TROITAS DO RÍO SÁRRIA

 AS TROITAS  BICAIS DO RÍO SÁRRIA

O Padre Martín Sarmiento , na súa "Obra de 600 pregos:de historia natural e de todo xénero de erudición. Volume  2 ", recolle a seguinte información , referida  a unha especie de troitas, propia do río Sárria:

(  2704 ) " De Castela, Asturias e doutras partes transe  a Madrid  barrís de troitas escabechadas, ou para vender ou de regalo. ¿ E por que non se poderán traer  do centro de Galicia onde hai abundancia de troitas e onde hai dabondo "troitas bicais" ?. Cría eu que só chegaban a  seren  "bicais" as troitas  vellas ou moi medradas. Hoxe  informoume un castelán  que estivo  máis dun ano nas abas occidentais do Cebreiro e onde viu e comeu moitas veces troitiñas pequenas e que todas tiñan o bico- Con isto convenceuse de que a troita bical era troita de caste e especie diversa. Eu inclinome ao dictame, porque el nin viu troitas bicais en Castela, nin os libros tratan desas troitas.

O RIO SÁRRIA é  o que abonda das ditas troitas bicais. Sería razón que un curioso fixese exacta e  individual descrición  dunha grande troita bical e doutra troita bical pequeniña".




Comentarios

Publicacións populares