ANTONIO LÓPEZ VÁZQUEZ , INDUSTRIAL EN MADRID : UN MENOR DE PINTIN ( 800 )

 ANTONIO LÓPEZ VÁZQUEZ, INDUSTRIAL EN  MADRID : UN MENOR DE PINTÍN ( 800 )

Natural do lugar de Pintín de Abaixo, na parroquia de Santo Estevo de Calvor  no ano 1814, cando ese lugar formaba parte da Xurisdicón da  Abadía de Samos, quedando integrado no Concello de Sárria en 1840.

Foi  un dos fillos de DOMINGOS LÓPEZ e CAETANA VÁZQUEZ   e tivo por irmáns  a DOMINGOS,  RAMÓN , MARÍA E XOSÉ LÓPEZ VÁZQUEANTONIO Z

ANTONIO LÓPEZ VÁZQUEZ  estableceuse como comerciante en Madrid , tendo casa na  calle Valverde  28, onde reuniu unha considerable  fortuna.  Foi Cónsul do Tribunal de Comerzo de Madrid. Casou con  Xosefa Peirenet e no tiveron fillos.

Na vila de Sárria adquiriu varios bens:  En 1875 mercoulle  a Manuel López Díaz, aveciñado en Madrid un leiro de dous ferrados  na Lama da Gándara  , outro no " camiño que vai para a Ponte Vella , xunto das " Casetas de Vilariño " e  outro ferrado de soar  xunto da casa de Xoán Puga que se está reconstruindo.

Foi dono dunha casa na estrada  de Nadela a Valdeorras. que en 1885 vendeulla a Xosefa López Méndez, de Madrid, 

                                                            O seu testamento 

En 8 de xaneiro  de 1880 outorgou testamento en Madrid, perante o notario   Román Gil de Mesegos , no que declara ser Cabaleiro Grande Cruz de Isabel la Católica .

* Deixa 600 pesetas para o seu funeral en Madrid,  500 pesetas para o funeral en Calvor , 500 pesetas para misas na igrexa de Santo Estevo de Calvor e outras 500 pesetas  para facer arranxos  no cemiterio des parroquia.

 *  Sinalou 10.000 pesetas para os veciños pobres  de Pintín de Arriba e de Abaixo , con inclusión das casas da Vela  e outras que naquel tempo eran da parroquia de San Martiño de Louseiro.

*  Para seguir loito pola súa morte  deixou 250 pesetas , para darllas a cada criado  e 100 pesetas ao porteiro  Fulxencio Bernal.

* Ao seu administrador Mateu  García mandou  que lle pagasen 250 pesetas   polo seu traballo dun ano.

* Manifesta que era usufrutuario  da " Dehesa de la Torre " en Villasequilla ( Toledo )  da que era dona  Claudia Vizcaya , á que tamén lle tiñan que devolver  67.500 pesetas  que el disfrutaba en  usufruto , garantida cunha casa  que el tiña na calle Gravina 6-

* Deixoulle  7.500 pesetas a Apolinar Rodríguez González . axudante de enxeneiros  en Cangas de Tineo , e á falla deste en usufruto  á súa esposa e despois   aos fillos del. 

* Sinalou 12.500 pesetas para a súa sobriña  Xoaquina Rodríguez, casada en Madrid con Xosé Belloso.

* Á súa afillada  María Luisa Yáñez , filla do sarriao Xoán Yáñez, deixoulle 1.000 pesetas.

* Ao seu sobriño   Anxo Fernández López. fillo da súa irmá Carme, en Madrid. 5000 pesetas.

*  Á sobriña  Carme Fernández López, tamén filla de María, 1.500 pesetas e a renda  de 2 pesetas diarias  mentres vivise.

*  Ao seu sobriño Rodrigo Fernández López, 5.000 pesetas.

*  Á  sobriña  Xosefa  López, filla do seu irmán Domingos . e á filla dela . e ao seu marido Manuel de Reimóndez. 2.000 pesetas  e 1,50 pesetas en renda  diaria.

* Á sobriña Benita, filla de María ,1.500 pesetas e a renda  de unha peseta diaria.

*  Ao irmán Domingos de Pintín . 1 peseta diaria de renda.

* Ás súas curmás  María, Carme  e Rosa Fernández López, residentes en Sárria . 0,50 pesetas  a cada unha de renda diaria 

* A Xosefa López Méndez, irmá  de Francisco, residente na Lama .10 pesetas diarias  mentres vivise.

