SÁRRIA : O QUE LLE DEBE Á " INICIATIVA PRIVADA" ( 651 )

                 SÁRRIA : O  QUE LLE DEBE Á "INICIATIVA PRIVADA "        (  651 )

              O URBANISMO  SARRIAO  NOS NOVOS BARRIOS ( 1853 / 1890 ) 

Entre os anos 1194 e 1850 A Vilanova de Sárria- A Pobra de Sárria- A Vila de Sárria, ocuparon os espazos  coñecidos como A Vila, O Mercado, O Arrabaldo , A Pedreira, A Ponte Ribeira  e A Veiga de Abaixo ( A Áspera) entre os ríos Sárria e  Barbadelo ( hoxe Celeiro )  , todo ao longo do Camiño de Santiago,  no preguntoiro que serviu de asento a un castro entre ambas augas , a unha fortaleza  , a dúas igrexas parroquiáis , a un mosteiro  e sete capelas.

 Esta poboación, con moi escasa base territorial,   durante séculos  , non tivo maior desenvolvemento.

A apertura de novas carreteras propiciada pola Deputación Provincial de Lugo, fixo posible  un incremento poboacional  co establecemento de famlias procedentes dos máis variados lugares, que sentaron as bases  para a implantación  de actividades económicas que deron pulo ao anquilosado medio rural de toda a comarca.

No período 1850/1855  abren as estradas de Lugo a Valdeorras, de Sárria a Corvelle e da Ponte Nova do Mazadoiro á Lama Rigueira.   Darredor de 1860  o desexo de abrir unha estrada de Sárria  a Portomarín  quedóu  atrancado  en   Mouzós, En 1880 abren a liña de ferrocarril da Coruña a  Sárria, e eses espazos dan nacemento ao Barrio da Duquesa, Barrio de San Lázaro ( en San Pedro de Maside ), Barrio da Estación ( en Maside ), Barrio da  Estrada do Mazadoiro ( en Maside ),  Barrio do Mazadoiro ( en San Martiño de Requeixo ) , Barrio da Ponte Vella ( en Santa Mariña de Sárria ) e Barrio dos Esqueiredos .  A fináis do século XIX a apertura da estrada da Estación  de Sárria  a Samos completóu a rede de estradas, amplas , rectilíneas  e ben artelladas, ben distantes do que eran as rúas da  vila histórica.

Os donos de terreos con frenteiras ás novas rúas , ademáis de alzar casas   para as súas familias , puxeron en venda soares , que tiveron boa aceptación , ao que non foron alleos os máis ricos do lugar que acapararon un bon número de terreos.  Hai que destacar, pola influenza que no desenvolvemento da vila tiveron os membros da  familia Moreno, que coas súas quintas  ennobleceron a localidade ,  con casas  de grande calidade, para as que encargaron proxectos a  arquitectos  moi calificados. Esas edificacións , a menor escala, foron mostra a seguir  por outras familias que asentaron nas " estradas novas ".

Poren no século XX  as boas  as nactuacións urbanisticas levadas adiante na vila de Sárria, deron paso  a raquíticas  actuacións urbanísticas ,  esquecendo as direitrices  que sinalaban  os racionáis  trazados das estradas que , convertidas en rúas,  daban  ao ensanche  da vila , de maneira que os sucesivos Concellos  , facendo unha total deixación de funcións, un suicida "laissez faire " permitiron  que os particulares , sen sometemento a normas , abrisen rúas, construisen casas sen proxectos técnicos , atendendo só ao seu beneficio particular, sen facer aportacións de espazos para dotacións en beneficio da comunidade.

Esa xeralizada deixación de funcións deu lugar a que  as únicas vías públicas " modernas " de que disfrutamos  son as abertas na segunda metade do século XIX, e as actuacións seguintes, de 1940 á primeira aplicación das Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal, na década de 1980,  

Consecuencia desas actuacións é que  o que puidera ter sido  un espazo urbano  herdeiro das bases sentadas  polos enxeneiros da Deputación que " regalaron" á vila   catro  estradas   afogadas pola  especulación  e a estreitura de miras. baixo  a política de "ollos pechos" e " ti vai facendo mentres non che digan nada  ".

 PERO, EN REALIDADE, COA MAN NO PEITO  ¿ O URBANISMO  SARRIAO DÉBELLE ALGO Á INICIATIVA PRIVADA  ?

             A COUSA VAI DE RÚAS EN " CU DE SACO", RUELAS  SEN SERVIZOS  E ONDE NON ENTRA O SOL , SOARES DE OITO METROS, BEIRARRÚAS DE 50  CENTÍMETROS ..... CREACIÓNS QUE LEVARON  A UN VISITANTE  A   CALIFICAR A SÁRRIA DE "VILA PRÁCTICA E ATROZ " E AO NOSO  CAMILO GONSAR  A DICIR  DA SÁRRIA QUE TANTO AMABA COMO O REINO DO " CONSTRUIR DESTRUINDO.

Durante décadas foi un  lugar común  destacar que as realizacións que se facían   na vila de Sárria  , diante da nugalla e da inoperatividade  que se presumía nos alcaldes  e corporación municipal. se debían non a iniciativas de caráceter público, municipal ou de outras administración, senón ao pulo  e  a " meritoria actividade " de cidadáns de a pé  que   abriron , nas opinións  que aparecían nos  xornáis , a vila  ao progreso e á modernidade, aínda que, no dicir de Camilo Gonsar ,  conduciron á localidade e á nosa comunidade   á DESFEITA, coa perda irremisible do que foran os valores  que dende mediados do século XIX foran fundamentando  a vida social, económica e cultural dunha vila que os  foráneos calificaban  " pintoresca e industrial".

Algunhas das actuacións  que en Sárria  houbo  e nas que a  Administración Local miróu para outro lado  dende os anos da posguerra , sen esixir cumprimento de obrigas, e para completo beneficio dos promotores particulares, foron as seguintes:

   URBANIZACIÓNS DE PROMOCIÓN PARTICULAR SEN  PRIMEIRA  INTERVENCIÓN  MUNICIPAL.

1.-  PARCELACIÓN DOS TERREOS DA CASA GRANDE   DOS SOMOZA E APERTURA DE RÚAS.

Na década  de 1940  ,  a familia da  Marquesa de Villaverde de Limia, convirte a que fora Casa Grande dos Saavedra, na Rúa Maior, en cico vivendas, e no Pombal., Horta da Casa, O Campiño , Prado Grande e o Barredo, abre  varias rúas , encomendando ese labor a un apoderado, o Sr. Andión, que a nivel popular acabaría dando lugar a que  se  chamase Barrio Andión ao espazo urbán delimitado pola Calexa  e a Horta de  Neira , máis coñecida como "A Horta de Buxán".

