OS ESCUDOS DE SÁRRIA ( 842 )
OS ESCUDOS DE SÁRRIA ( 842 )
.....................................................................................................................................................
NUM. 5
XUNTA DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
OS ESCUDOS DE LUGO
POR
Francisco Vázquez Saco
MVSEO PROVINCIAL LVGO
LUGO
IMP. DA DEPUTACIÖN PROVINCIAL
1953
.................................................................................................................................................................
Núm. 5
XUNTA DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
OS ESCUDOS DE SÁRRIA
POR
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO Presidente da Comisión Provincial de Monumentos . Membro de Número da Real Academia Galega , Correspondente da da Historia e Vogal da Xunta do Museo,
*
LUGO IMP. DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL 1953
..............................................................................................................................................................
OS ESCUDOS DE SÁRRIA
Malia aos enrecementos cos que D. Armando Cotarelo estimulaba aos investigadores galegos o ano 1928 para recoller e publicar o material heráldico de Galicia, son polo dagora moi escasas as aportacións dos eruditos ao urxente labor da catalogación nos nosos escudos.
Consérvanse aínda por ventura , moitas pedras brasonadas, conservadas da acción do pico demoledor e das reformas despiadadas que en vellos edificios fidalgos introduciu o gusto moderno.
Os escudos son anacos da vida dos pobos e deberan ser incorporados ao patrimonio destes para evitar lamentables depredacións no tesouro das lembranzas doutras idades, cuxa desaparición mutila un dos capítulos máis suxestivos da historia local.
No noso xa longo peregrinar polas rutas da provincia de Lugo na percura de materiais para a catalogación do románico lucense , fumos tamén reseñando bon número de escudos que brasonan retábulos das igrexas, sepulcros e vellos casares fidalgos.
Por instigación de varios amigos , sae agora este primeiro grupo, baixo os auspicios da Excma, Deputación e Xunta do Museo provincial, que honran unha vez máis inmerecidamente os meus modestos traballos , e ás que fago aquí testemuño do meu máis fondo recoñecemento.
En canto ao patrimonio heráldico da vila de Sárria temos que lamentarmos da desaparición dun bon número de pezas : algunhas retiradas recentemente do seu primitivo empracemento , poden aínda seren salvadas recolléndoas no Museo provincial ; os documentos gráficos que quedan doutros permítennos b a súa catalogación aínda que teñan desaparecido ; dalgunhas só se mantén mención literaria. Prescindindo destas últimas , incluiremos os dous primeiros grupos na nosa relación, co afán de aportar a este modesto ensaio todos os datos que poidan ilustrar este capítulo da historia do noso pobo.
Dúas partes, abrangue pois, o noso traballo , na primeira rexistraremos os escudos aínda existentes , e na segunda os desaparecidos que podemos ilustrar gráficamente. Os debuxos do primeiro apartado foron executados polo R. P Ricardo Sanlés , Comendador dos PP. Mercedarios de Sárria , e polos ilustres artistas Antonio Vázquez Rivas e Agostiño Vázquez Bonome ambosdous vinculados á vila sarriá , aquel por nacemento e este por sangue.
Os da segunda parte están calcadas nos que ilustran un curioso manuscrito a principios do século XVIII polo agostiño P. Mosquera , para reseñar as sepulturas abertas na igrexa conventual da Madalena de Sárria,hoxe dos Padres Mercedarios.
A portada do curioso manuscrito reza así : " LIBRO DE LAS SEPULTURAS ASI DOTADAS COMO POR DOTAR NICHOS Y CAPILLAS QUE TIENE ESTE CONBENTO DE LA MALENA (sic ) DE SARRIA , HIÇOSE SIENDO PRIOR EL Pe PREDor F ANTONIO DE CASTRO Mº DE NOB,s AÑO DE 1705."
Nel cataloganse as sepulturas dos relixiosos , as dos peregrinos a Santiago que morrían no hospital anexo ao Convento da Madalena e as de persoas de destacado releve , das que algunhas acougan en artísticos arcosolios e outras no lastrado baixo de pedras brasonadas, cuxas armas foron legato do P. Mosquera nos inxenuos debuxos que utilizamos.
Cremos superfluo aludirmos á dificultade que para a súa identificación ofrececen moitos brasóns, xa por defectuosa execución de figuras ,, xa pola súa rareza nalgúns casos, xa, en fin, pola ausencia na pedra das indicacións de cores e metaism necesarias para distinguir os apelidos de atributos iguais.
As executorias de nobreza serían un medio eficaz de identificación, mais pereceron moitos arquivos e grande parte das casas brasonadas, pasaron frecuentemente á propiedade de persoas alleas aos fundadores,
...........................................................................................................................................................
I
ESCUDOS EXISTENTES
1
Está grabado riba do arcosolio que encerra os restos do Mestrescola de Ourense, D, Nuno Álvarez de Guitián, aberto no treito recto do ábside da antiga igrexa conventual de Santa María Madalena , no lado da Epístola-
Don Nuno , nado na casa señorial de San Sadurniño de Froián ( Sárria ) , foi insigne benfacedor do Convento da Madalena
Dooulle bens e fixo construir ás súas expensas a capela maior do templo conventual , polo que obtivo da Comunidade os privilexios do padroado que os agostiños combateron teimudamente dende que , en 1643, nomearon Padróns do Convento aos Condes de Lemos.
