Festas do San Xoán de Sárria (1932 )

                                 AS FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1932 )

Despois dos ensaios de novos xeitos  feitos  1906 e 1917 , vai ser no ano 1932 cando un  bon número de industriais  e xente moza  da vila de Sárria , tomen riba deles o labor de convertiren as tradicionais festas populares do San Xoán de Sárria  nunha expresión nova , con implantación de  programacións  que se manterán por moito tempo, sendo o aspecto máis  destacable o feito de que se ata entón as festas eran organizadas por ramistas ocasionais xurdidos das clases populares,  dende 1932 van ser homes e rapaces  da burguesía local os que rompendo o esquema vello de verbea,  misa, procisión , paseo de moda, festa e verbea, enriquecerán as celebracións  con actividades deportivas, novas ofertas musicias e mesmo  ensaian unha nova maneira de  achegar fondos .

   No mes de abril formaron unha Comisión Oficial e dirixiron aos viciños  unha petición escrita, con fixazón de cotas para os comerciantes e de aportacións voluntarias para os viciños
                                  .................................................................
   Ao pobo de Sárria:

Mentres noutro pobos de menos importancia  e potencialidade económica que este, se celebran  todos os anos brillantes festexos que, ademáis de proporcionar grato lecer aos seus habitantes , serven de atración do elemento forasteiro, rendido cuantiosos benefizos  aos hoteis, cafés  e comerzo en xeral, neste noso, tan fermoso, non mais dunhas anémicas festas que en Xuño tiñan lugar. Para encher  o seu valeiro, que tanto se deixa sentir , constituiuse  unha " Comisión de Festas" coas elementos que asinan ao pé, á que se propón  celebrar as tradicionais de San Xoan, aínda que dándolles inusitada importanza , que á vez sente precedente para anos vindeiros.

    Con estes festexos, cuxa brillanteza e esplendor dependerán da aportación do pobo en xeral, conseguirase , coa consguinte atración de forasteiros, difundir as incontables  belezas desta Vila,, proporcionando a uns direita e a outros indireitamete , ingresosr moi superiores aos normais, dando ao mesmo tempo maior prestixio ao noso pobo.

         A esta fin, establecéronse para o comerzo tres tipos de cotas: 100, 50 e 25 pesetas, e  no adxunto boletín clasificaranse   coa cota que consideren pertinente ; na intelixenza  de que o doante de 100 pesetas, terá dereito  a un anuncio de plana enteira no programa de festas; o de 50 pesetas, a un de media plana, e o de 25 pesetas, a un de cuarta. Os particulares serviránse facer o mesmo  con cota libre.

      Advírtese ao comerzo e particulares , que na vindeira semana esta Comisión vai pasar a recoller os froitos desta proposición.


                               COMISIÓN   DAS TRADICIONAIS FESTAS DO SAN   XOÁN DE 1932

Presidente: Mario González Zaera ; Tesoureiro, Ricardo Pardo ; Vogais: Nestor González, Antonio Peña Villamarín,  Delfín Yebra, Modesto Pardo, Emilio Zaera Gayoso, Manuel García Pallares, Manuel Castro  , Dalmiro González Zaera , Leopoldo Deibe ,  Eduardo Torres , Casiano Batallón, Xesús Puche,  Xoán Amil,,  Manuel Somoza, Victorino Cabarcos, Xosé Gayoso , Luis Macía e Manuel Saco Rivera.

                                                           Sárria, 20 de abril de 1932

                                                      ................................
BOLETIN DE SUSCRICIÓN

D,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,ofrece para as TRADICIONAIS FESTAS DE SAN XOÁN de 1932, a cota única de pesetas...........................................
                                            Sinatura do doante
     NOTA.- Na vindeira semana, a Comisión terá o gosto de visitalo para recoller este boletín, que será presentado ao cobramento días despois.
                                                                             ( Imprensa Felipe Rodríguez.Porvir 8. Sárria )
.......,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,





Comentarios

Publicacións populares