Antroido do ano 1900 en Sárria
Antroido de 1900 en Sárria .- Os días 25, 27 e 28 de febreiro.
No CASINO DE CABALEIROS houbo bailes os días 25 e 27. Puxeron no salón unha lámpada cun foco de 400 buxías . Entre os disfraces destacou un de" bebé".
Na Sociedade CÍRCULO DE LAS ARTES non houbo bailes, por falla de salóns. e mentres o dono da casa, Excmo. Sr. don Venancio Vázquez, non ordene a desaparición dun tabique que divide en dous o local , non poderá esta sociedade ter bailes , reunións, nin outro xénero ningún de diversións.
Nos salóns da CASA DE NOVOA e CAFÉ ESPAÑOL, tamén houbo bailes os días 25 e 27 , resultando un tanto desanimados por falla de organización.
O Mércores de Cinza tivemos un excelente ENTERRO DA SARDIÑA , grazas ao bon humor, intelixenza , actividade e celo de distinguido mozo da vila , cuxo nome omito, pero que Vostede coñece e trata moito, baixo cuxa dirección o festexo saiu dende a Casa-Escola ata os paseos da praza pola orde seguinte: Grande cabalgada de claríns que anunciaban o paso da comitiva , outra de Estudantes , unha grande carroza alumeada por máis de 300 farolas , detrás o sentenciado, a continuación outra carroza representando a Vulcano no medio do lume. Seguían as Bandas de Música desta Vila e de Samos executando no tránsito marchas axeitadas. do seu máis escolleito repertorio.
Infindade de mozos seguían ao cortexo con luces acesas e revestidos con sabas e cucuruchos , presidindo o doo o citado direitor dos festexos.
O defensor do sentenciado , á hora de cumprir o seu cometido, sufreu indisposición , rematando polo tanto este festexo sen o chamado "Sermón do Enterro da Sardiña".
Máis de tres mil almas acodiron a solemnizar esta festa : Rúas e prazas estaban cheas de xente da vila e das parroquias de perto que viñeron a despedir a derradeira broma do Antroido por este ano.
O Corresponsal
( " El Regional : Diario de Lugo", 6/03/1900 )
..........................................
"Casino de Cabaleiros" ( Casino de Sárria, na Rúa Maior , local da Casa Saco ); "Sociedade "Círculo de las Artes", na Casa de Venancio Vázquez, na entón Rúa do Porvir", agora Marqués de Ugena ; "Casa Novoa", casas números 2 e 4 da Praza da Constitución ; "Café Español" ( ubicación en punto de momento non coñecido ); "Casa-Escola"-Escolas Públicas "Matías López" , na entón chamada Rúa do Porvir.
(25.02, 1909).- ENTERRO DA SARDIÑA.- Orgnizada a comitiva no NUEVO CLUB , seguiu á Praza da Constitución , e baixando pola Rúa Maior seguiu polas rúas baixas.
Abría a marcha un capitán montado seguido dun cento de individuos traxeados de branco e con carapuchas coa imaxe da morte , levando un ou dous farois á veneciana. Unha carroza cunha sombrilla chinesa con caprichosas luces e sostida por un pelele , ademais un individuo vestido de aragonés que levaba como manta un colosal bacallau.
Seguían 200 enterradores levando, como os primeros, fachos de vento. Unha xigantesca sardiña precedía ao coro fúnebre de cantores sobrios , seguido de outros 200 individuos . Detrás ía a ..... escollida de marcial postura. Pechaba a marcha a banda de música. A cerimonia fúnebre tivo lugar na Praza da Constitución.
Un novo aprauso ao "Casino de Artesáns" e á comisión organizadora.

Comentarios
Publicar un comentario