ADIVIÑAS COÑECIDAS EN SÁRRIA ( 673 )

                               ADIVIÑAS COÑECIDAS EN SÁRRIA                       ( 673 ) 

                                                                                                     Xaime Félix López Arias 

01.- Igrexiña pequechiña, sancristán revolvedor e todos os santinos están darredos  ( ¿....?  )

02.-  Grande como unha lousa e no colle nunha chousa ( ¿.....? )

03.-  Catro corremontes, catro cichafontes,  dous torna.torna e un dalle-dalle  ( ¿ .... ? )

04.-  Alto me vexo no meu cagarexo, vèxoo vir e non poido fuxir ( ¿...... ? )

05.-  Cando van para o monte, miran para a casa ; cando van para a casa , miran para o monte ( ¿ .... ? )

06.-  Nariquín pariu a Naricós, sen bico, sen faldra nin cos ; os fillos de Naricós teñen bico, faldra e cos  ( ¿ ... ?

07.-  Unha señora moi rrmendada  e non se lle ve ningunha puntada ( ¿..... ? )

08.-  Casiña branca sen porta nin tranca ( ¿ ...... ? )

09.-  Tortobico non ten bico, nin bico nin cu nin rabo ; os fillos de  Toetobico teñen bico, cu e rabo  ( ¿...?) 

10.-  Son dous coscoroliños pola note pechadiños ( ¿..... ? )

11.-  Na horta do meu amo / hai un galiiño  francés / Ten dentes e non ten boca , / ten cabeza e non ten pès ( ¿ ..... ? )

12.-  Adiviña adiviñanza  , ¿ que animal leva os  pes na cabeza ? ( ¿ .... ? )

13.-  Nacín na auga, na auga me ciriei , se me pós na auga , na auga morreréi ( ¿ ..... ? )

14.-  Adiviña  adiviñanza : ¿ Que cousa cousiá é  que canto máis lle quitas  máis grande é ? ( ¿ ..... ? )

15.-  O que o fai non o quere  , / o que  o compra non o usa  / e o que o usa non o vé . ( ¿.... ? )

16.-  É un fato de señora que cando unha delas mexa, mexan todas ( ¿ .... ? )

17.-  Adiviña adiviñanza :  canta máis hai, menos se ve  ( ¿ ... ? )

18.-  Nunha horta fun criada  , / atada con verdes  lazos  / aquel que chora por min /  estame partindo a cachos  ( ¿.... ? )

19.-  Todo o día traca-traca  , pola noite baixo a cama ( ¿ .... ? )

20.-  Anda e non ten pés , / come e non ten boca  / e toda a comida lle parece pouca . ( ¿.... ? )

21.-  Pelo con pelo e o vivo no medio ( ¿ ... ? )

22.-  Unha cousa  para quen sempre chove e sempre vai mollada ( ¿ .... ? )

23.-  Dez señoritos  van de par en paz cruzando o río sen se mollar ( ¿ .... ? )

24.-  Estou pensando pensando, / de pensar vólvome tola . /  ¿ Coa sogra da miña cuñada , / que  parentesco me toca ?  ( ¿.... ? )

25.-   Aló enriba en alto coto  hai  un boi xoto , e non hai home nado , e tampouco por nacer , que na súa corte o poda meter ( ¿ .... ? )

26.-  Casulo riba de casulo , casulo do mesmo pano, senón que cho diga eu ., non o atinas  neste ano ( ¿..? 

27.-  Ten un só dente e  tira por toda a xente ( ¿.... ? )

28.-  Toda empoleirada, vai sempre en coche e sempre mollada ( ¿ ... ? )

29.-  Andan andan e andan, andan sen parar  , non teñen pés nin pernas nin poden falar  ( ¿ .... ?

30.-  Ten grandes bigotes para ben murar ,  se  acha un muro  sempre o saltará ( ¿ ..... ? )

31.-  E queixo que cos teus dentes  morder nunca poderás  e para poder dalo visto no espello o ollarás ( ¿ ... ?

