DENUNCIANDO FALCATRUADAS DOS CACIQUES EN LÁNCARA ( 1922 )
( LA ZARPA, 7 de maio de 1922 )
MOVEMENTO AGRARIO NA POBRA DE SAN XIAO
Cando as xentes chegaban para escoitaren a palabra de redención do pobo galego, o suboficial da garda civil achegouse ao médido D, Pedro González dicíndolle que tiña un telegrama do Gobernador de Lugo, Xosé Csrrrera Romiño, suspendendo o acto cidadán< e que cos sete gardas que tiña ao seu mando ía verse na necesidade de executar o mandato. Nese mesmo momento o camarada Carid , preguntáballe aos organizadores o motivo, Arturo Rivera e Manuel Älvarez ,manifestaronque o alcalde don Xulio Frsnco tiña dado o permiso, pero o día 20 don Xosé Quiriga Espín. irmán do deputado en cortes pola circunscripción D. Xoaquín Quiroga, fora á súa casa amenazándoo coa destitución se concedía a licenza, véndose obrigado a denegalo oficialmente, aínda que como veciño o vía con gusto.
Como os campesiñas tiñan verdadeira ansiedade por escoitar a palabra de un propagandista que lles explicase o contido do programa agrario, seguiron aos oradores ate un pobo de perto onde no medio do maior entusiasmo se celebrou o comicio,,,,,,
Remata a súa intervención o camarda Carid glosando o que acaba de escoitar e dí que non lle era posible crer que Roxelio Álvarex, avogado, Xuiz municipal que leva a administración do Pazo de Láncara , rebaixase o título e o carg, facendo os máis indebidos papeis polo dez por cento que o"señor" lle dá do total das rendas polos traballos do cobro, co enadido da metade dos froitos que produce a finca que hai darredor do despreciabble pazo; cousa triste pensar que un avogado se preste a percurar no pobo sete mozos para que de mañá cedo peten na prta do cuarto onde durme o don Xerardo Bermúdez ( *) os días que ven de Madrid a esta aldea, valéndose da debilidade do señorío que malia os seus anos gustou da vida alegre, de sacar en andias ou padiolas, en "traxe de Adán" a un home o día despois da festa do Carme que se celebra o 13 de xullo, levándoo ate o pazo para exhibilo como acto gracioso ao señorío, para rematar por caer o pobre home no chan, sofrindo ao momento a rotura das dúas íngolas , hernias que lle produciron inutilidade, e observan como ofende a vosa clásica festa interrompendo os vosos bailes campestres pola preferenza de que o señorio ven a danza do cabalo ao que acompaña un criado no campo da festa;; fai indginar ao cidadán máis retrógrado que ha ouservar estes feitos como a supoervivenza do carbón aceso que dentro dun vaso de auga se levaba ao señorío un día en cada un ano ; o ramiño de flores que outro tiña que entregar aos colonos; o célebre pote de papas que seguido da gaita chegaba tamén ao pazono día do Entroido, e en que os donos do dominio útil traíanen brazos do señorío todas estas obrigas establecidas na maioría dos contratos forais "
( * ) XERARDO BERMÚDEZ DE CASTRO ( Xerardo Láncara ) Señor de Láncara , famoso en Madrid pola súa vida desenfadada. Deixou todos os seus bens á Deputación da Coruña ( os pazos de Bergondo e Láncara entre eles)
Comentarios
Publicar un comentario