SAN SALVADOR DE SARRIA : IMAXINERÍA , CULTO E DEVOCIÓNS POPULARES

      AS IMAXES  RELIXIOSAS NA IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA

A igrexa de San Salvador de Sárria ( nos seus primeiros tempos coñecida como San Salvador da Vilanova de Sárria), é unha das tres parroquias católicas existentes na vila de Sárria , e  foi erixida nas primeiras décadas do século XIII. Do mesmo tempo foi a creación da parroquia de Santa Mariña de Sárria, cuxa primeira igrexa, románica, foi derrubada en 1883, para alzar a igrexa nova debida á testamentaría  de don Xoán María López de Almance. A terceira das igrexas parroquiais é a da Nosa Señora do Rosario, destinada ao culto no ano 1991.

A igrexa de San Salvador de Sárria está situada no espazo coñecido como Cima de Vila, baixo da antiga Fortaleza de Sárria, no comezo da actual Rúa Maior, e fronte do antigo Hospital de Santo Antón Abade , onde eran acollidos os peregrinos que voltaban de Santiago e eran portadores da "compostela".

Perto da igrexa estaba a vella Fonte de San Salvador ( mudada de sitio en 1860), de onde  se derivaban dúas calexas: Unha que pola rúa abaixo seguía pola Ruela de San Lázaro ate o Prado Grande e O Campiño, e a outra pasando polo adro  baixaba cara os barredos de riba de Casteledo.

Dentro da igrexa  facían  os enterramentos dos fregueses  e os das familias principais  tiñan foxas dotadas en lugares destacados ( presbiterios ou pé dos altares ). A partir de 1820 os enterramentos pasaron a facerse no espazo existente ao sur da sancristía, e máis adiante fixéronse no cemiterio de San Marco , até que o Concello  promoveu o da Cortiña ou Barredo do Pombal, fronte do Mosteiro da Madalena , onde se mantén , sendo obxecto de varias ampliacións nos últimos cento cincuenta anos.

A igrexa parroquial ( que non capela , como a califican algúns individuos ignorantes da súa historia de máis de 800 anos ) acolleu bauismos, vodas, enterramentos e funcións relixiosas varias ( primeiras comuñóns, novenas, triduos, misas rezadas, misas cantadas ) , así como festas e procisións, nas que participaron devotamente  as vinte e cinco familias que até 1891 formaron a freguesía . que viu incrementado o número de fieis coa incorporación de casas alazadas en espazos segregados das parroquias de San Pedro de Maside e San Martiño de Requeixo.

As devocións dos fregueses foron mudando a traveso do tempo, e iso imos velo  seguindo a enumeración dos diferentes altares  no templo instalados dende o século XVI até os nosos días:

OS ALTARES DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA  ATÉ FINAIS DO SÉCULO XIX

ALTAR  MAIOR ( no presbiterio )

Fornela central: SAN SALVADOR. Fornelas laterais: SAN XOÁN EVANXELISTA. SANTO ANTONIO DE PADUA

ALTAR LATERAL ( 1 )

Fornela central:  SANTA MARÍA-. Fornelas laterais: NOSA SEÑORA DA VISITACIÓN. SANTA CATARINA

ALTAR LATERAL ( 2 )

Fornela central.: NOSA SEÑORA DA CONCEPCIÓN. Fornelas laterais: SAN MIGUEL. SAN XOÁN BAUTISTA.

Das nove imaxes de bulto ás que se lles daba culkto , tres delas eran advocacións marianas.

As imaxes de San Miguel e San Xoán, da autoría do entallador sarriao Gozalvo Álvarez  son as únicas que se conservan procedentes dos desaparecidos altares, e consérvanse no pequeno museu do Convento da Mercé.

OS ALTARES  DA IGREXA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA NO TEMPO DO ECONOMATO SERVIDO POLOS RELIXIOSOS  DA ORDE DA MERCÉ

Falecido  o derradeiro párroco  de San Salvador ( Anxo Ferreira ) o Bispado de Lugo encomedou o coidado das parroquias de San Salvador de Sárria ( á que se uniu a suprimida de San Martiño de Requeixo ) e de Santiago de Farbán, que pasou a ser serviuda por Ecónomos mercedarios ( en moitos casos eran os comedadores ou superiores da congregación local ).

Os mercedarios fixeron obras de transformación e reforma do templo, suprimindo os vellos altares, e retiraron todas as imaxes "históricas " , que foron substituidas por outras "modernas ", en algúns caso froito de doazóns piadosas de freguesed membros de familias podentes.

ALTAR MAIOR ( No presbiterio )

Presidida por unha imaxe do Divino Salvador,  custodiada por dous Anxos con fachos con luz eléctrica.

Instalaron ademáis un púlpito para pregadores  e unha reixa  ( comulgatorio con canceliña central ) de separación do presbiterio.

                                                  ALTAR LATERAL ( 1 )

Fornela central:  Imaxe da MEDALLA DA VIRXE MIRAGROSA Fornelas laterais: SANTO ANTONIO. SAN XOSE

                                                ALTAR LATERAL ( 2)

Dentro  dunha  imitación de cova, feita de cortizo, unha imaxe da VIRXE DE LOURDES, cunha representación en miniatura de BERNARDETTE SOUBIROUS 

( A profunda renovación  dos altares e advocacións ofrecidas para o culto aos fieis intoduciu  as imaxes  da Virxe Milagrosa e a Virxe de Lourdes, que a finais do século XIX entraron con forza  nas  devocións populares , potenciadas con agrupacións de fieis, especialmente mulleres, que organizaban novenas na súa honra para o que recollían esmolas, levando o culto até as casas coas capeliñas  da "Visita Domiciliar")

Nos muros laterais instalaron  14 cadros  coas estación do Via Crucis. Baixo da escadeira da tribuna foi instalada a pía bautismal , de mármore  branca.

SUPRESIÓN DOS ALTARES  E REMODELACIÓN INTERIOR DA IGREXA SEGUINDO  AS DIRECTRICES  EMANADAS DO CONCILIO VATICANO II

Ao ser suprimidos os tres  altares , as imaxes foron situadas riba de soportes pétreos colocados nos muros laterais, e no presbiterio puxose un altar de pedra, e o sagrario pasou a ocupar  lugar destacado no ouso

Tamén  foi retirado o púlpito , eliminaron a  tribuna e a súa escadeira e a escadeira interior  de subida á espadana das campás, sustituida por unhas pezas de ferro incrustadas  no muro dereito  do templo .

A pía bautismal de  mármore foi  sustituida por unha de pedra, que se colocou no presbiterio, e que é unha das antigas  pías da auga bendita da igrexa de Santa María Madalena. 

                                                    Distribución das imaxes

NO PRESBITERIO. Pendurada do arco da bóveda  está  a imaxe do SANTO CRISTO

NO MURO DA ESQUERDA. Imaxes do DIVINO SALVADOR,  VIRXE MILAGROSA, VIRXE DO PILAR

NO MURO  DA DEREITA. Imaxes da VIRXE DE LOURDES, SAN XOSÉ e SANTO ANTONIO DE PADUA

A imaxe da VIRXE DO PILAR foi regalada por un garda civil do posto de Sárria.

 ..........................................................................................................................................................................

CAPELA DE VILARIÑO ( CAPELA DE SANTA CATARINA).- Creada e dotada na igrexa  de San Salvador , con altar propio, e vencellada ao arcediago de Sárria.

CAPELA DE  SANTO ANTÓN ABADE.-Vencellada ao Hospital de Santo Antón,coa obriga de enterramento dos peregrinos que falecesen no Hospital.

En momento indeterminado  a devoción a Santo Antón Abade foi sustituida pola de Santo Antonio de Padua.

........................................................................................................................................................................

                    CULTO E DEVOCIÓNS  NA IGREXA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA

 O culto e a devoción dos fieis  ao longo dos séculos foise manifestando  en diversas maneiras, con pràcticas individuais e colectivas, que co tempo foron variando , e que conformababan sensibilidades  e  actitudes sociais  .

Ao longo do Ano Litúrxico  a igrexa parroquial de San Salvador de Sárria acollía misas ordinarias , polas mañás, e o rezo do Rosario, no serán. Misas aniversarias dotadas con rendas , Misas Cantadas , Misas de funeración e cabos de ano. A Misa dominical tiña un especial siñificado é era de obrigada asistenza para nenos  e maiores, agás aqueles doentes ou imposibilitados de se desprazaren ao templo.

