MUIÑOS DO CONCELLO DE SÁRRIA ( 674 )

                            MUIÑOS DO CONCELLO DE SÁRRIA     (  674  )

                                                                                                                             Xaime Félix López Arias 

Até os anos 1980  os muiños  foron as máis antigas industrias  do concello de Sárria  nas que eran mudas as colleitas de centeo dos campesiños e  rendeiros , e en moita menor escala  o pouco trigo  cultivado na zona e o millo . Ademáis dos muiños movidos pràcticamente todo o ano  polas augas do río Sárria   había  outros nos ríos Celeiro e Loio, e en regueiros, con forza de auga só nos tempos de inverno  e  había relos  propiedade de casas labregos, sendo algúns deles  coñecidos como " muiños de herdeiros"  porque pertencían a varios parceiros que se aproveitaban deles por quendas.

Os muiñeiros, que polos seus servizos  cobraban " maquía", cando tiñan muiños  de moito uso   disfrutaban  dun nivel de recursos moi elevado  coniderándose de "casa rica " se eran  donos  da actividade, dándose o caso de que outros traballaban para    propietarios fidalgos ou eclesiásticos  que llos arrendaban.

Os muiños  en tempos de molaxe  constituían un punto de encontro para a mocedade , porque  había que gardar vez e era boa ocasión  para o lecer  dos máis novos. 

Sésigas, muiños, muiñas,  relos ou aceas  durante séculos conformaron moitos dos  costumes  da Terra de Sárria,

                                              MUIÑOS  NO RÍO SÁRRIA

O RIO SÁRRIA  ten a súa orixe en varias fontes  dos montes Iribio, Albela e A Meda, no concello de Triacastela   e verte as súas o RIO NEIRA , entre Moscán e A Pobra de San Xiao,. Históricamente, até o século  XIX  era denominado RIO DA SÁRRIA, 

MUIÑO DE PERROS.-  No lugar de Perros, parroquia de Santo Estevo de Calvor. En 1597  posuía o muiño, que era de tres rodasm Macías Alonso de Balboa. quen tamén levabs unha herdade na travesa de Riba dos Muiños e a de Casares da outra banda do río.  Pagaba tres reais de renda por  foro  que lle fixeran ao seu pai Maçiss fr Monseiro. Este alzara o muiño e fixera a chapacuña. En 1753 estaba a pardiñeiro e perencía  a Nicolau Balboa_  Reconstrució da presa:  Domingos Rodríguez obtén concesión de augas para o muiño e para a rega de prados. o que xa antes, en 1850 , fora autorizado. Póñenlle por condicións que rebaixe a altura da presa e que dispoñs de 918 litros /segundo para rega de 15.900 m/2 de prados, deixando expedito o vao do río cunha rampla que permita o paso de carros e gado.

MUIÑO DE BARXA.- No lugar de  Barxa , parroquia de Santo Estevo de Calvor.

........................................................................................................................................................................ 

(  Entre augas arriba da Ponte de Frollais  e o lugar da Pedrachantada  o treito do río Sárria atravesa  a parroquia  de San Miguel de Frollais, no Concello de Samos. Na aldea de Pedrachantada, tamén chamada O Carballal, hai outro muiño, propiedade da familia Pumares, de longa tradición muiñeira ). 

.....................................................................................................................................................................

MUIÑO DE REGUEIRO.- Na parroquia  de  San Xoán de Fafián. Está na marxe esquerda do río. Ten accesos dende Arxivide e Pedrachantada. Dende a igrexa de Fafíán  o  camiño baixa en pendente e  chega ao  río Sárria  onde se acha a Ponte de Fafián . O paso de carros  facíase   atravesando o vao ali existente , no camiño de Fafián a Arxivide, Os camiñantes que fan a ruta da Foz das Aceas poden visitar este muiño que está perto da Ponte . 

MUIÑO DO CONDE. Na parroquia de San Xoán de Fafián na Foz das Aceas . Na marxe dereita do río. Aparece nomeado en documentos medievais do Mosteiro de Samos. Ten  un banzado que recolle augas da presa  e as augas  volven ao río por unha cal coberta  con laxes. Para chegar  ao muiño dende os lugares da parroquia de Cesár  había unha ponte con pear central e con vigas e plataforma de madeira que desapareceu arrastrada  por unha chea do río, O acceso a esa ponte , a pé, dende a marxe esquerda  facíase por un estreito camiño tallado  nos penedos verticais da Foz das Aceas.  Os proipietarios pretenderon facer unha ponte nova e  non lle  autorizaron as obras.  Dende Fafián  baixa a congostra   que permitía o paso de carros.Na actualidade rente do muiño pasa a circular  Ruta da Foz das Aceas  que  vai cara a  Ponte de Fafián, É propiedade da familia Pumares  que o mantén preparado para facer muiñadas. ( BOP 30.06.1906 ). Vicenzo Quiroga Vázquez  pide concesión  de 1.000 litros /seg  para forza motriz transformable en eléctrica , debendo garantir  os dereitos  do dominio útil e do dereito  dun muiño  derrubado que non afecta á concesión. O proxecto foi realizado polo Enxeñeiro de Camiños Xosé María Sanz. A coroación da presa tiña que ser horizontal  e quedaba 1,27  metros  por debaixo dunha cruz  feita  nunha pedra pizarrenta  e terían que poñer outra cicelada  riba da base metálica e facer portela con comporta ; non poderían afectar  ao Muiño da  Acea de Riba ( 250 l /seg ) nin á Rega de Vilasante (65 l /seg ) . As obras deberían comezar  en 6 meses e quedar  rematadas noutros tres. Solicitaban concesión a perpetuidade para darlle subministro  eléctrico á vila de Sárria e outras localidades (  Este prxecto non chegou a ser realidade ). ( 1957 ) O muiño era propiedade  de Carlos Pumares López. (  1963 ) Acta de notoriedade :  Aproveitamento  inmemorial  das augas públicas da Presa do Muiño do Conde ( Fafián )  no río Sárria , bastante oblicua á dirección da corrente , para o uso industrial do dito muiño, adosado no mesmo estribo  dereito da presa m do que toma as augas en posición oblicua á corrente por un túnel de 7 metros de longo pola altura dun home, de onde se recollen nun banzado  de 4 metros por 2 e medio  e por trampelas  de palanqueta  accionan  os rodicios  de ferro de dous xogos de pedras de moer  e unha peneira. As augas saen ao mesmo río  por un angüeiro de  soterrado de 28 metros de lonxitude e 15 X 0,95  metros de sección , a cuxo remate o caixeiro esquerdo continúa nun murete de chapacuña en seco, de 6 metros por 1,20 de altura que remata no pear central  da pontella de madeira  que existe alím e comunica  coa parroquia de Cesár  e o "Carreiro do Muiño"  que baixa dende Mialama . Houbo un intento de facer  unha ponte nova para comunicar Fafián e Arxevide non autorizada-

......................................................................................................................................................................... 