32.-  Tachin.tachán todos xuntiños están, pararapapá pararapachín  todos xuntos até o fin, rataplam.rataplán  cada un fai o seu son ,  e todos ben sentadiños  atenden   a un garabullo fino ( ¿.... ? )

33.-  Ten conta do que lle poñen  e todos o queren ver , e aínda que é pouco forte  ten un moi grande poder , (  ¿..... ? )-

34.-   Podes  tocala   e rañala   e  tendo moi perto os ollos  nunca a poderás  ti ver .  ( ¿... ? )

35.-   Canta e canta todo o día  e metido nunha pota  xa deixará de cantasr ( ¿ .... ? )

36.-  Andan de abalo en debalo  sempre co seu sabor salgado ( ¿...... ? )

37.-   Chámese cuxo o u almallo dálle ao carniceiro traballo ( ¿ ..... ? )

38.- Ábrelle  a boca  á xente e faino de tal maneira que lles abre a carteira  ( ¿..... ? )

39.-    En alta árbore Don Concho pendurado está na súa casiña ben pechado (¿ ..... ? =

40.-   Rente a rente  sexa de noite ou de día  rillan , roen , moen , traban e richan  , cando son  novos desaparecen   e sen   seren  sementados  aparecen ben  chantados , ( ¿ ...... ? )

41.- Primeiro hai que roxar, para meter e sacar . ¿ ....... ?

42..-  É anel  de antiga idade darredor dunha cidade . ¿,,,,, ?

43.-   Vaise facendo fío a fío  e remata sen...... ¿ ........ ?

44.-  Ten ollos e auga nos pés   e os teus enxoitos ves  se os cando pasas do dereito, cando pasas do revés 8 ¿...... ?

45.-  Ten voltas , reviravoltas , costas e baixadas a eito , aínda que sexa moi lonxe é  o camiño máis dereito .  ¿...... ?

46.-  Todos miran para eles, todos lls piden favores ,  trñrn olloos e non ven ,  as bocas teñen pechadas , no alto  están todos tesos e  coas orellas tapadas . ¿ ...... ?

47.-  Nace en terra  asolagada,  coce  en branco caramelado e metido  nunha cunca  evos doce lamebtada ( ¿ ....... ? ).

48.-  Outean uns e outros  merca,  engañan , ollan ,  pasean, venden, saúdan, falan, minten, pagan , comoen  e bebden  e todos  á súa maneira van facendo ....  ¿ que fan ?  ( ¿ ....... ?  )

49.- Dous ceros un riba do outro que deitados a durmir   nunca chegan a ter fin . ( ¿ ..... ? ) 

50.- Con follas  feitas sen seiva , que non medraron nas árbores,  agardan seren retirados  para con ollos e mans seren ben agarimados.

51.-  Ten linguas que move o vento e deixan un manto negro  e no tempo de verán a todos nos meten medo. 

52.-  Son parentes dos bugallos e por fillas dos carballos fican ben recoñecidas  se no chan están caídas.

53.- Faise con auga e con vento,  coa forza de marés e átomos, tamén con hidrocarburos e corre polos arames a  moi gran velocidade,

54.-   Para doentes levar percurando curación, a portadores amola, sendo a mellor solución,

55.-  Coida ben dos nosos pés, non estudóu medicina, e danos unha nova pel, sexa bruta sexa fina.

56.- Ela múa e non bordía, espanta moscas co raboi e xanta a herba e nabo.

57.-  Cando ela está moi ben muda, depois de ser peneirada,  é branca como a neve branca  nun día de nevarada.

58.-  Se están na parte de arriba  teñen nome masculino ;  e por baixo da barriga, seguindo criterio fino , teñen  forma feminina.

