Convento Mercedario de Sárria

                    NOTAS DO PRIOIRO FREI XOSÉ MARÍA VALLEJO
                                                    SOBRE
               O MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE  SÁRRIA
                                                       E
               A RESTAURACIÓN MERCEDARIA EN SÁRRIA ( 1896-1932)

(Publicadas polo Seminario de Estudos Sarriaos " Francisco Vázquez Saco
III Curso de Historia Comarcal.-  Centro de Educación Permante de Adultos
de Sárria                                                                                   ( abril de 1992)
...................................................................................................................................................................                                             ADRO

      Presentamos  as notas inéditas  que sobre o  Mosteiro  de Santa María Madalena de Sárria e os primeiros 36 anos da Orde da Mercé  en Sárria. , compuxo o prioiro  frei Xosé María Vallejo.

    Certamente non enaden , na súa primeira parte,  nada novo ao coñecemento actual do pasado do mosteiro, froito das publicacións  do Seminario de Estudos Sarriaos nos seus Boletíns.

     Con todo, estas páxinas inéditas , merecen ver a luz, porque os documentos  fanse para seren coñecidos , e en Vallejo temos que destacar a súa moi axeitada interpretación  do pleito cos Señores do Couto de San Sadurniño de Froián, e as axeitadas referenzas documentais.

     Cecais hoxe, con relación á   evolución da igrexa  e o mosteiro teñamos unha visión moito máis clara, pero non podemos deixar de destacar a contribución de Vallejo  ao coñecemento dese pasado, pois este traballo , aínda que inédito , foi tido moi presente por Vázquez Saco ( en realidade as notas  proceden dos seus fondos documentais , amablemnte facilitados para o Arquivo Comarcal polo doutor don Xesús Vázquez Gallego ).  

        Por seguir a Diego Pazos  cae no erro xeralizado de dicir  que a redución  dos agostiños foi pacífica, cando só despois de varios días o prioiro  vitalicio Älvaro Pérez de Sárria, con reservas e intervención mesmo de xente armada, fixo cesión do mosteiro e os seus bens e rendas á Provincia de Castela da Regular Orde de Santo Agostiño, poñendo fin á orde local e autónoma dos Frades da Penitenza dos Benaventurados Mártires de Cristo nos mosteiros madalenos de Sárria e Arzúa. A precipitada leitura de Diego Pazos , corrixida agora polas publicacións do Seminario de Estudos Sarriaos.

    Con relación  á segunda parte das Notas , referida á restauración da vida conventual, priva nela máis a visión personalista e relixiosa , de quen tivo  as vivenzas  dos primeiros anos e conviviu cos sucesivos rexedores da comunidade mercedaria.

   Publicando estas notas , que agardamos poder complementar  con novas referenzas á Orde Mercedaria  en Sárria,que axiña cumplirá  cen anos  da súa presenza  na vila ,  principiamos o estudo  dos últimos 100 anos do convento .

    O  Seminario de Estudos Sarriaos , e o complementario labor do Curso de Historia Comarcal  que se segue no Centro de Educación Permanente de Adultos, fan posible  con estas páxinas  a recuperación  da nosa memoria histórica.
                                                Sárria, 1 de abril de 1992

                                                   Xaime Félix López Arias

*********************************************************************************
          
                                     NOTAS DO PRIOIRO  FREI  XOSÉ MARÍA VALLEJO
                                                        ( versión en galego,por XAFA)

                                                          ANTECEDENTES HISTÓRICOS

    Oscura  .é en verdade  a primitiva fundación  deste  convento da Madalena  de Sárria  para poder determinar con precisión  e claridade as orixes  e primeiro desenvolvemento do mesmo.

    Crese, desde logo, tivo a súa orixe  nunha albergaría que xuntamente con outros dos arredores  dos arredores  ( o antigo Barbatellus e a que parece existiu na parroquia de Goián  ) era destinada para refuxio  dos pelengríns que percorrendo o camiño francés  se dirixían a honraren o sepulcro do Apóstolo en Compostela.

    É moi verosímil o que dí Villa-Amil e Castro, fundado nun protocolo do Prioiro de Sárria Frei Marco Quesada , escrito darredor de mediados do século XVIII, de que a citada alberaría convertiuse moi axiña nun magnífico hospital  destinado ao mesmo obxecto de facilitar  comodidades aos pelengríns ; creuno fundado a primeiros do século XIII por dous relixiosos  italiáns que viñeron en peleriñaxe a Santiago  e quedaron nesta vila  co obxecto de construiren o benéfico establecemento.

     Destes relixiosos que segundo o citado protocolo  vestían hábito branco con unha cruz vermella  como os Trinitarios non teño case a menor dúbida que pertencían a unha das  variadas  e tan distintas  comunidades  de ermitaños de Santo Agostiño , seguindo as normas do Santo Padre, á que hoxe chamamos Orde Agostiniana. Hai que recordar  a este propósito  que a orde dos agostiños  tal e como é coñecida debe a súa orixe á  fusión que mandou facer   das ditas comunidades  de ermitaños  Alexandre IV, movido sen dúbida  polas diverxenzas   que se orixinaban  entre estas  a causa de non terenunha determinada  norma de vida común.  Isto verificouse  nunha asemblea xeral  celebrada en Roma no ano 1256 na que non só se adoptou  a régoa chamada de Santo Agostiño e dotada por Inocencio IV en 1244 , senón tamén  e por imposción do citado Alexandre , o hábito negro  con cinto e capucha.