Neste caso de urbanización privada, a intervención de  Xosé  Gayoso   conseguiu, polo  menos,  darlle un largor  prudente aos viáis abertos.   Aperturaron unha rúa dende a Calexa  até a Rúa do Porvir, atravesando o Campiño , que remataba nun paso estreito  ( hoxe ese vial recibe o nome de  Rúa Padre Sarrmiento ). Outra das rúas abertas  fíxose con orixe  na Calexa, no entrocamento coa anterior,   e chegaba até o muro da Horta de Buxán. Foi a primeira parte da hoxe Rúa Rosalía de Castro, que non foi dotada de  servizos, e   cada un dos adquirentes de soares tivo que facer "pozos negros" e todos xuntos  pagaron unha moi deficiente  acometida á traída  de augas municipal, e ademáis abriron pozos que moi axiña  resultaron  contaminados.   Nesa primeira fase  un chalé,  tres casas de baixo e andar e outra de baixo e dous andares deron acollida a  un bon número de vivendas  nos que se chegaron a establecer  até dazaoito familias, delas  catorce en réxime de aluguer. Como nos domicilios non había instalacións de auga corrente , o Concello acabóu poñendo na entrada da rúa unha billa na que, cando había servizo, concorrían os veciños con baldes e tinas para  levar auga para as casas.  Todas as edificacións  contaban con pequenas hortas, e nos seus sotos había  un total de doce cortellos onde criaban porcos e galiñas. 

Na Casa nº 5 estableceusa no baixo a Escola de Padroado " Divino Salvador " rexida pola mestra Antonina Rodríguez Álvarez.

Esta rúa  estivo completamente abandoada e sen atencións do Concello até que foi dotada de alcantarillado , o que deu lugar á  desaparición  dos insalubres pozos negros, que en número de dez estaban ubicados na traseira dos edificios.

A terceira das rúas  de promoción particular   abriuse  dende a Calexa e despois de atravesar  o vial descendente cara o Porvir  dende onde subía até dar  no muro da Horta de Buxán.., e  foi denomionada Rúa Frei Luis de Granada. Nos  soares froito da parcelación  alzaron na primeira fase  un total de dez casas , algunhas con pozos  e todas con pozos negros e hortas, e para o consumo de auga nos domicilñios o Concello instalóu no cruzamento coa hoxe Rúa Padre Sarmiento  unha fonte pública con base de cantaría, a onde había que concorrer para levar  a necesaria para as  casas, de maneira gratuíta..

Nestas tres rúas, unha boa parte dos soares  foron adquiridos por Xulio  Rodríguez González e Carme Trebolle  Vilaro ( Familia Carballeira )  que chegaron a alzar un total de  catro casas, ocupadas en réxime de aluguer.

2.-  URBANIZACIÓN DA HORTA DE   BUXÁN..-

 Os terreos deste espazo , dos que era propietaria  Mercé Neira Sarry,  foron vendidos  a Carme  Pena ( da Familia Cachete  da Rúa Maior )  que os dividíu en soares, tamén carentes de servizos e dotacións, que vendéu a particulares, que alzaron ali   sete casas.

A  saída deste espazo á Rúa do Murallón  conseguise pola actuación municipal , con expropiación  e ocupación do terreo necesario que era propiedade de  Xabier Saco Rivera,

Andando os anos o Concello de Sárria, que agás da instalación das dúas fontes ningunha actuación ou atención fixera nesas rúas ,  realizóu un proxecto de urbanización, abrindo  a rúa Frei Luis de Granada para facerlle entroncamento na Rúa do Murallón,  e  abrindo outra rúa ( Ruela da Barredo  / Rúa Mestre Piquero ) en paralelo ao Cinema Cissas, que recibiron a totalidade dos servizos urbanisticos.

A urbanización total, que fixo necesaria a expropiación de terreos  e de tres casas na Rúa Marqués de Ugena realizóuse vendo obrigados os propietarios de casas e soares a pagaren con tribucións especiáis.

....................................................................................................................................................................... 

2.-  PARCELACIÓN  DOS TERREOS DO CHAMADO BARRIO NOVO

O espazo compreendo   entre a Estrada de Samos ( agora Rúa da Liberdade ), a Corga de Formigueiros  e a Rúa Diego Pazos, foi obxecto de parcelación nos anos 1940 / 1950, sen sometemento a planificación ou actuacións de carácter municipal, permitindo, sen máis  que os vellos terreos rústicos   se convertisen en soares , sen necesidade  de  facer dotacións  , de maneira que  se abriron rúas estreitas , carentes dos máis elementáis  servizos.  Os propietarios da maior parte dos terreos, as familias Saco  e  Taboada Zuñiga abriron entradas de rúas  dende os tres viais  principáis delimitadoras da área parcelada  , con frenteiras   de  dimensionado estreito  e espazos  de patio na traseira, onde se abrían " pozos negros", e que para o servizo de augas  as familias así asentadas  tiñan que  concorrer ás fontes publicas  que o Concello foi instalando  a medida que  se daba a instalación  e onde había que seguir quendas para recoller a auga , nas horas nas que  o Concello   facilitaba  a toma .

Popularmente esta parcelación deu lugar ao chamado Barrio Novo , nome que resulta sarcástico, porque  os criterios seguidos na planificación das rúas obedeceron  a conceptos trasnoitados, ben distintos dos que na segunda metade do século  XIX deron nacemento as rúas Matías López-Benigno Quiroga, Xela Arias , Diego Pazos e Rúa da Liberdade.  En realidade ese  " Barrio Novo", aberto  simplemente  para a obtención de beneficios económicos particulares , foi un auténtico " tapón", que condicionóu o desenvolvemento   urbán  cara o norte., agravado pola cativeza  dunhas rúas   estreitas .

As rúas  abertas ( Rúa Vázquez Queipo, Rúa Gregorio Fernández, Rúa Pascual Veiga, Rúa Músico Chané... )  , de  pouca anchura ,  tiveron ese escaso dimensionado porque  os promotores forzarono ao edificar corpos de  dúas  casas na cabeceiras  ou bocas   deixando  entre elas o  vial  novo.  Os corpos de edificaciún dunha e outra banda  no novo vial   eran  vendidos de inmediato , de maneira  que pola poítica de feitos consumados o resultado final foron  as rúas  sen firme, sen beirarrúas  e sen  recollida das augas suxas.

A Rúa Vázquez Queipo  , na súa entrada,   era unha viela estreita  porque existían  a man esquerda uns almacéns da Casa Cortiñas, que estiveron en pé até o tempo no que o Concello tomóu o acordo de  urnbanizar a totalidade  das rúas e a Rúa Formigueiros,

 Ao Concello sarriao neste  proceso urbanizador non lle tocóu outro papel ca o de , facendo deixación das súas funcións, ollar para outro lado.

O aspecto xeral das rúas lamacentas  ,  con constantes fochancas e  calzadas con bulleiro   deu lugar a que nos anos 1960, diante  do abandono  de que eran obxecto  , un residente na zona, Antonio Suazo, puxo  cravado nun poste  un letreiro que rezaba " Calle del Olvido" , na entrada da Rúa  Vicenzo Vázquez Queipo.

...................................................................................................................................................................... 

3.- PARCELACIÓN DO  CAMPO DO TEATRO-

O " Campo do Teatro" era un espazo rectangular , que estaba onde  hoxe chamamos Rúa Rías Baixas , onde pequenos circos ou compañías teatráis ambulantes, ofrecían ocasionalmente as súas actuacións.

