PÉROLAS EDILICIAS EN SÁRRIA
CONCELLEIROS SARRIAOS ESBARDALLANTES
Cando nas décadas finais do século XIX se tratou de crear escolas nas parroquias rurais os munícipes sarriaos amosaron a súa firme oposición ao proxecto porque non se podería correr cos gastos ...... E até forzaron unha manifestación diante da Casa Consistorial para impedir a ampliación do número de escolas... e conseguiron o seu popósito.... por décadas só houbo unha escola de nenos e outra de nenas na Vila, a escola de padroado de Mondín ( Lier ) e catro escolas temporais ( só funcionaban uns meses ao ano) no medio rural.... E até perto de 1930 Sárria foi un ermo cultural.
No tempo da Ditadura de Primo de Ribera a entrada e saída de concelleiros ( nomeados gubernativamente e mesmo habendo un elevado número de suplentes ) estaba á orde do día e non se involucraban en solucionar problemas..... en varias sesións o tema máis debatido foi que se ía facer co esterco producido e a palla sobrante da cabaleriza que por algún tempo acollera o cabalo da parada oficial creada na vila.
Un concelleiro sarriao, licenciado en químicas, cando se falou de facer unha casa-escola no Oural opúxose porque segundo el era un gasto innecesario.... e non houbo edificio escolar até que Cementos do Noroeste creou unha de padroado.
No tempo do alcalde Xesús Vázquez Rivas, e motivado este pola presión dos mozos da vila que esixían que a vila tivese un campo de fúbol, e como a Garda Civil rexeitara un soar que para facer cuartel se lle ofrecera nas Insuas, beira do río Celeiro, o primeiro edil presentou no pleno a proposta de destinar ese terreo a campo de deportes. ... Un concelleiro de polido bigode pedíu a palabra e presentou a súa: :"Señor alcalde, propoño que nese terreo se sementen patacas...." E ficou tan pancho.
Poucos anos despois de que a vila de Sárria fixese estrea da primeira traída de augas e das fontes publicas distribuidas por rúas e prazas, houbo a proposta de que no Campo da Feira se instalase unha fonte e unha pía grande para que o gado levado polos feirantes poidese beber.....Non se chegou a dar ese servizo. O máis firme opositor ( sempre se opoñia a todas as propostas ) foi un concelleiro de Rubín, que era perito agrícola,,, Non hai peor cuña ca da mesma madeira.
Cando se alzaron os edificios da Concentración Escolar e a Escola Fogar a maioría dos concelleiros opuxose a que o Concello fixese o necesario para dotar o complexo escolar dos servizos de auga, luz e alcantarillado,,,, porque soster esa dotación ía causar a ruína municipal. Iso demorou as obras, produciuse a quebra da empresa... e antes de abrir as aulas, varios anos despois, houbo que retirsr o tellado e facer outro novo.....
Comentarios
Publicar un comentario