SÁRRIA: ACTIVIDADES ECONÓMICAS ( 1917 )
SÁRRIA: ACTIVIDADES ECONÓMICAS ( 1917 )
Trinta e sete anos despois da chegada do tren a Sárria a vila consolidou a súa posición de centro comercial para toda a comarca- A estrada de Lugo a Valdeorras e Monforte , a estrada de Sárria a Portomarín ( detida en Mouzós-Meixente) e a estrada de Sárria a Ribadeo ( detida en Corvelle ) permitían, xunto coa actividade das estacións de Sárria e O Oural, a entrada e saída de produtos naturais e elaborados e así xurdiron os novos asentamentos do Mazadoiro, Estación de Sárria, Barrio de San Lazaro, Barrio da Duquesa e Barrio da Ponte Vella onde asentaron xentes chegadas das máis variadas procedencias- O Oural Novo acolleu tamén actividade comercial e en Céltigos as audables augas da Fonte das Caldas serviron de atración para augistas e veraneantes.
Nese tempo Sárria comezou a ser coñecida baixo a denominación tópica de " vila industriosa " ao que tamén contribuían como elementos dinamizadores a Feira do Vinte en Sárria, a Feira do Quince ou de Paradela ( en Vilamaior ), a Feira do Seis no Mercado da Serra e a Feira do Oito no Campo dos Remedios no Alto de Cesár.
Os pagadores de impostos polo exercizo de industriais, comercio ou exercizo profesinal no concello de Sárria mantiñan en 1917 un total de 140 actividades.
Xusto é render homenaxe a aqueles que sentaron as bases do desenvolvemento económico da Terra de Sárria.
ABACERÍAS: ( 8 ) Francisco López Fernández ( Benigno Quiroga ) Pedro Quiroga ( Benigno Quiroga ).- Manuel López Díaz ( Estrada de Samos ). Manuel Torrón ( Estrada de Samos ) Pedro Cabañas ( Estrada de Samos ).- Manuel Pardo López ( Corvelle ) Xoviniano López Arias ( Meixente ) Xoán López López( O Oural )
AGRIMENSORES ( 3 ): Manuel López Osorio ( San Miguel de Vilapedre ).- Xesús Ferreiro ( Rubín ).-Manuel López Gómez ( Vilasante-Fontao )
AVOGADOS ( 9 ) : Ricardo Valdés García ( Rúa Maior ).- Anxo Fernández López ( Rúa Maior ).- Xoán López Cela ( Rúa Maior ).-Amador Macía López ( Rúa Maior ).- Manuel Saco Pradeda ( Rúa Maior ).-Castor López Fernández ( Rúa Maior ).- Euxenio Quiroga Macía (Porvir ).- Ernesto López Martínez ( Porvir )
BARBEIROS ( 3 ) : Román Varela García ( Benigno Quiroga ).- Antonio Doel Prieto ( Rúa Maior ).-Manuel Santos Rodríguez ( Ponte Vella )
BODEGÓNS ( 3 ) : Viuva de Eduardo Torres ( Rúa Maior ) Henrique Malla ( San Lázaro ).- Carolina González ( Calvor )
CAFÉ ( 1 ) : Casino de Sárria ( Rúa Maior )
CARNICEIROS.( 2 ) : Constantino Páramo Losada ( Matías López ).-Celestino Guitián López ( Porvir )
CASAS DE HÓSPEDES/ POUSADAS ( 3 ) : Vitorino Vázquez López Casa Tacholas ( Estación ).- Manuel González García ( Estación ).- Henrique Prado Prado ( San Lázaro ).-.