A propietaria, sen máis actuación municipal ca de aprobar a apertura dunha rúa central con orixe na Rúa Diego Pazos , rematada en cú de saco,  vendéu os sosres froito da parcelación, de maneira que a rúa nova., carente de todo  mínimo servizo  pasóu a ser municipal, e por décadas  os veciños sofriron as nulas condicións urbanísticas, até que finalmente foi acordada a dotación de servizos. A rúa pasóu a contar cun bon número de establecementos hostaleiros o que levóu a que os veciños  lle desen o ome popular de " Rúa dos Viños".

...................................................................................................................................................................... 

4.-  PARCELACIÓN  DAS INSUAS

As Insuas constituían un espazo natural  situado entre a Rúa Matías López, o  río Celeiro e  a Lama da Gándara, pertencente á parroquia de San Martiño de Requeixo e  era unha  serie de carballeiras e bosque de ribeira.  Agás algunhas casas alzadas na Corga das Insuas, o resto dos terreos tiñan  carballos centenarios e  perto do río  abriron  un Campo de Fútbol.

A propiedade  dos terreos, na súa maior parte, estaba nas mans  das  familias Saco e  Neira Sarry, que pasaron a facer parcelas posta á venda. O Campo de Fútbol  desaparecéu e alí abriuse unha rúa, prolongación do primeiro treito da Corga. , parcelando un bon número de soares, e se vial remataba en "cu de Saco", nun terreo propiedade do Concello, que fora ofrecido para emprazamento do Cuartel da Garda Civil  , onde se acabóu instalando o Segundo Campo de Fútbol das Insuas.   Pola súa parte a Familia Saco  fixo lotes de soares con fronte  ás rúas Frei Xoán de Sárria,  Anxo Rodríguez Castedo.,  Río Celeiro  e Xoán Montes ... cunha parcelación  de frenteiras mínimas e fondos descomunáis .  Os viáis  foron abertos sen medias expediente municipal  , seguindo a  arbitraria actuación dos seus promotores e . Tnon foron obxecto de dotación de servizos . Tiveron que pasar un bon número de anos até que o Concello tomóu a decisión  de urbanizar o que popularmente se coñece como Barrio das Insuas, facendo un alonganmento de rúas  polo espazo onde se achaba o Segundo Campo de Deportes.

A dotación de servizos viuse potenciada coa contrución ,en espazo inmediato ,da  primeira Estación Depuradora  de Augas  Residuáis, que  por deficiencias no emprazamento axiña quedóu fora de servizo.

A dotación do Parque Castro Agrasar, a construción do  Centro de Atención a Persoas Discapacitadas  e  o enlace coa Gran Vía Alfonso IX ,  serviron para a integración do barrio no entramado urbán da vila.

.......................................................................................................................................................................

5.- PARCELACIÓN DAS CASTIÑEIRAS.

O espazo que até 1890 formóu parte la parroquia de San Pedro de Maside, comprendido entre a hoxe Rúa Xela Arias, a Corga de Vales ( Rúa Pedro Saco) e as traseiras das casas  da Rúa do Porvir,  denominado "As Castiñeiras ", que acabóu sendo  propiedade da familia Regueiro ( " Bazar América " ) foi obxeeto  por parte desta  familia de parcelación, dando lugar  ao nacementop do hoxe primeiro treito da Rúa Nova,  a Rúa Castiñeiras  e a Rúa Arias de Arbieto, que foron dotadas polos promotores   dunhas elementáis dotacións, e que ao se producir unha ocupación poboacional intensiva  tiveron que ser sustituídas  nun proceso  planificado  de reurbanización. Para a apertura da Rúa Nova  e darlle saída á Rúa  Pedro Saco   houbo que contar coa colaboración da Familkia Prieto ( Forno de Rosquilleiro ).

.......................................................................................................................................................................

6.-  PARCELACIÓN   DA RÚA NOVA / RÚA  FRANCISCO VÁZQUEZ SACO ( O PEDREGAL )

Para a apertura  do segundo treito   da Rúa Nova  entre a Rúa Pedro Saco e a Rúa Matías López deuse a acción de  dous promotores principáis, Manuel López- Vizcaíno Rodríguez e Xesús López Díaz ( este completouna  abrindo a  calzada riba do Parque de "Villa Andrea" , agora " Praza da Vila". Como dato curioso hai que sinalar que na entrada  pola Rúa Pedro Saco, os promotores  deixaron unha estreita faixa de terreo  ao longo da parede norte da  primeira casa  do lado dereito ,  coa intención de evitar a apertura de luces á nova rúa,  que no espazo ben definido  no que puxeron algunha pranta , amosaba o ser espazo non integrado na beirarrúa.

Promovida pola Caixa de Aforros de Galicia  a " Urbanización " O Pedregal" ( Rúa Francsco Vázquez Saco  ), con entrada pola Rúa Marqués de Ugena e saída  á Rúa Nova,  contóu coa aprobación municipal, e mesmo para abrir a rúa houbo necesidade  de  deixar parcialmente sen efecto   a proibición de apertura de viáis  que  se aprobara mentres non se redactaban as Normas Subsidiarias do Planeanto. A Urnanización, pola súa función social, foi aprobada e seguida  poloos técnicos municipáis e á promotora veu obrigadas a cederlle ao Concello  o terreo onde se acha agora un aparcadoiro  con saída peonil á Praza da Vila.

....................................................................................................................................................................... 

 7.-  PARCELACIÓN  "BAZAR AMÉRICA "

No Barrio da Estación, nun soar existente entre  a Rúa da Liberdade e o carreiro que dende a Corga do Rosquilleiro ía  até a Rúa Cela Arias, a Familia Regueiro ( " Bazar América" ) abríu unha rúa rematada en " cu de saco", constiuindo unha estreita viela con soares de non moito fondo , e tendo o vial o carácter de via particular pertencente en propiedade, por cotas, a  titulares  de predios resltantes da parcelación, Polo exceso de edificabilidade dunha das casas alí alzadas deuse  un procedemento xudicial  rematado con sentenza  do Tribunal Supremo  que sinalaba  había que botar abaixo  o exceso de altura , sentenza que non foi executada. As beirarrúas  son as máis estreitas da  localidade .  Esta ruela leva o nome de Rúa Lugo e ten acceso peonil ao carreiro do sur.

.....................................................................................................................................................................

 8.- PARCELACIÓN  DE RIOSOL

Na  parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria, entre a Rúa  Becerreá  e o  Río Sárria, na Ribeira das Ameneirizas,  varios particulares, entre eles  Xosé López Valcácel ( " Furela" ) promoveron a parcelación  dun predio rústico, con apertura de dúas ruelas estreitas , con urbanización na que o Concello non tibo máis intervencón ca de  mero consentimento da acción.

................................................................................................................................................................... 

9.-  PARCELACIÓN DA RÚA PORTOMARÍN 

Nunha finca  situada entre a Rúa Matías López e o primeiro treito  da Corga de Formigueiros ( hoxe Rúa Formigueiros ) , coñecida como " Campo da Semi", onde por algún tempo estivo un moi deficiente  Campo de Fútbol da SD Sarriana, cuxo terreo era propiedade  da Familia Sarry de Treilán , con labor de parcelación  realizado baixo a direción do seu apoderado Benigno López Villar ( "  Benigno Zaera " ),  fixose alotamento  e parcelación , e atendendo á orixe   do sr. López Villar  déronlle o nome de " Rúa Portomarín".

