QUEIMA DA CASA DE GREGORIO DE CASTRO EN GUITIÁN ( SÁRRIA, 1835 )

A  QUEIMA DA CASA DE GREGORIO DE CASTRO EN GUITIÁN.- SAN PEDRO DE FROIÁN ( SÁRRIA ) POLA GAVELA FAUCIOSA DE "SOUTO DE REMESAR" EN 1835

 Entre os anos 1835 e 1840 a comarca de Sárria sufriu a delictiva actuación de partidas fauciosas  opostas  a que Isabel II ocupase o Trono español na súa teima de negarlle o dereito  á "inocente nena" pretendendo  que o seu tío Carlos de Borbón  recibise a coroa. E as gavelas alzadas en armas, contando coa axuda ou coa simpatía de numerosos cregos   causaron terror nas aldeas con roubos, queimas , asaltos a centros administrativos, lesións  e mortes de cidadáns... 

A queima de casas en Treilán ( San Martiño de Requeixo ) con morte de  varios veciñis e a da  Casa de Gregorio de Castro, en Guitián, foron dous dos episodios  máis sinalados  en Sárria, e nos que tivo especial participación o terrible "Souto de Remesar" .

Este segundo episodio  deu lugar a unha relación dos danos causados realizada en 1841 e que  en 1864 serviu de base para que peritos  nomeados pola Deputación e o Concello de Sárria sinalasen a valoración total dos perxuizos causados e que  tiñan que ser obxecto de indemnización.

A acción da gavela de  Souto de Remesar  autora da queima da Casa de Gregorio de Castro ( agora coñecida como Casa de Gutiérrez de Guitián )  causou a ruina total da edificación e a perda  de canto se gardaba no seu interior, agás o gado que había nas cortes que debeu quedar a salvo, porque non se recolle valoración de ningún animal.

Chama a atenció o feito de que os fauciosos que se dicían defensores do Trono e do Altar , e polo tanto defensores dos privilexios eclesiásticos , non tiveran presente que na casa residía un crego e os bens  e roupas del , e mesmo obxectos litúrxicos alí gardados, foron pasto das lapas.

A relación de bens do ano 1864 permitenos coñecer  os bens e produtos dos que disfrutaba unha casa labrega de familia podente que sufriu a perda de canto posuía.

( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO,  26.09.1864 )

                                                     Concello de Sárria

"No expediente de  indemnización dos danos causados pola faución na última  guerra civil a GREGORIO DE CASTRO,  veciño de Guitián, parroquia de San Pedro de Froián,  neste distrito e partido de Sárria, áchase  a taxa  dos mesmos feita en agosto de 1841 polos peritos nomeados pola Excma., Deputación provincial e Concello e o seu contido é como segue.

                                                       Riqueza inmoble

1ª.- Primeiramente recoñeceron a CASA  a casa na que habitaba e habita  o dito Gregorio de Castro coa súa muller, o seu fillo Don Xosé de Castro, Cura-párroco de San Mamede da Chanca, outro fillo chamado Manuel , casado na casa, con tres fillos varóns e netos do Gregorio incendiada polo cabecilla SOUTO DE REMESAR   e a súa gavela fauciosa no dito día 15 de setembro de 1835 , da que recoñeceron que se queimara por enteiro unha oficina alat e dúas baixas que chaman CUARTO DO CABO, no que foi reducido a cinzas parte das tres portas baixas   e por enteiro unha alta coa súa marcaxe , as follas dunha fiestra e contrafiestras , os pontóns e táboas  do seu piso, todo o seu faiado, maderaxe de armar , caendo ao chan  a súa lousa , feita reblo e arruinado o bfranco que tiña na oficina alta. e nun dos baixos  que servía de ADEGA e CELEIRO  e todo iso ten cabida entre paredes  sesenta e unha varas cadradas , e taxan con miramento  ao estado que tiña, que era de moderna fábrica os perxuizos que quedan relacionados en 1.529 reais.

2ª.-  De seguido  recoñeceron o CUARTO DO MEDIO que se acha ao Nacente  do anterior, parede medianil no medio, composta de unha oficina alta que servía de cuarto e outra baixa para CORTE e ten  en cabida trinta e unha varas cadradas superficiais  no que foron queimados  os seus pontóns e faiado, madeira de armar  e arruinada a súa lousa  coa que se achaba coberta, e tamén arruinadas as paredes que existían riba de dúas portas altas,  queimada unha destas  cos seus cargadeiros e marcaxe, unha alacena  de dúas follas  coa súa caixa e estantes, as follas dunha fiestra  e contrafiestra co seu quita póos e cargadeiros, unha e grega  ou necesaria  que se achaba  na oficina alta coa súa porta por diante e taboado de castiñeiro e arruinado o xeso e branqueo  dado nas pardes  de poucos anos a esta parte; e  tasan as ruinas  que quedan explicadas, mesmo as madeiras de dous  pesebres , coas madeiras dos dous pesebres  que tamén  arderon, en 1.000 reais.

