A DOTE DUNHA MOZA CASADEIRA DO COUSO DE PIÑEIRA ( 1706 )

 O día 31 de xaneiro de 1706 ALONSO LÓPEZ REGUENGA , a súa muller  SABELA LÓPEZ, a irmá celibata CATARINA LÓPEZ, do Couso, e ANXO PÉREZ de Vilagudín, concertaron o casamento de ANDRÉ LÓPEZ  e MARÍA GONZÁLEZ, filla de  PEDRO PÉREZ E DOMINGA LOPEZ.,

A dote prometida a MARÍA GONZÁLEZ DA HERMIDA foi a seguinte:

24 castiñeiros na Ribeira da Mosqueira  en Vilar da Vara ( A Cuvela ) coa súa ouriceira

1 fanega de pan de renda.-  1 tega na Casa de  Roque do Sío e na de Miguel Pérez de Vilagudín en 20 ducados por ela.,

16 tegas de pan, 1 quintal de ferro para labrar en banda.  Medio canado de viño. Unha colmea de mel , cera e entena  de abellas  co seu trobo.

1 touciño. 1 unto mediano. 1 caldeiro de ferro  de porte de unha  fanegs, 1 ucha coa súa pechadura , de madeira de castiñeiro, nova  de porte de 20 tegas.

7 cabezas de gado vacún , de enttre eles un boi manso de carro e arado  de  valor de 100 reais e o demais de dar e tomar.

25 cabezas de gado menor, ovellas e cabras,  de dar  e tomar.. 

Unha cama de roupa de a tres pezas, 3 sabas,  3 almofadas  de lenzo, 3 cabezais de estopa coa súa pruma, 3 mantas de saial galego novas.

Un ferrado de liñaza, 3 meas ou marañas de liño.

E ela  vestida de 2 vestidos  que se compoñen de dúas saias,  de pano, novas e dous mantelos de pano de Segovia novos e un cinguideiro  do mesmo, novo, e a roupa que ela tivese  de cada día,

Catarina  López  dalle ao seu sobriño André López a metade dos seus dereitos  e noméao por herdeiro universal seu.

Testemuñas ; Antonio López,  André López e  Xoán López, veciños do Couso, parroquia de San Miguel de Piñeira, na parte da Xurisdición de Samos.

.............................................................................................................................................................  

Moitas veces as amplas e xenerosas dotes prometidas , no desexo de que a moza matrimoniase,, non se  entregaba nos prazos sinalados, ou só entregaban parte dos bens, dando lugar a pleitos entre cuñados ou consogros, rematados en moitos casos con rebaixas.

Unha modalidade de dote  era a concedida por cregos a algunha das súas sobriñas, creando vínculo e con moi xenerosas aportacións.

Comentarios

Publicacións populares