Até pasado o ano 1960 mantívose a obriga de que os mestres da vila concorresen á misa dominical  acompañados dos seus escolantes, e así se mantivo o costume  na parroquia de San Salvador, e os nenos da Escola nº 1  agardaban a don Domingos Saavedra nas Escolas Publicas e subían con el até a igrexa   para asistiren á misa das 10.

                                            EXERCIZO DOS SACRAMENTOS

                                                           BAUTISMO

A pía bautismal posta no interior do templo no xéculo XIII mantívose até que os PP Mercedarios fixeron o arranxo  dos primeiros anos do século XX, cando colocaton unha pía de mármore branco.Da  pía medieval  non se garda memoria, nin hai imaxes dela, e non se coñece o destino que lle deron.

A pía marmórea estivo  activa até o tempo da eliminación da tribuna e da súa escadeira.

No presbiterio está na actualidade a pía bautismal.

Dende a consagración do templo parroquial todos os infantes nados na parroquia foron bautizados   nas sucesivas pías , agás no tempo en que estivo desacralizada  por estar adicada a fortín militar.

Cando se bautizaban os infantes, a garulaxe  da parroquia achegábse  ao adro para seguir a cerimonia, e cando rematada a cerimonia saían para a rúa era costume que os padriños  tirasen caramelos e moedas de calderilla que os pequenos  pillaban á rapañota, e se non eran moi xenerosos tiñan que escotar  aquelo de "Padriño roñón, tira o pequeno polo balcón".

 No Arquivo Diocesano de Lugo consérvanse os Libros de Bautismos a partir do século XVII, e os máis recentes forman parte do Arquivo parroquial

                                             PURIFICACIÓN DAS NAIS PARTURENTAS

O rito  da presentación de criaturas nadas e purificación das nais despois do parto consistía nunha cerimonia que comezaba no pórtico principal da igrexa, sendo recibidos polo sacerdote a nai e o fillo, e ela tiña que ofrcer unha candea, ao tempo que se recitaban oracións que se facián bendicións  para"limpala de toda culpa" , porque dalgún xeito o feito da concepción e o parto eran considerados  pecadentos e as mulleres tiñan que ser obxecto de purificación.

                                                                     COMUÑÓN

 A PRIMEIRA COMUÑÓN.-  A primeira comuñón dos nenos e nenas era unha ocasión festiva  para eles e as súas familias, e até os anos 1960 soían recibila  cando entraban no "uso de razón" ( darredor dos 7 ou 8 anos ), previa preparación do coñecemento do Catecismo ( A Doutrina ) con memorización do seu contido  , sendo moi utilizado o do Padre Astete, e deprendíano "cantando" as preguntas e respostas  e as oracións . Até o século XIX os párrocos eran os encargados de formar aos nenos e nenas nos rudimentos  da doctrina cristiá, e onde había Escola de Primeiras Letras, os mestres estaban obrigados a ensinar  o catecismo ,  só se admitían os neocomungantes cando sometidos a exame polo párroco  este consideraba que estaban "aduros" para recibir o sacramento.

CATECISMO MERCEDARIO.- Cando os Padres Mercedarios se encargaron das parroquia de San Salvador de Sárria e Santiago de Farbán, o catecismo seguiu  estando ao coidado dos mestres e mestras, e os domingos  reunían no Convento aos nenos e nenas  dos cinco anos endiante  para deprender o catecismo. Organizaban por separado grupos de nenos e nenas, divididos por seccións , segundo as idades  , e repartíanos pola igrexa, a sacristía e o claustro, baixo a direción dun celador ou celadora, que seguían a dirección dun frade mercedarioi específicamente adicado a ese labor. A entrada na igrexa, en ringleiras separdas por sexo facíase cantabndo diversos cánticos relixioso como "Vamos niños al Sagrario que Jesús llorando está" e a cada neno dábanlle un vale por un punto. Repartidos nos grupos de estudo o "catequista" concedía  vales de un, dous, cinco ou máis puntos  para premiar a quen mellor coñeceran o contido do catecismo. Polos días de Reis o Catecismo Mercedario organizaba unha especie de mercadiño con xoguetes  e diversos materiais escolares ou cousas semllenates, moitos deles aportados por comerciantes da vila, e os nenos e as nenas podían trocae  os que escollían polos puntos que conseguiran na tempada catequística.

O Catecismo Mercedario  en algunhas ocasións organizou un Festival Catequético, previo un concurso de  coñecemento da doctrina crisiá, proclamando unha corte formada por Rei-Raiña, Príncipe-Princesa, Duque- Duquesa, Conde -Condesa, Barón-Baronesa, que eran proclamados  nun acto ao que asistían vestidos  con traxes axeoitados ao seu rango, complementado con actuacións teatrais, humorísticas e musicais, que tiñan lugar no Cine Cissa. Entre os frades mercedarios máis destacados na organización  do Catecismo hai que sinalar os padres Carlos Silva Castroi  e Carlos Casaldeiro.

Tamén organizaban para os participantes no Catecismo  excursións tanto dentro da Comarca ( Os Remedios, Ferraría do Incio ) como a outros lugares (  Gandarío , Ferrol ,Santiago, Poio,Vigo , Pontevedra, Oviedo-Covadonga ).

 Con ocasión do día de celebración das primeiras comuñóns , organizada para que participasen  no acto todos os preparados  en cada un ano, sinalaban un día festivo ou domingo, no mes de maio, e  Crematada a misa todos os nenos do  Catecismo  recibían unha bolsa con doces, melindros, caramelos e chocolate e repartían estampiñas recordando a comuñón colectiva, e as familias distrinuían entre os seus achegados  recordatorios individuais, aos que foi incorporando a fotogragía dos comungantes.

Era costume establecido que os nenos e nenas da primeira comuñón participasen  nas procisións de Corpus Christi e do San Xoán, dando lugar a que os traxes , máis ou menos suntuosos, fosen locidos polos neocomungantes en tres ocasións. O Catecismo Mercedario , cando había nenos ou nenas de familias pobres  ,  facilitáballes traxes sinxelos ou recibía outros que foran usados con anterioridade.

O Catecismo Mercedario, coa axuda de fieis colaboradores que aportaban diñeiro, editou algúns números da publicación "La Cadenita de Oro" na que se recollían textos de temática eucarística e as novas relacionadas coa actividade catequética.

PRECEPTO PASCUAL .-  A "Comuñón po Pascua Florida" como mandato eclesiástico  esixía que, cando mnenos unha vez ao an todos os fieis  da parroquia tiñan a obriga de confesar e comungar. Os párrocos tiñan que levar conta de quen non se sometían a este precepto, comunicando o nome dos omisos aos Visitadores Eclesiásticos, tomando conta aqueles as sancións  de rigor, e mesmo dando parte de todo ás autoridades civís.

En San Salvador de Sárria , darredor da metade do século XX sinalaban  un día en cada un ano ( nos últimos tempos eo día 1 de maio ) no que durante toda mañá numeroso cregos daban  a comuñón . Este acto multitudinario comezaba moi cedo  e tiña que quedar rematado  horas despois do mediodía, porque  tanto para consagrar nas misas os sacerdotes como para que os fieis poidesen comungar existía a obriga de manter xexún dende as 12 da noite até o momento da comuñón.

CERTIFICACIÓN DO CUMPRIMENTO DO PRECEPTO.-  Algúns anos  entregaron aos comungantes   unhas estampiñas xustificantes de que se tiña cumprido co precepto pascual ( " O Preceuto", na fala popùlar)

VIÁTICO .-  Tanto para levar a comuñón a doentes encamados imposibilitados de sairen das súas casas  como para  levarlla a persoas en perigo de morte,  organizábase un xeito de procisión á que aistían fregueses levando velas, que saíndo da igrexa seguían até as casas de morada dos enfermos , mentres os monagos axitaban as campaíñas para anuncia o paso  do sacerdote levando co debido recollemento  o copón, ou ben unha caixiña de prata coas hostias . As persoas que  cruzaban coa procisión  ou que saían á r rúa dende as súas casas tiñan que se axeonllar ao tempo que facían " o nome do Pai", e de ser posible uníanse aos acompañantes do sacerdote, permancendo de pé diante da casa a onde se levaba o sacramento, até que remataba a cerimonia.

                                                    CONFIRMACIÓN

O sacramento da Confirmación  veu sendo administrado na parroquia de San Salvador con ocasión das Visitas Pastorais dos bispos de Lugo ao Arciprestado nas diferentes parroquias, sen darse regularidade, e así ás veces  recibías este sacramento  tanto nenos de pouca idade como  persoas  entradas na adultez.

Na parroquia de San Salvador de Sárria, no Mosteiro da Madalena, onde no século XVIII botaba tempadas o bispo Francisco Armanyá,  houbbo xornadas maratonianas nas que impartiu o sacramento  a milleiros de persoas da comarca de Sárria e de outras parroquias máis lonxanas.

