SÁRRIA : ( 2007 ) PREGÓN DA II FESTA DA MALLA DO MERCADO DA SERRA ( 849 )

 SÁRRIA : (2007 ) PREGÓN  DA II FESTA DA MALLA DO MERCADO DA SERRA ( 849 )

( Domingo , 26.08,2007 )                                                                     Xaime Félix López Arias

O MERCADO DA SERRA é un pequeno lugar con moita historia.

Aló na Idade Media , máis de 1000 anos atrás, cando estas terras do Páramo ( porque estamos na Terra do Pàramo) e da ribeira do río  Barbadelo  estaban suxeitas aos mosteiros  de Santiago e San Martiño de Barbadelo , de San Salvador de Rosende  e Santa María de Ortoá , de San Pedro de Taíde e de San Mamede da  Pinza , de San Paio e San Salvador de Piñeiro , aquí  no Mercado da Serra  na cruz do camiño  que por Portomarín  ía ata Compstela  e do camiño que dende a amurallada Lugo ía para Terra de Lemos , os campesiños achegábanse  a este lugar para mercar  e vender , para trocar  e parrafear , e os xudeus de Portomarín  e os mesoneiros  de Compostela  trataban de facer negocio con tan malas artes que ata o redactor do Códice Calixtino  fai un  aviso para incautos.

Por moitos séculos  o Mercado da Serra  estivo unido  á Xurisdición de Samos  e no XIX  á Alcaldía de Samos , ata que en 1840 coas parroquias  de Albán, Barbadelo  e Piñeira pasou a formar parte  do Concello de Sárria.

En 1872  a desaparecida feira  medieval  foi recuperada , e cada día SEIS, a redor da secular taberna , as xentes de Sárria, do Páramo e de Paradela  tiñan aquí ocasión  para comerciar e para galvanear .

Non durou moito esta recuperación , porque en 1890  o Concello  de Sárria acordou  que as feiras do Mercado da Serra  e dos Remedios , que se celebraba cada día OITO ,pasasen para Sárria , dando así nacemento  á FEIRA DO  SEIS , unida á do VINTE  ( que naquel ano  celebraba o seu 70 aniversario  ) conformando asi coa Feira de Vilamaior  e ata 1946 o  calendario das feiras de Sárria.

Cando se abre a estrada  de Santa  María á Feira de Paradela  na definición oficial ( para entendernos  a estrada de Nabás  a Vilamaior )  o Mercado da Serra recupera  a súa vinculación  aos camiños , e co renacer das peregrinacións  O MERCADO DA SERRA , malia á súa cativeza  poboacional , aparece  en todas  as guías  e é lugar  coñecido  por milleiros  de persoas  de numerosos países e de todas as linguas.

O Mercado da Serra está  no mapa e é un nome que sona, por iso  é agora moi gratificante  que os seus veciños  estean a celebrar  a II  Malla Popular , unha festa  do traballo , unha  homenaxe  á memoria  dos devanceiros , aqueles labregos  rexos e fortes , de onde nós vimos  e de cuxo exemplo debemos beber,

Mais tendo en conta  que estamos no Camiño de Santiago , e que este Mercado, xunto co de Santiago do Mercado en Sárria, e as feiras de Portomarín e Triacastela , foi dos náis antigos , lanzo desde aqui  aos veciños do Mercado da Serra  e aos responsables  municipais  de Cultura e Turismo  o desafio  de que para o vindeiro ano , en lembranza da forza vital do antigo Mercado, a carón  desta Festa da Malla  se recree  un Mercado Medieval , xustamente nesta  fermosa paraxe , neste vizoso Campo , dándolle  a maior  fidelidade  e para asñi render homenaxe a todos aqueles que nos precederon  e aos  que nos debemos.

E dito isto 

Comentarios

Publicacións populares