59..-  Se por decenas fan seis e  por ducias  son só cinco, ¿ cantos ovos axuntei para facer a merenda ?

60.-  Para subir e baixar a alta ou a baixa estada, só se precisa ter, metálica ou ben madeirada, unha ben  segura.......

61.- Se os bons van para o ceo e os malos van para o inferno , ¿ Para onde van os traballadores cansos  cando é o tempo de inverno ?

62.-  Pode facer o seu labor con cantas almas hai no mundo e non  o facer  para el  non lle vai causar dor.... ¿ Quen é este traballador ?.

63.-  Para facer  caldo galego  bota na pota  un anaco de defunto.

64.-  Poño na terra un  e no verán collo un cento.

65.- Asadoiro universal, medra baixa cada  día  é o lugar ideal para mollar pés e barriga.

66.-  Feito está con biquiños de farna e a todos dozura da.

67.-  Peixe e porco  en tempo de secura  co seu branco  manto  alcanzan   carne dura.

68.-  As brancas pedras  na auga ferven  e moito locen  polas paredes.

69.-  Se ben vai , vai e ven e  vai ben.

70.-  Manexalos é doado :  riba da mesa tirados  percuran sorte os soldados.

71.-  Sexa golpe ou renarte  nos galiñeiros amosa   cal é a súa arte.

72.-  Ao abeiro  da cambota guindastre ou burro, gramalleira, brasa e remol  daanlle quentura á pota.

73.-  Ten un cantar madrugueiro   e colorada monteira  e todos queren guisalo.

74.-  Gordo o teño  , máis  o quixera que entre as  pernas non me collera.

75.-  Sendo  a primeira do día  ponlle remate ao xexún  e meterlle  algo de leite  soe  ser o máis común.

76.-  É redonda e moi galega , promete moita fartura  e remata sempre en nada.  

77.-   Aínda  tendo catro patas  nin corre , nin brica , nin anda.

78.-  É grande , moi poderoso  e porque lle gusta o mel todos lle chaman goloso.

79.-  Corre o mar todo  e máis a terra  cos seus bruidos  de guerra  e non o podo encerrar  aínda que eu  o intento.

80.-  A cabeza e moitos   saen fo caldeiro fervendo  e con  afiada tesoura  trucídano para xantalo.

81.-  Leira branca, leira branca  onde lle  botan semente  tanto  persoas sen sona  como previlexiadas mentes.

82.- Cuarto escuro   ben pechado   onde se gardan viandas  e se aparecen buratos por eles entran os ratos .

83.-  Para  ferrados as arcas  fan  e por fanegas acolle  de mil feixes a debulla  que moreas de gra dan.        

84.-  Se abres os ollos  non os ves  e se os pechas dentro os tes.  

85.-  Son buratos pequeneiros  que se ven riba da mesa  e coméndoos por milleiros  a ninguén lle dan fartura.

86.-  Ten fol e non ten fariña , ten punteiro e non ten puntas , ten fleques e non é unha colcha  e rosma sen estar rouca.

87.-  Uns dano para agradecer e outros para pedir o dan.

88.-  É un ceo  moi estreito onde  xuntos uns santiños  moen adoito viandas  e para o seu mellor goce  uns desfrutan do salgado  e outros gozan co doce.

89.-   Para chegar a carneiro  moita herba  comerá ao logo de todo o an.

90.-  Dá horas e non as ten, non cose e non ten agullas , vixía   dende alta torre  cando o sol nace e cando  o día morre.

91.-  Ten conta do que lle poñen, mestura verdade e mentira  o que o gasta axiña o tira  despois de lle pasar a vista.

92.-  Do dereito e do revés   serve para quentar os pés.

93.-  Camiñando ou recuando   polos cons  ti o verás  e eu no prato o vexo.

94.-  O  aparello  está aquí e ti dis aló aló.

95.-  O máis vello vai por baixo  e o máis baixo vai por riba .... e o que o saiba que o diga.