Na segunda metade do século XX a impartición da Confirmación era  unha celebración rodeada de moito simbolismo, na que a presenza do Bispo lucense  era saudada con disparo de bombas  e a presenza das autoridades locais na igrexa parroquial. Celebrábase unha misa solemne ocupando lugar de honra  un padriño e unha madriña  ( persoas destacadas na parroquia ) que facían a presentación dos nenos e as nenas  ao bispo para que este fixese a unción.

A útima cerimonia solemne de Confirmación feita na igrexa parroquial tivo lugar en San Salvador, oficiada polo bispo Antonio de Echave.  As seguintes  confirmacións  pasaron a ser celebradas na ighrexa do Convento da Mercé,

                                                      PENITENZA 

Os fregueses viñan obrigados, cando menos a  confesar unha vez ao ano. Para ese fin existían dous confesonarios , con celosías laterais para as mulleres e xanela frenteira ,para os homes. 

Ademías, na igrexa conventual da Mercé había  varios confesionarios, e sempre , ao longo do día, estaban dispoñibles relixiosos  para atención dos penitentes, cuxa presenza era solicitada tocando unha campaíña.

CONFESIÓN ORDINARIA.-  Quen quixera confesar, antes ou despois das celebracións diarias, podía facelo solicitando a atención do relixioso  que as dirixía. Os domingos  e festivos , mentres un frade oficiaba a misa, un ou dous acompañantes  situábanse nos confesionarios para atender aos fieis.

FUNCIÓNS DE ÁNIMAS.- Nos séculos XVIII e XIX as confraderías existentes na parroquia , se dispoñían de fondos podían organizar misas ofrecidas polas ánimas, con xornadas de confesión e comuñón xerais , nas que participaban sacerdotes da zona , aos que daban estipendios. Segundo fose  o diñeiro  co que a confradería contase había unha ou máis funcións no ano.

XORNADAS PENITENCIAIS .- No século XX , en ocasións especiais, a parroquia organizaba  conferencias ou xornadas de preparación para confesións masivas .

                                                       MATRIMONIO

ADMONICIÓNS.- Cando unha parella manifestaba a intención de casar  tiñan que se presentar ao párroco ou ecónomo encargado aportando a documentación precisa, que era tramitada dende a parroquia, debendo acreditar a solteiría dos futuros contraíntes. Abríase entón un período no que nas misas domincais maiores das parroquias dos contraíntes, onde se tivese acreditado residenza, se  lía  a nova anunciando o propósito no que estaban de contraer matrimonio, baixo a advertenza de que se alguén coñecía algún motivo polo que o dito matromonio non debía de se celebrar o puxese de manifesto. Estas admonicións ( " muniicións" no linguaxe popular ) líanse  en varias semanas consecutivas  e ao expediente había que unirlle  as certificacións de que se fixera público o desexo de matrimoniar. 

Había dispensas especiais por motivos de urxenza ou de conciencia , sendo frecuente que matrimonios entre membros de familias destacadas non daban lugar a proclamación previa.

.CELEBRACIÓN DO CASAMENTO.- De ordinario as vodas celebrábanse na igrexa parroquial de San Salvador , xa que o levar a cerimonia á igrexa conventual da Mercé non se xeralizou até mediados da década dos anos 1960.

A cerimonia facíase "in facie eclessia", e dicir no pórtico do templo, onde os contraíntes  , padriños e acompañantes eran recibidos polo relixioso oficiantes, tendo lugar alí o intercambio de promesas, entrega de arras e demáis ritos na ocasión esixibles. De seguido pasaban todos ao interior da igrexa onde tiña lugar a misa  e ao remate , na compaña de testemuñas, pasaban todos á sancristía para asinaren a correspondnte acta, na que tamén estaba presente a persoa que ostentaba a representación do Xuiz encargado do Rexistro Civil.

Anuladas as leis matrimoniais da II República Española e recoñecido a todos os efectos o matrimonio relixioso católico como única forma valedeira, agás mediando apostasía ou pertenza a outras confesións relixiosas, no Rexistro Civil eran tarscritas as copias das actas eclesiásticas .

Ë de facer notar que  a xeralización do uso de velo e vestido brancos polas noivas , só presentes en casións moi concretas, non de deu  até pasados os anos 1950, xa que o costume  seguido era o de  que vestisen traxe negro.

Tamén hai que sinalar  que cada certo tempo, dende as parroquias da vila e co concurso das autoridades locais e mesmo da Gaarda Civil se facían campañas para a regularización, matrimonio mediante, das parellas que, con fillos ou sen fillos,  vivían " achegados" ou "amontoados", para usar as expresións populares do momento. Algunhas das parellas requeridas  acabaron casando e por outra parte outras para evitar a presión eclesial e mesmo da veciñanza optaron por emigrar para  cidades lonxanas ou para o extranxeiro.

En aplicación das normas emanadas do Concilio Vaticano II, na parroquia implantaron os Cursiños Prematimoniais dirixidos a futuros contraíntes, que  concorría, por parelals ou por grupos de parellas, ao Convento onde tiñan que asistiren a varias charlas dirixidas polo Ecónomo da parroquia  e nas que tame´n se contaba coa colaboración de matrCimonios consolidados, médicos ou avogados. Para poder casar pasou polo tanto a se esixir  a asistenza aos cursiños.

Finalmente  os Cursiños Prematrimoniais pasaron a se organizar de maneira conxunta polas parroquias da vila.

                                                   ESTREMA UNCIÓN 

Cando os familiares dun enfermo consdieraban que  este estaba en perigo de morte  requerían , maiorritariamente, a presenza dun relixioso ao servizo da parroquia para proceder ao rito da "unción de enfermos", que xeralmenmte tiña lugar no leito onde xacía.

A crecente presenza dos doentes nos hospitais das cidades , para recibiren asistenza médica, fixo que o número destas cerimonias pñor desprazamento ás casas da freguesía descendese  notabñlemente, e na actualidade son moi poucas as ocasións nas que os Ecónomos son solicitados para este rito.

En tempos antigos, cando estaban establecidas Confraderías na parroquia de San Salvador de Sárria, era obriga dos confrades, cando algún deles estaba en perigo de morte, o acompañaren ao sacerdote até a casa de morada do doente, en procisión, e , se había recursos para telas, levando velas acesas, ao tempo que tamén viñan obrigados á dar cumprimento á obra de misericordia de "visitar aos enfermos".

..........................................................................................................................................................................

                                                   CERIMONIAS REFERIDAS Á ORDE SACERDOTAL

As Ordes Menores e Maiores eran dadas  polos bispos en  Lugo, se ben excepcionalmente poideron impartilas en algunhas ocasións  na vila de Sárria. Está docuementada a presenza no Mosteiro da Madalena do bispo lucense Franciksco Armannyá,  e así deu ordes menores a algúns aspirantes ao sacerdocio.

Xa investidos da orde sacerdotal os novos cregos nados na parroquia de San Salvador   celebraron en Sárria as súas primeiras misas e beixamáns, nos últimos tempos preferentemnte na igrexa conventual da Mercé.

Asistidos de padriños de altar e padriños  leigos celebraron as  súas primeiras misas  contando coa presenza de numeros fregueses  que non querían perder o fastuo dunha cerimonia tan emotiva. Entre as máis sinñificadas prineiras misas está do mercedario Ramón Carrozas López, que acabou sendo bispo do Piahuí ( Brasil)

..........................................................................................................................................................................                     FUNERACIÓN E ENTERROS EN SAN SALVADOR DE SÁRRIA

Na freguesía de San Salvador de Sárria foron lugar de enterramentos o inteiior da igrexa parroquial a capela de San Marco, pé da Fortaleza, a capela de Santa María de Barbadelo e a igrexa de Santa María Madalena,  e candno se proibiu facer enterramentos nos templos  abriron  foxas  no adro sur da igrexa, no cemiterio da capela de San Marco e  no Cemiterio promovido polo Concello no Barredo do Pombal.

Coñecido o falecemnto dunha persoa  procedíase  a dar coñecemnto do meso co toque de cmpás que facía disitición segundo se trase de home, muller ou meniños. 

A familia principaba a "facer verea", é dicir , mandaba propios para comunicarlles a parentes e amigos a celebración de honras fúnebres, ao tempo que , dacordo co pàrroco, se mandaba recado aos curas que se quería estivesen presentes no funeral, número   que era fixado pola familia consonte á súa capacidade econmica e desexos do  falecido, que o indicaba moitas veces no testamento  sendo condición a cumprir , así como a manda de misas que fixase para que os herdeiros  fosen recoñecidos  na sucesión.

