ROMAXES DE SAN LOURENZO E SANTO AGOSTIÑO EN SÁRRIA (SÉCULO XVIII )
DÚAS ROMAXES EN SÀRRIA ( SECULO XVIII)
No mes de agsto e no Mosteiro de Santa María Madalena celebraban cultos relixiosos na honra de San Lourenzo e de Santo Agostiño. San Lourenzo tiña altar na capela do seu nome que daba á sancristía e era onde enterraban aos peregrinos que morrían no Hospital e a imaxe de Santo Agostiño estaba no retábulo principal en lugar de honra. Esta imaxe, da autoría de Gregorio Fernández ( pai ) ocupa hoxe a fornela do ático, onde en tempos había un Cristo Crucificado,
Ademais das misas dotadas e as ofrendas os romeiros participaban na festa profana que tiña lugar no Camiño Real, entre o Hospital de San Roque e a Corga do Asno, onde se poñían postos de venda de comidas e os carros dos viñateiros, ao tempo que un gaiteiro acompañaba o baile dos máis mozos.
Estas dúas festas de verán e as de Corpus , o San Xoán e as Pascuas do ano completaban os días de lecer nunha vila na que só había 75 casas.
Comentarios
Publicar un comentario