 Co que levo dito  veño a desbotar  o que sostén  oseñor Amor Meilán  na "Geografía  del Reino de Galicia. Provincia de Lugo", ao admitir que este  convento pertence aos   cabaleiros de Rodas ( dende o século XVIII de Malta ) habitándoo ata mediados de 1550 , data  na que, segundo el o cederon aos ermitaños de Santo Agostiño ); o que aconteceu neses días  explicámolo a continuación..

  Vexamos agora como se desenvolveu  o hospital-mosteiro  fundado  polos dous relixiosos dos que fixemos mención.

   Sábese  que a primeiro do século XIII estaba fundado , e se se quere gozba xa de certa importancia , como , como  o proba unha escritura de empréstimo feita polo bispo don Ordoño a favor de Vidal Pèrez , viciño de Sárria, no ano 1219 , que aparece asinada polo "Comendator  Fernandus Cervarios , Petrus Micael , hopitalarius  ,et Fernandus Petri , frater hospitalis" ,  relixiosos que pertencen ao  convento desta vila ( O que apareza nesta escritura  o nome  de "Comendator" é unha obxeción  a que estes  relixiosos  non foran cabaleiros  de Rodas, pero é claro  que aparecen os agostiños  posuíndoo xa nos séculos XIV e XV , non me fai dubidar  da tese ou opinión que sosteño ).
   O Sr. Diego Pazos  refire na súa historia de Sárria que  nas memorias  do bispo de Lugo D. Miguel , hai unha escritura do ano 1250  da que consta que  neste pobo había un convento de relixiosos  distinguidos co nome  de "Laudantes Deum", cuxo prelado se  titula e chama Fr. Abril.

    Tamén  achamos  mención deste convento  a primeiros do século XIV ,  na sinatura  de Frei Xoán , prioiro de Santa María Madalena de Sárria que aparce asinando  un  aprazamento  que o bispo de Lugo  Don Frei Xoán  fixo a don  Afonso Pérez  e a súa muller dona María. Se aisto se enade  a morte do  Padre Mestre de Novicios  xublilado Frei Agostiño garcía , acaecida neste convento o ano de 1489 , creo que podo concluir  que este relixioso agostiño non era de diferente orde que os citados anteriormente: aqueles coma estes pertencen pois  á orde  de relixiosos Agostiños  coa particularidade  notable  que os deste  Convento de Sárria  , como  tamén entre outros , o de Santa María Madalena de Arzúa    ( máis tarde trasladado a Santiago )  eran dos chamados Conventuais ou claustrais , conservándose independentes  ata que D. Fernando  Velosillo, bispo de Lugo, uniunos coa provincia de Castela en xaneiro de 1568  ( A pesares  dos sucesivos  breves que os  pontífices deran   a instanzas  dos nosos Reis  para desterrar  a vida  claustral , conservándose rstos dabondo, sobre todo en Galicia, ata finais do século XVI ).

    Esta unión ou redución  dos agostiños claustrais , á regular ouserbanza  dos ermitaños de Santo Agostiño levouse acabo  cun ambiente de harmonía  e tranquilidade  grandes, segundo consta  dunha acta importantísima que tomo  do Sr. Diego Pazos  e a continuación trascribo ( * ) :

 "Sábado, tres días  do mes de xaniero , ano do Señor  1568 anos , que foi dia da oitava  de San Xoán Evanxelista , presidindo na Cadeira Apostólica o noso moi  santo padre Pío  papa V e reinando nas Españas o Rei Don Felipe  noso Señor, segundo deste nome, reformouse e fpi reducido á regular  observanza da Orde dos ermitaños  do N.P.S Agostiño , este Mosteiro de Santa María Madalena da Vila de Sárria por mamdado da Súa Santidade  e a Maxestade Real. Tomou  a posesión do dito Monesterio , e o relativo  á regilar ouservanza  o M.R.P.  Frei Diego López, Prioiro de Santo Agostiño de Salamanca en nome do N.M.R.P. Francisco Serrano, Provincial da Provincia de Españ, da ouservanza da dita Orde.  Viñeron xuntamente co padre visitador á redución deste dito Mosteiro , os  reverendos padres , Frei Rosendo de Chaves , que foi o primeiro Prioiro de Ousevantes que houbo  neste dito Mosteiro, e frei Xoán Gutiérrez, Procurador Xeral  da Provincia e Frei Pedro garcía, Frei Atanasio  Rodríguez , Frei Antonio de Valderrama, Frei Martiño de Velasco, Frei García Hernández , Frei Francsco García , frades profesos  da dita orde e ouservanza..

