CONCORDIA ENTRE O BISPO DE LUGO E O ABADE E MONXES DO MOSTEIRO DE SAMOS ( 1195 ) (650 )
CONCORDIA ENTRE O BISPO DE LUGO E O ABADE E MONXES DE SAMOS ( 650 )
1195
( Versionada en galego por Xaime Félix López Arias )
Concordia entre o Bispo e o Cabido da Igrexa Lucense e o Abade e Monxes do Mosteiro Samonense , que por común consenso desisten da causa que tiñan presentada perante o Arcebispo de Braga.
No nome do Noso Señor Xesucristo. Amén.
Movida hai algún tempo cuestión entre a Igrexa Lucense e o Mosteiro Samonense , e causa longamente axitada perante Don Martiño, Arcebispo Bracarense, nesta controversia delegado polo Señor Domingos Santi Angeli, Diácono Cardeal da Sede Apostólica naquel tempo Legado , pola posesión da igrexa de Santo Estevo de Eirexalba , pola posesión de San Xacobe de Renche, pola posesión de San Xacobe de Estraxiz coa propiedade desas vilas , pola posesión de San Martiño de Romelle coa propiedade de Vilameá e pola posesión de Santa María de Belante e dos seus froitos e por moitas outras , que ao dereito da Igrexa Lucense enteiramente aseveraba pertencer.
Polo tanto tal admirable composición entre a antedita Igrexa e o citado Mosteiro se alcanzóu de mera vontade e con benepácito das dúas partes , de maneira que en compensación das ditas igrexas e dos froitos delas por longo tempo percibidos polo Mosteiro Samonense , este Mosteiro deulle, e en pleno dereito e o dominio de antes habido trasladóu e en perpetua pacífica posesión a igrexa de Santo Estevo de Eirexalba íntegra con todo o seu dereito , e con seis servos nesa Vila , con todas as súas pertenzas ; é a saber , tres en Ferradal ; un na Pena ; unha no Pacio baixo desa igrexa , e o sesto, que o legóu Oeiro Pelagii ao Mosteiro Samonense . E a igrexa de San Salvador da Pinza con todo o seu dereito e con seis servos na vila onde din O Pacio , tres en Ortoá ; unha a saber en Rosende ; outra en Río ; o terceiro en Rigueiro. En Lemos , dous ; Un en Baamorto e outro en Mañente , que todos por xunto fan doce servos .
Polo tanto a Igrexa Lucense , movida a cuestión polas ditas posesións e os seus froitos e todo o dereito que riba delas cria ter, certamente renuncióu .
En verdade a Igrexa Lucense atendendo á devoción e relixión , tanto do Abade como dos Monxes, que neste Mosteiro excelencia e dignidade entre outros Mosteiros da súa Diocese , e cultivando con dilección , para que o Mosteiro preescrito até aquí sexa dignificado, deulle ao antedito Mosteiro e concedeulle e perpetuamente confirmado tanto a Don Pelaxio, que preside o Mosteiro, como para os seus sucesores canónicamente , e en tanto é Arcediago Lucense , igrexas do seu couto , son a saber :
Santo Estevo de Calvor, San Xacobe de Estraxiz, San Martiño de Romelle, Santalla de Pascáis , San Mamede de Lamas ( San Mamede do Couto ), Santa María de Loureiro, SAN MIGUEL DE MONTÁN ( Santa María de Montán ), San Martiño de Lousada , San Lourenzo ( San Lourenzo de Pacios * ), San Xacobe de Zóo , San Xil do Carballo, San Cristovo de Río de Sárria ( San Cristovo do Real ), San Xacobe de Renche , San Martiño de Sárria ( San Martiño do Real ), San Silvestre de Freixo, San Salvador de Omao ( San Salvador do Mao ), San Romao de Omao ( San Román do Mao ), Santa María de Omao ( Santa María do Mao ), San Pedro de Teixeira ( desaparecida ), San Cristovo de Lóuzara, San Xoán de Lóuzara , Santa Mariña de Lavaegos ( Santa Mariña de Louzara-desaparecida- ) , San Martiño de Lóuzara ( desaparecida ), San Paio de Nande ( desaparecida ), San Vicenzo de Parada de Lóuzara ( desaparecida ), San Isidoro de Lóuzara ( desaparecida- San Cidre ), San Xacobe de Formigueiros, Santa María de Suñide, San Xulián de Vilaxuste ( San Xulián de Teivilide ), Santa Marta de Castroncán, San Cristovo de Vilachá ( desaparecida- Vilachá de Castroncán ), Santo Estevo de Cerdeiroás ( Santo Estevo de Reiriz ) , San Miguel de Frolláis , Santa María de Lier, San Salvador de Barxa ( desaparecida- Barxa de Calvor ), Santa Mariña de Sivil, San Xacobe de Barbadelo , San Miguel de Piñeira , San Martiño de Barbadelo ( desaparecida ), Igrexa de Marzán ( desaparecida, en Barbadelo ), Santa María de Touville , San Xacobe do Souto, San Pedro da Armeá, San Vicenzo de Leirado ( desaparecida ), Santa Mariña do Carvallo ( Santa Mariña de Galegos ), San Salvador da Armeá , Santalla de Somoza ( Santalla de Lagos ) , Santo Antoiño de Sárria ( Santa Eufemia de Santo Antolín ) , co poder de absolver e ligar que dende antigo tiveron. Deu e por riba concedéu , que calquera Abade que nese lugar exista sexa lexítimamente instituido Coengo Lucense e Arcediago das igrexas veciñas por nominado sexa tido.
En verdade o Mosteiro Samonense firmemente se compriometéu tanto por Don Paio , que o garantiza non só por el mesmo, senón polos seus sucesores que o sustitúan canónicamente , e tanto Don Rodrigo II Bispo Lucense, na actualidade residente , como os seus sucesores que canónicamente o sustitúa , perpetuamente no enriba dito coidado das anteditas Igrexas obediente será. En verdade ningún home , tanto o nomeado Abade , como os seus sucesores chamados ao Sínodo polo Bispo Lucense celebrado cos Cregos das ditas Igrexa moitas veces concorrerán.
Comprometen e afrrman tanto a antedita Igrexa Lucense como o indicado Mosteiro Samonense, tanto polo seu Perlado, como polo seu Cabido , que esta amigable composición fielmente e irrefutablemente en perpetuo será observada.
Carta feita en Lugo. Na Era Milésima Bicentésima Trixésmo Terceira, e no día que foi o quinto das Quendas de Febreiro.
Eu, Rodrigo , Bispo Lucense.- Eu Xoán Arias, Deásn Lucense.- Eu Lopo , Cantor Lucense.- O Arcediago Xoán.- Eu o Arcediago Rodrigo.- Eu Ordoño Vermudez, Diácono.- Eu Rexinaldo, Diácono.- Eu Martiño Vermúdez, Diácono. - Eu o Mestre Rodrigo, Diácono.- Eu Paio Pérez, Diácono.- Eu Pedro García, Diácono.- Eu Martiño Afonso , Diácono.- Eu Sarcio Munioniz, Diáconio.- Eu, Xoán Pérez, Tesoureiro Lucense.
Primeira Columna
Eu Xoán Pérez, dito Xuiz.- Eu Xoán Vermúdez, Presbítero e Coengo.- Eu Romao, Presbítero e Coengo.- Eu Paio Abade, Presbítero e Coengo.- Eu Xoán Rolán , Presbítero e Coengo.- Eu Pedro Pedro Xoánez, Presbítero e Coengo.- Eu Nuno Paiz , Presbítero e Coengo.- Eu Xoanxio Xoánez, Subdiácono e Coengo.- Eu Diego Paíz, Subdiácono e Coengo.- Eu Fernando Palea , Subdiácono e Coengo.- Eu Fernando Ovéquiz, Subdiácono e Coengo.- Eu Xoán Vermudez , Subdiácono e Coengo .- Eu Paio Pérez, Subdiácono e Coengo.- Eu Rodríggiez Vilielmiz, Subdiácono e Coengo..- Eu Xoán Sánchiz, Subdiácono e Coengo.
