SANTUARIO DA VIRXE DOS REMEDIOS: SÁRRIA
EN 1935 FOI INAUGURADA A NOVA ERMIDA E FÍXOSE A ENTRONIZACIÓN DA NOVA IMAXE CUNHA CELEBRACIÓN ESPECIAL OS DÍA 7,8, 9 E 10 DE SETEMBRO
"ALBORADA.DIARIO DE GALICIA ", ( Lugo . 7.09-1935 )
" Os días 7, 8 , 9 e 10 do corrente celebraránse na ermida dos Remedios, pero desta vila ,as tradicionais festas na honra da Santísima Virxe, cuxo nome leva o santuario-
Estes festexos revestiron extraordinario esplendor , por causa da inauguración do NOVO TEMPLO , construído por suscrición popular despois do salvaxe incendio que o reduciu a cinsas . Tamén se celebrará a benzón dunha fermosísima imaxe , notable escultura debida ao delicado buril do artista Melchor Teys, que está merecer os máis calorosos eloxios.
Hoxe 7 , celebraranse misas toda a mañá , e un acto fúnebre polo eterno descanso dos defuntos daqueles que contribuiron á construción do novo templo., adquisición da imaxe, etc.
O domingo haberá misas toda a mañá e ás once solemne con procisión e sermón a cargo do doutor don Miguel Novoa Fuentes, cuxas dotes oratorias son de todos coñecidas , polo que non é mester eloxialas. Terá lugar pola tarde a característica romaría , que sempre está moi concorrida.
Unha nota especial é a das merendas que se forman naqueles fermosos paraxes .
Son infinidade as familias que acoden ao "Alto" ( como vulgarmente se lle chama a Os Remedios) e que, depois de atender con devoción extraordinaria , aos actos relixiosos desfrutan das delicias do lugar " ( Correspondente )
ENTREGA DA NOVA IMAXE DA VIRXE DOS REMEDIOS E BENZÓN DO NOVO ALTAR MAIOR DA ERMIDA DOS REMEDIOS , NO ALTO DE CESÁR, EN SÁRRIA
"ALBORADA, DIARIO DE GALICIA", ( Lugo, 8-09.1935 )
ENTREGA DUNHA IMAXE
Como anunciabamos no noso número de onte, celebrouse con toda a solemnidade a entrega na ermida dos Remedios da fermosísima imaxe esculpida polo grande artista Melchor Teys para sustituir a que había no santuario, que perto desta vila leva o seu nome, queimaron os salvaxes herdeiros do vandalismo do funesto 11 de maio de 1931.
De Sárria sairon infinidade de fieis m acompañando a nova imaxe da Raíña dos Anxos , facendo a longa viaxe uns a pé e outros en automóbil.
Ao chegaren ao santuario e mentres as campá recibían á nova imaxe cos vivas da súa metálica voz. os fieis entoaron cánticos de loubanza. Foi un momento verdadeiramente emocionante.
De seguido celebrouse no reconstruído e ampliado sagrado recinto, varias misas e un funeral , este aplicado polo eterno descanso daqueles que precederon no sinal da fe , aos que nunha ou noutra maneira contribuiron á recostrución do templo, adquisición da nova imaxe, etc.
Temos que facer constar os caloroso eloxios que mereceu a imaxe, e facéndonos eco do sentir dos numerosos admiradores da escultura , enviamos ao señor Teys a nosa sincera felicitación pola arte depuradìsima demostrada no seu traballo, así como aos iniciadores da adquiisción que sen regatearen sacrifizos se esforzaron para que a obra fose merecente do espléndido trono que ten preparado e da fe dos veciños de Sárria-
Tamén temos que facer resaltar a nosa felicitación ao artista creador do ALTAR MAIOR do recostruído e ampliado templo, verdadeira obra de arte, así como a todos aquelñs que ademais dos esforzos anteriores para realización destas obras non repararon hoxe en sacrifizos para que a casa e o culto do verdadeiro Deus estivese ben atendido" ( Correspondente )
MELCIOR TEYS I CUCURULL, MESTRE ESCULTOR , DE ARENYS DE MAR ( CATALUNYA)
Non coñecemos máis datos encol da persoalidade e obra do escultor a quen se debe a imaxe que se venera na ermida dos Remedios, do Alto de Cesár ( Sárria ), fora do contido da esquela que recolle a súa morte e enterramento en Pins del Vallés, obtida en "La Vanguardia", de 17.02.1938.
......................................................................................................................................................................
MELCIOR TEYS Y CUCURULL
FILL DE ARENYS DE MAR
MESTRE ESCULTOR
ha mort a l ' edat de 67 anys
E.P.R.
Els qui el ploren : esposa Francesca Lluch; filles;Josepa i Beatriz, gendre, net. cugnats i cunyades, nebots, cosins . demés familie, la CASA FRANCESC NOGUES , en assebantar als seus amics y coneguts tan irreparable pérdua, els prguen un pietós record.
L ' enterrament tindrá efecte avui , dia 17, al Cementeri de Pins del Vallés . El dol s ' organizará a dos quarts d ' onze a l' Estació de Pins del Vallés per acompanyer el cadaver a la seva derradera estada.
NO ES CONVIDA PARTICULARMENT
...................................................................................................................................................................
Para xeral recordación de quen foi o autor da venerada imaxe da Virxe dos Remedios e da súa obra haberá que encher a orfadade de datos con novas averiguacións, o mesmo que haberá que dirixir outras para coñecer a persoaliade do entallador que fixo o novo altar maior estreado en 1935.
Comentarios
Publicar un comentario