    Foi Deus servido que a redución deste Mosteiro se fixo con tanta paz e tranquilidade , que o memso día  que se tomou a posesión del  díxose o Oficio  Divino no coro  e foi cantada a misa polos relixiosos  que nesta casa había e polos que viñeron  á reformación  con toda conformidade ;  e naquel mesmo día  e dende el en adiante , seguiron toda a Comunidade , así no coro como no refetorio  e as demáis cousas da relixión.

    Asistiron  a entregar  este Mosteiro , e a darlle posesión ao dito Visitador, o moi magnífico  e moi Reverendo  señor o Doutor Antonio López Corujo , coengo de Ourense  e Provisor de Lugo , quen veu  como Xuiz apostólico para o antedito , en nome do Ilmo. e Reverendísimo   señor don Fernando Velosillo , Bispo de Lugo,  e o moi magnífico  Sr. Rodrigo de Yebra, Alcaide da Fortaleza  de Sárria e Meiriño , e Xustiza maior  deste Marquesado , por don Fernando de Castro , Marqués de  Sárria, que aistiu ao susodito ,  por  mandamneto  da Súa Maxestade.

" E despois  do susodito  , en 6 días  do mes de xaneiro do dito ano, que  foi día dos Reis, estando axuntado o convento do dito Mosteiro no coro a campá tanguida , como se acostuma  axuntar aos Relixiosos capitularmente ,  e estando alí presente o dito  Sr. Xuiz apostólico, e Escribano da cuasa, e moitas persoas  seglares reducíronse  da súa propia vontade  á regular ouservanza   da nosa orde, e déronlle a obediencia  ao dito P. Visitador , todos os relixiosos  que estaban, e residían  neste dito Mlosteuo, convén a saber, o P. Frei Álvaro Pérez de Sárria, que fora o Prioiro, e o P. Frei Sebastián da Cervela,  qque fora Vigairo,  e frei Xoán Rosende, frei Alonso de Padriñán, Frei André de Aián, frei Alonso de San Xuliánm frei Xoán Sánchez de Alhaexos, Pregador, frei Miguel de Quiroga, frei Xoán Díaz de Guitián, frei Pedro Sánchez de Orozco, frei Pedro de Vilarrairo, frei Xoán de Abuín, todos sacerdotes e frei  Xoán de Mera , corista e frei Henriquez, leigo ( 1 )
......................................................................................................................................................................
  
 ( 1 ) Aínda que Vallejo recolla esta apreciazón de Diego Pazos , o certo é que a redución fíxose con moita dificultade e con fortes presións , segundo se recolle  na trascrición feita por López Arias, e publicada no Seminario de Estudos Sarriaos ( nº 8 )  e incluidos os datos da forzada extinción da Orde da Penitenza dos Mártires de Cristo ( " Madalenos") no  libro "Santa María Madalena de Sárria " de Xaime Félix López Arias.

......................................................................................................................................................................
 A partires deste suceso temos aos  agostiños de Sárria  formando parte da provincia de Castela e así permeneceron morando no mosteiro ata a exclaustración do ano 1836.

DOAZÓNS  AO MOSTEIRO

     Varias  foron  as doazóns  que obtiveron os relixiosos  deste  , en especial dos Condes de Lemos.
      Poderei citar a concedida no ano 1502  polos citados condes  cuxo título  levaba  neste tempo  D. Rodrigo Enríquez Osorio, en cuxa carta de doazón  feita perante o notario de Lugo Alvar Pérez  comprométese  a pagar en cada un ano 2000 maravedís  na portaxe de Triacastela " con tal condición  qe el ( o prioiro ) e frades do dito Mosteiro  que agora son e serán de aquí endiante para eles ( os frades )  recíbeno por padrón e protetor  en condicións  como se o  dito Sr. Conde  tivera fundado, e dificado e dotado o dito mosteiro, casa, capela maior, igrexa e convento, sen que agora nin en tempo algún, nin por causa  nin por consderación  doutra doazón opulenta e magnífica , e de maior beneficenza por grande nin comparable que sexa , podan recibir nin admitir nin recoñecer por señor da dita igrexa, casa, mosteiro e convento a outra persoa  de calquera calidade que sexa, senón que aínda e en todo  o tempo, para sempre xamais  como dito é terán e recoñecerán  como dende logo recoñecen  baixo do dito beneplácito ao dito Sr. Conde  de Lemos e os seus sucesores  e a cada un na súa vida por únicos padróns  e verdadeiros padróns  "pribatibe" sós e insolidum  que na dita capela Maior   os ditos SSCC poidan poñer estrado e dosel  , ter cadeiras e asentos  para as súas excelenzas  sen que en caso ningún ao seu gosto e vontade , aínda que sexa só por unha hora sen licenza e  vontade  da súa excelenza e os seus sucesores  se poida quitar  nin mudar aínda que sexa  para facer comodid ou festas das que na dita capela maior se fixesen "Item  "que na capela maior  como dito é e vai referido na terceira condición e capitulación  se poidan  sepultar e enterrar  as súas excelenzas e os seus sucesores  fillos e depositalos   na maneira que lles pareza  sen que dentro dela se poida enterrar ninguna outra persoa de calquera calidade  e condición, agás  ás que lle dea licneza  a súa excelenza  e  os sucesores na súa  casa e  maorazgo.