Os veciños , achegados e familares  concorrían á casa mortuoria a darlle o pèsame  á familia, e preparaban o velorio , se era confrade con persenza dos irmáns de cota, que aportaban a cera acesa  no cuarto onde se expoñía o cadáver.

A misa de "corpore insepulto"  celebrábase pola maña, nun dos días seguintes, e a familia e aqueles que se sentían obrigados a participaren  no funeral chegaba á igrexa, onde se instalara un catafalco coberto de teas negras, arrodeado de fachos de cera. Na misa participaban  os curas concertados, e facían   "misa de requiem",oficiada por tres celebrantes,  con intervención  no caso de falecidos de familias podentes, de cantores traídos de Lugo ou Samos ,  ou coros ocasionais de cregos e seglares.

Rematada  a misa os particpantes no culto  desprazábanse  á casa mortuoria onde se organizaba o enterro. Abría a comitiva o estandarte parroquial, seguido da cruz alzada que ía entre dous ciriais, e   seguía o cadaleito levado a ombreiros por varios homes, e en caso de persoas importantes  saían del varias fitas que as collían persoas  do circo de amizades  do defunto ou achegados. O sacedote que presidía o enterro  ía cantando responsos ( "Dies irae", " In celo deducantt angellis,,, ) e cada certo tempo paraba para que os porteadores descanasen ou remudasen, e entón cantaba novos responsos e rezaba  varios o "Noso Pai" , todo isto, igual que a misa dito e cantado en latín, e os acompañantes pasaban por diante do cura entregándolle "o responso", unha cantidade de diñeiro proporcional ao grado de paretescoo ou de riqueza do ofertante. Se collia unha presada importante, o cura ía pasándoa  á faltiqueira.    

En chegando ao cemiterio o enterrador xa tiña aberta a foxa ou o nicho procedendo de seguido a pousar o cadaleito  no furado ou no oco do panteón. Antes de que o enterrador  principiase o labor de recheo, os asistentes soían coller unha presada de terra e botábana riba da tumba.

Nas noites dos trinta días seguintes ao enterro familiares e veciños reuníanse na casa mortuoria para rezaren o rosario. Na actualidade este costume desapareceu  e, nalgúns casos, os familiares concorren durantes unhas semanas ao rosario ou misa vespertina, con ofrecemento de intencións.

A morte dunha persoa, máis alo do feito do enterramento, daba lugar a unha serie de obrigas .  No tempo en que sed facían  as inhumacións dentro do templo había que pagar o dereito de "foxario", xeralmente cun importe dun real que se pagaba para a Fábrica da Igrexa. As familias fidalgas soían  ter sartegos e espazos propios  polos que pagaban renda aneira, e en algúns casos tiñan dereito a poñer "tarima" riba deses espazos onde se situaban para oliren misa. Houbo tamén o c0stume de "facer a ofrenda"no trascurso da misa de "corpore insepulto" pasando por diante do prebiterio para entregar diñeiro ao crego oficiante.

Como consecuencia da morte dos fregueses había que facer tamén unha entrega de diñeiro para as ordes de redención de captivos, e dar cumprimento á institución das "misas gregorianas" e das que   por manda deixasen  establecidas, que ás veces podían ser  varios centos de misas rezadas. Outros  deixaban creadas misas aniversarias, rezadas e /ou cantadas, para o que establecían rendas . Tamén foi costume que nas misas maiores dos domingos, antes da súa rezasen responos nos doce meses seguintes ao enterro, con entrega polos familiares de unha cantidade fixada como esmola.        

Despois de doce meses  as familias organizan o "cabo de ano", actualmente consistente nunha misa ordinaria.  Antes había familias que durante décadas organizaban sucesivos cabos de ano ,  ou misas rezadas, ás que daban publicidade nos xornais da provincia.

Os Libros de Enterramentos da freguesía  de San Salvador de Sárria, e dos seus sucesivos anexos de San Martiño de Requeixo, San Salvador de Vilar de Sárria e Santiago de Farbán están depositados no Arquivo Diocesán de Lugo, e os máis recentes no arquivo parroquial

...............................................................................................................................................................                                    CELEBRACIÓNS  RELIXIOSAS AO LONGO DO ANO

A vida ordinaria da vila, e polo tanto da freguesía de San Salvador de Sárria, ao longo dos séculos viuse impregnada polos sentimentos relixiosos, individuais e colectivos,  que conformaron o comportamento  das persoas  , os momentos de lecer e os movementos devocionais-                                                     

CANTIGAS DE REIS.- Os nenos e mozotes da paerroquia de San Salvador de Sárria saían na tarde do día 5 de xaneiro a cantar panxoliñas  polas rúas e casas da vila, sendo agasallados polos veciños con caramelos, doces ou moediñas.

FESTA DE SANTO ANTÓN ABADE E  BENZÓS DOS ANIMAIS.-Como protector dos animais foi santo moi venerado polos sarriaos, que participaban, se seguen a participaren na súa benzón, actualemente no Convento da Mercé-

FESTA DAS CANDEAS .- Concorrían, e concoreen, a esta festividade os fieies levando velas de cera para seren abenzoadas.

TRIDUO POLO ENTROIDO .- O Domingo, Luns e Martes  de Entroido era costume facer xornadas expiaorias polos pecado cometidos no mundo con ocasión da celebración do Carnaval.

A CUARESMA.- Pasados os días de Entroido entrase no tempo da Cuaresma, de forte senso penitencial, no que todos os venres  había que facer xexún , estando ademáis proibido  comer carnes.

MÉRCORES DE CINZA .- O mércores seguinte ao Martes de Entroido, na igrexa parroquial  celébabase unha misa , e ao seu remate os fieis pasaban por diante do presbiterio onde, con cinza, o sacerdote lle facía unha cruz na fornte, ao tempo que diciía: " Remember, homo, qui pulvem  eris et in pulvis te  reverteris" ("Lembrate, home, de que es pó e en pó te convertirás" )

PREGACIÓN DA BULDA DA CRUZADA .- Todos os anos, denantes do comezo da Cuaresma, nun domingo o  Ecónomo  facía presentació nda bulda da Santa Cruzada, que por concesión papal para España, permitaí que en todos os días da Cuaresma, agás os venres, se poidese consumir carne- Segundo o nivel económico das familias  había que retirar na igrexa   a correspondente bulda, que era un impreso en latín onde figuraban os beneficios e indulxenzas concnedas polos Sumos Pontíifces a quen desen as esmolas sinaladas.

TAPADO DAS IMAXES .- Dende o Domingo de Paixón até o Sábado Santo todas as imaxes do templo parroquial , Convento e Capelas da parroquia permanecían tapadas con panos morados, para que a tención dos fieis se centrase só na paixón e morte de Cristo.

VIACRUCIS. DENTRO DA IGREXA- Ao longo da Cuaresma, e con máis intensidade nos días  da Semana de Paixón ou de Lázaro, no interior da igrexa parroquial, con ocasión do rosario vespertino, seguíanse as estación do Viacrucis, seguindo as catorrce  láminas ilustradoras dos episodios vividos , Dpor Cristo camiño do Calvario. Décadas atrás  era costume establecer  en escaparates  e portais da casas da Rúa Maior unha especie de capeliñas con imaxes do Santo Cristo, flores e velas, diante das que se paraba a procisión  en cada unha das estacións.

PROCISIÓN DO DOMINGO DE RAMOS .- Na igrexa de San Salvador soía celebrarse a Misa de Benzón de Ramos´á que tamén concorrían os fregueses de Farbán, algúns deles levando  grandes polas.

Máis adiante  a benzón de ramos pasou a ser organizada polas parroquias da vila, fixando o comezo da procisión na igrexa do Convento e rematando na de Santa Mariña. Na actualidade a benzón faise diante da igrexa do Convento  e pasando por diante da de Santa Mariña remata  na da Nosa Señora do Rosario. A procisión coñecida como "Procisión da Burriña" faise acompañando unha imaxe  de Xesús na súa entrada en Xerusalén, acompañada de nenos e nenas con vestimentas hebreas.

XOVES SANTO.-

O MOIMENTO .-  Tomando como soporte o altar e retábulo da dereita do templo  con flores e velas aportadas polas familias  instalábase o Moimento Eucarístico permancendo as candeas acesas até o remate dos oficios de Venres Santo.

HORA SANTA- Exercizo relixioso que de antigo correra de conta do Reximento da Vila e  até finais do século XIX o pagaba o Concello, para o quemediando estipendio traían pregadores de fora.