3ª.-  Igoalmente recoñeceron ao nacente do anterior  cuarto , medianil no medio,  e cantón do nacente da casa , outra oficina baixa  e dúas altas, que segundo informe as dividía un tabique de madeira, e que servían de cuarto, foron queimadas  os seus pisos, faiado, armación e reducida a reblo  a lousa doa súa cubrición , e tamén queimada unha porta alta  coa súa marcaxe e cargadoiros, unha alacena  de dúas follas  e as súa contrafiestras  e estas con cristais e arruinado pola velocidade  do lume o xeso e branqueo  dado nas  súas paredes , cuxas oficinas altas  e baixo achábanse fabricadas modernamente  e chamábse CUARTO  PRINCIPAL e fai en cabida  corenta e tres varas  e tres cuartas cadradas  e taxan os perxuizos en 1.,069 reais.

4ª.- Idem. recoñeceron a mediodía da anterior oficina, parede  no medio,  outro que chaman  CUARTO DA ESCALEIRA e fai en cabida  cincuenta e sete varas cuadradas superficiarias que unha porción por riba  servía de cuarto o por abaixo de corte, e no que foron reducidos a cinzas dous pesebres , piso, teito  e arruinada a lousa  coa que se achaba coberto, unha fiestra sinxela, cargadeiros de outras , e unha prta baixa cos seus marcos e cargadoiros, todo fabricado de poucos anos a esta parte e regulan os perxuizos  causados nesta oficina , alto e baixo, en 564 reais.

5ª.-  E por último recoñeceron  un ALPENDRE   existente na AIRA DE MALLAR do que se incendiou  parte del  que causou a ruina  desta trabe de armar , outros paus pequenos  e algúns cangos , como tamén  parte da lousa  da súa cubrición, con dous castiñeiros e catro cerdeiras , o que regulan os seus perxuizos en 150 reais.

SUMAN  os perxuizos  causados  nas cinco partidas anteriores de riqueza inmoble  a cantidade de 4.096 reais.

                                                     Riqueza pecuaria

1ª,. A cabalería  mular  que espresa a dita relación segundo os informes  que os peritos tomaron ao intento ; era un macho  de catro anos, a súa marca unhas seis cuartas , que foi roubado polos fauciosos, coa súa albarda, cinchas, sobrecarga   coberta e cabezada, que todo regulanen 350 reais

                                                           Riqueza moble

1ª.- As duascentas fanegas ( 200 ) de centeo en gra que arderon dentro da mesma casa , segundo o espresa a relación presentada. Regúlanas en 5.690 reais.

2ª.- Seis fanegas de millo ( 6 )a trinta e dous reais ( 32 ) cada unha suman a cantidade de 192 reais.

3ª,. Unha fanega de fabas ( 1 ) que espresaba a relación, 32 reais.

4ª.- Idem. as cinco fanegas ( 5 ) de liñaza que espresa a relación, 180 reais.

5ª,. As catorce  ( 14 ) follas de touciño ou carne curada que refire a dita relación e farían o peso de catorce ( 14 ) arrobas. Regúlanos  segundo os prezos  comúns daquel tempo en 700 reais.

6ª,. As dúas ( 2 ) arrobas  de unto e manteiga que relata a mesma relación, en 125 reais.

7ª.- A media arroba ( 1 /2  @ ) de sebo que refire a mesma, 25 reais.

8ª.- Unha arroba ( 1 @ ) de xabrón  que relata relata a mesma, 75 reais.

9ª.- As cinco camas completas   arreadas a estilo  decen te que  espresa a relación , reguladas cada unha  segundo a súa fábrica e estado e informes  que sbopr diso  tomaron, compostas de  catro sabas, dúas mantas,  unha colcha, dúas almofadas  coas súas fundas . xergón, colchón e cordas, segundo estilo do país e estado que as roupas mantiñan, fan as cinco camas  o importe de 1.880 reais.