 ( Nesta carta de doazón que teño á vista dase conta do dereito que D. Nuno älvarez de Guitián ten sobre a súa sepultura  ou nicho que fixo  no lado da Epístola  cando ás súas expensas  levantou a capela maior  , como máis adiante hemos dicir máis adiante e é recoñecido como dono " por canto  na capela da dita igrexa ( palabras do documento ) queda coa súa excelenza  na maneira que vai referida , e nela hai un nicho e sepultura  na que está enterrado  Nuno  Álvarez de Guitián , mestrescola  que foi da Santa Igrexa de Ourense, por ter sido benfeitor  do dito Mosteiro e terlle dado hortos, et,, etc. , porque o deixasen enterrar  no nicho de suso referido declárase  que haberá de  estar como está ao de presente no lado da Epístola ).

               O MOSTEIRO E O SEU HOSPITAL VISTO ARQUEOLÓXICAMENTE

   A fábrica do mosteiro é obra realizada a travesó de diversas épocas. O claustro baixo trasportanos a mediddos do século XII ( ? ) polos seus arcos apuntados e sostido por pilastras  de pequena  elevación  e de forma cadrada, facendo oficio de capiteis unhas molduras entre as que hai unha coroa
ou colar de pérolas  cuxa grande magnitude fixo afirmar ao señor Giner Pantoja  nunha entrevista con el neste mosteiro , que probablemente  era obra do século XV.  Esta interesante e atenta observación  é moi mercente de ter en conta  para fixar con certidume a época á que pertence  o claustro. O superior ou claustro alto  é obra de máis eleganza  e esbelteza  non alonxándose máis aló do século XVI. A primeiros  do pasado ( 1806 ) foi tapiado  por non poder soster  o empurre do teito  que facían moi pesado as lousas do Tellado tan común nestas terras.

  Os canteiros, os albaneis  ou quen foron os encargados de facer as obras executáronas  tan despiadadamente   que as súas mans  destrutoras  da pouca maña e menos gosto que eles tiñan.
   O restante do mosteiro foi construido case que todo a finais do XVIII. Os dous pavill´ns  que tan agradable aspeto ofrecen aos viaxeiros do ferrocarril foron levantados sendo bispo o Listrísimo D, Fancsico Armanyá , relixioso que costeou as obras e máis tarde  foi elevado á cadeira arcebispal da súa mesma patria, Tarragona.  Por dúas inscricións  que hai na parte  alta consta que o do Norte foi feito en 1776 e o outro, o da fachada , no 78.

    Os hospitaliños construídos en 1777 non foron o primeiro edificio que  vinculado ao mosteiro, foi adicado aos pelengríns. Cosnta que no citado ano  áinda había  a c arón do convento una casa grande desinada a pelengríns e enefermos  segundo din uns apuntes  que recolleu  sendo aínda novicio o meu irmán de hábito  , o hoxe benemérito e grande pregador R.P. que polo interesante poño aquí: "Na frenteira do que son agora hospitaliños había unha casa grande coa súa capela tarrea e coro alto, e debaixo deste ( dividido da capela con balasutrado  de madeira ), había sitio para as camas  dos pelengríns dabondo capaz ; na dita capela estaba a imaxe de San Roque, en cuxo día se cantaba  alí a misa , e celebrábase  como padrón do dito Hospital, ata que ( segundo parece ) a primeiros deste século ( XVIII )  puxeron a dita imaxe  no altar antigo da Nosa Señora de Graza ,  e proseguiuse celebrando a súa festa  con rito de doble maior e festivo ( como se prosigue en canto a isto último ).
    "Había tamén un cuarto alto para o hospitaleiro , con cociña baixo seperada de este.  Polos anos 1777 fixeron os hospitaliños novos , e obra nova de enfronte quedando o vello sen servizo.; derrubárono o ano de 1786 , e no sitio onde estivera o altar  puxeron o cruceiro de cantaría .  O demáis  da dita casa foi reducido a cortiña , a que ocupaba dende o cubo baixo ata o dito  cruceiro de cantaría  ( non se puxo onde  estaba o mesmo altar, senón a una beira , pois o altar   estaba no medio da testeira )  .No demáis  quedou a Praciña  e camino que está enfronte dos hospitaliños , o mesmo que estaba  a parede do Hospital vello, agás a lápida  ( que o Hospital vello tiña  riba da súa porta  principal ), que está nos Hospitaliños  no medio das dúas portas ).

                                                  A   IGREXA DO CONVENTO

   Tres naves  de reducidas dimensións forman o templo que os frades construiron   a carón do mosteiro. A que comúnmente chamamos  do Santo Cristo parece sexa obra do século XIII, a pesares do seu acentuadísmo  carácter románico, nos séculos XIII e XIV e con mestura de renacemento  no século XVI . A esta nave ou capela  deu acceso durante moito tempo  unha porta , estilo románico de trasnsición, cegada e mutilada  no mesmo ano que o foi o claustro superior. Sixeleza e eleganza  son as dúas características  das citadas porta e caepla cuxos respetivos e  fermosos arcos  están adornados polas xeralizadas puntas de diamante e as imprecindibles pérolas , neste caso tres veces máis pequenas cas do claustro.