Máis adiante  o Concello  fixo obras de mellora e dotación de servizos-

.....................................................................................................................................................................

10.- PARCELACIÓN  DO MALECÓN DO RÍO SÁRRIA .

Entre a Ponte Ribeira e a Ponte do Muiño do Toleiro, na marxe esquerda do río Sárria non había máis paso ca o carreiro dos pescantíns, que á altura da presa do muiño pasaba por unha perigosa lama, e seguía polo leiro  dos Batallón , nunha riba alta, até dar  na Corga do Río ou Corga do Toleiro. Dende a Corga, e a ras do río  había un camiño ao que daban as traseiras de  casas  da Rúa Diego Pazos .Este camiño, despois de pasar baixo dun arco  lateral da Ponte de Ferro entraba no Campo do Areal ou Campo do Río.  Dende a corga, para aceeder á Rúa da Liberdade  había unha escaleira de pedra.

A finca de Batallón foi comprada por  Gayo e Fernando , que alzaron unha casa con fronte á hoxe Rúa do Toleiro,  e polo lado lateral esquerdo , despóis de  facer  un muro de formigón dende a ponte do Toleiro á presa  deixaron  un espazo para rúa e coa liña da casa por eles promovida parcelaron os terreos  dando lugar a varios  soares. Nun deles alzaron  una nave na que instalaron unha cervexaría. 

O muro de proteción ao longo do río presentaba na parte central  unha saída de liña cara a corrente fluvial e , benm por deficincias ben pola forza de riadas acabóu sendo botado abaixo, pola forza das augas.

Esta primeira fase , debida á vontade dos seus promotores, foi  seguida dun alongamento da actuación  xa baixo da promoción municipal , achegando recursos  procedentes da Deputación Provincial, que supuxeron recabar  a colaboración dos donos das casas da Rúa Diego Pazos e rente ao río alzouse muro de formigón que elevóu a rasante para  que a obra desembocase  na Rúa da Liberdade , que deu lugar ao cegamento  do paso soterraño  que había para dar entrada ao Campo do Río.

Anos adiante  , tamén con participación activa  do Concello, houbo obras para facer novo muro de contención abrindo  a rúa até o seu entroncamento  coa Rúa do Peregrino. Resukltado das tres fases foi  que a totalidade do vial estivese aberta ao paso de veículos.

Cando se construiu o Hotel Alfonso IX  , os seus titulares, no tempo record dunha noite, comunicaron o Paseo do Malecón coa entrada do establecemento cunha ponte peonil  dunha  soa luz.

Estas obras deron paso ao  posteiro anchemento da Rúa do Toleiro, á recuperación e ampliación da Ponte do Muiño  e á eliminación das casas particulares  de a carón do muiño.   O vial foi convertido en peonil con obras previas feitas polo Concello, e finalmente a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil levóu adiante discutidas obras de modificación  do firme  e dotacións do Paseo do Malecón do Río Sárria,  derrube  da Ponte do Muiño e do espazo do Pontón do Rairo.

De promoción particular, nos primeiros tempos, sucesivas actuacións de carácter público, fixeron do Paseo do Malecón  un dos espazos  públicos máis queridos para os sarriaos  que nas numerosas terrazas e establecementos hostaleiros disfrutan de horas de lecer, actividades musicáis , actos cívixos, mercadiños, etc.

........................................................................................................................................................................ 

11.- PARCELACIÓN DA  GRAN VÍA ALFONSO IX

A).- I  FASE.-  A familia Cortiñas / González Zaera e outros particulares promoveron  a apertura dunha rúa , entre o Cruce dos Catro Camiños e a Corga de Formigueiros, á que lle deron o nome de Gran Vía , e os soares resultantes  tiveron axiña moi boa venda.

B).-  II FASE.- X a  aprobadas as Normas Subsidiarias do Planeamento  ao abandoar  a familia González Zaera a súa fábrica  de bloques de formigón, ao trasladala a San Xulián da Veiga  deuse un labor de alongamento , que máis adiante, baixo impulso municipal daría  paso a un proceso de  reparcelación que levóu á  xa entón chamada Gran Vía Alfonso IX até o seu remate na  Rúa Fernando de Castro.

.......................................................................................................................................................................

12.- PARCELACIÓN  DA FINCA DE XOSÉ VERA

O odontólogo Xosé Vera Hermida , dono dunha casa  con amplo terreo anexo, con fronte á Rúa  Pedro Saco, onde por varios anos tivo en funcionamento unha granxa de polos, claramente molestas e insalubre que resultara  aprobada polas autoridades municipáis,  tomóu a iniciativa  de abrir  unha vía con orixe  na que fora Corga de Vales (  Rúa Pedro Saco )  que antes de rematar na Rúa Nova  despois de anchear nunha praza con rotonda.  Hai que sinalar  que  cando o vial  ía en parelelo a fincas de particulares que non contribuiron á realización das obras de urbanización  as beirarrúas  víronse diminuidas cunhas faixas  sinaladas e ben visibles coa vontade de impedir  a apertura  de luces e vistas cara a nova rúa, todo isto  sen que o Concello de Sárria tomase  decisións fronte a esa artificiosa  actuación.

......................................................................................................................................................................

13.-. URBANIZACIÓNS DE PROMOCIÓN PRIVADA  NO LUGAR DO OURAL

A Estación do Oural , nada  a partires de 1882,  pasóu a ser coñecida como  O Oural Novo, en oposición  ao Oural Vello, que está beira da estrada de Monforte, viu xurdir  novas casas , pertencentes ás parroquia de Chorente e San Sadurniño de Froián, na estrada de Monforte , no ramal da Estación e na estrada do Oural ao Incio, onde se estableceron varias actividades comerciáis . Mais o feito que  deu lugar  ao paso de "aldea"   a "localidade en expansión" foi a instalación   da Factoría de Cementos Cosmos  que  trouxo con ela   un asentamento poboacional  no que a participación municipal  non tivo relevanza  , dándose unha situación de  " ollar para outro lado " fronte á construción anárquica e de pouca calidade das edificacións  semiclandestinas que alí xurdiron.

A).-  O Poboado da Factoría de Cementos Cosmos.-  A Empresa  promotora da Factoría  alzóu un poboado composta  de casas  de pranta baixa de boa feitura , consonte a planos  técnicos, e destinadas   a residenzas familiares  de direitivos , persoal cualificado, laboratorios, centros administrativos  e diretivos  e mesmo  un edificio escolar, con aula de nenos e aula de nenas. A factoría e tamén para as edificacións anexas  foi dotada  dunha centraliña telefónica aproveitando o paso da liña xeral de Lugo a Monforte.

B ).-  Rúas abertas no Couto.-  Na marxe esquerda da estrada de Monforte  diversos particulares abriron ruelas moi estreitas, sen dotacións e beirarrúas minúsculas , nas que traballadores da fábrica  alzaron casas moi sinxelas. Tiveron que pasar varios anos até que o Concello  fixo o labor  de urbanización e asfaltado, e grazas por un lado a comisións veciñáis, e actitudes colaborativas da Empresa, fóronse conseguindo melloras como a rede de alcantarillado, a dotación de servizo de augas con traída de augas do río Sárria con toma na Acea de Riba, e , despóis de longa loita veciñal,  a instalación xeral de rede telefónica para  as casas particulares, que estivera paralizada moitos anos diante da esixenza da compañía telefónica de abusivas  cotas de alta . 