96.-  Moito costa, costa moito  se che cadra ir cara arriba  e moito menos costa  o baixar dende a súa cima,

97.-  Os que están ben preparados Sitúanse Todos  Ordenadamente Parados.

98.-  Con moitas vimbias tecida meten nela  as espigas.

99.-  Con moxenas e con chispas  rente ao lume bate ferro frío en ferro  que está moi quente.

100.-  De sen a sen vai o arco  e riba do fuciño o marco.      

101--  É un gran pequeneiro  pequeneiro  que ao apodrecer  vida nova fai nacer.

102 .-  Canto máis bebe máis se move  e en cada seu día gaña maquía.

103.-  En altas serras chantados  non paran de mover os brazos.

104.-  Sete a sete van pasando  nunha contina ringleira  e algúns nomean feira.

105.-  Cabezas cobre  cando fai sol e cando chove.

106.-  De palla feito, para palla atar, para ser forte  haino que retorcer.

107.-  Con fariña marela  moi ben cocha  a moita xente dalle vida  e mesturada con formento é cousa boa.....

108.- Na espiga do centeo o vexo  é por ser torto  como  corno é .... 

109.- Caída de altas canipas   polo outono apáñana no souto.

110.-  Pecando moito de gula  evos pecado  de altura  comer a famosa.....

111.-   Corenta e catro pés    corren no campo  batendo sen parar  no coiro-

112.-  Son persianas pequeniñas  pola noite pechadiñas.

113.-  Medran moi  doces nas viñas  sempre por riba das cepas  e son curtos os seus días.

114.-  Ou se ten ou non se ten e en téndoa sempre dura.

115.-   Arde ben non sendo auga  e arde sen deixar remol  e , xa apagado o lume , ardente sempre remata.

116.-  Ten o perolo na terra, as fillas son follas rizas , dalle  verde  a un bon  lacón  e por riba ten os cimos.

117.-  E tamara en Portugal  e no deserto fai sombra.

118.-  Aínda que el non o queira  e con todos se encabuxe , se non morre de noviño  vai rematar en castrón.

119.-  En morrendo quen é cabo na súa casa  principal  sen ter  traballado cousa  achega un bon capital.

120.-  Andaba a todo gas  e cando  o aire sopraba  toda a súa forza  acababa.

121.-   Ben vestido coa súa negra  vestimenta  en alta pola   pousado polas horas do solpor  dá o concerto mellor.

122.-  Con alta velocidade   viaxa  gallopando  nas ondas  e faino con diferencias  en moi variadas frecuencias.

123.-   Fun e xa non son o que fun, son e nunca máis serei  o que hoxe son, máis adiante non serei  e  outra máis non vivirei  aínda sendo Papa ou Rei..... ¿ Quen goberna esta lei ?-

124.-  Casa grande  , casa grande  con máis dun cento de portas e con moitas máis fiestras onde non hai bailes nin festas . onde soan  as campás e rezadores verás.

125.-  Semellante a unha neira  co seu aro de madeira , póñenlle  un  coiro moi fino  que manea a cantareira.

126.-  Vieiro, camiño ou carreira  a xente que peregrina  sempre a leva por bamdeira.

127.-  Ten candeas penduradas  que sempre están  apagadas e  medrando  en duras pezas  no outono son asadas .

128.-  Sinalando os catro ventos  , empoleirado no alto, pregoa como virá o tempo-

129.-  Licores, graxa e marisco  inimigos naturais  producen nel mal e dor  nese   grande coador.

130.-  Co seu ollo de enfiar  e piqueira de pinchar , nas pallas do teu palleiro  nunca a has atopar.

131.-   Vai a fume de carozo, ninguén corre máis ca ela, e non garda nin lei  que sexan quen de a deter-

 132.-  Elas  con son  son e sen son non son  e se estou fago tan-tan  e e sendo miudas sinos son.