    Fermosa tamén e de maiores proporcións  é a capela maior levanatda a expensas  do coengo de Lugo e Mestrescola da Catedral de Ourense D. Nuno Álvarez de Guitián polos anos de 1485, digo polos anos porque non sei a data fixa.. E no que estou certo é en que no  1489  estaba xa construída por ter sido enterrado nela nese ano o Mestre de Novicios frei Agostiño García. como o acredita o extracto do "Libro de las sepulturas, nichos y capillas que tiene este convento de la Magdalena  de Sarria", escrito polo P. Xosé Mosquera, sendo  Priorio o P. Pregador frei Antonio de Castro, ano de 1705 : " En 9 de febrero, di , do ano 1489 morreu o P. Mestre de Novicios  Xubilado  frei Agostiño ´García . Está enterrado na sepultura insinuada" ( refírese á 6ª   da primeira fieira na  Capela Maior, desaparecida hoxde  con todas estas sepulturas porque foi entarimada a igrexa ).  Continúa  dicindo que foi relixioso  de exemplar caridade cos pobres e especialmente cos pelengríns e remata enadindo nunha nota: " Tendo sido abrida  esta referida sepultura para enterrar outro relixioso no ano 76 ( 1776 )  acharon o seu corpo enteiro o o hábito sen perder  cor e san ".

 Don Nuno Álvarez de Guitián  é descendente dos señores do "Coto de San Saturnino en tierra de Froián , sobre el monte Doral" (Couto de San Saduniño en terra de Froián , riba do monte do Oural),
couto que fora outorgado por dona Urraca a Rodrigo Suárez  e á súa muller por grandes servizos prestados.  O pai de don Nuno, Álvar  Díaz de Guitián , casou con María Álvarez Balboa, dona da Casa de Guitián; deste matrimonio naceu  o dito Nuno e o seu irmán Vasco, heredando este último a casa e patrimonio  e Nuno, que era máis novo, seguiu a carreira eclesiástica  , chegando a ser abade da Abeleda no Bispado de Ourense, Mestrescola desta Catedral  e Coengo de Lugo ( Estas novas e algunha máis   que han seguir, tomeinas da árbore xenealóxica dos Señores de San Sadurniño , que xa que eran os ditos documentos  interesantes , puxo ao meu dispor herdeiro dos Señores de Gayoso desta vila ).

   É tradición que Vasco matou ao cura de Guitián, perdendo el e os seus descendentes  por este feito a casa do mesmo nome, o que moveu sen dúbida a Nuno Álvarez  para  dicir  no seu testamento  que fixo o 8 de novembro de 1506 en San Vicenzo de Pinol " O meu Couto de San Sadurniño ao meu sobriño Alvar Díaz, meu sobriño , co que quedaba resarcido este e non perdía a familia a súa posición".

   Don Nuno Álvarez  de Guitián  ao facer a capela maior mandou tamén construir  tamén un nicho no que foi enterrado , segundo reza a inscrición que lida é como segue : " AQUI YACE NUNO ALVAREZ DE GUITIAN  MAESO ESCOELA  QUE FUE DE ORENSE Y MANDO HACER ESTA CAPILLA ANO 1511"

   Houbro dúbidas de se foi ou non enterrado no mencionado nicho. Eu podo confirmar  o que  di o epitafio  cun  documento de  xullo de 1715 no que afirma  ter sido enterrado nel. O mesmo di o que referín atrás nas doazóns do  Conde de Lemos.

   Os frades do  Convento para pagamento da capela e outras doazóns  que lles fixo Nuno comprometeron a súa asistenza  ao enterro dos da  Casa de San Sadurniño  e os seus descendentes .  Así o cumpriron indo o Prioiro e os frades á igrexa  de San Sadurniño  sempre que acontecía   a norte dalgún deles.

    Ao principio do século XVIII  ardeu a casa dos Señores  do Couto e os frades  aproveitaron a ocasión para deixar de asistiren aos enterros  mentres non encontrasen  algún "papel".  Estes arderan  e don Fadrique Antonio Losada  Rivadeneira , dono naquel entón  da xurisdición de San Sadurniño, presentou  una denuncia  contra o Prioiro  e relixiosos do Convento  da Madalena  de Sárria, porque esta comunidade  negábsse  a cumplir coa súa asistenza  aos   enterros  de señores  desta casa  e outras regalías  que expresa lle eran debidas  como padrón do citado Convento , descendentes de Nuno  Álvarez de Guitián, Mestrescola  da Catedral de Ourense,  que como tal Padrón fixera a capela maior do dito convento, onde fora enterrado e estaba o seu nicho e que dotara aquel  con varias rendas para a súa conservación , etc., etc. .  A información   de cada unha das testemuñas   en número de doce , están  acordes  na existenza do Padroado  e obriga dos frades . Dous anos máis tarde  D. Fadrique consegue  que  fose librada una "Paulina"  ao seu favor  para axudar  ao esclarecemento do pleito,  máis non se sabe  o resultado das ditas dilixenzas.
Estas foron as principais  relación  dos frades deste convento con D. Nuno.