VENRES SANTO.- Pola mañá establecíanse quendas de vela do Santísimo e os fieis facían visitas aos moimentos das igrexas da vila. Os oficios da tarde incluían oSERMÓN DAS SETE PALABRAS .- Exercizo relixioso tamén de conta do Reximento da Vila e despois do Concello.

PROCISIÓNS.- Tradicionalmente en Sárria había as procisións " dos Caladiños" e a do "Santo Enterro", O percorrido tradicional ía de Santa Mariña ao Convento da Mercé.Nos primeiros anos da décda de 1960 o Ecónomo Padre Benxamín Fernández Villar fixo accións para potencias os actos da Semana Santa : adquiriu un Cristo Xacente  e encargou unha urna  ao ebanista  Curvos e vestimentas para os encapuchados. A Procisión saíu por moitos anos dende Santa Mariña ata a Igrexa da Mercé, rematando cun sermón solemne.

SÁBADO SANTO .-  Os cultos deste día comezaban raiando a medianoite e previamente as familias levaban toda clas de recipientes con auga para a cerimonia  da benzón, que despois da función relixiosa  levaban para asa casas.

A BENZÓN DOS CAMPOS-   Coincidindo coa festividade de San Marco celebrábase a procisión da benzón dos campos, impetrando a axuda divina a prol da prosperidade das colleitas. Históricamente a procisión correspondente á parroquia de San Salvador comezaba no adro e presidida a comitiva polo párroco , revestido coa capa pluivial, as fieiras , cantando a letanía dirixíanse ate a Capela de San Marco, na parte baixa do actual Campo da Feira, onde se practicaba o rito  de asperexer a auga abenzoada que o monago portaba na caldeiriña. Esta procisión era obriga do Arcediago de Sarria, que pola súa conta chamaba a sacerdotes  da contorna para darlle maior vistosidade.

Ate´primeiros dos anos 1960 a procisión ía dende San Salvador  até "os asentos dos Esqueiredos"

AS FLORES DE MAIO .- Todos os días do mes de maio , na igrexa, na hora do rosario celebábanse actos de exaltación mariana, engalanando a igrexa con profusión de flores.Nas Escolas , tamén por todo o mes de maio, os nenos e nenas levaban diariamente ramalliños de flores que poñían a caró da imaxe ou cadro da Virxe  ali instalada e cantaban composicións adicadas a María e recitaban poesías marianas. Era de obrigada interpretació o cántico "Venid y vamos todos, con flores a María..."-

FESTA DO CORPO DE CRISTO .- Dende a Idade Media a festa do Corpus Christi é a festa principal da parroquia de San Salvador de Sárria e ademais é a festa oficial do Concello e a procisión un acto cívico.relixioso de tradición secular. Até finais do século XVIII  por conta da Obra Pía corría o gasto dos seis danzantes  que trenzaban pasos de baile diante do Santísimo, que en preciosa custodia , e baixo palio  discorría pola rúa principal, coberta con espadanas, fiuncho e flores, sendo acompañado polos sons do gaiteiro  que cando menos dende o século XVI corría de conta do Reximento da Vila. Creado en 1820  o Concello de Sárria  tomou riba del as obrigas de culto, música, foguetes e  limpeza e ornato da rúa.

O primeiro percorrido ía dende San Salvador até Santa Mariña , voltando ao lugar de partida. Cando a vila medrou e se fundaron as capelas  de San Roque ( da Casa de Nullán ou do Barrio ) e da Nosa Señora do Perpetuo Socorro ( en Villa Andrea )  a procisión pasou a a ter un longo, e en boa parte penoso, percorrido co saída dende San Salvador, levando o celebrante a Custodia, baixo palio, e baixando pola Rúa Maior, con paradas con benzón diante da Capela de San Xosé ( da Casa Grande ), e Santa Mariña, onde tamén se facía benzón, e e polo Arrabaldo  alcanzaban a Capela de San Roque ) e seguindo pola rúa Matías López, subían por diante da Capela de "Villa Andrea ", o Murallón  e a Rúa Maior até San Salvador.  Abrían a procisión  cruz alzada e ciriais, estandartes da parroquia e das asociacións relixiosas,  seguidos no seu tempo polos danzantes, e despois polos nenos e nenas da primeira comuñón, o palio portados os varais por seis  e homes  , sacerdotes acompañantes ,  comitiva ofical ( alcalde, xuices, xefes militares ou da garda civil, membros das institucións locais, xefes administrativos  ,etc ). Os fieis ían en dúas ringleiras  e o antigo gaiteiro municipal víuse sustituído  , cando a había na vila, pola Banda de Música.

Cando foi derrubada a Capela de San Roque, da Casa do Barrio, o percorrido reduciuse  e limitouse a baixar pola Rúa Maior e pola Rúa Marqués de Ugena  e o Murallón , retomaba a Rúa Maior até San Salvador.

Finalmente  o percorrido está fixado dende San Salvador  a Santa Mariña , con volta ao punto de partida, e  a comitiva oficial quedou limitada  á Corporación municipa,l que desfila  presidida polo Alcalde, precedido do pendón municipal, asistindo   só  os concelleiros que o desexen.

O antigo ornato  de espadanas, flores e fiuncho deu paso nas últimas décadas  ás ALFOMBRAS FLORAIS, con motivos artisitico-relixiosos que van dende San Salvador até Santa Mariña, nos primeiros anos promovidas  pola Confardería do Santo Enterro e a Virxe da Soidade, e  agora por veciños  e veciñas amadores cos que colabora o Concello.

A Coral Polifónica do Concello de Sárria  fai a valiosa aportación  na Misa Cantada e a Banda de Musica  toma parte na procisión.

TODOS SANTOS.- O Día de Todos Santos , ademáis dun maior número de misas, tiña como manifestación maior a masiva presenza dos fregueses no Cemiteiro Municipal pola tarde, cada grupo familiar concentrado diante dos panteóns, nichos e  sepulturas que xa desde días antes foran obxecto de limpeza e adorno con flores e "mariposas" acesas en vasos de aceite.Os relixiosos mercedarios acompañados por monagos portadores da caldeiriña  eran requeridos  para entoar resposos e facer oracións   recibdno a ofernda  en diñeiro entregada polos fieis.

Na actualidade, na igrexa do Convento da Mercé, organízan as tres parroquias  da vila unha misa á que asisten  numerosas persoas, moitas delas chegadas de lonxe, e as familias fan , mañá e tarde, visitas aos puntos onde acougan os restos dos seus seres queridos.

DÍA DE DEFUNTOS.-  Noutros tempos as misas deste día estaban adicadas ás ánimas dos familiares dos fregueses  que pedían previamente esa intención. Como excepción cada sacerdote podía , na mesma mañá, celebrar máis dunha misa.

OS NACEMENTOS .- Polo Nadal  estaba establecido o costume de  poñer o "nacemento", ou cando menos  unha imaxe no Neno Xesús, que se daba a bicar aos aprticipantes nas misas dos festivos e domingos. O Catecismo Mercedario soía preparar pequenos coros de nenos para que cantasen panxoliñas.

Na Capela do Santo Cristo da igrexa do Convento da Mercé instalaban, montado polos postulantes  un magnífico belén con figuras artísticas, que era obxecto de constantes visitas, especialmente o Día de Reis, coincidente coa maior feira do ano en Sárria, cando  moitas familias do medio rural baixaban á vila  e admiraban a artística instalació,

Por varias décadas a instalación do nacemento deixou de se facer, sustituída pola colocación dun "Pesebre" de grandes figuras colocado diante do altar maior. Nos últimos anos recuperouse a vella tradición e a Capela do Cristo acolle outravolta  o tradicional "nacemetno"

MISA DO GALO .-A Misa do Galo, na medianoite do día 24 de decembro foi unha  tradición  moi seguida mentres  a parroquia estaba formada polo núcleo de casas  existentes darredor da igrexa de San Salvador, na "Vila". Ao ir medrando a poboación  a misa foi trasladada á igrexa do Convento, e pouco a pouco foi esmorecendo.

NOITE DE FIN DE ANO .- Non hai constancia documental da celebración con longa veldaa noiturna  no interior  da igrexa parroquial na que os freguees se axuntaban darredor do "cepo de Sn Silvestre". Como este costume estaba xeralizado en toda Galicia en San Salvador de Sárria viríase celebrando, até a súa supresión por orde dos bispos de Lugo, polos excesos que dicían se producían nesa noite.

...........................................................................................................................................................