Augas abaixo do Muiño do Conde  existiu  unha chapacuña, que levaba   augas a un caneiro ou arca para coller peixes. Houbo o proxecto de aproveitar ese encoro para darlle forza a unha fábrica da luz, que nun se fixo. O topónimo "Caneira" ou " Caneiro"  fixa o lugar onde estivo  esa dotación.  Está na parroquia de San Xoán de Fafián.

.................................................................................................................................................................. 

MUIÑO DA ACEA DE RIBA  /  BATÁN DA ACEA DE  RIBA.- Na Acea de Riba, parroquia de San Fiz de Reimóndez.  Na marxe esquerda  do río. Foi propiedade do Mosteiro da Madalena de Sárria . que o aforaba a diversos muiñeiros,  Ten unha casiña , horto e cortiña. En tempos tlvo  unha serra de madeira  movida pola forza da auga. Está na ruta da Foz das Aceas. Tiña acceso  por un camiño que dende Farbán  chegaba ao muiño e ademáis había outro que baixaba dende San  Fiz de  Reimóndez e outro que dende Fafián baixaba en forte pendente  até o pontón da Acea , que tamén levaba até a Ponte da Acea de Baixo.

En 1753  figuraba a nome de Antonio Ares.  En 1768  ( 7.01 )  O Convento da Madalena de Sárria  aforoulle a  Domingos Gómez de San Fiz de Reimóndez , por vida de tres reais e vinte e nove anos máis, catro rodas de moer  coa súa casa feita de novo , un batán , un cortiñeiro  e unha casiña en renda  de 3 fanegas de centeo  con un ferrado de trigo cada dous anos , 45 reais e outros 900 reeais 

No Nomenclátor de 1870 aparece un muiño cunha casa anexa. habitada e unha deshabitada. . En 1842  en expedeinte de venda de Bens Nacionais  sacaron a subhasta : "   Unha Casa-Muiño  con catro rodas,  nomeada das Aceas,  con formais dunha arca ou pesqueira  e unha porción de terreo  entre o dito edificio e a chapacuña , nomeado Ameneiro , con dous castiros , catro cerdeiras  e outras árbores ;  outra Casa a carón da anterior , camiño no medio, de oficina  alta e tres baixos  que forman   cociña, corte e forno , e un horto labrado  que farán en semeadura   un ferrado e cuarta , máis unha  porción a ptrado  de tres ferrados   e tres cuartais en semeadura.  Estas casas e fincas foron  caoitalizadas en 6.900 reais  e taxadas pericialmente  en 7.333  reais,  producían   unha renda aneira  de 10 fanegas  de arrendo rematado  e continuación  pola tácita "  sen que  conste carga na súa contra".

En 1934  o dono vendeu   a serra de cinta  que ali tiña  e que se movía con forza de auga.  ( 11.1937 )  Por non poder  atendelo  o seu dono anuncia  nos xornais  a venda dos muiños fariñeiros , coa súa propiedade ,  facendo constar que teñen dúas pedras , unha de pedra do país  e outra de pedra francesa.  ( 03.1840 )  Anuncio: "  Vendo obxectos de maquinaria  para industria:  Un motor de 18 cabalos , transmisor de ferro "Siemens"  cos seus coxinetes de ferro  con dentes de madeira  e o seu piñón de madeira , poleas de ferro  e madeira. En 1955  Secundino López Pumares  posuía un muiño con aproveintamento  dende tempo inmemorial , con dúas rodas, con presa  e dereito de  rega da Namela  con cabdal de  532 litros/segundo".  1955  Nos Servizos Hidraulicos de España  figura como titular Secundino  López Pumares. 

MUIÑO DA ACEA DE BAIXO ( 1 ).-  Na Acea de Baixo, parroquia de Santiago de Farbán. Foi propiedade do Mosteiro da Madalena de Sárria ao que foi cedido  por un crego de Farbán  Está na marxe dereita do río.  Na actualidade é unha  segunda vivenda  dunha familia residente en Ourense. Ten o rairo   que volve as augas ao río á altura da  ponte,Tiña camiños  que ían por Veigadelo a  Farbán  ,  outro  seguía  a Ribela e un tereiro subía pola costa cara Fafián.  Augas arriba  a Presa do Peago  saía  unha cal para regar os prados de Ribela, que   foi o único treito   da proxectada   entre A Acea e Rubín , para regar a marxe dereita  da veiga de Sárria.

En 1597  estaba arrendado a Pedro Fernández en renda de 16 ferrados de centeo  e 1 de trigo  e incluía  a fanega e media de terreos en semeadura das leiras do arredor,. Por Real Carta Executoria  da Real Audiencia do Reino de Galicia  contra Diego de Lemos, alcalde maior maior de Sárria e Antonia de Guitián e Valcárcel  déronlle  ao convento a posesión  do muiño e bens anrxos  en 1677. En 1753 estaba ao cargo  de Xosé  García, de Farbán, e tiña catro rodas , moía  6 meses en cada un ano e producía 400 reais.

En 1954  Balbino Quintana, de Farbán,  declarou   ser titular do muiño e que moía sempre  menos dos día 15 de xullo a últimos de agosto, agosto e setembro, que as augas deben ir para a rega  de Manuel López López  ( Mao de Ribela )  na levada  chamada  Rega do Peago ou de Ribela, " agás que haxa auga dabondo ". 

MUIÑO DA ACEA DE BAIXO ( 2 ) .- Na parroquia de Santiago de Farbán, no río Sárria.Era  muiño medianeiro de donos descoñecidos.  Estremaba con outro  de Vicenzo  Quiroga López de Lamela ( Vilasante ) . Aportou  proba que estaba abandoado  pasados máis de 20 anos  e caducado o dereito de aproveitamento  de augas, seguindo expediente  na Sección  de Obras Públicas de Lugo (  1905 ).-  En 1954  levantaron acta de notoriedade  pedida por Xesús Rodríguez López  dun muiño  con dous xogos  de dúas pedras e unha peneira, 

........................................................................................................................................................................