                                           RETÁBULOS    E     ALTARES

      Existiron  nesta igrexa varios retáabulos  de recoñecido mérito,  como o que fixo  D. Francisco Moure  ( fillo  do famoso artista do mesmo nome ) en madeira de Nogueira coa figura de San Xosé  de seis cuartas de  alto.  No mesmo  ano de 1639  fixo ademáis dous escudos coas armas  de Santo Agostiño  para o altar maior , por un custe  total ( tallas e escudos )  de 540 reais.  Anos antes , o 17 de xaneiro  de 1628 o pintor viciño de San Cobade , no Concello de Samos, Batasar Rey Terán, concertou coa Comunidade deste convento de Sárria, pintar o retábulo  da Capela Maior  por 5.000 reais. E noutro contrato  habido coa mesma  comunidade  en 13 de maio de 1642 aparece comprometéndose  a pintar e dourar o retábulo de San Xosé  "estofado coas súas teas, brocados, brutescos, dándolle o ser  competente a cada cousa  segundo o pide a arte". Por esa obra pagáronlle  mil eais, mantenza e cama  ( Diccionario  de artistas que florecieron en Galicia  durante  los siglos XVI e XVII, por  don P. Pérez Constanti ).

    Debid o a reformas  e arranxos  non se conserva  case nada  de todo isto. O mesmo retábulo do altar maior  foi transformado  durante o cuatrienio  do Prioiro P. Leitor xubilado  frei Xoán Pumares
(1763-1767 ) que fixo de novo o remate  do retábulo do altar  maior, o camarín e custodia, con toda a gradería , credencia, adorno de colunas e douraron todo o retábulo e retocaron as imaxes dos santos do mesmo altar. Con un pouco de atención  obsérvase  en efecto  como o remate  é posterior ao  restante do retábulo  e como os adornos  das colunas  foron superpostos máis tarde , perdendo  estas a súa sinxeleza  e eleganza  ao  encontrar adxunto ás súas estrías adornos doutro xénero )

....................................................................................................................................................................

(Sobre o Altar Maior de Santa María Madalena de Sárria véxase o documentado traballo de Ricardo Segundo López Méndez  publicado no Boletín do Seminario de Estudos Sarriaos nº 9 )

.......................................................................................................................................................................

   Estas e moitas  cousas fixeron os agostiños  con maior ou menor acerto no seu convento e igrexa  da Madalena de Sárria ata a exclaustración  do ano 1836 no que  tiveron que abandoalo.
.....................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
...................................................................................................................................................................

                                  RESTAURACIÓN  MERCEDARIA DE 1896


                                     R.P. ANTONIO HORTAS ( 1896-1900 )

     Durante un perído de trinta anos un carcereiro  con algús presos  foron os habitantes do conento de Sárria.

     Os mercedarios da Provincia de Castela  , cuxa restauración  comezara varios anos atrás , viron a posibilidade de se estableceren  neste convento , cuxas negociacións levou madiante o M.R.P. Frei Buenaventura  de Boneta , co entón  bisspo de Lugo  Ilmo. Sr. D. Bieito Murúa. Este, previo o consentimento dos Agostiños, ofreceulle o convento coa súa igrexa aos Mercedarios. O Padre Boneta como vigairo provincial  de Casteal, aceptouno e de seguido mandou a este ao R.P. Antonio Hortas e ao irmán de obedeincia Frei Ramón Fernández a prepara  o máis indispensable para a toma de posesión.

O día  2 de agosto de 1896 viñeron de Poio , único convento que tiña a Provincia , quince relixiosos , a saber: tres sacerdotes: RRPP frei Antonio Hortas , natural de Santiago, como superior; frei Pedro Pascual Miguel, natural de Burgos e frei Luis Suárez, de Santiago. Sete estudantes Frei Inocencio López, frei Xoán Iglesias, frei Xoán Salcedo, profesos de votos solemnes; frei Pedro Armengol Fernández, frei Martiño Torres e frei Ricardo Delgado, profesos de simples; frei Xoán María Olleros, noviico; os cinco restantes eran irmáns  leigos: frei Ramón Fernández, profeso, e catro novicios: frei Domingos González, frei Modeesto ..............., frei...........................e frei............................

     Todos eles ledos e dispostos a ofreceren ao Seños os sacrificios que lles impoñería a fundación. Chegaron a  esta vila de Sárria ás sete da tarde do  mesmo día. Na Estación do F.C. foron recibidos con verdadeiro entusiasmo polo pobo de Sárria, que acodira coa banda de música , ata o convento onde lles proporcionaron o necesario.  Non sei como descansarían  aquela noite os recén chegados , mais ao xulgar polos leitos  onde habían de se deitar, é de supoñer que moi mal. ¡ O sacrifizo xa comezaba !.

