O INCIO : TEATRO EN 1936 ( 825 )

                                    O INCIO : TEATRO EN 1936                                                 ( 825 )

CAMIÑOS DE GALICIA                                                              ANXEL FOLE

                               TEATRO GALEGO NAS TERRAS DO INCIO

                                                              I

                                               POLO CAMIÑO    

Longo día  de primavera . Luz peneirada pola brétema.  De Sárria á Cruz do Incio, por Samos, por " Castro en Can" ( ¡ ), polo val do Mao.

Terra fecunda en Castros como as Castelas en castelos. O nome dun deles estámpase na memoria : Castro da Furela.

Vou desatendendo os castros porque a beleza do camiño recñama imperiosamente os meus ollos.- Aló lonxe o monte Iribio,  señudo e altivo co seu turbante de néboa na testa.

Dinnos que nese monte Iribio  hai aínda bosque virxe como en Cervantes  con uns cantos lobos,para defender  a súa misteriosa e milenaria virxinidade das acometidas dos turistas e satisfacer a imaxinación noveleira  do frustrado  vagamundo  que ten  que ten o gusto de se aloxar  dentro  da miña camisa-

Este mesmo verán  perorreremos o monte Iribio, se é que se rebaixa a neursatenia  desas señoritas  olímpicas  a quen Zeus Cronida  encomendou a distribución das flores  e dos froitos.

Baixa das nubes  un grande pano de  choiva  recelándose a paisaxe.  Remata a primeira parte  da xornada. Non hai máis que se entregar  a un parladoiro de entreacto.A saída dos termos xurisdicionais  dun dos máis famosos - e xa periclitado  - cacicazgo  da provincia  danos ocasión para iso . Comeza diálogo :

-  Si , se esta paisaxe lisa  de voltas e de brétema  enxendrou  un tipo de denominador   que se chama  cacique , de psique sinuosa , morteciña, raposeira e subrepticia .Un tipo así non se produciríana paisaxe xeolóxica do Sahara...

-  Sen dúbida. Xa hai tempo que lin iso.

-¿ Onde , onde leu vostede iso ?

-  No Cronicón de Perogrullo , que, como vostedes saben  á man pecha lle chamaba puño. ¡ Que home máis sagaz este Perogrullo !. Figúrense  vostedes  que a vez  de lle chamaren  puño á man pecha ,   lle chamaba algo máis simple  : fenómeno  ou representación , por exemplo.  ¡ Que lle para a humanidade !  Asusta pensar niso. Grazas que o bon de Perogrullo era un home -...de manías filosofantes.

- Faga o favor de non divagar  

Comentarios

Publicacións populares