                                                 ROSARIO

O rezo diario do Rosario foi unha devoción impulsada por papas e bispos, sendo recomen dada a súa práctica  persoal, o rezo en familia e antes de se celbrar as misas ordinarias e as dominicias, seguida de outras oracións e das ledaíñas en honra da Virxe.

Para dar forza a esta devoción  a Confradería do Rosario   tivo un papel preponderante. Na igrexa do Convento da Mercé houbo o altar da Nosa Señora do Rosario, e os fieis sostiveron a Confardería desta advocación.

ROSARIO CANTADO POLOS ESCOLANTES .- No século XVI na vila de Sárria estaba establecido que os nenos da escola saisen en procisión, un día de cada semana, cantando a doutrina e rezando o rosario.

ROSARIO DIARIO.-  Como devoción coidada o Rosario vespertino congregaba  aos fieis na igrexa parroquia, e era moito máis solemne cando se celebraban triduos, oitavarios ou novenas .

ROSARIO EN FAMILIA.- O rezo do Rosario en familia estaba moi implantado, e , dalgún xeito, os sacerdotes  procuraban facer un seguimento de se en todas as casas se  reunían para practicaren esta devoción. Ademáis, cando había un falecemento, nos trinta días seguintes  había rezo do rosario na  casa do defunto.

ROSARIO DA AURORA.- Como devoción  extraordinaria  ás veces organiziban o rezo do Rosaria en procisión que principiaba coa concentración dos participantes antes da saída sol  e rezando e cantando  ían polas rúas  da vila  facendo así, de forma publica, profisión de fe.

ROSARIO NA SANTA MISIÓN.- Con ocasión das Santas Misións  os frades pregadores organizaban rezos do rosario nos que participaban milleiros de persoas.

A CAMPAÑA DO REZO DO ROSARIO.- Na década dos anos 1950  estivo en Sárria o norteamericano Padre Peyton que  percorreu o seu pais e moitos outros  para promocionar o rezo do rosario, utilizando ademáis o novo potencial que supoñian as emisoras de  radio e o incremento dos aparatos de radio ao se ir xeralizando a electrificación no medio rural. O Padre Peyton foi obxecto dunha recpeción masiva  no Convento ma Mercé.

O ROSARIO CON ALTAVOCES.- Con ocasión da Novena da Mercé e do Sagrado Corazón, por algúns anos, instalaron  altavoces na Torre das Campás do Covento de maneira que o rezo do Rosario e da Novena e as palabras dos pregadores se espallaban por toda a vila.

O ROSARIO EN RADIO POPULAR DE SÁRRIA.- Nos primeiros anos da década de 1960 estableceuse  primeiro no Barrio Novo e despois no Barrio da Estación  a emisora RADIO POPULAR DE SÁRRIA, radiaba rosarios e novenas que se celebraban na igrexa de Santa Mariña.

O ROSARIO NOS TANATORIOS.- Ao establecerse os tanatorios na vila   as familias   á hora dos velorios estableceron o costume do rezo do rosario nestes establecementos , dirixido por sacerdotes encargados das parroquias ,  para o que se conta con capelas  dentro desas instalacións.

............................................................................................................................................................................

                                         TRIDUOS

Estes exercizos  consisten en facer honras  a un santo ou a unha santa  durante tres días , con lectura de  pasaxes das súas vidas , oracións específicas e sermóns. Entre os triduos máis repetidos estanba o de San Xosé. E na Igrexa do Convento da Mercé viñeronse celebrando diversos triduos na honra de santos a orde mercedaria,

                                         NOVENAS  

Esta práctica relixiosa consiste  no rezo do rosario e lectura de textos referidos aos santos ou advocacións marianas , sermón e en ocasións  exposición do Santísimo.

Na parroquia de San Salvador as novenas máis seguidas foron a da Virxe Miragrosa e a da Virxe de Lourdes, das que se facía convocatoria con cartaces, nas que en cada día do novenario particulares e familias  reservaban intencións entregadno un estipendio que axudaba aos gastos xerais producidos, en especoial para o pagamento do pregador encargado de pronunciar o sermón vespertino.Tamén se organizba unha Novena de Ánimas.

Na igrexa do Convento da Mercé as novenas que gozaban  de maioritaria participación dos fieis eran as do Sagrado Corazón de Xesús e a da Virxe da Mercé para as que, dándolles a maior solemnidade, se traían pregadores de outras localidades , pertencentes a variadas ordes relixiosas. Enriquecidas coa exposición do Santísimo , interpretacións de cánticos relixiosos por coros e acompañamento de órgano, repeniques de campás  e  disparo de foguetes, rematando coa festiva celebración do noveno día cunha magna procisión  polas rúas da vila, que en ocasións estivo presidida polo bispo e con acompañamento da banda de música-

A masiva participación de fieis  de décadas atrás  decaeu moito e na actualidade  decaeu moito.

....................................................................................................................................................................

TEDEUM.-  Con motivo da celebración de ocasións excepcionais ( proclamación de reis,  triunfos militares, etc ) e como mostra de agradecemento á Divinidade , con concurrenza de cregos do arciprestado  e elevada participación de autoridades  e pobo en xeral, especialmente no antigo Convento de agostiños e máis adiante baixo a direción dos relixiosos mercedarios, cantáronse solemnes Tedeum.

CELEBRACIÓN DE XUBILEOS.-.- Excepcionalmente  convocados polos Papas, por exemplo  con ocasión de dos 50 anos de pontificado, con concesión de indulxenzas plenarias, acolléronse nas parroquias  diversos actos de oración polas intencións do Papa e de exaltación da súa figura.

ROGATIVAS.- En situacións de falla de chuva, peste xeralizada, guerras ou outras  situacións catastróficas  ou de perigo social, a parroquia organizou procisións nas que clero e fieis  cantaban   os nomes de santos e santas   dirixíndolles a petición "Roga por nós " ou "Rogade por nós " "Rogámocho , escoitnos  ", nas súas expresións latinas : "Ora pro nobis ", "Orate pro nobis", " Te rogamus audi nos ".

PEREGRINACIÓNS.-.  A parroquia de San Salvador organizou en ocasións pelerinaxes  a pé ao Santuario da Virxe dos Remedios  do Alto de  Cesár e ao Cebreiro, Coa chegada do ferrocarril e despois do uso de autocares houbo pelerinaxes  eucarísticas  á Catedral de Lugo e a Santiago de Compostela.

 EXERCIZOS ESPIRITUAIS.- Xornadas de meditación e pentencia con duración de varios días, dirixidas  con conferencias  dadas  por relixiosos da localidade  ou doutras localidades, sendo os máis exitosos os dirixidos por padres xesuítas. Na posguerra os exercizos  espirituais "para cabaleiros" tiñan lugar no Cine´Salón e os destinados  a mulleres na igrexa do Convento.

CONFRADERÍAS .-  Na parroquia de San Salvador de Sárria  e no Mosteiro da Madalena / Convento da Mercé existiron as confrarías do Santísimo Sacramento, de Ánimas e do Rosario.

APOSTOLADO DA ORACIÓN.-  Orixinariamente creada con ubicación  na igrexa parroquial , coa chegada dos mercedarios a Sárria estableceuse na igrexa do Convento , onde se instalou a imaxe do Sagrado Corazón de Xesús, no lugar da antiga capela de San Xosé. O culto ao Sagrado Corazón  deu lugar  á promoción da colocación  de imaxes impresas nas portas das casas coa lenda"Sagrado Corazón de Jesús en Vos confío" , entronización de imaxes de bulto en casas particulares, e mesmo no Salón de Plenos do Concello, e en Villa Andrea e a Casa do Forno de Pallares  colocaron  óvalos coa imaxe en actitude de benzón-

ADORACIÓN NOITURNA.-  Tamén creada en San Salvador de Sárria, pasou a radicar  no Convento da Mercé, e membros da agrupación sarriá tiñan sinaladas qiuendas ( Turnos) na Catedral de Lugo. Nos anos 1960 recuperouse esta práctica, asentada na igrexa do Convento e só para homes, e máis adiante estableceuse na igrexa de Santa Mariña-

OS TARSICIOS.- Esta devoción, dentro da órbita da Adoración Noiturna, promovía a devoción eucarística entre neos e mozos da parroquia.

CURSIÑOS DE CRISTIANDADE.-  Reunión de laicos  para adopción de compromiso de vida cristiá, coñecementos bíblicos e colaboración na actividade parroquial.