   O santo  e sabio bispo de Lugo, Doutor Don Bieito Murúa  visitaba ao pouco tempo o convento na compaña do Ilmo. Sr Nuncio da Súa Santidade e outros prelados e como "vira que os nosos relixiosos durmían no chan  riba dunhas humildes pallas preguntou se iso era por régoa  e contestándolle que era por non teren camas  quedou tan edificado  da resinación  de aqueles relixiosos  que axiña foi a Providenza  da nacente comunidade. Tiña a súa compracenza en pasar longas tempadas entre os relixiosos  e éralle moi grato  vir e sorprendernos  ( fala o padre Alberte Barros )  nas horas do recreo, cando os novicios estabamos a traballar de albaneis, pintores , carpinteiros , ocupados na restauración do Convento".

       Estes sacrificios e outros moitos máis que eu coñezo, soportaron os fundadores do noso  Convento, Fiestras, portas, corredores, , claustro, sacristía, coro, refectorio, etc., todo estaba inservible e os súbditos do boísimo P. Antonio foron facendo  e reformando estas cousas con grand´simo interese e constancia levados soamente  do amor a Deus e á súa orde bendia. Mais o Señor que se comprace nos humildosos  quixo premialos nesta vida anticipándolles  algo do que lles daría no ceo.

   Ao amparo do pobo foi desenvolvendo o singular P.  Antonio Hortas a obra restauradora. O seu corazón bondadoso  e amable , o seu espíritu fino e delicioso atraeron as simpatías dos bons e dos maos  , deixando sempre perene  recordo para aqueles que o trataron.

( Hoxe mesmo - 17 de decembro - sentínme  altamente conmovido diante do espectáculo  seguinte: Un sacerdote de aspecto groso, alto, e descoñecido para min , entra na nosa librería en actitude espreitante... mira o retrato do seu padriño de Misa P. Antonio Hortas, diante do que cae de xeonllos por espazo dalgñun tempo. "Perdóneme padre este proceder tan espontáneo  ,- díxome á fin cos ollos empapados en bágoas - ,  eu non podo  conterme diante do amor e bondade deste padre... deste....Santo" ) ¡ Así son queridos os que fan ben !.

   Outro feito importante do Padre Hortas foi o terse encargado da parroquia de San Salvador de Sárria ao acontecer  a morte do que era o seu pàrroco D. Anxo Ferreira. Isto sucedeu  en febreiro do ano 1898. Ao mes xa iniciara o seu labor apostólico de óptimos froitos  coa institución da Adoración Noturna ao Santísmo Sacramento, cuxo número de asociados  creceu rápidamente chegando a contar  ao pouco tempo de ser fundada con 81 adoradores. Cheo de gloria  e méritos  cede o P. Hortas o seu cargo  de comendador ao entón Reverendo e hoxe Ilustrísimo Sr. Bispo de Trebenna....

                                   P. INOCENCIO  LÓPEZ SANTAMARÍA ( 1900-1906)

     En 9 de maio tomou posesión este padre e con grande entusiasmo continuou a obra restauradora do seu predecesor.

      A igrexa víuse moi axiña transformada con un novo piso de madeira quedando en condicións favorables para a comodidade  dos fieis. O teita recibiu tamén nova foram, facéndose en estilo gótico e imitando pedra. Tan grandes foron os desvelos deste santo relixiosos  por coidar a Casa do Señor  que este escolleuno para elevalo á máis alta dinidade  da terra, dende cuxo poidese  exercer  con esplendor  o oficio de Bon Pastor, Sárria chorou  por el como Padre das nosas simpatías.

                                           R.P. PASCUAL MIGUEL  ( 1906-1907 )

      Corto foi o superiorato do Padre Pascual , cuxa toma de posesión tivo lugar o 20 de abril de 1906.

      Emporiso aínda que curto non deixa de ter interese . A súa sinxeleza  e franqueza  consegurion  o corazón do Sr. Bispo de Lugo, Murúa, quen o apreciou  como a un irmán.  Sen dúbida debido a ese cariño  construiu o Sr. Bispo  os cuartos  que levan o seu nome para morar  nelas durante as súas longas ausenzas cos frades.

      Este e todas as persoas de Sárria  sentiron a súa marcha  que tivo  que  se efectuar   a causa de ter sido nomeado  superior de Lagos de Moreno ( México )  a onde se dirixiu en agosto de 1908, acompañado do Padre Xerome Álvarez.

                                            R.P.  NOLASCO GAITE ( 1907-1914 )

      O M.R.P. frei Ramón Sarratosa  nomeou para sustituir  no cargo de  Comendador  ao que foi primeiro Secretario Provincial, R.P. Nolasco Gaite, que tomou posesión o 12 de outubro de 1907. O Padre Gaite  durante 6 anos de superior , soubo  darlle o seu  coroamento á obra da restauración.  Segundo o Libro de Memorias  do Convento , moi detallado por certo nestes anos , vemos como se suceden obras e feitos moi siñificados e importantes . Vaian entre outras a inauguración do Moimneto de Xoves Santo, obra do pintor sevillano D. Ricardo Escribano e os cadors do Venerable Pedro  Nolasco, Sor María  da Santísima Trindade  e os Venerables Schverz e Madalena do Cristo, todos do mesmo pintor.
   Aos poucos meses, o 24 de setmbro de 1908, foron rematadas e inauguradas as obras da portaría , recibidor e refectorio, colocando nestes dous últimos lugares varios cadros do xa  referido pintor R. Escribano . Todas estas obras e moitas máis foron dirixidas polo mestre D. Francisco Cabarcos.