Novas comisións veciñais foron formadas para a creación dun Colexio de Educación Xeral  Básica  e  para facer un templo católico (  San Xosé Obreiro ) , diante do incremento poboacional do núcleo  que se ía formando, no que xurdiron varios  negocios de hostalaría, unha gasolineira, farmacia  ,  un Consultorio Médico, Pavillón de Deportes e Biblioteca.....

En aplicación das Normas Subsidiarias do Planeamento do Concello de Sárria , mediando expediente expropiatorio, a carón da igrexa  preparouse o Parque  Condado de Froián  con un espazo para Campo da Festa.

Tamén , promovido por activa comisión, a Sociedade Deportiva Oural, creadora dun clube de fútbol  fixo  realidade o Campo de Deportes-

C ).-   Urbanización da Praza do Gruñedo.-  Foi o veciño do Oural, Arturo Corral Guitián, que foi Alcalde Sárria quen urbanizóu unha praza cun edificio  de varias vivendas , quedando ese espazo como amplo aparcadoiro.

D ).-  Urbanización da Esperanza.-. Un grupo de veciños formóu unha comisión que correu coa creación dunha Cooperativa promotora dun edificio en réxime de propiedade industrial , e houbo ademáis a promoción da rúa de acceso dende a estrada de Monforte á estrada do Incio. Ademáis abriuse unha rúa en "cu de Saco" para acceso  ao Consultorio Médico ( Rúa Doutor Fleming )  cuxo soar foi cedido por  Arturo Corral Guitián e a realización da rúa foi pola conta do Concello.

..................................................................................................................................................................... 

 14.- APERTURA DA RÚA E A PONTE DE SANTO EUFRASIO ( SAN FRAIZ )

Con entrada na Rúa Xela Arias  e saída ao Edificio Alborada  procedéu, sen actuación municipal ao respecto,  o industrial  Lino " Santalla" , a abrir unha curta rúa  até o río Celeiro. Ao tempo foi construida unha ponte , pechada ao tráfico,  que  durante algúns anos  pola banda dereita do río un aliviadoiro  que cando se fixeron obras de muro de defensa do cauce foi eliminado seguindo o sinalado pola Confederación.

Estas obras , inicialmente  feitas á marxe de toda normativa , foron recollidas nas NSP   e os terreos da marxe dereita serviron para a promoción pública de vivendas de promoción  oficial, que serviron para acondicionamento dun primeiro treito dun paseo, que anos despóis, con cesións de terreos polos veciños foi levado até a  Ponte do Lázaro.

.....................................................................................................................................................................

 15.-  PARCELACIÓN  DA RÚA  POMBAL VELLO / RÚA EDUARDO PONDAL

Aplicando as previsións das NSP   o Concello  urbanizóu a Corga de Casteledo entre  a Rúa Benigno Quiroga  , dando nacemento a un grupo de chaléts de promoción particular e esa acción foi seguida  pola urbanización en direción á Rúa Fornos de Atrás, en forte encosta , espazo que , recuperando  unha denominación de orixe medieval pasóu a ser coñecida como " Rúa Pombal Vello", con parcelación de soares onde se foron alzando  chalets adosados.

....................................................................................................................................................................  

16.-  URBANIZACIÓN "  A PONTE VELLA"

Previamente á  entrada en vigor das Normas Subsidiarias do Planeamento de Sárria, Xavier Saco Rivera, propietario do" Prado da Pontevella" , de forma triangular ,  no antigo paraxe da Cruz de Pradeda,  pretendéu facer  parcelas nese espazo  coa apertura  de tres ruelas  en ángulo central  con orixe na Rúa Diego Pazos e saída á Corga da Veiguiña (  Rúa El Greco ), que por a estreitura dos viáis proxectados e a forzada morfoloxía con trazado en curva  o Concello  non aprobóu  esa  pretensión.

Tempo despóis, xa no periodo  democrático, unha sociedade promotora  obtivo a aprobación municipal para levar adiante  as obras  de construción   dun edificio para vivendas en réxime de propiedade horizontal, con frenteiras ás rúas Diego Pazos,  Rúa El Greco e a outra de nova apertura ( Rúa Fiz Vergara Vilariño ) , con tres corpos de edificación  que  dan  nas súas traseiras a unha praza con accesos peonís.Ese espazo axardiñado ,  embelecido con pequenas pezas do artista Xosé Díaz Fuentes , ten no interior un monolito que contén parte do poema " Sárria, bandeira de lecer... ".

...................................................................................................................................................................

17.-  PARCELACIÓN   TREITO FINAL  RÚA DOS FORNOS DE ATRÁS 

Na estrema entre a vila de Sárria  e a parroquia de Santiago de Farbán, no paraxe dos Esqueiredos,  na man esquerda do antigo Camiño de Fora ( Camiño de Santiago ) en direción á Veiga de Arriba ( actual Rúa Fornos de Atrás  ) , que ali perto atravesa a Rúa dos Esqueiredos ( estrada do Mazadoiro a  Lama Rigueira ) , en terreos en forte liña de descenso en direción a Casteledo, adquiridos por varios particulares,  promoveron estes  a construción de vivendas unifamiliares de luxo, con deseños  moi modernos e que teñen   magníficas vistas  cara o val e os montes da Meda e O Iribio.

É moi deficiente o estado que presenta o vial, no treito que vai dende a Rúa do Pombal Vello,que  é o da antiga corga , somente asfaltada  de xeito defectuoso, sen beirarrúas e cun forte estreitamento á altura dunhas casas alzadas se retranqueo nos anos posteriores á guerra civil.

Un proceso de dotación de anchuras  e  servizos, dotando esta rúa de afirmado  , debera ser acción preferente, en especial porque esa vía  ten vocación de  facilitar o acceso cómodo e seguro para  O Mosteiro da Madalena, Colexio Mercedario, Cemiterio Municipal e centros oficiáis da Rúa Maior.

.................................................................................................................................................................. 

18.-  PARCELACIÓN  ZONA PAZO DE VILASANTE / A GALIÑA ( O FONTAO )

A venda de terreos que formaron parte  do Pazo de Vilasante, onde chaman  A Galiña, feita pola familia  Quiroga Vázquez  deu como resultado a parcelación  da carrionza dos soutos  de cara Ribela, xurdindo así un barrio de vivendas unifamiliares e chalés , na parroquia rural de San Martiño do Fontao, que corréu parello co abandono da actividade agrícola e gandeira das casas tradicionáis no lugar asentadas.  O bon suceso desa primeira parcelación fixo que  en fincas  con frontes á pista de Fafíán e ao Camiño de Vilasante á Igrexa do Fontao, fosen  adquiridas para novas vivendas unifamiliares.

Xosé Quiroga, propietario do pazo, segregóu o espazo de hortas , inmediato ao nobre edificio, onde foi promovida a construción  dunha urbanización de chalés,  proxectados polo arquiteco sarriao Roberto Piñeiro,  o que trouxo unha consolidación do lugar de Vilasnte como barrio residencial  con enadido dos viais   con orixe na Zona Escolar e o camiño do Polvoreiro. Enadiuse  aos modernos edificios  unha mansión da popiedade da familia de Lisardo López Quiroga.