Abaixo do lugar da Ribela ( Farbán  ) a grande chea do río  que houbo antes de 1560 deus lugar a un novo curso do río, coa formación dunha  insua. Para recuperar as terras de cultivo  encheron de terra a entrada e a saída dese novo brazo , de maneira que  se formou un pequeno lago que pouco a pouco foron enchendo de terra, conservando así  a vella madre  coincidente co treito actual que vai pola volta de Pacios. O paraxe conservou o nome de Prado de Lago.

........................................................................................................................................................................... 

Augas abaixo da Ponte Castelao  houbo un caneiro  do que coa baixada do nivel do río no encoro da presa do muiño da Ponte Ribeira se pode recoñecer  onde estivo a desaparecida chapacuña da  arca. 

....................................................................................................................................................................... 

MUIÑO DA PONTE RIBEIRA  No Barrio da Ponte Ribeira, parroquia de Santa Mariña de Sárria.  Actualmente na Rúa do Peregrino. Está na marxe  dereita do río. Foi propiedade  da familia Neira, de Santa Mariña de Sárria,  e dende finais do  século XIX foi coñecido como  Muiño de Solance.  Aproveita as augas desviadas coa Presa do Muiño, agora coñecida como Presa do Chanto . Ten  unha portela , antes da entrada das augas no muiño, para  desaugue da auga encorada, que noutros tempos    tiña unha arca ou caneiro  para a recollida de peixes. Este cauce  e o rairo  dan lugar á formación de dúas insuas, unha delas con ameneiros e a outra en tempos destinada a horta . O rairo incorpora as augas ao río á altura da Ponte Ribeira. A edificación   ten anexa a vivenda   dos muiñeiros.  Este muiño non está activo. Comunicado coa  vila de Sárria  polo Camiño de Triacastela ( Camiño de Santiago )  e cos lugares de  Vigo de Vilar de Sárria, Vilasante ( O Fontao ) e Ribela ( Farbán ). A presa , compartida  co uso de zona de baños do Parque do Chanto,  ten graves  roturas da súa chapacuña, de maneira que  se  tempos atrás permitía que as augas encoradas  fosen  naevgadas por piraguas  en toda a súa lonxitude até  a volta de Manosa, á altura de Ribela,  e agora  coa baixada de nivel  non permite  unha práctica da natación  nin os saltos dede  trampolíns. Ademáis  coa baixada do nivel das augas a entullada impide a entrada das augas para mover as pedras do muiño e  está producindo  augas arriba  o estreitamento da madre do río  e a caída de árbores das ribeiras.  Isto permitiu que se poida  fixar onde estivo o antigo Caneiro da Ribela, na Ribeira dos Cucos. No tempo antigo  dende este muiño saía un rairo que pasaba por baixo dun dos arcos pequenos da Ponte Ribeira  para alimentar un muiño  , desaparecido,  augas abaixo desta, 

A  familia   Neira Solance  vendeulle  o muiño  ao avó de  Ana María López Exposito, casada con Leandro López Vázquez, a quen pertence  na actualidde ( 2025 )  .   No ano 1918  Luis Expóito Pérez  solicitaron inscrición en Rexistros por prescrición inmemorial  O muiño  está parado e a Confederación Hidrográfica  Miño-Sil  , que non arranxa a chapacuña  e esíixelle á propiedade que  a arranxe.

No ano  1252  o coengo lucense   Martinus  Lupi outorgou  escritura de venda  e entre os bens vendidos figuran " os muiños da Ponte";

"  Martinus Lupi, coengo lucense , a vós o Cabdio de Lugo  con libre vontade , véndovos toda a herdade  que en toda parte  eu teño  ou debo ter  e debo ter  na Vila  Nova de Sárria  e no alfoz desta vila  con todas as súas pertenzas  e as súas dereituras  ", Entre os bens vendidos  están unha casa na Vila Nova,  viñas e propiedades  en Santa Marta , Domiz e Belante , ademías  figura " a cuarta parte  dos muiños da Ponte" . Por estes bens  o Cabido da Catedral de Lugo  pagou  500 soldos lexionenses,

MUIÑO DO TOLEIRO No desaparecido lugar do Toleiro, na parroquia  de San Salvador de Vilar de Sárria . Actualmente na Rúa do Toleiro da vila de Sárria . Está na marxe dereita do río. Os donos do muiño fixeron  un pontón  riba do río Sárria  e outro riba do rairo, sustituidos  por unha pasarela  de formigón.. En 1917  os irmáns Martínez  fundaron a empresa Eléctrica do Toleiro que aproveitaba a forza das augas encoradas para producir electricidade  que distribuía  na vila de Sárria, en competencia coa  empresa  Eléctrica Sarriana.  A casa, o muiño e a insua anexa foron comprados  pola Xunta de Galicia  e seguidamente pasou a mans da Confederación Hidrogáfica  Miño-Sil.

MUIÑO DA NOGUEIRA.- Na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria. Está na marxe dereita do río. Pertenceu á familia Rivera  e Quiroga propietarios das casas da Nogueira e de Vilasante. Estaba dotado dunha dinamo para a produción de electricidade. Chégase a el dende  a Ponte Vella , San Alberte e A Ribeira.Aparece no Nomenclátor de 1870. Foi adquiirido polo médico Álvaro López-Vizcaíno Rodríguez que o adicou a casa de lecer.

................................................................................................................................................................... 

( Augas abaixo deste muiño houbo  outro muiño  que desapareceu darredor de 1560  levado polas augas dunha grande chea  que  deu lugar a  formación de insuas  e mudanzas do curso fluvial ). 

........................................................................................................................................................................ 

MUIÑO DE RONQUEIRO Na parroquia de San Vicenzo de Betote, augas abaixo do punto onde o río Celeiro  rende as súas augas ao río Sárria. Está na marxe esquerda do río. 

MUIÑO  DE COBREROS Na parroquia de  San Xulián da Veiga. Pertenceu  á familia dos Díaz de Freixo  e á familia Cobreros. Está na marxe dereita  do río.

MUIÑO DE  MANÁN.-  Na parroquia de San  Salvador do Mato.  Está na marxe dereita do río.