COBRADOR DE LETRAS ( 1 ) : Emilio Zaera Vázquez ( Estación )
COMESTIBLES ( 7 ) : Anxo García Lago ( Benigno Quiroga ).- Xosé Díaz Rodríguez ( Estrada de Samos ) .- Manuel Castro Rodríguez ( Rúa Maior ).-Víctor Castro López- Casa Castro- ( Rúa Maior ) Avelino Vila ( Rúa Maior ).- Manuel Monteagudo Arias Casa Monteagudo- ( Rúa Maior ).- Santiago Tutor Cabello ( Estación- do Oural ).-
COMPRA E VENDA DE LA ( 1 ) ; : Emilio ZaeraVázquez ( Estación )
COMPRA E VENDA DE TRAPOS: Emilio Zaera Vázquez ( Estación )
CONFITARÍAS ( 2 ): Manuela Carreira ( Rúa Maior ).- Manuel González Rodríguez ( San Lázaro )
ESCRIBÁN:( 1 ) Manuel Flores Villamil ( Rúa Maior )
EXPORTACIÓN DE OVOS ( 1 ) : Emilio Zaera Vázquez ( A Estación )
FÁBRICAS DE ATAÚDES: Armindo Pena Gómez ( Rúa Maior ).- Matías Vázquez López ( Porvir )
FÁBRICA DE CHOCOLAT ( 1 ) E:Victor Castro López ( Rúa Maior )
FÁBRICAS DE ELECTRICIDADE ( 2 ) : Antonio Martínez López ( Muiño do Toleiro- Electrica do Toleiro -).- Xosé Antonio Gayoso Sánchez Marzán Elécttrica Sárriana( Rúa Maior )
FÁBRICA DE GASOSAS ( 1 ) : Fermín Somoza García- Casa Furela- ( Estación )
FÁBRICAS DE PELES ( 3 ) : Santiago Sarry Valcárcel - Casa Sarry ( Treilán Requeixo ).- Pedro Sánchez ( Castelo de Loureiro).- Benigno Sánchez ( San Martiño de Loureiro )
FÁBRICAS DE XABRÓN ( 2 ) : Eusebio Fernández Liñeira ( Matías López ).- Pedro López López ( Matías López )
FARMACIAS ( 3 ) : Camilo González Cabarcos ( Benigno Quiroga ).-Francisco López López ( Rúa Maior ); Antonio Peña López ( Rúa Maior ).-.
FERREIROS ( 2 ) : Xesús García ( Ponte Vella ).- Xosé María Álvarez Arango ( Matías López )
FERRETARÍA ( 4 ): Armindo Pena Gómez- Casa Cachete - ( Rúa Maior ).- Xosé María Álvarez Arango ( Matías López ).-Matías Vázquez López- Casa Moremo ( Porvir ).- Cándido Rodríguez López ( O Oural )
FORNOS ( 6 ( : Tomé Castro Pardo ( Estrada de Samos ).- Eduardo González Pérez ( Estrada de Samos ) .- Xosé Carrozas García ( Fornos de Atrás ) .- Ramón Guitián Arias ( Maior ).- Xosé Fernández Rodríguez ( San Lázaro ).- Castor López ( Travesa da Igrexa ).-
MADEIRISTAS ( 1 ):Manuel López López ( Estrada de Samos )
MERCEARIA ( 1 ) : Bienvenido Díaz de Freijo - Casa de Freixo- ( Rúa Maior )
MUIÑO DE CÓDEAS( 1 ) ; Santiago Sarry González ( Treilán.Requeixo )
MUIÑOS FARIÑEIROS ( 12 ) : Euxenio Neira Solance ( A Ponte Ribeira ).- Francisco López Pérez ( Betote ).- Xulián Rodríguez López ( Calvor ).-Antonio Buján Rodríguez ( Calvor ).-Xosé Vila González ( Lier ).- Pedro Castro ( San Salvador do Mato ).- Pedro Pumares ( Reimóndez ).- Vitoriano López Castro ( Acea de Riba-Reimóndez ).- Bieito Rodríguez ( San Xulián da Veiga Cándido Xusto López ( San Miguel de Vilapedre ).- Xosé Núñez Mourroche ( Santiago da Veiga ).- Vicenzo Quiroga Vázquez ( A Nogueira-Vilar de Sárria ).-