Item. as  catro camas a uso de labrador, coas súas correspondnetes roupas, segundo  informes tomados , compoñíanse todas elas  de oito mantas  de burel, oito sabas de estopa,tres fundas coa súa la, seis almofadas coa súa garnición  e unha sobrecama , que con arranxo ao estado que mantiñan, madeira e construción das camas, todo en 477 reais.

10ª.- As catro mesas de manteis  de lenzo fino coas súas correspondentes servilletas  e seis manteis ordinarios deestopiña  a uso de labrador, que expresa a relación, e que as servilletas  facían o número de corenta , e que as mesas de manteis que se achaban novos . tres de elas e a outra algo usada, como tamén as sesis de estopa., que  miramento aos seus longos, largos e estado regular, regulan todas elas en 302 reais.

11ª.-Idem  as sete dúcias den camisas de lenzo e estopiña que contén a relación , ducia e media delas de home  que se achaban sen estrear e as cinco e media restantes a medio uso , parte delas de home e o resto de muller , que con arranxo ao seu uso táxanas en 509 reais.

12ª,. A ducia de sabas de resgardo e lenzo fino case novas , regúlanas en 233 reais.

13ª,.Sesenta e nove  varas de lenzo que contiñan as tres teas  que espresa a relación, e as cincuenta varas de la, de estopa, da mesma tásana en 466 reais.

14ª,. Dos cincuenta e dous vestidos compretos de homes e mulleres  que comprhende a relación , informan que catro eran novas  de home, composto cada un de chapeu portigués, chaqueta e calzóns de pana dazaoitena , como tamén botíns, chaleque de pano azul turquí cos seus correspondentes forros e zapatos de becerriño  dunha sola e medias de la , que taxada cada especie  de por si  fai o total de  uns 178 reais e os catro 672 reais.

15ª,.  Cento catro vestidos tamén de home  da mesma clas , agás oz zapatos  que eran de dúas solas e que se achaban de medio uso coas prendas de cada vestido, regulan cada un en 64 reais, que todos catro fan a suma de 266 reais.

16ª,. Outros catro vestidos tamén de home e de uso diario, regulan a cada un en 28 reais  e  os catro importan 112 reais.

                         Roupa e obxectos de Xosé de Castro ,  Cura párroco de San Mamede da Chanca

17ª.- Os cento vinte vestidos de pano fino  que espón a relación corresponden a Don Xosé de Castro, Cura párroco de San Mamede da Chanca, que vivía na compaña do Gregorio, o seu pai,  que un deles  compoñíase de levita  de pano azul turquí, chaleque  e calzóns de pano  negro, tamén fino, medias de seda negras  sen estrear un gorro de seda negra , tamén sen estrear, chapeu  fino apuntado, alzacolo  de veludo e zapatos de cordobán, que calculada cada cousa de por sí ascende este vestido a 402 reais.

18ª.-  Outro vestido correspondente ao dito Cura, composto de un frac de pano azul punto fino . pantalón de estambre,  medias e un gorro de seda negra, un chapeu de copa alta , fábrica da Coruña, alzacolo de pano de seda e zapatos de cordobán, todo case novo, e  a todo el  segundo  a súa calidade  e estado , regulado o seu valor tasárono en 300 reais.

19ª.-  Outro vestido tocante ao  mesmo Cura, que se compón dun chapeu portugués, gorro de seda,  chaqueta de Béjar,  cor castaña,  almilla de baeta cor amarela,  para o inverno,  un chaleque de pano azul  escuro,  calzóns de pano negro , botins da mesma,  medias de la e zapatos  de becerriño dunha sola, todo iso como de mediano uso,  agás os botíns e gorro  que se achabam sen estrear, o que  con arranxo ao estado e calidade , taxan o dito vestido en  198 reais.

20ª,. Outro vestido tamén do dito Cura , que se compoñía dun chapeu de charol , gorro de seda, chaqueta e chaleque  de pano azuyl  fino, calzóns de pana, medias  de  liña negra , botins de pano negro e zapatos de  becerriño de dúas solas , que todo se achaba de mediano servizo, regúlano todo  con miramento ao seu estado  e calidade en 142 reais.

21ª,. Ao mesmo Cura lle quitaron  do medio das lapas   unha capadespois de se retirar  a  faucion    foi estraida de entre as chamas , en partes queimada  e o restante pasado do lume, e achábase  nova e de pano de códea  e taxaron o perxuizo  causado nela en 123 reais.