VISITAS AO SANTÍSIMO.- Era costume antigo que dende a primeira misa maiutina ao remate do rosario  vespertina  a igrexa de San Salvador estivese aberta, o que permitía que os fieis   entrasen  nela ao longo do día para facer oración, e ao mesmo tempo persoas devotas facían visitas individuais ou en grupo para "visitar o Santísimo  "rezando diversas oracións ou facendo prácticas de meditación. Ademías era costume establecido que  aquelas persoas que pasaban por diante da igerxa, e non tiñan tempo para facer rezos no interior, se santguasen ao pasar  por diante da igrexa

SALVE SABATINA-. Era costume que no rosario de cada sábado se cantase a "Salve Regina " e tamén  a Ave María. No Convento da Mercé a Salve Sabatina era moi solemne. En dúas fieiras saían os pootulantes e os frades situuándose no corpo da  igrexa  e con ben afinadas voces cantaban a Salve ( en latín ).

SANTA MISIÓN.-   Con finalidade penitencial e de perdón xeral, dirixida non só aos fieis da parroquia e da vila, senón con miras á participación de multitudes en  sermóns, rosarios, confesións e comuñóns xerais , prácticas relixiosas especiais dirixidas a mulleres , nenos e mozos,  esta actividade misional dirixida tamén á "conversión" de descarriados, tiña lugar  cada certos anos, con actos tanto nos templos como ao aire libre. Foi moi sonada a pedricación no Campo da Feira á que asitiron  milleiros de persoas. Para acordanza da Santa Misión colocaron cruces de mármore no muro norte da igrexa, que foron retiradas cando se fixeron obras de restauro e retirada do encintado da cantería.

BEIXO NA MAN DOS SACERDOTES .- Até os anos 1960 era norma de xeral práctica que cando os nenos albiscaban a presenza  dun sacerdote  ou relixioso  había que dirixirse  a el dilixentemente para bicarlle a man, como sinal de respecto.

.............................................................................................................................................................

                                                        TOQUES  E REPENIQUES DE CAMPÁS

Os sinos ou campás  cumprían unha finalidade informativa, non só para avisar  da celebración de actos de culto, senón tamén para a celebrar bons sucesos, avisar de perigos e solicitar axudas. Até 1860 a igrexa parroquial de San Salvador tiña un "tinglado" simple como soporte das campás, e cando se alzou a actual espadana, con dous ocos,instalaron neles as dúas campás traídas do campanario do Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria. E cando os mercedarios ocuparon o vello convento agostiño, os sarriaos fixeron aportacións para poñer ali unhas novas.  Fabricadas en Bilbao houbo que mandalas de novo á fundición porque comprobaron  que cos golpes de badal non lles arrincaban son. Na entrada do Hospital Asilo do Mazadoiro  , sobre soporte metálico instalaron un pequeno sino anunciador dos actos de cuilto na súa Capela da Nosa  Señora do Carme, que, cando derrubaron o edficio pasou a ocupar un lugar no xardín da Residejkncia de Anciáns. A campana pequena da capela de San Lázaro foi instalada nos anos 192< P0, tamén coa aportación de diñeiro feita polos veciños.

PARA AS MISAS E ROSARIOS.- Para aninciar a celebración de misas e o rezo do rosario facíanse dous ou tres avisos tocando non menos de vinte  badaladas  rematadas con unha pausa e unha badalada indicadora do primeiro aviso, de dúas no segundo aviso, e finalmente ao comezo do acto relixioso tres toque seguidos sinalan estar xa en curso -

TOQUES DE ANGELUS.-  Äs 12 do mediodía, e a hora variable no serán, segundo o curso do sol,  nas igrexas  facíase toque especial , que ao ser escoitado levaba a cesar no traballo , santiguarse e iniciar o rezo de avemarías coa entrada de " El Angel del Señor anunció a María..."Estes toques, ademáis da finalidade relixiosa  sinalaban a hora do xantar e a do cesamento nos labores nbo toque vespertino. Recuerada a vida relixiosa no Convento Mercedario os toques correspondentes á parroquia de San Salvador fixéronse alí, e seguen a se facer, agora mediando automatización das badaladas-

TOQUES DE MORTOS.-  Coñecida a morte dun fregués ou freguesa, o campaneiro facía varias quendas de badaladas usando a campana grande e a pequena, con diderente  número de toques nunha e outra que permitían que ao escotalos se soubese se se tartaba de home ou muller defuntos.

TOQUES DE GLORIA.-  Cando morrían nenos ou nenas de curta idade non se daban toque fúnebres, senón que se  repinicaban  "con ledicia" porque "un anxo entrara no ceo"

TOQUES DE REBATO .-  Ao  producirse un incendio  na vila ou perto dela  un alongado repenique de campas feito de xeito "desordenado" poñía en aviso aos veciños para que  corresen a dar axuda levando  baldes e canto poidese axudar a apagar o lume.

TOQUES DE VÍSPERAS.- O día anterior á celebración de festividades solemnes , novenas , etc anunciabase o evento con ledos repeniques.

TOQUES FESTIVOS.- O repenique festivo tiña lugar para acompañar as procisións, festexasr a chegada de persoaxes eclesiátic os ( bispos, visitadores ), celebracións de Tedeum, con longos toques no tempo da guerra civil para festexar  a "caída de cidades" e nas festas do San Xoán,   acompañados  por repenique tamén na igrexa de Santa Mariña   anunciban o comezo da festa popular mentres os fogueteiros  queimaban pólvora a pracer...

..........................................................................................................................................................................

LÁMPADA DO SANTÍSIMO.- Día e noite , pendurada do arco central, a lámpada de aceite  alumaba diante do altar, siostida polas esmolas dos fieis e por conta da Confradería do Santísimo. E no caso de San Salvador tamén gozaba de rendas . Desaparecida a lámpada  agora arde constamente un cirio.

CERA DAS HONRAS FÚNEBRES.-   Até os anos 1960, darredor do catafalco que se instalaba para a celebración de funerais , poñíanse seis fachóns de cera, pertencentes de antigo ás Confraderías , e despois xestionadas pola Fábrica da Igrexa, que  percibía un tanto das familias dos defuntos, fixando o gasto cunha pesada previa ao acendido e outra  ao remate do seu uso.

CERA PARA OS VIÁTICOS.- As Confraderías entregaban velas para que as levasen acesas os acompañantes  do sacerdote cando se dirixía á  casa dun enfermo para darlle a comuñón.

PETO DE ÁNIMAS.- Dentro da igrexa estaban instalados petos para recoller esmolas e ofrendas dos fieis, sendo un dos máis favoecdos polos devotos o de Änimas, ben distinguible  polo baixorrelevo das ánimas ardendo no purgatorio.  A man dereita da porta norte, na rúa, había  un peto  con fronte de ferro onde os transeuntes depositaban as  súas esmolas.

PETOS DE SANTO ANTONIO.- As Monxas do Asilo do Mazadoiro instalaron na entrada norte da Feira, e na dos Esqueredos senllas capeliñas con imaxes de Santo Antonio de Padua e petos para recoller as esmolas dos feirantes. Ao abandoar aquelas o Asilo sarriao retiraron as imaxes, e só se conserva a capeliña do norte onde , até que foi roubada,  unha imaxe sedente de Santiago, feita en pedra.

 PENDÓN PARROQUIAL.- Como símbolo da parroquia o pendón, montado nunha hasta moi longa debeu desaparecer nas primeiras décadas do século XX, o memso que sucedeu na maioría das freguesías.

ESTANDARTE DE DEFUNTOS.- Abrría os enterros e foi  cecais o símbolo de uso máis xeralizado-

ESTANDARTES DE CONFRARÍAS  E ORGANIZACIÓNS RELIXIOSAS.- Cada cofradería ou organzación relixiosa tiña por símbolo destacado o seu estandarte: Confradería do Santísmo, Confradería de Änimas, Confradería do Rosario, Adoración Noiturna, Apsotolado da Oración, Catecismo Mercedario, Orde Terciaria da Mercé....

................................................................................................................................................................................

                         MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA

Situado nas denominacións parroquiais de San Salvador da Vilanova de Sárria  e San Salvador de Sárria, "extramuros da vila", como institución mosteiral sen suxeción ao bispado, e que acabaría tendo dependenza direita do Papa de Roma, que nomeaba aos seus prioiros, as súas sucesivas tres igrexas  fron espazo de  culto e veneración de diversos santos, e  no chan do tempo e nos saregos, nichos e panteóns  alí dotados foron enterrados  frades,  fidalgos,, peregtrinos, hoispitaleiros e  persoas de fora da vila e da comarca que facían dotacións para seren alí sepultados.

As devocións  aos santos existentes nos seus altares  foron mudando, dende o tempo da Orde dos Laudantes Deum, pasando pola Orde da Penitenza dos Vnerables Mártires de Cristo e da Orde de Santo Agostiño da Regular Ouservanza, entre o ano 1200 e o 1835.