....................................................................................................................................................................

19.- URBANIZACIÓN NO POLVOREIRO ( O FONTAO )

Na estrema da parroquia de  San Martiño do Fontao, con San Salvador de Vilar de Sárria, na estrada  de Pedrafita do Cebreiro a Vendas de Narón ( aberta como  estrada de Samos na década final do século  XIX  ) , foi obxecto de parcelación unha finca do lugar do Polvoreiro, onde se fixo unha edificación de vivendas unifamiliares  adosadas , que ao ser ocupada por familias  de fora da freguesía  fixo que  a parroquia do Fontao, perdidas as súas características  agrarias e pecuarias, presente agora, todo ao longo da estrada  un bon número de vivendas  non vencelladas a actividades do sector primario.

.................................................................................................................................................................. 

20.- URBANIZACIÓN CIMO DA AGRA.

En terreos que foron propiedade da familia  López Somoza, de Vilsante , e doutros  ,  diversos particulares  alzaron vivendas unifamiliares  exentas ; unhas na estrada de Pintín ( Camiño de Santiago ) perto do Camping " Vila de Sárria", e outros ao longo da pista de Cima da Agra ao Polvoreiro,  formando  núcleos desprovistos de vocación rural,

................................................................................................................................................................... 

21.- POLIGONO INDUSTRIAL EN SAN XULIÁN DA VEIGA

A últimamente chamada " Casa de Cobreros " de San Xulián da Veiga  , que foi casa soar da familia Díaz de Freixo, que estaba formada por  un bon número de parcelas rústicas, e nunha delas  instalouse unha empresa  produtora de taboeiros , máis  adiante complementada   con unha central produtora de electricidade.  Ao abeiro desta instalación  foron xurdindo novas actividades industriáis e  comerciáis, todas de promoción privada e en terreos sen calificación para eses fins , que se viron aumentadas coa implantación, a unha e outra banda da estrada do Montés a Céltigos, de fábricas e almacéns , obradoiros varios e o Matadoiro Municipal.

Un longo periodo de tempo  despois de facerse esas instalacións, deuse un proceso de legalización, habendo necesidade de facer unha dotación de estación depuradora.

.................................................................................................................................................................... 

 22-  POLIGONO EMPRESARIAL DO MORELLE.

Baixo promoción do Concello, con  fixación e reserva  de espazos nas  Normas Subsidarias do Planemento Municipal, foron obxecto de expropiación a  total superficie do Monte Veciñal en Man Común " Morelle e Ouzal " e dunha finca propiedade  da Famlia Pérez das  Cruces.

A urbanización do espazo, formación de lotes , dotación de rúas e  servizos da primeira fase  correu por conta de SEPES , que sacóu á venda  as parcelas resultantes, sendo ocupadas a maior parte delas .

Dende o remate da primeira fase  van xa pasadas  varias décadas e non se seguiron obras para  levar adiante as fases seguintes , malia a constante presión social  para esixir  a completa  realización de tan  necesaria  actuación.

......................................................................................................................................................................

23.- POLIGONO INDUSTRIAL DE BALMAO

Na parroquia de San Vicenzo de Betote, en Balmao, na  estrada de Nadela a Ourense por Moforte, e na pista de Santa María de Vilar, tamén sen promoción  pública, foron instaladas una fábrica de pensos ,  unha areeira, unha tenda de tapicería,  obradoiros mecánicos,,,,  dando lugar a unha implantación industrial  , moitos anos fora de normativa, que finalmente foi obxecto de legalización.

...................................................................................................................................................................... 

24.- POLÍGONO INDUSTRIAL NO ALTO DA VALIÑA

Nun espazo que de antigo fora monte veciñal dos veciños de San Pedro de Froián, atravesado pola estrada de  Nadela a Ourense por Montorte ,  que  foi repartido a tñítulo de propiedade particular , aproveitando  a gándara cha e a boa comunicación, foron asentando  varias actividades industriáis e  comerciáis , que coa apertura da via de altas prestacións  entre Sárria e Monforte  , quedóu entroncado  coa rotonda do Oural Asentaron alí  obradoiros mecánicos,  unha gasolineira , un hostal, un aserradeiro, unha fábrica de mobles..........debido todo isto á promoción privada  limitándose a actividade municipal  á tramitación  de expedientes e concesión das licenzas,

Nesta ubicación xogóu tamén  un papel importante o estar  perto da factoría de cementos do Oural e de Magnesitas de Rubián ( O Incio ).

A promoción e espazos abertos  pola iniciativa privada debeuse  á falla de  espazos  ofrecidos polas administracións públicas.

......................................................................................................................................................................... 

25.- PARCELACIÓN  NO BARRIO DO MAZADOIRO

Na parroquia de San Martiño de Requeixo , no lugar do Mazadoiro, nado  darredor de  1855, no que asentóu o Hospital Municipal- Asilo de Anciáns, foron xurdindo pequenas casas  ao logo da Corga do Mazadoiro,  estrada de Lugo, Corga  da Fábrica  e Corga da Trea,  e antes do ferrocarril  houbo un Mesón .

A Casiña de Ferroviarios e da Guardesa, coas  cancelas  pechadas ao paso dos trens, foi un elemento distintivo  dun barrio  no que non houbo, prácticamente, actividades agrarias ou pecuarias.

 As edificacións  do lugar ocuparon soares  derivados da parcelación  de fincas rústicas de veciños de Treilán e Requeixo ,  

Na década de 1970 a promoción privada  deu nacemento a dúas  rúas no espazo do chamado Campo de Outeiro, que rematan  nunha carreira que vai  cara o Monte Pequeno , e nos soares resultantes foron alzadas casas, onde agora chaman Rúa Campo de Outeiro e  Rúa Rego do Mazo.

........................................................................................................................................................................

26 .- URBANIZACIÓN DA RÚA RAMÓN CABANILLAS

Pouco tempo despóis de entrar en funcionamento a Estación do Camiño de Ferro de Sárria, e como o acceso dende a vila só se facía pola Ponte Vella do Mazadoiro, no desexo de achegar  as instalacións á Vila, o  Concello acordóu abrir   unha carreira   pasada a Ponte do Lázaro, na estrada de Sárria a Portomarín que pasando por diante da Estación, e deixando  á dereita a Ponte Vella do Mazadoiro alcanzaba a esrrada de Lugo, entre a liña do tren e a Ponte Nova do Mazadoiro. Ese camiño foi, até a apertura da Estrada de Samos, o normal acceso  para pasaxeiros e mercancías.

A).-   ESPAZO DA FECULERA 

A instalación da Feculera Sarriana, na década de 1940, constituiu a primeira acción urbanizadora, coa implantación dunha factoría que tiña un ramal para a entrada de trens dende a estación, e que ao botar as augas suxas ao río Celeiro foi un elemento contaminador que  deu lugar á morte total da fauna fluvial.

 Abandoada a produción industrial en 1957, pasado un tempo unha boa parte das edificacións albergóu unha granxa aviar , tolerada polo Concello,  que presentóu un forte impacto medioambiental  e que pola súa insalubridade deu lugar a movementos veciñáis que acabaron forzando a súa clausura.