Trinta Coengos co Notario asinan aquí: segundo que sexa seguido óptimamente lo estatuido . polo Bispo e o Cabido anteditos e polo Cardeal Xacinto e Legado Apostólico corroborado ; é a saber con redución de Coengos e Prebendados ao número da Trintena.
Eu Paio, Abade Samonense.- Eu Pedro, Prioiro Samonense.- Eu Pedro Vermudez, Sacerdote.- Eu Xoán Ramíriz, Sacerdote.- Xulián, Sacerdote.- Eu Xoán Calvo, Sacerdote.- Eu Pedro Sarria, Sacerdote .- Eu Munio, Sacerdote.- Eu Pedro Fabricio, Sacerdote.- Eu Pedro Hispano, Sacerdote.- Eu Rodrigo Sueiro, Sacerdote.- Eu Xoán Vermudez, Sacerdote.- Eu Paio Gómes, Sacerdote.- Eu Fernando Vermúdez , Sacerdote.- Eu Pedro Odoáriz, Sacerdote .- Eu Fernando Pèrez, Sacerdote.- Eu Rodrigo Pèrez, Sacerdote.- Eu Pedro Cristiano, Sacerdote.
Segunda Columna
Eu Pedro Martínez, Sacerdote.- Eu Pedro Xoánez, Sacerdote.- Eu Pedro Pèrez, Sacerdote.- Eu Pedro Páiz. Sacerdote.- Eu Munio Rodríguez, Sacerdote.- Eu Munio Rodríguez, Sacerdote.- Eu Pedro Sueiro, Sacerdote.- Eu Xoán Abade, Sacerdote.- Eu Abatino, Sacerdote .- Eu Pedro Sueiro, Sacerdote.- Eu Fernando Lampadio, Sacerdote.- Eu Xoán Martínez, Sacerdote.- Eu Munio Martínez, Sacerdote.- Eu Pedro Loureiro, Sacerdote.- Eu Nuno Xuliáiz. Sacerdote.- Eu Nuno Pérez ,Diácono .- Eu Xoán Sánchez, Subdiácono.- Eu Pedro García, Subdiacono.- ,Eu Exedio Pérez, Subdiácono.- Eu Sancho Rodríguez , Subdiácono.- Eu Rodrigo Infante , Subdiácono.- Eu Martiño Hostiario Infante.- Eu Fernando Pérez, Confeso.- Eu Martiño Bernáldez, Confeso.- Eu Sueiro Calvo, Confeso.- Eu Paio Díaz, Confeso.- Eu Xoán Vermudez, Confeso.- Eu Martiño Seco, Confeso.- Eu Sueiro Fernámndez, Confeso.- Cincuenta monxes samonenses suscribe,
**************************************
NOTA : Este documento confirma plenamente que no século XX a parroquia coñecida na actualidade como Santa María de Montán levaba nese tempo o nome de SAN MIGUEL DE MONTÁN, que en moitos Itinerarios de peregrinos aparece como " San Miguel da Costa".
Queda probado que a histórica " Villa Sancti Michaelis" , situada entre " Triacastela" e " Barbadelo", estaba perto do Burgo de Montán, onde perduran os topónimos " Costa" e " San Miguel ", en predios , no rigueiro de a carón da igrexa , denominación que tamén tiña un muiño relo no século XVIII.
Décadas atrás no Boletín do Seminario de Estudos Sarriaos " Francisco Vázquez Saco", publiquéi a versión en galego dun documento do Tumbo de Samos no que se fai doazón de bens a favor do Mosteiro e monxes de San Miguel de Montán.
****************************************
Comentarios
Publicar un comentario