MUIÑO DA REZA Na parroquia de Santiago da Veiga . Está na marxe dereita do río. Pertenceu á familia Abad .  Foi dotado de dinamos para a produción de electricidade  distribuida  en Céltigos e lugares da contorna pola Eléctrica da Reza. Está a carón da Ponte da Reza na estrada do Montés a Láncara. ( 1927 )   Xesús Abad López, de Céltigos,  tiña a concesión de 350 litos / segundo  para mover o muiño e producir electricidade , cunha caída de  2, 40 metros , adquirida por prescrición inmemorial.

MUIÑO DE  NASEIROS.- ( De Don Cándido ou de Osorio )  Na parroquia de San  Miguel de Vilapedre. Na marxe esquerda do río. Propiedade da familia Osorio de Vilapedre. Tivo  dinamo para producir electricidade para a casa familiar. Concesión adqurida por prescrición inmemorial. ( 1926 ) Anexa ao muiño Xusto López "Osorio"  tiña unha dinamo de 1,5 kw , 115 voltios e 1.450 r.p.m. para a produción de enerxía eléctrica e había unha pesqueira ou naseiro. A caída era de 1,70 metros. A liña de transporte até a  súa casa era de 1.204 metros  e atravesaba a estrada de Nadela no quilómetro  16,266.

                                     No regueiro  que baixa dende Goián a Vilapedre

MUIÑO DA LAMA.- Na parroquia de San Miguel de Goián.

MUIÑO  DE BASILIO.- Na parroquia de San Miguel de Goián, Tiña unha dinamo para producir electricidade  para a casa do dono.

MUIÑO DE ZANFOGA.- Na parroquia de San Fiz de  Vilapedre. Tivo dinamo para servir electricidade á casa do dono, 

                                    MUIÑO ELÉCTRICO

MUIÑEIRA DE LOUREIRO.-  Na parroquia de San Martiño de Loureiro de Froián. 

 **************************************************************************************               

                                                   MUIÑOS NO RÍO CELEIRO

do  río Celeiro, afluente do río Sárria, foi coñecido na Idade Media como RIO BARBADELO  ,  e na actualidade  soen aparecer denominacións  como Río Mazadoiro, Río Pequeno... e tamén hai denominacións populares  como Río da Estación. Río de Piñeira Río da Ciguñeira , Río da Rañoá...O seu curso vai dende o Castro de Santa Icía ( Loureiro de Froián )  ao paraxe da Veiguiña ( Requeixo I)

MUIÑO DE VEIGA.- Na parroquia  de  San Xulián  de Chorente  , no lugar do Oural.     

MUIÑO DE TRASLODEIRO.- Na parroquia de  San Xulián de Chorente. 

MUIÑO DE VILAR DE MARÍA .-  Na parroquia de San  Mamede da Chanca. 

MUIÑO DO PACIO.-      Na parroquia de San Xulián de Chorente

MUIÑO DE FERRADAL.-  Na parroquia de San   Xulián de Chorente. 

MUIÑO  DE  VARELA  .- Na parroquia de San Miguel de  Piñeira.,  lugar de Vilameá.

MUIÑO DE TOURÓN .-  Na parroquia de San Miguel de Piñeira. Perto do lugar de Vilela.

MUIÑO DE POMAR.-  Na parroquia de San Miguel de Piñeira. Perto  do lugar de Vilela.

..................................................................................................................................................................... 

MUIÑO DE CELEIRO ( desaparecido ).- Na parroquia de San Vicenzo/ San Pedro de Maside. 

MUIÑO DA PONTE DO MAZADOIRO.- ( desaparecido ) Estaba na parroquia de  San Pedro de Maside ( agora na vila de Sárria ). Perto da Ponte Vella do Mazadoiro.

MUIÑO DA ACEA.- Na parroquia  de San Martiño de Requeixo  ( á altura  da Ponte Nova do Mazadoiro ), ( desaparecido ).

                                                  No Río Vao  / Rego de Cervos

MUIÑO  DA CASA AGRACEIRA.- Propiedade dos donos da Casa da Agraceira , do lugar de Santa Marta ( parroquia de Santa María de Ortoá ).  Estaba na marxe esquerda do rego , na parroquia de San Pedro de Maside, augas abaixo do Pontón de Santa Marta, no Camiño de Santiago. 

                                                    MUIÑO EÉCTRICO

A MUIÑEIRA DO OURAL.-  No lugar de O Oural, parroquia de  San Xulián de Chorente. Foi tamén unha  casa de comidas  e  posteriormente  casa de citas-

************************************************************************************* 

                                          MUIÑOS NO RÍO  LOIO

MUIÑO  DE TAMBARRÍA- Na parroquia de Santa María deVilamaior 

MUIÑO DE XURXO.- Na parroquia de Santa María de Vilamaior

MUIÑO DO NEO ( 1 ) .- Na parroquia de San Salvador  da Pinza.No Rego de Marzán ou de Biville. ( 1953 )  Pedro Fernández Vázquez, da Pinza,  gozaba de concesión e todo o cabdal na estiaxe e 300 litros /segundo  o resto do ano, para moer eusos industriais.

MUIÑO DO NEO ( 2 ).  En San Salvador da Pinza  ( 1933 )  

MUIÑO DA PONTE DO NEO.- Na parroquia de San Salvador da Pinza. Beira  da estrada de Sárria a Portomarín,

                                       No Regueiral 

MUIÑO DE GAIOSO.- Na parroquia de Santiago de Nespereira , perto do lugar da Ermida.  Construido por  André  Gayoso. Acabou sendo muiño movido tamén por electricidade,

 

                                        No Rego de Marzán 

MUIÑO DE MARZÁN.- Ns parroquia de Santiago de Barbadelo. Ten un grande banzado   feito con pedras de granito 

MUIÑO DO NEO ( 2  )  .- Na parroquia de San Salvador da Pinza. beira da estrada de Sárria a Portomarín.

                                  Muiños movidos por electricidade

MUIÑO DE GAIOSO.-  Movido por electricidades producida  pola Eléctrica Sarriana. e Xeral Galega de Electricidade.  Aproveitando que os donos do muiño eran parentes dos Gaioso de Sárria ( Casa Marzán da Rúa Maior )  estableceron unha liña dende o Muiño de Marzán. Por un uso abusivo do suministro eléctrico   foi interrompido  quedando limitado ás pedras movidas  polas augas do regueiro.  Ocupou espazo  do   muiño   que   se alzou  para   aproveitar  as augas do Regueiral e do rego  de Goille. Foi alzado en 1839 por André Gayoso da Ermida- Sentiuse perxudicado Brais  González da Casa de Baixo da Ermida, tanto pola distración das augas  como pola obstrución   do camiño do Mercado da Serra á Feira de Paradela  ( Vilamaior )   pasou conciliación  no Concello de Sárria  en 4.04.1839, alcanzando o compromiso  de non facer alteracións  no curso das augas e que os pontóns permitirían  o paso con carros e gado.