133.-   Noite  sen lume e sen fume  e cando o día chega  a terra queda  queimada.

134.-  No medio do ceo estou  e non son sol  nin son estrela , tampouco son lúa bela  ¿ Podes dicir quen eu son ?

135.-   ¿ A quen  nesta terra ataca  o escarabello famento  que non sabe escarabellar ?

136.-  Anda de abalo en debalo, sobe e baixa sen parar  , dándolle bicos á terra  en contino traballar.

137.-  Orellas e nariz peso levián sosteñen  e nelas  os ollos o seu mellor  amigo teñen.

138.-  Cando se ten unha mágoa no peito , ¿ quen baixa pola meixela ?

139.-  Sacrifican  inocentes  e despois de acoitelados  ficaron  esnaquizados . cachucha , soá,  e rabo  todo ben aproveitado  remata sendo salgado  e no seu caso afumado.

140.- É frixidooro aparello  co seu mango ben armado.

141.-   De ratos e da humidade  ben arredado   escapa   dando  secura ao que garda.

 142.-  Nós desfacemos os nós  cando os facedes vós.

143,.-  Dende o mar van polos ríos  e non deixan peixes vivos.

144.-  Casa  feble  e pequeniña  entre a follase escondida  con musica de pío.pío.

145.-  Polo outono nos mil campos inzan  , que da xenio velos e rematan nas tixolas  para con cebeola comelos.

146.-  Só son dez  e até o infinito  medran, suman , multiplican .... sen  producir finiquito.

147.-  Fitando na escuridade  tendo ollos ben abertos e  nun carballo  empoleirado  fai cos ratos bon bocado.

148.-  Non llos atoparás ao  gato  e   posto ao lume o ves.

149.-  Pode ser de sete estralos  e se lle meten lume  moi axiña sae o fume  e aos cans lles mete medo  en tirándoo tarde ou cedo.

150,.   Co branco traballo das abellas  que acubilla unha torcida  no medio  da escuridade   a cativa luz da vida.

151.-   Baixo  dela  quenta e acubilla  a súa  futura familia.

152.-  Nace na area  e vive en ríos e no mar , nadando é lixeira  e camiña de vagar.

153.-  Canto máis canso estou  máis cedo chega  e aló pola medianoite  dentro de min moito medra.

 154.-  Pasan de man en man    e non vos precisan selo e moito menos carteiro e moven moito diñeiro.

155.-  Ao ver á persoa amada  póñense coloradas.

156.-  Están sempre ben mollados  e cando lles chega o tempo  uns picarán e outros non  e  estando no seu mellor momento  na tixola acabarán.

157.-   Fai un son moi miudiño  se llo poñen a un gatiño-

158.- Por ser aínda  cría  cativiña  no debuxo  corniños  mon lle puxo o artista.

159.-  Pinga no pan, sexa grande  sexa pequeniña.

160.-   Branca por baixa , viste de negro , voa ondada  e  cria os seus pegos-

 161.- Dende  ese alto a costa baixa  deixando atrás mundo que xa non diviso.

162.-  Cando non veñen choivas  o vela  é  ben segura  con moito sol , sedenta terra  e  longa dor na xente  que moito dura.

163.-   Nunca doncela será   e como é bonitiña , polo medo que lle teñen  chamana todos doniña.

164.-  Non é río verdadeiro  e  anda sempre lixeiro.

165.-  Cando se ten boa fada e moito mellor adaxe  non se ten  medo de nada.

166.-  O aire  e  a humidade , e sen facer ruxe-ruxe, roen no duri ferro  e vólveno en ......

167.-  Con ela moi ben zorrega  e con forte  man   xenreira amostra.

168.- Amarelo está sen ser doente  e di a xente  está agochado  en covas fondas  por mouros protexido e  mesturado coas areas  baixa  polos ríos.

169.-  En toda casa labrega, sexa no sur ou no norte,  hai sempre un cheiro real,  e sen ser a capital  todos  teñen  a súa  ........