22 ª.- Idem un capotón dabondo usado  tamén do dito Cura , que segundo o seu estado  táxano en 30 reais,

             Roupas doutros membros da familia

23 ª,. Tres capotes  de pano dazoiteno  case novos  con emboces  de pano  negro  correspondentes  ao Gregorio, o seu  fillo casado e fillo maior , que os regulan  en 503 reais.-

24 ª,.  Outros dous capotes dos mesmos , tamén pano dazoiteno , que segundo o seu estado táxanos  en 30 reais.

25ª,. Outro vestido correspondente a un mociño de dez anos , composto de chaqueta, calzóns de manchaste , medias de la  e zapatos de becerriño, todo novo,  que taxan en  58 reais.

26ª,.  Outro do mesmo , igoal pano e gastado dabondo  coa súa gorra  de pano con viseira , en 21 reais.

                                         Roupa da nora de Gregorio de Castro

27ª.-  Outro vestido correspondente de unha vasquiña de raso azul raiado, unha chaqueta de pano azul, dengue de pano de dama, coa súa fita de veludo,  xustillo de pana raiado,  un pano de seda, un par de calcetas,,  un par de zapatos de becerriño  dunha sola e mantelo de limiste  coa súa fita de veludo que regulada cada cousa  segundo a súa calidade e estado , taxan este vestido  segundo foron informados  en 195 reais.

28ª.-  Outro vestido tamén de muller  que se compón dunha saia de persiana floreada, unha chaqueta de  pano de baeta , un xustillo de pana negra, un dengue de baeta encarnada, un mantelo de pana negra, un pano de herbas grande , un par de medias e un par de zapatos de becerriño  de dúas solas, que segundo os informes tomados  da calidade e estado  de cada unha das cousas este estilo , táxanos en 155 reais.

29ª.-  Idem outro vestido tamén  de muller  que se compoñía dunha saia negra, unha chaqueta pana Alcoy, un xustillo de pana negra, unha mantela de Segovia , un pano encarnado, un par de medias . un par de zapatos  e unhas enagüiñas  de lenzo e un refaixo  de baeta encarnada , cuxo vestido , con arranxo ao seu estado regúlano en 172 reais.

30ª.- Outro vestido tamén de muller, que se compoñía dunha saia de sarga azul, un xustillo de tripe encarnado, unha mantela de pano de Alcoy , un delantal con galón, un refaixo de baeta amarela, unhas enaguas  de estopiña , cuxo vestido segundo a súa calidade  e estado táxano  en 140 reais.

31ª,.  Outros catro vestidos de muller , correspondentes a uso diario, que cada un se compoñía dun pano de lenzo raiado, un xustillo de pano de damas, unha saia de la negra, unha chaqueta de pano de Béjar,  un par de zapatos, un par de medias  e mandil de la negra, taxan cada un en 80 reais  e fan os catro 320 reais.

32ª.-  Outro vestido de festa  correspondente á nora do Gregorio, que iformaron se compoñia  dunha saia de baetón, un dengue de pano de dama  con fita de veludo, unha chaqueta azul turquí, un xustillo pano tripe  encarnado, unha mantela de limiste con fitas de veludo, un pano de seda encarnado, unrefaixo chitón  amarelo,  unhas enaguas de lenzo, un par de calcetas, un par de zapatos de cordobán, un aderezo e pendentes  de prata dourados, cada cousa e estado que mantiña  e novas que sobre iso adquriron , na cantidade de  591 reais.

33ª.-  Idem outro vestido  da mesma nora , de garda e componse  dun pano  de abrigo, unha mantela de pano negro con fita de veludo, unha chaqueta de pano Béjar  cor castaña, unha saia de sarga negra, un refaixo encarnado, unhas enaguas de lenzo, un par de calcetas, un par de zapatos de becerriño  dunha sola e un dengue  de baeta encarnada, que cada cousa segundo o seu estado , ascende todo este vestido a 22 reais.

34ª.- Outro vestido da dita nora que contiña un pano de herbas , unha mantela de baeta  negra, unha chaqueta de estameña negra, un xustillo de tripe  encarnado , unha saia de estameña , unhas enaguas de estopiña, un par de medias  de la, uns zapatos  de becerriño , cuxas partidas  reguladas  cada unha de por si con arranxo ao seu estado, taxan este vestido en 95 reais.

35ª,. Idem outro vestido da dita nora  que contiña un pano  de seda  grande, unha chaqueta de zaraza , un xustillo de pano de damas, una saia de baeta azul, unhas enaguas de lenzo , un dengue de la, un par de calcetas , que a mesma regulación taxan  este vestido  en 90 reais.