Aínda en 1775 , D Fadrique Antonio Losada Ribadeneira , dono nese tempo, do couto de San Sadurniño , requeriu xudicialmente aos relixiosos para que cumprisen cos compromisos derivados do Padroado que posúia a liñaxe do Mestescola sobre o Convento . Entre estas obrigaciñons figuraba a asistenza dos relixiosos ás honras e enterro dos señores de San Sadurniño , servizo que parece interrumpiron os agostiños a primeiros do século XVIII, no que un incendio destruiu o pazo señorial e os documentos que se gardaban no seu arquivo.
Na información depoñen doce testemuñas que invariablemente afirman a existenza dos señores de Froián , e das obrigacións anexas ao mesmo , entre elas, a asistenza dos relixiosos aos funerais da casa.
Riba do sepulcro esculpiuse a estatua xacente do Mesterscola , vestido cos ornamentos sacerdotais ; toca a súa cabeza cunha pequena mitra, e sostén coas mans un libro que aperta riba do peito.
En caracteres da época , corre pola frenteira o seguinte epitafio.
AQVI IAZE NVN(O ) ALV(A)R (E)Z DE GVITIA (N ) MAESOESCOELA Q (VE ) FVE DE ORE(N)SE Y MANDO AZER ESTA CAPILLA ANO DE MIL E D. E XI ANOS
O escudo, sen timbrar , é cuartelado en cruz e ostenta , por orde de preferenza, as seguintes armas : un león , seis dados, catro ondas e catro barras.
Presumimos que o león coas ondas representa o brasón dos Balbos, os dados son dos Somoza e as barras, dos Valcárcel.
...............................................................................................................................................................
2
No fragmento do poligono máis de perto do treito recto do ábside , na súa parte norte, ábrese unha preciosa fiestra de estilo manuelino, prezada xoia arquitectónica da igrexa conventual.
Riba dela , e flanqueando o airoso florón esculpido riba do arco que a coroam áchanse dous escudos cos seis roeis dos Castros , grabados se dúbida para selar o Padroazgo dos Condes de Lemos , dacordo coa escritura outorgada o 27 de xullo de 1643.
O documento foi suscrito polo Prioiro Frei Diego de Deza e por D. Pedro Valdivieso, contador maior dos estados de Lemos , no nome de D. Francisco de Castro e Andrade de Lignara e Gatinara, Conde de Lemos e Marqués de Sárria.
Por razón do tal Padroazgo , autorízase ao Conde e a cantos o sucedan nos seus estados e maorazgos para poñer os escudos das súas armas na capela maior do mosteiro, e concédeselles sepultura dentro da capela maior aos Condes , ás súas mulleres e aos seus fillos, excluindo a calqueira outra persoa , a non mediar licenza expresa do Padroazgo.
A Comunidade obrigábase , ademáis, a celebrar tódolos anos honras fúnebres e unha misa cantada polos señores da casa e estado de Lemos , na oitava de defuntos, e todos os sábados unha misa cantada pola intención do Conde actual, e , despois dos seus días , pola súa ánima e as dos seus ascendentes , e " bos sucesos dos seus sucesores".
Os mesmos sufraxios da oitava de defuntos, repetiranse sempre que " sucedese morte dos señores da dita casa e estados".
O día da Nosa Señora das Candeas, o mosteirom en recoñecemento do Padroazgo " daralle á súa excª ou aos seus sucesores achándose presentes, ou ao seu Correxidor que for desta vila e Marquesado de Sárria unha vela de cera branca, polo menos de unha libra".
Todas " as veces que os ditos señores Condes ou señor Marqués de Sárria viñeren de fora ao dito mosteiro , o dito Prioiro e relixiosos haberán de recibir a primeira vez na forma que se acostuma recibir aos grandes señores e padróns de semellantes mosteiros" ( 1 )
( 1 ) Arquivo Notarial de Sárria, Protocolo de D. Antonio Rodríguez, ano 1643, folio 77.
...............................................................................................................................................................
3, 4, 5 e 6
Na Capela do Santo Cristo da mesma igrexa conventual antes da Vera Cruz, ábrese no muro norte con elegante traza o arcosolio que pertenceu á linaxuda familia dos señores do Castelo dos Infantes ( Sárria ).
Tiñan na dita capela os selores de Castelo , ademais deste suntuoso enterramento , outras sepulturas´.
No medio do enlousado " onde se pon o sacerdote para decir misa", como puntualiza gráficamente o manuscrito do Padreb Mosquera , foi enterrada en 20 de xuño de 1752 Dona Constanza de Lemos , señora do Castelo dos Infantes.
Non consta doutros enterramentos , nin sabemos quen ocupa o nicho que non ten estatua nin inscrición ningunha.
O sepulcro cerra co tapa a dúas augas riba da que esculpiron unha grande cruz latina.
Na tapa da fronte hai tres escudos ; un ostenta cinco vieiras en sotuer, que son dos Pimentel ; o do centro leva catro vieiras , postas dúas a dúas, e o da dereita, unha árbore,
O entroncamento da casa do Castelo dos Infantes coa liñaxe da casa de Láncara, explica a presenza das vieiras que se ven tamén nos artísticos escudos que decoran a fachada barroca deste pazo.
O arcosolio finamente decorado , segundo gusto da escola manuelina , remata co clásico pináculo ,a cuxas beiras campean os mesmos brasóns m aínda que en sentido inverso por afán de simetría.
O escudo é simple e ostenta as cinco estacas dos Valcarce , a cruz flordelisada coas cinco vieiras dos Ribadeneira ; un león , que cremos dos Balboa, aínda que fallan as ondas, e os trece roeis dos Lemos.
Todas estas liñaxes mesturan o seu sangue na casa do Castelo dos Infantes.
..............................................................................................................................................................
7 e 8
Comentarios
Publicar un comentario