MUIÑO DA ESPERELA.- Na parroquia de Santa María de Vilamaior ( * ) , no lugar da Esperela. Instalado na década de 1960, coa chegada da electricidade a esa parroquia,

MUIÑO DE MARZÁN.- Na parroquia  de  Santiago de   Barbadelo,  foi servizo engadido   ao muiño de auga movido Foi promovido por Xosé Antonio Gayoso,  que foi sucedido polos seus fillo Xosé,  María do PIlar e Mercé Gayoso Fernández . A nova sección   contaba con  pedras movidas  pola electricidade producida cun xenerador movido  por gas pobre ( Electra Sarriana )  e máis adiante pola enerxía  procedente  da  central de Fondoril, en San Xoán do Muro  ( Láncara )  e de Fenosa. O suministro consolidouse  cunha liña con orixe en Sárria que aproveitano as beiras das estradas e os monte veciñais  chegaba ao Muiño de Marzán, e que  daba servizo  á Granxa de Barreiros , e  foi levada até o Muiño de Gaioso, na Ermida ( Santiago de Nespereira ). Esta "muiñeira ", especialmente   nos meses  de baixo  cabdal  do río Loio , moía  para as parroquias  entre Ortoá e Vilamaior.,.  1958.-  Seguiuse  xuizo de  menor cuantía  66 / 1958 no Xulgado de Sárria sendo demandantes  María  do Pilar  e Mercé Gayoso Fernández  e demandados Matilde López López, Manuel, Xosé, María , Mercé, María Irene , Carme , Marta e Xulia López López ( herdeiros de Pilar López Lñopez, de Domiz ), sobre dereitos  da finca Cousiño, en Marzán,

  ( * ) Santa María de Vilamaior da Lobataira  ou Santa María de Vilamaior de Paradela.

***********************************************************************************  

                            OUTROS MUIÑOS E MUIÑOS HISTÓRICOS

 MUIÑO DA ALBAIANA.- En Santiago de Barbadelo, En 1753 pertencía a  Amador Fernández Taíde.

MUIÑO DE ALBÁN.-  No río Celeiro ( na Idade Media Río Barbadelo ), daquela coñecido  como río de Piñeira ou río da Rañoá.. Muiño relo cunha soa pedra, en 1753 era de  Domingos López Rodríguez

MUIÑO DE ARIAS.-  En San Miguel de Goián, Propiedade da familia Arias.

MUIÑO DO ARROXO  DE AMARAIS.-   En San Salvador de Cesár ,  no Arroxo de Amarais.  Muiño relo dunha soa pedra. En 1753 pertencía a Pedro Piñeiro.

MUIÑO DO ARROXO DE CAMPO GRANDE.-  En San Miguel de Goián . En 1753 pertencía a Bartolomeu Díaz. 

MUIÑO  DO ARROXO DE  CERVOS. ( 1 ) .-  En San Pedro de Maside , no Rego de Cervos ( Na Idade Media , Río Vao ). En 1753 pertencía  a Freancisco Vázquez Zanfoga.. 

MUIÑO DO ARROXO DE CERVOS ( 2  ),. En San Pedro de Maside, no Rego de Cervos. En 1753 pertencía a Pedro López.

MUIÑO DO ARROXO DE CERVOS. ( 3 )- En San Pedro de Maside, no Rego de Cervos.  En 1753 pertencía  a Miguel López, de Barbadelo.

MUIÑO DO ARROXO DE CERVOS ( 4 ).-  En San Pedro de Maside,  no Rego de Cervos. En 1753  tiña 2 rodas e era de  Pedro López. 

MUIÑO DO ARROXO DE CERVOS ( 5 ).- En San Pedro de Maside, no Rego de Cervos. En 1753   pertencía a Francisco Vázquez.

MUIÑO DE FERREIROS ( 1 ).- En San Sadurniño de Ferreiros. En  1753 pertencía a Xoán González do Outeiro.

MUIÑO  DE FERREIROS ( 2 ).-  En San Sadurniño de Ferreiros. En 1753  a André de Quiroga, do Barrio.

MUIÑO DO ARROXO DO MAZADOIRO.-  En  San Martiño de Requeixo.  En 1753 perrencía 

MUIÑO DO ARROXO DA PENA DA AUGA.-    En Santalla de Arxemil. No arroxo da Pena da Auga, ou rego de Filgueiras  , hoxe  Rego do Mazo . En 1753 pertencía a Domingos López e Pedro López (  no seu soar foi instalalado O Mazso de Arxemil para laborar o ferro ).

MUIÑO DO ARROXO DA XOTA.-    En San Xoán de Fafián.En 1753  pertencía a  Xosé López " Condomiña" e Domingos Loureiro. Era dunha soa roda ,podían  aproveitalo dous meses ao ano  e obtiñan  un beneficio de 32 reais.

MUIÑO DE ARXEVIDE.-  (  ) Manuela Lamela  Pradeda,  María Lamela Pradeda  e Ramón pradeda hipotecáronllo a  Antonio Díaz Vela , de Arxevide. 

MUIÑO DE BADE.- En Santa María de Vilamaior.  En 1753 pertencía ao Común dos Veciños de Bade.

MUIÑO  DO BARRIO.-  En San Sadurniño de Ferreiros. En 1753 pertencía a André de Quiroga,

MUIÑO DE BARXA.-   En Santo Estevo de Calvor. En 1753 tiña tres rodas e pertencía a Gaspar Somoza. Moía  todo o ano   a razón de 4 ferrados por día e cobraban por maquía unha oitava de ferrado  e producía 411 reais en cada un ano,

MUIÑO DO BATÁN  (  1 ) ,. En Santo André de Paradela. No río Loio. En 1753 pertencía a Domingos Rodríguez.

MUIÑO DO BATÁN ( 2 ).-  En Santa María de Vilmaior ( da Lobataira ou de Paradela.).  En 1753 pertencía a Froilán López.