36ª.-  Leva outro vestido  da mesma nora  que se compoñía  dun pano de algodón  encarnado, unha mantela de franela, unha saia de zaraza , un xustillo de pano negro , un dengue de baeta encarnada , un par de medias  de la e unha chaqueta de mahón  azul, que co mesmo momento taxaron todo  en 58 reais.

                                           Roupa da criada da casa

37ª.-  E por último  dos 32 vestidos que espresa a relación  queimouse un que informaron os peritos  era da criada da casa  e contiña un pano de herbas , un dengue de pano de damas  con fita de veludo, unha saia de la negra, un par de medias de la , un mandil de la negro, un xustillo de pana negra , un elástico ou refaixo de la branco e encarnado e unhas enaguas  de tea de estopa  que en consideración ao estado  de que foron informados  cada especie mantiña  regulan todo este vestido en 99 reais.

                                          Produtos e elementos gardados na cas

38.-  A arroba de la lavada  que contén a relación táxana en 100 reais.

39ª.- As dúas arrobas  de liño tascado  e arrastrelado  que contén   a mesma, en 175 reais.

40ª.-  O caldeiro de cobre  de medio uso   e porte de oito  ferrados , en 210 reais.

41ª.- Das vinte ( 20 ) arcas   que contén a relación  e foron quemadas, que unha delas  facía o porte de vinte fanegas  e outra de dazaoito, madeira de castiñeiro,  e as dúas novas  coas súas pechaduras, táxana en 200 reais.

42ª.-  Outra arca  de dazasete  fanegas  madeira de idem   e medio uso con pechadura, en 90 reais.

43ª.- Outras dúas arcas  cada unha de dazaseis  ( 16 ) fanegas  de madeira de idem , a medio de uso  e con pechadura, 160 reais.

44ª.- Outra arca de madeira de pino  de catorce ( 14 ) fanegas de último estado  en 40 reais.

45ª.- Outras catro arcas  de madeira de castiñeiro  cada una de levar   doce fanegas ( 12 ), dúas delas  de bon servizo  e as outras dúas mediano , 160 reais.

46ª,.  Outras  dúas arcas   de seis fanegas  cada unha  de mediano servizo en 50 reais.

47ª.-  Outra de sete fanegas  en cabida , madeira de castiñeiro ,  con pechadura e a medio uso  en 30 reais

48ª.- Outra de seis fanegas cada unha , madeira idem., e mediano servizo  con pechadura, en 54 reais.

49ª.- Outros dous arcaces de catro ferrados  cada un  con pechadura  e chave en 28 reais,

50ª.- Das tres mesas que expón a relación que unha delas  tiña dúas gavetas  con pechadura , nova , de castiñeiro e de bon uso, en oitenta reais.

51ª.- Os catro bancos de respaldo  que marca a relación  que se achaban  segundo informan tres en bon estado e o outro de último servizo  e táxanos en 42 reais.

 52 ª,.  As oito  cadeiras e tallos  e unha caixa devanadoira    que refire a mesma , madeira de cerdeira, e que se achaban en bon uso, regulan todo en 104 reais.

53 ª.- A librería co seu correspondente estante, composta de  diferentes obras que ao  formar  a relación foi regulada en 2000 reais.

54 ª.-  O reposto de táboas  de máis de 30 a 40 pezas  que contén a relación , regúlanas segundo  informes que tomaron  dos seus longos e largos  en 105 reais.

55ª,.  Un restrelo  común  de arrestrelar liño  e unha restrela fina  de tres ou catro ordes , e está como nova e o outro a medio uso , regulan en 48 reais.

56ª,.  A ducia de sacas  de estopa de diferentes usos que algúns eran de levar oito fanegas cada un de centeo e outras de a seis, e que se achaban  algúns bons e outros medianos  e con miramento a iso tásanos en 58 reais.

57ª.- A ducia e media de queipos e panelas para uso da casa  que se achaban de diferentes usos  regúlanos en 36 reais.

58ª.- O baño de salgar  que di a relacion , informaron  era dunha peza , crecida extensión  e bon servizo, 50 reais.

59ª.- A ducia de bacías  para uso de frebas e zorza  e outros mesteres , segundo a razón que deles tomaron , eran de madeira de castiñeiro, varios tamaños  e de bon servizo, e na súa atención tásanas en 48 reais.

60ª.- As catro peneiras  e cernadores para peneirar  que tamén se achaban de bonb uso  e que dous eran finos , en 17 reais.