NOTARIOS ( 3 ) : Xoán López Acevedo ( Porvir ).- Pastor Varela Martínez ( Rúa Maior ).- Pío Casais Canosa ( Rúa Maior )
PELITEIROS/ COIROS ( 3 ) : Xoán Arias Limeres ( Rúa Maior ).- Xoxé Viñas López ( Rúa Maior ).- Xoán Sarry Buján - Casa Sarry- ( Requeixo-Treilán ).-
PROCURADORES ( 10 ) : Xoán Manuel Somoza García ( Praza da Constitución ) .- Antonio Macía López ( Estrada de Samos ) .- Evaristo Gayoso Losada ( Rúa Maior ).- Euxenio López García ( Rúa Maior ).- Henrique Sánchez Rego ( Rúa Maior ).- Xosé Vázquez Castiñeira ( Maior ).-Modesto Rivas Viñas ( Matías López ).- Euxenio González Rodríguez ( Matías López ).- Modesto Rivas López ( A Pedreira ).- Manuel Río Lemos ( Travesa da Igrexa )
RELOXOARÍA E PRATA( 2 ) :Luis Saco Carrozas ( Rúa Maior ).- Manuel López López ( San Lázaro ) Xoán Gómez ( Rúa Maior )
TABERNAS ( 3 ) : Roxelio González ( Matías López ) Domingos López ( O Oural ).-Francisco López López ( Santiago da Veiga )
TALABARTEIRO ( 1 ) : Avelino Vila Blanco ( Porvir )
TECIDOS( 6 ) : Modesto Martínez Vázquez ( Estrada de Samos ).-Antonio Chaín Pallas ( Rúa Maior ) Xosé Antonio Gayoso Sánchez- Casa Marzán- ( Rúa Maior ) .- Walda Gómez ( Rúa Maior ).- Francisco García Delgado ( Matías López ),..Dimas González García ( Rúa do Porvir )
TRANSPORTE CON CARROS ( 5 ) : Manuel Vázquez ( Estación ).- Emilio Zaera Vázquez ( Estación ).-:Manuel González García ( Estación ).- Matías Vázquez López ( Porvir ).- Antonio Sánchez Teijelo ( San Lázaro ).
ULTRAMARIÑOS ( 2 ) : Fermin Somoza García - Casa Furela- ( Estación ) .- Antonio López López ( Ponte Vella ).-
VENDA DE ACEITE E XABRÓN:( 2 ) Manuel López Díaz- Casa Serrador ( Rúa Maior).- Antonio Sánchez Teijelo-Casa Vento-( San Lázaro )
VENDA DE CEREAIS ( 2 ) : Alexandre Vilachá ( Estrada de Samos ).- Manuel Torrón ( Estrada de Samos ).-
VENDA DE FERTILIZANTES:( 1 ) Cándido Rodríguez ( O Oural )
VENDA DE LADRILLO E CAL( 1 ) : Xesúa López Castiñeira ( Ponte Vella )
VENDA DE VIÑOS ( 4 ) : Camilo Rigueiro Osete ( San Lázaro ).- Xosé Balsa López - Casa Balsa- ( San Lázaro ).- Constantinoi López López ( Ponte Vella ).- Antonia García ( O Mazadoiro).-
VETERINARIOS ( 2 ) : Antonio Díaz Ulloa (Benigno Quiroga ).- Manuel Alfonsín Cedrón (Benigno Quiroga )
XOGO DE BILLAR ( 1 ): Henrique Prado Prado ( Estación )
XUSTIZA MUNICIPAL ( 2 ) .- Xuiz ( Rúa Maior ).- Segredario ( Rúa Maior )
ZAPATEIRO ( 1 ) ; Manuel Franco Pumares ( Porvir )
Comentarios
Publicar un comentario