MUIÑO DE BETOTE.-   En San Vicenzo de Betote.  No río Sárria. ( 1958 ) Manuel López Cerviño  era titular dun muiño de dúas rodas e do dereito de rega dunha  finca de 32 hectáreas dende tempo inmemorial,

MUIÑO DE BIVILLE ( 1 ).- En San Miguel de Biville.  En 1753 pertencía  a Xoán Díaz-

MUIÑO DE BIVILLE ( 2 ).-   En San Miguel de Biville. En 1753 pertencía a Miguel Díaz.

MUIÑO DE CAMBA,.   En Santa María de Ortoá, no arroxo do Fondón ( medieval Río Vao ).En 1753  pertencía  a Xosé Arias.

MUIÑO DA CAMPA.-  En San Xulián da Veiga. No río Sárria. Era de dúas pedras. En 1753 pertencía  a Xoán Diaz de Freixo, dono da Casa de Outeiro ( agora coñecida como Casa Cobreros ). 

MUIÑO DO CAMPO  DO MUIÑO.- Ou dos Pasais do Loio. En Santa María de Vilamaior. En 1753 pertencía a  Alonso Sobrado de Lugo ( Señor do Tumbiadoiro )

MUIÑO DO CANEIRO.-   En San Xoán de Fafían. No río Sárria, En 1753 estaba activo. ( Desaparecido ).  Houbo o proxectp de aproveitar  a presa para producir electricidade.,

MUIÑO DE CARRALBAN.- En Santo  André de Paradela . En 1753 pertencía a  Antonio López de Barán.

MUIÑO DA CASA NOVA.- En San Vicenzo de Betote.  No río Sárria. Tiña dúas pedras e en  1753  pertencía a Xoán López Lousado.

MUIÑO DA CASA NOVA.-  En San Xulián da Veiga . En 1753 pertencía a  Xoán López e tiña dúas rodas. 

MUIÑO DE CASCARDIN.-  En Santa María da Pena, no lugar de Rosende.

MUIÑO DE CASDONIÑO. ( 1  ) En San Miguel de Piñeira, En 1753 pertencía a Luis López.

MUIÑO DE CASDONIÑO ( 2 ).-  En San Miguel de Piñeira. En 1753 pertencía  a Xoán do Outeiro.

MUIÑO DE CAVELICO.-   En San Vicenzo de Froián , no lugar de Abuín.  En 1916 só había o formal da edificación que acabou  sendo retirada.

MUIÑO DE CELEIRO.- En San Vicenzo / San Pedro de Maside, no río Celeiro ( medieval río Barbadelo ).  En 1870 figuraba no nomenclátor ( desaparecido ).

MUIÑO DE CERVOS.-   No  Rego de Cervos ( medieval río Vao ).  Aparece citado en  1561.

MUIÑO DA CHOUSA.-   En Santiago de Barbadelo. No Rego da Chousa. En 1753 pertencía a Xosé   de Gaioso. 

MUIÑO DO CHOUSO.-  En Santiago da Veiga. No río Sárria. En 1753 pertencía a Xoán Rodríguez e tiña dúas rodas.

MUIÑO DE CIMA DE VILA.-   En Santa María de Corvelle. En 1753 era propiedade  de Gregorio Núñez. 

MUIÑO DA CONDOMIÑA.-  En San Miguel de Piñeira. Había dous muiños con banzados e pesqueiras. No ano 1009  consta que foran de Nunita que llos cedera a  Veremudus Sunilani e  este pasoullos ao Mosteiro de San Xacobe de Barbadelo.

MUIÑO DA CONDOMIÑA.- En San Miguel de Piñeira.  En 1753 pertencís a Lucas López. 

MUIÑO DO CORUXO.-  En  San Vicenzo de Froián, no lugar da Vilanova.

MUIÑO DE CORVELLE  (  1  ) .- En Santa María de Corvelle. En 1753  pertencía a Pedro Paz, de Carracedo.

MUIÑO DE CORVELLE. ( 2  ) -  En Santa María de Corvelle. En 1753 pertencía a  Xoán García.

 MUIÑO DO CUÍDO.-   En San Salvador do Mato, no río Sárria ( 1753 )

MUIÑO DA DEVESA DE PARADELA.-    En San Miguel de Piñeira.  Darredor de 1650  María Dosío , posuidora do lugar, cedeullo por contrato  a Pedro Díaz da Ribeira.

MUIÑO DE DOMINGOS ARES.-  En San Miguel de Goián. En  1753  pertencía a Domingos Ares.

MUIÑO DE ENTRE PONTÓNS.-   ( Muiño de Gaioso )  En Santtiago de Nespereira- lugar da Ermida.

MUIÑO DA ERMIDA.-   En Santiago  de Nespereira - lugar da Ermida. Propiedade da Casa de Baixo.

MUIÑO DOS ESCALLOS.- En San Vicenzo  de Betote, no "arroxo do Mazadoiro".  En 1753 pertencía a   Xoán López do Barrio., de Betote.

MUIÑO DE ESTANQUEIRO.- En San Pedro de Maside. Pertencente á Casa de Estanqueiro de Zanfoga.

MUIÑO DE FERRADAL.-  En San Miguel de Piñeira , no río Celeiro ( mediebal río Barbadelo ).

MUIÑO DE FERREIRO.-   En San Vicenzo de Froián. En 1753  sinalaba estrema de parroquias  entre o Penedo de Casares e  o Arroxo de Balcón.

MUIÑO DA FONTE.-  En San Sadurniño de Froián.  En 1870 figuraba no Nomenclátor,

MUIÑO DE FRADES.-  En San Xulián de Frades. En 1753 pertencía  a Gregorio Ares.

MUIÑO DE FREI DOMINGOS.-   En Santiago de Farbán.No río Sárria.  Na chapacuña coñecdia agora como Presa do Peago. Foi  alzado augas arriba do Muiño da Acea de Baixo polo frade agostiño frei Domingos. Nesa presa está a toma de augas para usos  domésticos da vila de Sárria e varias parroquias rurais. 

MUIÑO DE GAIOSO.-  Na parroquia de San Miguel de  Piñeira  . No  río Celeiro (  río da Chanca ou de Piñeira, medieval río Barbadelo ).  Con aproveitamento dende tempo inmemorial. Tiña dúas pedras   e daba rega a unha finca de 15 áreas . En 1955 era propiedade de Antonio Gayoso.

