SARRIA: PEDREIRAS E CANTEIRAS ( 802 )
SÁRRIA : PEDREIRAS E CANTEIRAS ( 802 )
Xaime Félix López Arias
Hai que ter en conta que o Val de Sárria ven a delimitar cara Leste a zona da pedra pizarrenta e cara Oeste a da pedra granítica, con inclusión dunha franxa de natureza calía que vai por Lóuzara, Triacastela e Vilaesteva de Herdeiros, e outra en terras de Paradela. As pedras arrincadas , ao longo dos séculos, serviron para alzar casas, castros, igrexas, mosteiros, castelos , pontes, presas da chapacuña.... até o tempo no que as novas técnicas de construción introduciron outros xeitos e outros materiais.
Atrás quedan os traballos de pedreiros, canteiros vizcaínos e de Trasmiera, barrosos de Portugal e de Terra de Montes , carreiros ... fixeron realidade grandes e pequenas obras que como herdo recibimos.
PEDREIRAS DA VILA DE SÁRRIA.-
1.- No preguntoiro que baixa cara o río Sárria, onde agora son hortas traseiras das casas nº 20 a 48 da Rúa Maior , para o aproveitamento das pedras coas que se fixeron as casas da vila , arrincaron por varios séculos pedra , quendao memoria no Barrio da Pedreira ou das Pedreiras,
2.- Entre a Corga do Convento e a Rúa Camiño Francés dende as primeiras décadas do século XX fíxose aproveitamento de pedra mol , dando lugar á eliminación do camiño ( Camiño de Santiago ) que baixaba dende a Corga do Convento á Ponte da Áspera. O desmonte fíxose de xeito tan agresivo que para evitar o derrube da Corga do Convento o concello tivo que poñer un murallón de grandes pedras.
3.- Cando se abriu a estrada de Sárria a Baralla e a de Nadela a Valdeorras que ocuparon as hortas das casas do Arrabaldo e da Carreira de Santa Mariña fíxose desmonte que foi aproveitado para obter pedra , sendo unha das obras beneficiada foi á da Casa de Nullán ( Casa do Barrio ), o que faciltiou a conversión de soares para facer casas no actual Cruce do Avenida.
4.- En 1843 a pedra da Torre do Marcado, da Fortaleza de Sárria , foi cedida polo Conde de Lemos ao Concello de Sárria para arranxo das rúas da vila. En 1860 a pedra da cerca e dúas torres da dita fortaleza foi mercada por varias familias podentes de Sárria que a aproveitaron para novas obras nas súaa casas,
5.- Na Rúa Rosalia de Castro nos soares das casas nº 1, 3, 5,7,9 e 11 arrinaron pedra para faceren as casas e tamén para facer as paredes da Horta de Vilaesteva ( soares nº 2,4 e 6 )
6 - Para facer as casas nº 4 da Rúa Matías López e nº 13 de Marqués de Ugena abriron pequenas pedreiras,
Outras canteiras e pedreiras na Terra de Sárria
BETOTE .- Aproveitamenos no Monte de Santa Cristiña. Tivo grande trascendencia a voadura da Pena do Lobo para as obras de restauro do Mosteiro de Samos-
ARXEMIL - No paraxe da Cobeluda , a carón da estrada do Mazadoiro a Escarlán e O Páramo.
FARBÁN.- Aproveitamento en Filloi de pedra pizarrenta entre os anos 1930 e 1950, que deixou de ser arrincada ao pasar a seguirse a consrución con formigón e ladrillo.
BARBADELO.- Canteiras na Ribeira de Cervos e na trincheira de Sorriba. En
PIÑEIRA.- Aproveitamento de pedra arrincada de penas e penedos no Monte Rebordelo.
VILAVERDE .- En San Xulián de Chorente. A partires de 1882 as canteiras , unidas á liña do ferrocarril por un ramal para vagonetas serviu pedra para as pontes , contencións e revestemento de túneis entre O Oural e San Clodio.
SANGUÑEDO.- Aproveitamento de cantarías por membros da Casa de Dosío, postas á venda para facer casas en toda a contorna.
SANTA MARÍA DE VILAR- VALMAO.- Aproveitamento para áridos e bloques e viguetas de formigón pola empresa Zaera, con fábrica na Rúa de Formigueiros.
SAN MARTIÑO DE REQUEIXO . TREILÁN.- No Monte Pequeno. Aproveitamento de granitos para a empesa Zaera ( áridos e bloques e viguetas de fomigón ) con factoría na Rúa de Formigueiros. Houbo aproventamentos de penas e penedos para facer casas, na súa parte do monte de Santa Cristiña.
SAN MARTIÑO DE LOUSEIRO.-
VAL DO MAO.- CANTEIRA DE CADAMONTE,. Aproveitamento de pedra calía para a factoría de Cementos Cosmos en O Oural ( Sárria )-
SANTA CRISTIÑA DO VISO.- CANTEIRA DE BUXÁN .- Aproveitamento de mármores e calias para as empresas Manosa e Calfensa en Pacios de Farbán ( Sárria ).
NA VILA DE SAMOS.- Pasada a ponte do Mosteiro, riba do río Sárria, na marxe dereita da estrada de Samos a Pedrafita foi un dos lugares de aproveitamento de pedra pizarrenta usada para facer casas na contorna. O edificio social de Meigas e Trasgos en Sárria fíxose con pedra procedente desta canteira.
LÓUZARA,. Aproveitamento de pedra calía para a factoría de Cementos Cosmos en O Oural ( Sárria ). Transporte cunha flota de camións. Houbo un proxecto de construcción dunha liña de transporte por funicular que atravesaría varias parroquias de Sárria, Samos e Triacastela.
PARADELA.- Aproveitamento de pedra calía para áridos pola empresa Paradela. Históricamente documentada a existenza de fornos para facer cal.
VILAESTEVA DE HERDEIROS.- Aproveitamento de pedra calía pola empresa Zaera de Sárria. A explotación desta canteira supuxo a afectación dunha cova que anos antes fora explorada por un grupo de mozos sarriaos,
a
LOUSEIRAS
EN BARDAOS
NO MONTE DA MEDA
APROVEITAMENTO DE SEIXOS E CUARCITAS
AREEIRAS
Nos ríos:
En Santa María de Vilar e Vilapedre:
Cando se rematou a estrada de Sárria Portomarín poideron traer a area que se obtiña en Portomarín polos arrastres do río Miño até que a localidade quedou asolagada. Era costume vender a area que estaba en grandes moreas tomando como unidade o ferrado.
Comentarios
Publicar un comentario