170.-  Por diante, na procisión, por fortes homes levado  e por todos admirado  vai avanzando  o ......

171.-  ¿ Quen na noite fría   a pucharca enfría  e  enfríao tanto  que no camiño  tece de cristal un  branco manto  ?

172.-   É unha rúa pequena  e somente unha ruela  e se vai de vía en vía  todos lle chaman......

173.-   Vira e viña  e non deixa de virar e  canto máis tempo xire  aos nenos  aledará.

174.-  Non bule nin bulla , é lamacento  e cando chove emporca o vieiro .......

175.- Riba da porta un ramallo de loureiro  en alpendre pouco ancho  pregoa  a todo veciño  que alí dentro hai bon viño.

176.-   Ben grosiño baixo do queixo  ao xantar pu beber viño  probas dá de ben mantido.

177.-  Pasa de ovo a pichón  e pode ser mensaxeira , á guerra dille que  non , rexeitando bala e bomba.

178.-  Churrusqueiro buratiño no medio do corpo metido, fachenda dos presumidos  que o ollan como amigo.....

179.-   O labrego verde, moi verde verde, cando o tempo frío chega  , para o seu gado a apaña.

180.-  Ao paxariño  miudo  dalle calor  sendo donda como escuma  e remata sendo pluma.

181.-  Por baixo da códea está  e pódese esfarelar.

182 .- Todo aquel que mal te queira deixa   garda no peito....

183 .-  Está verde  nas polas do piñeiro  e no chan alfombra fai  como manto moi lixeiro.

184.-   Cadaquén terá o seu leito  para estar teso e non dereito.

185.-  

186.-

187..

188.-

189.-

190.-

191.-

192.-

193.- 

194.-

195.-

196.-

197.-

198.-

199.-

200.-

201.-

202.-

203.-

204.-

205.-

206.-

207.-

208.-

209.-

210.-

211.-

212.-

213.-

214.-

215.-

216.-

217.-

218.-

219.-

220.-

221.-

222.-

223.-

224.-

225.- 

 

************************************************************************************  

                                                            SOLUCIÓNS :

 1.- (  A boca, a lingua e os dentes e moas ). 2.- ( A lúa ). 3.-  (  As  patas  da vaca,  os tetos, as cornas e o rabo ). 4.-  (  A castaña dentro do ourizo  e o lareiro ). 5.-  ( Os cornos da cabra ). 6.-  ( A galiña e o ovo ) 7.-  ( Unha galiñ a ). 8.-  ( O ovo ). 9.-  ( O ovo e os pitiños ). 10.-  ( Os ollos ). 11.-  ( O  allo ). 12,.  ( O piollo ), 13.-  ( O sal ). 14.-  ( Un furado ). 15.-  ( O ataude ou cadaleito ) 16.-  ( As goteiras do tellado ). 17.-  ( A escuridade ) 18.-  ( A cebola  ) 19.-  ( Os zapatos ) .20.-  ( O muiño )

 21,. ( O ollo e ntre as perfebas ). 22.-  ( A lingua ). 23.-  ( Os dez fungueiros ou estadullos do carro ). 24.-  ( A miña mai ). 25.-  ( O sol ). 26.-  ( A cebola ).-  27 ( Unha campá ou sino ). 28.-  ( A lingua ). 29.- ( As agullas do reloxo ). 30.- ( o gato ) 31.-  ( O queixo  humán baixo da boca ). 32.- ( A banda de música ). 33.-  ( O xornal de prensa ). 34.- ( A punta do nariz ). 35.- ( O galo ).- 36.- ( As ondas do mar ). 37. - ( O tenreiro ).- 38.-  (  dentista ). 39.-  ( A noz ). 40.-  (  Os dentes e as moas ). 