MUIÑO DE GAIZ.-  En Santiago da Veiga.  No regueiro de Gaiz . Tiña unha roda e en 1753 era propiedade de  Xoán Rodríguez.

MUIÑO DE GOIÁN   (  1  )..- En San Miguel de Goián, En 1753 pertencía  a Xoán de Castro.

MUIÑO DE GOIÁN ( 2 ).-  En San  Miguel de Goián, En 1753 pertencía a  Domingos Ares.

MUIÑO DE GOIÁN  ( 3  ) .- En San Miguel de Goián,  En 1753  pertencía a Lourenzo Ares. 

MUIÑO DE GOILLE.-  En Santiago de Nespereira, perto do lugar de Vilar de Lamas. No rego de Goille.

MUIÑO DE GOIMIL ( 1  ) .- En San Pedro de Seteventos, lugar de Goimil. En 1753 pertencía  a Xosé López,

MUIÑO DE GOIMIL ( 2  ) .-  En San Pedro de Seteventos, lugar de Goimil. En 1753 era propiedade de  Manuel López.

 MUIÑO DA GRANXA.-  En San Salvador do Mato. No arroxo do Mato.  En 1753 pertencía a  Antonio Díaz Goyanes,

MUIÑO DE GUITIÁN.-  En San Pedro de Froián, lugar de Gutián,. En 1870 figura no Nomenclátor.

MUIÑO DA INSUA.-  En San Mamede da Chanca. No arroxo da Chanca ( Río Celeiro, medieval  río Barbadelo ). En 1753  pertencía a Bernardo Alvaredo , tiña unha roda , moía tres meses no ano e producía a renda de   40  reais.

MUIÑO DAS INSUAS.- En San Xoán de Fafián. En 1753  pertencía  a Xoán Pradeda,  capelán de San Domingos   e Santa Mariña da vila de Sárria . Tiña unha roda  , moía 3 meses  e daba un beneficio de   30 reais.

MUIÑO DE LAMACHÍN.-   En San Xulián de Chorente, no lugar do Oural, no arroxo de Sanguñedo. En 1753 era propiedade de Xoán Losada.

MUIÑO DO LAMELO.-  En San Vicenzo de Froián.  En 1753 pertencía a  Xoán González.

MUIÑO DE LAVANDEIRA.-  En San Vicenzo de Froián.  En 1753 pertencía  a Xosé López.

MUIÑO DE LEZOCE.-   En San Salvador do Mato ( 1753 ),

MUIÑO DE  LIER.-   En Santa María de Lier.  En 1753  pertencía a  Domingos da Valiña.

MUIÑO DE LIÑARES ( 1 ),. En San Miguel de Piñeira. En 1753 pertencía  a Estevo Jordrón,. 

MUIÑO DE LIÑARES.   ( 2  ) ..-  En San Miguel de Piñeira. En 1753 pertencía  a Xoán Rigueiro.

 MUIÑO DA LÓNGARA.-  En  San Miguel de  Piñeira. En 1753 pertencía a Bieiti González. 

MUIÑO DE LOURENZO ARES,.  En San Miguel de Goián En 1753 pertencía a Lourenzo Aresm 

MUIÑO DE LOUSADELA.-  En Santo Estevo de Lousadela. En 1753 era dunha soa pedra.

MUIÑO DE LOUSADO.- En San Martiño de Louseiro , no arroxo do Covelo. En 1753  pertencía a  Xosé Fernández. 

MUIÑO DE LOUSAO.-  En San Vicenzo de Betote.  En  1951  era o seu titular  Valentín López Rodríguez.

MUIÑO DE MANÁN,. En San Salvador do Mato. No río Sárria. En 1870 figura no Nomenclátor,

MUIÑO DO MAZADOIRO.-   En San Martiño de Requeixo. No arroxo do Mazadoiro. En 1753 pertencía a Antonio Melle,tiña unha roda, moía tres meses e producía 30 reais.

MUIÑO DE MENDAÑA.- No río Sárria, perto da Ponte Ribeira, sen poder precisar o seu emprazamento. 

MUIÑO DE MIGUEL DÍAZ.-  En San Miguel de Biville.  Tiña unha soa pedra ( 1753 ) 

 MUIÑO DA MÍLLARA.-  En Santa María de Albán.  En 1753 pertencía  a Pedro López Alvared , tiña unha roda e moía tres meses no ano-

MUIÑO DE MIRALDE. -   En Santiago de Barbadelo. En 1753 pertencía a Bernabé Pérez.

MUIÑO DE MON DO CASTRO ( 1  ) .-   En San Martiño de Loureiro. En 1753 pertencía a Francisco López.

MUIÑO DE MON DO CASTRO ( 2 ) .-  En  San Vicenzo de Froián En 1753 pertencía a Pedro e Lourenzo López.

MUIÑO DE MORÁN ( 1 ) .-  En Santa María de Lier. No río Sárria. Era de 2 rodas . En 1753 estaba a pardiñeiro  e o formal pertencía  a Gregorio Lebón.

MUIÑO DE  MORÁN. ( 2 ).-  En Santa María de Lier, No río Sárria.  En 1753 pertencía a  Domingos da Valiña. Moìa seis meses no ano , con dúas rodas  e cada roda producía un beneficio de 4 reais ao día. A renda obtida era 137 reais e 8 maravedis.

MUIÑO DE NABEIRA.-  En San Miguel de Goiá, propiedade da Casa das Quintás Novas. En 1985 era un formal a pardiñeiro 

 MUIÑO DE OUTEIRO.-  En San Sadurniño de Ferreiros. No Arroxo de Ferreiros. En 1753 pertencía a  Xoán González, Aparece no Nomenclátor de 1870.

 MUIÑO DO PACIO..  En San Xulián de Chorente. No  río Celeiro ( medieval río Barbadelo ).  No Nomencátor de 1870 figura como Muiño de Pacios.

MUIÑO DO PACIO.- En Santa María de Corvelle. En 1753 era propiedade de Marco López, presbítero.

MUIÑO DOS PASAIS DO LOIO.-  A carón dos pasais do Río Loio, camiño de Barán. En 1753 era propiedade de  Alonso Sobrad, veciño de Lugo e señor do Pazo do Tumbiadoiro

MUIÑO DE PAULO LÓPEZ.-  En 1753  sinalaba estrema en San Vicenzo de Froián entre o Porto da Veiga  e o Marco de  Pedra Taíde.

