ENTERRO DA SARDIÑA ( SÁRRIA 1933 )
ESQUELA DO ENTERRO DA SARDIÑA ( SÁRRIA 1993)
XAFA
DONA SARDIÑA PELERIÑA
( Viuva de Botafumeiro)
( especie especialmente protexida )
Finou en Sárria o 23 de febreiro , víctima de accidente de circulación nunha estrada en ancheamento, despois de ter recibido promesas de subvención plenaria
R.I.P.
O seu director espiritual,Rvdo, P. Bento Calmo; fillos, Perico Tragaleguas,Anton Cicloturista, Bértalo Motorizado, Turista Despistado e Martiño Pedicha: irmáns, irmáns políticos, netos, sobriños e demais familia ( que é moi longa e toda ela adaptada á tipoloxía da zona ), rogan a tódolos sarriaos que choren por ela, e lles fagan compaña nos actos de traslado do seu corpo , que dará comezo ás 8 da tarde no Cruce da Estación , e tamén na incineración da interfeuta e aventamento das súas cinzas, na Praia do Chanto, actos que terán lugar o 24 de febreiro de 1993.
Sárria, Antroido do 1993
NOTA.- Servicio de autobuses.-Un pola rota do Norte, ás sete e pico, outro polo Camiño Vell, ás vintetrés; outro máis polo Camiño Inglés, co ramal ó de Fisterra , ás quince, outro máis polo Camiño Portugués ás cinco, e aínda outro máis que pasará pola Costa de Fafián, cando lle pete ( Máis información en Axencias de Viaxes ).
Está pendente de resolución o expediente de concesión de rebaixes especiais no imposto de actividades económicas , para os asistentes que leven fachos acesos,
Conforme ás disposicións da Dirección Xeral de Patristica e Estilismo, o ataúde está homologado dacordo coa tipoloxía da zona.
Comentarios
Publicar un comentario