SARRIAOS DO ANO 1877

                                             SARRIAOS DO ANO 1877

A relación de cidadáns con dereito a voto  no Concello de Sárria para os procesos electorais permite coñecer  as actividades ás que se adicaban  os varóns ( as mulleres non tiñan dereito a voto e só había unha mestra de nenas na vila ).

Sárria dende o ano 1840 viu cnsolidar a súa condición de cabeceira de concello e de partido xudicial e catorce anos despois da apertura da estrada de Lugo a Valdeorras viu como comerciantes ( poucos )  , profesionais liberais e funcionarios  facían medrar unha vila que deixando o outeiro onde estivera o seu secular emprazamento comezaba a se espallar pola veiga de entrerríos. Tres anos despois, en 1880, a chegada do ferrocarril serviría de atración para a chegada de novos poboadores que lle deron pulo  á vila  e a toda a comarca-

Como reminiscencia dos pasados tempos aparecía entón o grupo daqueles que se intitulaban "propietarios", formado polos poucos membros de familias "fidalgas", donas de casares e titulares de rendistas enriquecidos con bens e foros procedentes de bens  nacionais  froito da desamortización do patrimonio eclesiástico.

Hai que salientar o feito  de que os membros do clero residentes no concello sarriao, que contaba con 51 igrexas parroquiais, alcanzaba o número de 35 relixiosos ( párrocos, coadxutores e  ecónomos  ) constituíndo un grupo xerarquizado  con escaso compromiso coas doutrinas liberais e os principios constitucionalistas que exercía un forte control riba das persoas  que vivían no medio rural.

Na altura do ano 1877  a sociedade sarriá alcanzaba un alto nivel de analfabetismo . Na vila había unha ecola de nenos e unha escola de nenas e no resto das parroquias só existía unha institución docente, establecida en Mondín, na parroquia de Lier, grazas á dotación feita por Xosé García, emigrante en Madrid.



                                                AGRIMENSORES   ( 3 )

Antonio Núñez.-  Xoán Carreira Gudín.- Manuel Rivas Goyanes.-

                                                ALBEITARES / VETERINARIOS ( 2 )

Xoán Alfonsín Solla.- Xoán Carreira Carrete.-

                                                ARQUITECTOS  ( 1 )

David García Vaamonde Macía

                                                AVOGADOS ( 5 )

Camilo García Vaamonde.-  Xosé Vidal Cepeda.- Xosé Martínez López.- Manuel Díaz de Freijo.- Manuel Rivera Macía.-

                                            CARNICEIRO ( 1 )

Xosé Monteagudo Castiñeira.-

                                             CLERO ( 35 )

Coadxutores:  Anxo Iglesias.- Constantino López Camba.-  Manuel González Montero.-

Ecónomos: Antonio Arias Fernández- Xosé López.- Tomé López Barrio.-Manuel Valín Riesco

Párrocos: Anxo María Ferreira.- Antonio Fernández Vázquez.- Antonio López Pallares.- Antonio Rodríguez Álvarez.- Buenaventura Bolaño.- Froilán López.- Felipe Pardo.- Xoán Díaz López.- Xosé María Ferreiro.- Xosé González Montero.- Xoán López  Barrio.- Xosé López Suárez..- Xosé Rodríguez Rodríguez.- Xosé Vaamonde.- Xosé López Somoza.- Manuel Pardo Arrojo.- Pedro Xoán García.- Paulina Macía Vázquez.- Ramón López .- Valentín López Camba- Xosé Díaz Lence.-  Xosé Rubinos Santiso.-Manuel  Rodríguez López- Manuel Iglesias Álvarez.- Narciso Pardo Vázquez.- Pedro Arias  Rodríguez.-  Ramón Fernández López.- Ramón López de Neira.

                                             COMERCIANTES  ( 3 )

Diego Gayoso Mosquera ( Marzán ).- Xosé Fernández Monteagudo.- Xosé García Santalla.-

                                           ESCRIBÁNS  ( 2 )

Antonio Buján Rodríguez .- Xoán López Yáñez.-

                                            FARMACÉUTICOS  ( 1 )

Antonio  Peña Villamarín.-

                                            FUNCIONARIOS  ( 6 )

Mestre de escola ( interino): Xosé Solera Martínez 

Mestre de escola ; Leonardo Serrano Rodriguez ( escola de padroado de Mondín )

Militar retirado: Xoán Puche Martínez.- 

Promotor Fiscal: Eduardo Pardo Casasús 

 Segredario do Concello: Antonio Vázquez Macía.

Xuiz de Primeira Instancia: Eduardo Seijas López 

                                                MÉDICOS ( 4 )

Cesar Vidal Seijas.-Xusto Macía Vaamonde.-  Manuel Saco Quiroga.- Valentín Lois Cabañas.-

                                               PORTEADOR. ( 1 )

Ramón López Neira

                                             PROCURADORES. ( 2 )

Eudaldo Puche Losada.- Laureano Álvarez Pereira.-

                                            PROPIETARIOS: ( 15 ).

Antonio Balboa Sarmiento.- Antonio Pardo Arrojo.-Anxo Fernández Gallego..- Antonio Macía de Neira.-. Casiano Pérez Batallón.-Camilo González Cabarcos.- Francisco Novoa Fernández.- Xosé Macía de Neira.- Xosé María Rodríguez.- Xoán María López.- Xosé Luis Rivas.- Xoán Antonio Ulloa.- Manuel Vaamonde Somoza.- Pedro Xoán Saco Quiroga.-  Pedro Xoán Díaz Goyanes.

Comentarios

Publicacións populares