MUIÑO DA PENA DA AUGA.-  En Santalla de Arxemil. Na fervenza da Pena da Auga, no Rego de Filgueiras-  En 1753 pertencia a  Domingos e Xoán López.

MUIÑO DE PÉREZ.-  En San Xulián de Chorente. No Rego de Lamachín, en espazo do lugar do Oural ( Novo ).

MUIÑO DO PICO.-  En San Pedro de Maside, no Acivido.

MUIÑO DA PINZA (  ! ).- En San Salvador da Pinza. En 1753 pertencía  a Fernando López.

MUIÑO DA PINZA. ( 2  ) - En San Salvador da Pinza. En 1753  pertencía a a Boeito López,

MUIÑO DA PINZA ( 3 ) .-En San Salvador da Pinza. En 1753 pertencía a  André López.

MUIÑO DA PINZA ( 4  ).- En San Salvador da Pinez. En 1753 pertencía a André López.

MUIÑO DE POMAR.- En San Miguel de Piñeira.- No río Celeiro ( medieval Barbadelo,), perto de Vilela e da Ponte de San Paio

MUIÑO DE PONCALLÓN.- Sinalaba estrema en  San Salvador da Pena ( 1753 ).-

 MUIÑO DA PONTE.- En San Xoán de Fafián- En 1870 figuraba no Nomenclátor.

MUIÑO DA PONTE GRANDE.- En San Xoán de Fafiián. No río Sárria.  En 1753 pertencía á capelanía de San Domingos e Santa Mariña de Sárria, Estaba administrado  polo capelán  Xoán Fernández Pradeda, que o aproveitaba tres meses e obtiña un beneficio  de 30 reais en cada un ano.

 MUIÑO DA PONTE DE SAN PAIO.- - En San Miguel de Piñeira. Xunto da Casa da Ponte.

MUIÑO DOS PONTÓS.-   ( Ou de Gaioso  ou de Entre Pontóns )- En Santiago de Nespereira- A Ermida-

MUIÑO DE PORCELLÓN.- En San Salvador da Pena ( 1753 )

MUIÑO DO PORTO.- En Santa María de Ortoá , no Arroxo do Fondón  ( mrdieval  río Vao, agora rego de Cervos ), En 1753 pertencía a Gregorio Fernández,

 MUIÑO DO PORTO DE CELEIRO.- ( Muiño Celeiro )   Na parroquia de San Pedro de Maside, no río Celeiro ( Arroxo da Ponte da Áspera). En 1753 era  propiedade de Manuel González, 

MUIÑO DO PORTO DA DEVESA.- En Santiago de Barbadelo. En 1753 pertencía  s Xosé Arias  Losada.

MUIÑO DE PRADA.- En San Miguel de Piñeira.  En 1753 pertencía a Xosé López.

MUIÑO DO PRADO.-  En San Sadurniño de Ferreiros. En 1753 pertencía a Bartolomeu López, de Reboredo.

MUIÑO DO PRADO.- En Santiago de Nespereira, no rego de Goille. En 1753  pertencía a Domingos Veiga.

MUIÑO DO PRADO.- En Santa María de Vilamaior ( de Paradela ou da Lobataira ).  En 1753 era propiedade de Tereixa López.

MUIÑO DO PRADO DO MONTE.- En  San Salvador do Mato, no Arroxo do Monte. En 1753 pertencía a  Xosé Neiras.

MUIÑO DO PRADO DE TRAS DO COUTO.- En San Miguel de Piñeira, no rego de Alvaredo. Era de  lourenzo e Bernabé López ( 1825 )

MUIÑO PRESO.- En Santa María de Vilamaior ( de Paradela ou da Lobataira )  En 1753 pertencía a Tereixa López.

MUIÑO DA RAÑOÁ.-  En Santiago de Barbadelo. No río Celeiro ( medieval río Barbadelo ). En 1753 pertencía a Domingos López.

MUIÑO DA REBOLEIRA.-  En San Pedro de Froián.  No Arroxo de Paraxes. En 1753 pertencía  a Xosé López Somoza.

MUIÑO DO RECONCO.-  En Santiago da Veiga.  No río Sárria , tiña dúas rodas. En  1753 pertencía a Pedro Capón de Rubín.

MUIÑO DE REGUNTÍN.-   En San Pedro de Froián,, no Arroxo de Reguntín.  En 1753  pertencía a  Xosé  Losada  e consortes.

MUIÑO DA REXIDOIRA.-  En Santa María de Vilamaior  ( de Paradela ou da Lobataira ) En 1753 pertencía a Alonso  López.

MUIÑO DE RIBADAS.-   En San Miguel de Vilapedre. No " río  de  la Sárria ", era de tres rodas  e o seu dono era   Diego López ( 1753 )

MUIÑO DA RIBEIRA.-  En San Martiño de Loureiro de Froián.  En 1753 pertencía  a Domingos López.

MUIÑO DA RIBEIRA.-   En San Salvador da Pena.No Arroxo de  Sigón. En 1753 pertencía  a Paulo López.

MUIÑO DE RÍO.-  En Santa María da Pena. ( 1753 ).

MUIÑO DO RÍO.- En San Pedro de Maside. Lugar de Río. No rego de Cervos (  medieval río Vao ).

MUIÑO DO RÍO.-  En Santa María de Ortoá.  No Arroxo do Fondón ( medieval río Vao ).  En 1753 pertencía a Bieito López  e Miguel López de Maside, 

MUIÑO DE SACRISTÁN.-  En San Pedro de Maside. Propiedade da Casa Sacristán, 

MUIÑO DE SAN MAMEDE.- En San Salvador da Pinza.   No río Loio, no paraxe de San Mamede, espazo onde estivo o mosteiro medieval de  San Mamede .  En 1009 pertencia a Veremudus Sunilani.

 MUIÑO DE SAN PAIO.-  En San Miguel de Piñeira. No río Celeiro ( medieval río Barbadelo ).  Aparece citado en 1654.  En 1753 pertencía  a Madalena Pérez.

 MUIÑO DE SANTO ANTOLÍN.-  En 1753 era propiedade de Diego da Torre 

MUIÑO DE SANTO ESTEVO.-   En San Pedro de Maside, No Rego de Filgueiras, hoxe Rego do Mato .En 1753 pertencía a María Fernández.

 

Comentarios

Publicacións populares