FRADE DA MADALENA DE SÁRRIA FUXE DO CONVENTO ( 1834 )
O IRMÁN LEIFO XOÁN MUÑAGORRI FUXE DO CONVENTO
Sárria, 15 de outubro de 1834
ALCALDÍA MAIOR DE SÁRRIA
O Padre Prioiro do Convento de Santo Agostiño desta vila dame parte con data de onte, de que achándose a formar ao Irmán leigo Frei Xoán Muñagorri , fuxiu na alta noite da cela e prisión na que estaba en traxe seglar e con capa; o que comunicaba para evitar que ande moito tempo fugado e cecais se incorpore a algunha gabela de faciosos-
Determinei pois, dirixir a Vostede este oficio cos sinais do fuxido, para que Vostede se sirva insertalo no Boletín oficial, e chegando por este medio a nova a todas as Autoridades , poidan arrestalo en calquera parte onde el se ache , e dirixilo ao dispor do seu Perlado, sen prexuizo de procederen contra el polos actos da súa conduta, que así o preparenna maneira que prevén as leis e bandos de Policía.
Deus garde a Vostede moitos anos-
XOÁN DE MATA ALVARADO
SINAIS DO FUXIDO.- -É navarro, edade 28 anos, maior de 5 pés , pelo castaño escuro, nariz regular, peluxe abondoso polas mans, unha cicatriz nunha delas. Viste pantalón gris, chaqueta negra, botas, capa con colo volto de veludo
( Boletín Oficial de Lugo)
Comentarios
Publicar un comentario