parede riba de todo o seu corpo, que por se achar baixo dela foi a causa da súa morte. que aínda que houbese moita xente xunto do lugar e luz do día lle podía favorecer nin valer por ser desgraza e pristina , isto é a realidade da verdade o que certo fixa e sendo necesario xura, e que é maior de idade sen que lle toque ningúnha das xerrais da lei, Asinouno do seu nome coa súa man e delo eu escribán dou fe-
Bernardo Rivera e Quiuoga Diego Vázquez Varela
Información e pescuda
Neste referido lugar. citado dia, mes e ano que antecede visto pola súa mercé a certificación do dito cirurxán e que leva declarado ter sido a morte da defunta desgraciadamente e procedida do acaso de se caer a parede riba dela para máis averiguación do que expresa o auto que antecede pasóu con asistenza do presente escribán e ministros á casa de Don Antonio Quiroga , amo da defunta, que se acha ausente e fora deste país a ver un seu cuñado que reside no bispado de Ourense. fíxose comparecer diante del e de min escribán a Don Manuel Quiroga , o seu fillo maior, que goberna a casa, e veciño del, do que a súa mercé recibiu xuramento en forma que o fixo segundo se regule e coñecer , baixo o que prometéu de dicir verdade do que soubese e lle fose preguntado e sendo ali examinado ao teor do dito auto en orde expresóu, dixo e depuxo o seguinte : Que a dita Xosefa do Campo, defunta, que servía na casa e prestaba bos servizos que eles a tiñan sustentándoa de esmola , por non poder traballar hai máis de dez anos, por ter de idade uns oitenta anos pouco máis ou menos , que case non lle mandaban traballar pola súa crecida idade nin tivo poder , nin criatura humá lle lle........ algunha nin.......... algún o que declara tivese noticia algunha tanto no lugar como da freguesía por constarlle que persoa ningunha tivo parte na súa desgracia, Antes ben se lle poideran dar vida todos conorrerían a darlle liberdade.
Isto é a verdade sen que en orde deixado delo.... saiba nin poida dar razón doutra cousa algunha e por selo nela se afirmóu e ratificóu e que é de idade de vinte e seis anos pouco máis ou menos e que non lle tocan ningunhas xeráis da lei, asina do seu nome coa súa man e de todo iso eu escribán dou fe.
Bernardo Rivera Quiroga Manuel Quiroga
...............................................................................
an
Comentarios
Publicar un comentario