A factoría foi obxecto de parcelación  , e nos diferentes esapzos resultantes radicaron fábricas de mobles, obradoiros de carpintgaría, almacéns de pensos e de mobles  , unha industria tapiceira ....

 B).-  EDIFICIO ALBORADA 

A actuación urbanística propiciada por un  empresario aragonés  , nun terreo delimitado polo camiño da Ponte do Lázaro á Estación ( Rúa   Ramón Cabanillas ), o río Celeiro, o Rego do Mazo e a Feculera , deu lugar á construción  do chamado  Edificio Alborada,  en résime de propiedade horizontal, contando con protección oficial. 

Trátase  do edificio máis alto e voluminoso  da vila de Sárria, alzado coa técnica do " ladrillo visto" , alleo á tradición urbanística  da zona. Conta cunha ampla zona de aparcadoiro e  con xogos para  nenos  e ten entrada peonil dende a Rúa Santo Eufrasio ( San Fraiz ) pola Ponte Alborada.

..................................................................................................................................................................... 

27 .- URBANIZACIÓN  DO CAMIÑO FRANCÉS

O camiño que dende o Hospital e Capela de San Lázaro (de Maside )  ía  á Veiga de Abaixo-Ponte da Áspera  que formaba parte  do " Camiño de Fora ,polo norte"  do Camiño de Sárria.   Nos anos 1950, de maneira anárquica , con total deixación de funcións,  e sen facer os retranqueos que as ordenanzas municipáis esixían  alzáronse edificacións que mantivero a estreitura da congostra,  e que  vinte anos máis tarde serviron de referenza para o aliñamento  doutras varias , dando por resultado  un inviable ancheamento do vial, que pasóu a levar por nome o de "Camiño Francés", xa que a marxe dereita  é un pronunciado valado con relación ao prado paralelo ao río Celeiro, que impide a levanza á realidade das previsións das NSP  polo elevado custe do necesario muro de contención .

Esta arbitraria fixación do aliñamento, viuse , por outra parte agravaa nesa zona , polo desmonte feito na Costa comprendida  entre a Corga do Convento  e as traseiras das casas  do Camiño Francés, que , con total inoperanza do Concello , e vixentes as NSP que prevían  ali unha zona verde, con total impunidade os propietarios afectado  , mesmo até a liña da Corga do Convento,  baixaron fortemente as rasantes , con evidente perigo de derrube  desta, véndose forzado o Concello, a  facer un alto muro de contención  con  grandes bloques graniticos, para garantir a seguridade dos escolares e público en xeral que  van ou veñen cara o Mosteiro da Madalena, Colexio da Mercé, Cemiterio e Campo da Feira.

................................................................................................................................................................... 

28.-  URBANIZACIÓN DO CAMIÑO VERDE

O carril que dende a Rúa Diego Pazos  daba acceso ás fincas da antiga denominación da Pedra Chantada  , que permanece sen ter saída, remataba nunha casa con finca anexa con muro exterior de peche na mesma beira do río Sárria , que  interrompe o  carreiro de pescadores.

Con posteioridade  á aprobación das NSP , e mediando Estudo de Detalle. unha empresa privada promoveu  unha Urbanización co nome da rúa da súa situación , con vivendas unifamiliares  adosadas, con acceso común controlado a medio de cancela.

Esta zona verá mellorados os seus accesos  cando se leven adiante as previsións  urbanísticas  para o sector Campo do Río - Rúa do Caneiro-A Ponte Vella.

....................................................................................................................................................................  

29.-  URBANIZACIÓN DO BOSQUE

A antiga Chousura do Mosteiro da Madalena, como consecuencia  do proceso desamortizador iniciado en 1836 , pasóu a mans  de varias familias burguesas de Sárria  , entre elas a dos Lois, que , entre outras máis, pasóu a señorear a chamada O Bosque,  un vizoso souto de castiros  centenarios, no que se achaba a Adega do mosteiro.

Cando se  levaron adiante os traballos de  redacción das NSP, nas que a totalidade  dese espazo   estaba previsto  como Zona Verde , os novos propietarios  ( Eloi  Rivas Barreal e o seu socio  Manuel Rodríguez )  ofrecéonlle ao  Concello  a posibilidade de que  parte deses terreos fosen clasificados como edificables  cedendo o resto dos terreos  para o seu uso como Parque Público. As negociacións   deron paso a asinar un convenio  que foi plasmado na documentación urbanística.

Con posterioridade , reservando para o Sr. Rivas Barreal a propiedade  da Adega e un terreo anexo,  a parte edificable foi adquirida por un promotor  urbanistico, que abríu unha rúa que a dividiu polo medio  e no sector da dereita foron alzadas varias vivendas  unifamiliares .  No sector da esquerda  , un terreo  desmontado a ras do chao, cun alto muro de contención  de formigón  que o separa da superficie do Parque,  aínda que preparado e pensado  para ubicar nel novos edificios, á hora de  solicitar licenza para alzalos  non se conseguiron as autorizacións adminitrativa das autoridades  culturáis, que argumentaron   que non era posible concedelas porque  os terreos  están dentro da zona de influenza do Camiño de Santiago.

...................................................................................................................................................................... 

30.-  URBANIZACIÓN DA FÁBRICA DE SARRY. 

Na parroquia de San Martiño de Requeixo , perto do lugar de Treilán, na segunda metade do século XIX , estaba en funcionamento unha Fábrica de Cortumes,  aproveitando as peles adquiridas na comarca, industria que foi promovida por Xoán Sarry,  orixinario de perto da cidade de Burdeos, quen  ademáis das edificacións era dono de varios terreos na contorna.

Aberta a estrada provincial do Mazadoiro a Escarlán, que pasa a carón fa Fábrica de Sarry,  a unha e a outra banda do vial quedaron dous espazos diferenciados.  A construción dun chalé promovido por un membro da familia Lois, e doutras edificacións perto da chamada Casa do Enterrador,  deu motivo a algúns particulares para facer nesa zona as súas vivendas unifamiliares, e deseguido  un promotor  construiu varias fronte da Casa Sarry.

A finca da Fábrica foi vendida e  Casa, fábrica , pombal e anexos foron adaptados para  establecemento hostaleiro ao que lle deron o nome de "Pazo de Treilán ", malia a que a edificación nunca foi pacega, senón a casa dun fabricante podente  , de orixe francés, que alzóu a súa mansión, seguindo , dende logo  o aspecto de  edificacións do seu pais .

O que era coñecido como " Prado de Sarry"  foi parcelado e unha promoción particular  fixo urbanización de chalés, que cando foi da  crise da construción  foi detida , e pouco a pouco reanudada.