 61ª.- As dúas ducias  de pratos de peltre  de nova fábrica e dúas servillas  do mesmo que se relacionan  regulada cada cousa de por sí é o seu valor 84 reais.

62ª,. As dúas ducias de pedra e unha ducia de cuncas do  mesmo  en 42 reais.

63ª,- Ducia e media de xícaras  e pociños, 12 reais.

64ª.- Ducia e media de vasos  de varios tamaños , dous deles de a cuartillo  , catro de medio e os restantes de a catro en cuartillo, en 40 reais.

65ª.-  Dúas ducias de garfos de ferro que se achaban novos en 48 reais  e a ducia de coitelos de mesa  en 32 reais , que as dúas partidas  fan 80 reais.

66ª.-  Unha salseira  de pedra e saleiro de cristal en 8 reais.

67ª.- 200 pezas de vaixela  de pau  compuesta  se lles informou  de doce barreñóns que regulan en 56 reais , dúas ducias de fontes  en 24, media de rilladeiras  en 24  e cento vinte e oito pratos en 57, que todo compón 161 reais.

68ª,.  Os tiduos  de pertenza da dita casa que espresa  a relación  ascenden máis corenta ou cinceunta que foron  queimados ou roubados considerando o papel que a cada un lle corresponde, dereitos de escribán , abertura de oficios, pasa de oficio de hipotecas  e dereitos nacionais  por un cálculo moderado , considerando que serán ben precisos para volver a sacalos  dos oficios onde radican os orixinais  a cantidade  de 1.100 reais.

69ª,.  O cálice de prata  coa súa correspondente patena  e culleriña do mesmo que expresa a relación  segundo informes , que farían de peso unhas 25 ou 26 onzas  e que se achaban de bon uso, con miramento a iso táxano  con patena e culleriña  en 500 reais.

70ª.-  Un sobrepelliz  de lenzo fino  en 24 reais.

71ª,. Unha sotana  de baeta de bon uso  en 40 reais.

72ª.-  Unha sela de montar cos seus correspondentes pertrechos en 100 reais.

73ª.-  Unha albarda  para uso de cabalerías  con tres mantas, aquela de bon servizo  co seu atafal, tafarillo e cincha , regúlana en 18 reais, as tres mantas, dúas usadas  en 20 reais  e a outra de sobresela , e encarnada con diversas cores, segundo así os informaron en 40, que todo fai 108 reais.

74ª.-  Tres freos coas súas correspondentes cabezadas , un cabalar e dous mulares, e as cabezadas dúas delas novas , 50 reais.

75ª.-  Un velón con catro mecheiros  e pantalla de bon tamaño e servizo en 20 reais.

76 ª.- Un almirez  de metal en 24 reais.

77ª,. As cinco candeeiros do mesmo  30 reais.

78ª.- As cartro gadñas de  segar herba , dúas delas novas  e as outras dúas  usadas, todas con hastas  e sortellas de ferro  , en 58 reais.

79ª.-  Unha ducia de fouciños  de segar pan, 6 reais.

80ª,-  Unha ducia de botellas de cristal  e vidro , que nove eran de cristal e tres de vidro  e de cuattillo e medio cada unha, táxanos en 24 reais.

81ª.- A meda de centeo que foi incendiada na eira , e que segundo informes tiña  2.700 mollos e que con arranxo ao país deberían producir , por un cálculo moderado, 1.960  reais.

82 ª.-  Idem doce carros de palla  que gradúan a dita meda  e regúlanos  en 500 reais.

83ª,. Idem 70 carros de palla centea  que tiña en nos tres palleiros  que existían na eira  segundo expresa a relación  en 1750 reais.

84ª.- Os 35 carros de herba seca  que había nos cinco palleiros, segundo  o espresa a relación , regulan o seu valor en 1750 reais.

85ª.-  E por último os 6.000 reais que espresa a relación  que foron roubados ,

                           Suma a riqueza moble a cantidade de  33.648 reais.

Eis as taxas  feitas e que resultan no dito expediente , o que se anuncia ao público por medio do Boletín oficial da provincia, coa fin  de que o que queira  contradicir  as perdas ou a súa taxación, o faga por escrito  dentro de oito días, contados dende o da súa publicación neste periódico , consonte  o dispoñen  as instrucións do cocpeto.

                    Sárria, 14 de setembro  de 1864

                O Alcalde: Gaspar Yañez Dorado

( Boletin Oficial da Provincia de Lugo. 26/09/ 1864 )


Comentarios

Publicacións populares