41.-  (  O forno ). 42.-   (  A muralla de Lugo )- 43.-   ( O río ). 44.-  ( Unha ponte ). 45.-  ( A estrada ). 46.- ( As imaxes dos santos nos altares ). 47.-  ( O arroz con leite ). 48,.  ( A feira ). 49.-  ( O número 8 ). 50.- ( Os libros nas bibliotecas ). 51.-  ( O lume ). 52.-  ( As landras ). 53.-  ( A electricidade ). 54.-  ( A padiola 9, 55.-  ( O zapateiro ). 56.-  ( A vaca ). 57.-  ( A fariña ), 58.-  ( As dedas dos pés ). 59.-  ( Sesenta ). 60.-  ( Escada ).  

61.- ( Para as casas ).62.-  ( O enterrador ). 63.-  ( O unto ). 64.-  ( Un gran de centeo ). 65.-  ( A praia ). 66.-  ( O mel ). 67.- (  O sal ). 68.-  ( O cal ). 69.-  ( A tróndea, bambán ou acanadoiro ). 70.-  ( Os dados ). 71.-  ( O raposo ). 72.-  ( A lareira ). 73.-  ( O galo ). 74.- ( O cabalo )..75.-  ( O almorzo ). 76.-  ( A emepanada ), 77.-   ( A  mesa ). 78.-  ( O oso ). 79 .-  ( O vento ). 80.- ( O polbo )-

81.-  ( A folla de papel ).- 82.-  O  celeiro. 83.-  ( A tulla ). 84.-  ( Os pensamentos ). 85.-  ( Os ollos dun pan ), 86.-  ( A gaita galega ). 87.- ( Un beixamán ), 88.-  ( A boca ). 89.- ( O año ). 90.-  ( O reloxo ). 91.- O xornal ). 92.-  (  O carpín ).  93.- ( O cangarexo ). 94.- ( O teléfono ). 95.-  ( O neno que vai ao requicho do pai ).  96.- ( Unha costa ). 97.- (  O sinal de STOP ). 98.-  ( A goxa ). 99.- ( O ferreiro ). 100.-  ( O nariz ) .

101.- ( Unha pivide ). 102.-  ( A roda do muiño ). 103.-  ( Os  aeroxeneradores ). 104.-  ( Os días da semana ), 105.-  ( O chapeu ). 106.-  ( O viorto ). 107.-   ( A broa ). 108.-  ( O corecho ou dentón ). 109.-  ( A castaña ). 110.-  ( A angula ). 111.-  ( Dous equipos de fútbol ). 112.-  ( As pálpebras ). 113.-   (  As pavías )-.114.-  ( A cultura ).  115.- ( A queimada ). 116.-  ( O nabo ). 117.- ( A palmeira ). 118.- (  O cabritiño ). 119.-  ( O herdeiro ). 120.-  ( O candil ).

121.-  ( O merlo  ). 122.-   ( A radio ). 123.- ( A lei da vida ). 124.-  ( Un mosteiro ). 125.- (  O pandeiro ). 126.-  ( A vieira ). 127.-  ( O castiñeiro  ). 128.- ( O catavento ). 129.-  ( O fígado ). 130.-  ( A agulla ).  131.-  ( A luz ). 132.-  ( As campás ). 133.-  ( A xeada ). 134.-  (  A letra o )- 135.-  ( A pataca ). 136.-  ( o mar ).- 137 ( As  gafas ). 138.-  ( Unha bágoa ). 139.-  ( A mata do porco ). 140.-  ( A tixola ).

141.-  ( O hórreo ). 142.-  ( As perruqueiras ). 143.-  ( O corvo mariño ). 144.-  ( O niño ). 145.-  ( Os cogumelos ). 146.-  ( Os dez guarismos ). 147.-  ( O moucho ). 148 .-  ( O trespés ). 149.-  ( O foguete ). 150.-  ( A candea  ). 

 

************************************************************************************* 

Comentarios

Publicacións populares