*  A  Xosefa López Méndez, ademais,  a vivenda que ocupaba  na calle Valverde,  con mobles, servizo de mesa, baterìa de cociña, prata labrada e canto pertencese   ao servizo doméstico, os mobles, roupas  e enseres  cos que el mellorara  a casa de Xosefa López Méndez , en Sárria ;  e declarou que xa os tiña pagos  , e todo o lgado facíao libre de gastos para ela, e  se casasea pensión vitalicia  pasaría á súa sobriña  Eduvixes.

*  Ao seu irmán Xosé López Vázquez  deixoulle 50.000 pesetas para que estudase ao seu fillo Nanuel, e se falecese o Xosé, a metade do legado  para Manuel e a outra metade para os irmáns deste.

* Deixoulle á súa irmá Carme López López, de catro anos e medio, a casa da calle Valverde  28 , e un capital a censo  de 733.333 reais  e 11 maravedis  e un terzo , riba dos Estados de Medinaceli e Priego

                                ************************************ 

Faleceu na vila de Sárria o 22,09,1883 , e foi enterrado  no Cemiterio de Calvor " por vontade do finado"+                     

                                 ***********************************

                                                A  FAMILIA DA CASA DE MENOR  DE PINTÍN                                                                   PARROQUIA DE SANTO ESTEVO DE CALVOR ( SÁRRIA ) 

01.-  DOMINGOS LÓPEZ  casou con CAETANA VÁZQUEZ , e deste matrimonio foron fillos: Domingos López Vázquez, Antonio López Vázquez, Ramón López Vázquez, Marí López Vázquez e Xosé López Vázquez.

DOMINGOS LÓPEZ VÁZQUEZ  casou con XOSEFA DÍAz, de  quen foi fillo Antonio López Díaz-

                                        CASA DE MENOR DE PINTÍN DE ABAIXO 

 ANTONIO LÓPEZ DÍAZ  (  24,10.1849-- + 1,02,1939 ) casou con RAMONA VALCÁRCEL VALCARCEL  e desta unión naceron os seguintes fillos:

1.-  XOSÉ ANTONIO LÓPEZ VALCÁRCEL

02.-  XUSTO LÓPEZ VALCÁRCEL

03.- MANUEL LÓPEZ VALCÁRCEL 

 04.- BASILIO LÓPEZ VALCÁRCEL

05.- HENRIQUE LÓPEZ VALÁRCEL

06.- EMILIA LÓPEZ VALCÁRCEL

07.- CÁNDIDO LÓPEZ VALCÁRCEL

08.-  DORES LÓPEZ VALCÁRCEL

09.- XESÚS LÓPEZ VALCÁRCEL

10.- EUVIXES LÓPEZ VALC+ARCEL

11.-  DOMINGOS LÓPEZ VALCÁRCEL

12.- CONCEPCIÓN LÓPEZ VALCÁRCEL

13,. LUIS LÓPEZ VALCÁRCEL

                                               **************************** 

                                                        MADRID

ANTONIO LÓPEZ VÁZQUEZ casou  con XOSEFA  PEIRENEY, e faleceu en Sárria o22.09.1883, sen deixar descendencia. Foi Cabaleiro Grande Cruz de Isabel la Católica,ç 

                                                  *********************

                                         SANTIAGO DE COMPOSTELA 

  RAMÓN LÓPEZ VÁZQUEZ casou con Xoana Ferreiro Hermida, emparenatda coa familia da petas Rosalía de Castro, e filo deste matrimonio  foi o coengo, escritor e historiador  ANTONIO LÓPEZ FERREIRO.

                                                         ********************* 

                                                                MADRID 

MARÍA LÓPEZ VÁZQUEZ, casou con N.......FERNÁNDEZ de cuxo matrimonio foron fillos   ANXO  FERNÁNDEZ LÓPEZ, RODRIGO FERNÁNDEZ  LÓPEZ, BENITA FERNÁNDEZ LÓPEZ  e  CARME FERNÁNDEZ LÓPEZ-

                                                                 **************

XOSÉ LÓPEZ VÁZQUEZ  casou con..  N....... LÓPEZ , de quem foi fillo MNAUEL LÓPEZ LÓPEZ , ademáis de CARME LÓPEZ LÓPEZ e o utros   

                                                       ...............................................  

( * ) As Casetas de Vilariño na entón chamada estrada de Corvelle, hoxe rúa Diego Pazos, foron unhas casoupas  onde vivían  xentes traballadoras de orixe humilde,   que acabaron dando o nome de Barrio das Casetas ao treito da actual rúa Diego Pazos  na súa parte baixa , até a Pedra Chantada / Cruz de Pradeda , 

 

 

Comentarios

Publicacións populares