   Non quero tampouco deixar sen mencionar a celebración do primeiro capítulo provincial na nosa provincia  de Castela depois da restauración , que tivo lugar neste convento dende o 30 de abril ata o día 10 do seguinte mes, data na que foi clausurado.

   Tamén  é merecente  contar aquí a visita  das SSMM os Reis de España,  Afonso  XIII e Dª Vitoria  Euxenia, que oiron misa nesta igrexa conventual o 4 de febreiro de 1912, cando se dirixían a Ferrol coa fin de asitiren á botadura do acorazado "España".

    O culto na igrexa  estivo durante estes anos a unha altura inusitada . Amais da grande concorrenza de  fieis , foron presididos moitas veces  polos Ilustrisimos Señores Bispos, Nuncio e Provincial.
   Remata o Padre Gaite o seu sexenio completamente acreditado das súas relevantes dotes de goberno.

                                               R.P. MIGUEL LÓPEZ  ( 1914-1918 )

     O día  6 de agosto  era elixido para Comendador  deste Convento o R.P. Miguel López, meritosísimo relixioso  como se bota de ver  polos diversos cargos que ocupou ata a data.

  Tranquilos en vías de normalidade  desenvolvéronse  os seus catro anos de superiorato , non dando lugar a feitos extraordinario, por estar a restauración do convento , podemos dicir rematada. Feito máis que extraordinario  é en verdade o ter sido amado  e estimado sobremaniera polos seus súbditos que sempre o recordan con cariño.  Debo dicir tamén que na Novena do Sagrado Corazón de Xesús foi a estrea  do alumeado ele`ctrico desta igrexa ( 1916 ).

                                                      R.P. SEVERINO VEGA  (  1918-1921; 1924-1930 )

        Nove anos estivo á fronte  desta Comunidade o venerable Padre Severino Vega, deixando gra que ceeta memoria  nesta vila  pola súa bondade e celo apostólico. Dende o primeiro  momneto da súa elección  comezou a  preparar as festas que para conmemorar  o VII Centenario da fundación da Orde   haberían de se celebrar  neste Convento. Foron , en efecto, solemnes  como pode colexirse  do libro de "Memorias ", Despois da misa ás 12 da noite  do día 2 de agosto , e do solemne tríduo dos díazs 9, 10 e 11 do mesmo mes. No mes seguinte celebrouse  a novena da Nosa Señora "con grande  concurrenza e tomando parte  e tomando parte os máis valiosos  elementos musicais da Capela de Ourense. Na misa  do último día  que celebrou o que suscribe ( P. Guillerme Vázquez ) pregou o Ilmo. Sr. Bispo ( Domine Murúa ), un dos mellores panexíricos que lle temos oído".
   Ao P. Severino  débense tamén , entre outras moitas  cousas,  a adquisición do órgano que hai no coro da igrexa, da horta que hoxe se usa para a divertición dos xoves.

                                                R.P. ANTONIO RODRÍGUEZ ( 1921-1924 )

        O Padre Antonio, de espíritu entusiasta como o que máis , emprende o arranxo do claustro alto, con todo interese, conseguilo velo ao pouco  tempo no estado actual.
        Sostén o culto da igrexa  ao nivel que se viña tendo, sendo de notar especialmente, un grande pulo ás festas do Nadal, que deixaron particular recordo nos frades de Sárria.

                                               R.P. FERNANDO DÍAZ  ( 1930 )

       Viña precedido  o actual Comendador Padre Fernando,  de grandes éxitos alcanados na simpàtica vila de Herencia, durante os seis anos que foi superior daquela casa. Estes triunfos  repetíronsne aquí  no tempo que leva á fronte do noso convento. As súas dotes de oratoria  e excelente organizador facilitáronlle  o bon suceso en todas as súas empresas. El , como todos os demáis que o precederon  no cargo que ocupa, foron insines mantedores da ouservanza regular, fonte de paz e alegría para todos os relixiosos e por iso nós, os xoves , achamos sempre  durante o noso período de formación aquel arelado amor e reverenza á Santa Régoa  e Sagradas Constitucións.
    Teñan pois os uns  e benzóns os outros  por teren contribuiod todos eles, coa axuda do fidalgo  pobo sarriao , á restauración  da provincia de Castela  que hoxe vemos, a Deus grazas, chea de gloria.

      ¡ Abenzoada e loubada sexa a nosa Nai da Mercé  e o seu predileto fillo   o noso  Pai San Pedro Nolasco !

                                         Sárria,  19 de deembro de 1932

                                                      Fr. Xosé Mª Vallejo
                                   





Comentarios

Publicacións populares