PARCELACIÓN DA FINCABILIDADE DA  CASA DE FERREIRÓ

 A Casa de Ferreiró, a carón da igrexa de San Salvador, que está por baixo da Torre da Fortaleza, foi  unha das propiedades con máis fincabilidade na vila. A Casa Vella  foi  sustituida por unhas cortes "modernas" para o gado, e xunto dela alzaron a Casa Nova, perdendo poucos anos despòis a súa condición de casa de labor.

a).-  Unha boa parte  do actual Campo da Feira ( a parte que baixa cara a Rúa do Castelo  ) foi expropiada a fináis do século XIX para ampliación   da Feira.

b).-   Unhas décadas antes  a Namela da Casa foi seccionada cando se fixo a variante da Estrada do Mazadoiro  entre a Casa de Guerra ( Rúa Maior ) e Os Esqueiredos, Nos anos 1960 houbo partillas entre os irmáns Loureiro, e os terreos deñlimitados pola  Corga de Matavellas, Rúa Conde de Lemos e Rúa Fornos de Atrás foron divididos en soares onde se alzaron  casas unifamiliares. E o mesmo aconteceu co terreo triangular existente  entre a Rúa do Castelo e a Rúa Conde de Lemos, que era da mesma procedenza.

c).- Tamén a finca de Ferreiró  delimitada pola Rúa dos Esqueiredos e o Camiño da Veiga  foi parcelado  sendo ocupado por varias casas, que se enadiron  ás alzadas polos anos 1940 / 1950  dando fronte a unha estreita calella ,  froito da nula atención posta polo concello con relación  a esa actuación  .

d).-  Un amplo soar na Rúa Benigo Quiroga que obedecía á denominación de orixe medieval " Viña do Chao",  foi obxecto dunha promoción urbanìstica  con alzamento de edificacións en réxime de propiedade hoizontal.

 

**************************************************************************************

                                                   PARCELACIÓNS DESAFORTUNADAS 

O tempo do crecemento urbanístico da vila, sen un sometemento  a normas  e criterios, atentos tan só á especulación desaforada e  a inexistente  politica de protección  por parte das autoridades locáis , e tamén de outras adminitracións competentes  , deu lugar  á profiundas alteracións  de espazos moi defnidores do  urbanismo sarriao, diante dunha inoperancia imputable ás sucesivas corporacións municipáis que non souberon adiantarse  ás forzas especuladoras .

A alteración de espazos  ou  mesmo a desaparición de outros  moi  significativos  deu lugar a unha Sárria ben diferente  da que maxinaran  aqueles  que coas " Quintas dos Madrileños "  abriron a vila a un urbanismo  equilibrado e moderno, que acabóu  morrendo cando  a especulación   se viu consolidada  , e mesmo co xeneral benplácito dunha opinión pública que aplaudiu o derrube e alteracións que facían posible  o alzamento de edificios calificados de "modernos" por multiplicar  en vetticalidade os seus andares.

Velaí algunhas actuacións  urbanísticas que   deron paso a unha Sárria  de solucións pouco afortunadas.

CHALÉ DE BATALLÓN, NO CRUCE DA AVENIDA

Este edificio, que  no Cruce das rúas Matías López, Diego Pazos e Benigno Quiroga   presentaba unha das máis vsaloradas vistas  da vila, con total  pasividade municipal, deu lugar á unha desafortunada  parcelación. previa mudanza da súa escaleira de entrada, que permitiu a construción de dous edificios que   taparon a vista da súa fachada principal, eliminando o  xardín  dianteiro , ao tempo que se eliminóu a terraza para facer soares á rúa Diego Pazos.

Perdeuse desta maneira  , diante da pasividade municipal que nada fixo por  conseguir o edificio e terreo anexo para  fins públicos,  a posibilidade  de conservar  unha das mellores perspectivas da Sárria moderrna., que cecáis nunca se poida recuperar.

Contan que os propietarios  da  finca , antes de dar o paso da parcelación e alteración sinaladas,  fixera ofrecemento  do inmoble aos responsables  municipáis, que non amosaron  interese ningún.

VILLA ANDREA

Foi a primeira das " Quintas dos Madrileños " alzada  na Rúa Matías López e na entón chamada " Rúa dos Ausente2 ( Calellon de Moreno / Rúa Marquesa Casa López ), inaugurada en 1884 por Matías López López para residencia de verán, cun amplo parque darredor. 

Nunha primeira segregación pola parte norte, con eliminación da chamada " Casa do Hortelán "  os seus descendnetes venderon  un soar  onde dous socios  que emigraran a Venezuela pretenderon  construir unha sala de cinema, que non se chegóu a facer. Na década de 1970 a  Villa Andrea  e algúns dos seus anexos foron comprados por  Lisardo López . Finalmente , despòis de ser aberto o treito final da Rúa Nova , o Concello de Sárria compróu  parcelas na contorna, incluindo a Capela do Perpetuo Socorro, e  expropiou   a  casa  principal  e o parque restante, onde  fora cortado polo pé o abeto pinsapo prantado polo nacemento de Matías Oñate López ( o " Marqués de Ugena" ).  Cos espazos resultantes o Concello  acondicionóu a PRAZA DA VILA.

Esta actuación urbanística, levada  adiante sendo alcalde Arturo Corrral Guitián, tendo en conta que as previsións urbanisiticas contidas nas NSP non tiñan previsión ningunha de  aproveitamento público , e recoñecer edificabilidade de aproveitamento particular,  foi, sen dúbkida ningunha a mellor  consecución dotacional feita na vila de Sárria  nos 800 anos da súa historia , dando lugar a que, no punto máis céntrico da poboación, botando abaixo  aproveitamentos particulares, xurdise un espazo para o lecer e a convivenza veciñal, que hoxe constitúe  un dos máis prezados  puntos da vila.

PARCELACIÓN DE " VILLA PEPITA"

Na rúa da Liberdade, fronte ao entroncamento coa Rúa Marquesa Casa López, o chalé da propedade  de Augusto Vázquez Macía , que levaba o nome de " Villa Pepita" , e tiña un amplo espazo de xardín e horta  darredor , q levaba  ese nome  na honra da súa esposa, foi obxecto  de parcelación, en soares, aumentado o seu número coa apertura dunha viela, coñecida como " Rúa da Poula".

Seguindo o camiño  especulativo  , malia ás características arquitectónicas  ben destacadas, nin as autoridades municipáis nin  outras administracións, tomaron disposición algunha que permiise a conservación  e posta en valor da edificación, que foi derrubada e o reblo retirado en moi breve termo. O soar resultante foi ocupado por un voluminoso edificio en réxime de propiedade horizontal

PARCELACIÓN DA " CASA LABARTA"

A " Casa Labarta ", fronte de Villa Aurelia ( Sociedade A Unión ), que fora adquirida por Xosé Pérez  Batallón, a quen herdóu a súa filla Soidade ,  por esta razón era coñecida como a "Casa de Solita Batallón", foi adquirida por promotores de vivendas da localidade, enadindo ao seu espazo a "Casa de Álvarez " e a " Casa de Vizcaíno " , A parte frenteira   foi ocupada pola  edificación coñecida como " Edifiicio Marquesado de Sárria",  destinado a locáis comerciáis e vivendas en réxime de propeidade horizontal,

A parte traseira das fincas prinmitivas está destinada a  aparcadoiro público, baixo do nome de "Praza da Alvareda ", que conta con entradas dende a Rúa Marquesa Casa López, pola Rúa Anduriñas, e a Rúa Diego Pazos, estando prevista unha terceira, nas NSP, pola  Calella de Barreiros.  Ten entrada peonil  , en paso baixo do primeiro andar, dende a Rúa Matías López. Serve tamén de acceso para os garaxes do Edificio Marquesado de Sárria e para os dunha casa da Rúa da Liberdade.

 ************************************************************************************* 

Comentarios

Publicacións populares