A máis antiga devoción coñecida foi a de San Brais, titular  da capela cedida polo bispo lucense aos frades italianos fundadores do Hospital, darredor do que acarbaría erixíndose o Mosteiro e as súas sucesivas tres igrexas.

Indicamos as imaxes que recibiron veneració até o tempo da Exclaustración ( 1836 ) xa na terceira igrexa, por non ter referenzas  das existentes na igrexa románica e na primeira igrexa gótica.

No frontis da segunda igrexa estaba a imaxe de Santa María Madalena, en pedra, e que se conserva en moi mal estado.

Despois de  varias modificacións o retábulo maior, do que , xunto coas imaxes fora autor Gregorio Fernández ( pai ) .no remate do século XVIII albergaba as seguintes imaxes:

CAPELA  E ALTAR MAIOR:: Na parte superior houbo un SANTO CRISTO coas imaxes da Virxe e o Apóstolo San Xoán Evanxelista ( acabaron pasando á Capela do Santo Cristo.

Ocupando a fornela principal  estaba a imaxe de  SANTO AGOSTIÑO. Nos ocos baixos estaban as figuras de Santa Mónica e Santa María Madalena, e nos altos as de  SANTIAGO APÓSTOLO e SAN NICOLAU DE TOLENTINO.

Endúas columnas do retábulo vense as pequenas tallas que reproducen as figuras de SAN MIGUEL ARCANXO  e SAN XOÁN BAUTISTA.  e na base dúas esceas da Paixón.

O suntuoso expositor da custodia que está riba do sagrario, que estivo situado adiantado do retábulo, ao ser eliminado o altar para colocar un de pedra foi reintegrado á súa situación orixinaria.

Cando suprimiron o primeiro pulpito, que estaba nun oco hoxe tapaido ao que entraban dende a Capela do Santo Cristo, colocaron ali unha imaxe de SAN SEBASTIÁN.

CAPELA DE SAN XOSÉ.-  Era altar con tres fornelas. Na do medio estaba a imaxe de San Xosé co Neno.Descoñecemos que santos ocupaban as outras dúas. Había ademáis as caras de tres anxiños conazas,

CAPELA DE SAN LOURENZO.-  Lugar de enterramento dos peregrinos que morrían no Hospital. Alí había un altar coa imaxe de San Lourenzo, que tamén albergou a imaxe de SAN BARTOLOMEU ( procedente dun altar que había nun dos arcos góticos existentes á esquerda desta capela )  e a de SAN ROQUE, que procedente da Capela do Hospital, estivera provisoriamente no alatr da Nosa  Señora de Graza.. Descubríronse non hai moito tempo unhas pinuras góticas no arco do que debeu ser un nicho dos Ribade Neira, que representa a escena da crucifixión e alegorías dos catro evanxelñistas.

CAPELA DA VERA CRUZ ou DO SANTO CRISTO.- Tiña unha imaxe de CRISTO CRUCIFICADO, sustiuida despois polas imaxes do Cristo, a Virxe e San Xoán Evanxelista.  Houbo tamén unhas pinturas antigas da Paixón e  un cadro  da Virxe de Belén., coa advocación do Bon Consello.

ALTAR DA NOSA SEÑORA DE GRAZA.- Estaba colocado  na columna de separación da Capela do Cristo e a Capela Maior. Alí estaba a imaxe da NOSA SEÑORA DE GRAZA , e nas fornelas laterais estiveron as imaxes de SAN ROQUE ( só por algún tempo )  e SANTA CATARINA. Tamén, despois da Exclaustración puxeron ali a imaxe de Santo Agostiño, que a retiraran do Altar Maior. Había ademáis as figuriñas de San Pedro e San Paulo

SANTA MARÍA, recibía especial culto baixo as advocacións de  A Asunción, A Purificación , Nosa  Señora de Marzo e a Expectación da Nosa Señora,

Outras imaxes veneradas no Mosteiro da Madalena foron as de SANTA LUCÍA  e SAN NICOLAU DE TOLENTINO

Nun arco , baixo do Coro, estaba a figura de SAN XOÁN DE SAHAGÚN

O culto adicado ás ÁNIMAS DO PURGATORIO estaba baixo o coidado da Confradería de Animas, canónicamente constituida no Mosteiro.

NA CAPELA DO HOSPITAL  había no exterior unha fornela coa imaxe de pedra de SAN ROQUE e no altar interior outra, que ao derrubar o Hospital pasou para a igrexa conventual.

.....................................................................................................................................................................

INDULXENZAS CONCEDIDAS POR PAPAS DE ROMA  A QUEN VISITASEN E AXUDASEN AO HOSPITAL E AO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA

BULDA DO PAPA XOÁN XXII ( 1322 )

·Sabedores pois de que en Galicia no mosteiro de Santa María Madalena de Sárria da Orde de Santo Agostiño dos Beatos Mártires, na diocese lucense, frecuentemente  sonj chegados numerosos fieis , en verdade, facendo en moitas ocasións penitenza  e que ali son confesados na antedita igrexa, por iso  en cada día festivo dos deseguido sinalados  concedemos induklxenza, é a saber:

Nas festividades  da Natividade do Noso Señor Xesús-Cristo, nas da Circuncisión, Epifanía , Cea do Señor, Resurrección, Ascensiónm Pentecostés  e en todos e cada un destes días , e no da Santa e Gloriosa  sempre Virxe María, nos dos beatos Pedro e Paulo e tódolos outros  santos apóstolos e evanxellistas, na Invención e Exaltación da Santa Cruz , na festa do Arcanxo San Miguel, na de San Xoán Bautista  e na do Degolamento deste evanxelista, nas de Lourenzo , Cistovo,  Marcial e dos seus compañeiros Cosme e Damián, San Nicolau, na igrexa  de San Brais de Vilanova de Sárria, de Santa María Madalena , e nos días de Catarina e Margarida , Icía, Ana, Ágata e Eufemia, santas mártires e virxes na conmemoración de Todos Santos e na adicación  de tódolos anteditos  facemos a concesión a cantos devotamente  fagan oración nas oitavas  das anteditas festividades  e visiten as igrexas  en todos e cada un dos días facendo oración, confesando e comungando, e concedemos tamén indulxenzas a cantos devotamente atendan aos peregrinos  de xeito que con oracións  pola Comuñón do Corpo de Cristo e pola imposición do santo óleo os coiden  cando enfermos  sexan  e con outros divinos oficios , exequias e mortuorias  sepulturas dentro  da dita igrexa e no seu cemiterio lles dean enterramento. Ou a aqueles que en ocasión de se acharen no campo  se axeonllen e recen tres avemarías. Ou a aqueles que traballando fora da dita igrexa  con calquera xeito de aportación contribúan  con esmolas tanto para a fábrica, como para luminarias, ornamento ou en calquera outra maneira  sexan dela axudadores.

Sempre que alguén as anteditas situacións ou condicións  cumpra, alcance  pola misericordia de Deus Omnipotente  e dos beatos Pedro e Paulo, cuxa autoridade recibimos por cada  unha delas, corenta días de indulxenza para eles mesmos, que pola intercesiónpenitenzal lle concedemos de vontade ao ordinario da diocese , polo testemuño das presentes letras, para a debida confirmación seladas  segundo costume de dereito.

Dada en Roma no ano milésimo  trricentésimo vixésimosegundo da Encarnación  do Noso Señor, polo Pío Xoán XXII , no ano sexto do seu pontificado"

( Arquivo Histórico Nacional. Carpeta 1.321. Sección Clero ). Versión en galego de Xaime Félix López Arias en  "Santa María Madalena de Sárria " ( 1996 )

BULDA  DO PAPA CLEMENTE SÉTIMO CONCEDENDO INDULXENZAS AO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA ( 1531 )

 

.............................................................................................................................................................................

 IMAXES QUE NA ACTUALIDADE RECIBEN VENERACIÓN NA IGREXA DO CONVENTO DA MERCÉ

Establecia a Orde Mercedaria en Sárria no ano 1896 os santos  de veneración tradicional foron  sustuitu dos na súa  maior parte , reduciuse o número de altares e deuse entrada  a imaxes de santos relacionasdos coa Orde da Mercé

ALTAR MAIOR.- Está na fornela alta a imaxe de SANTO AGOSTIÑO ( de Gregorio Fernández , "pai " ).Na central está a imaxe da NOSA SEÑORA DA MERCÉ,  e nas restantes as figuras de  SAN RAMÓN NONATO,SAN PEDRO NOLASCO, SANTA MARÍA DE CERVELLÓ e SAN PEDRO PASCUAL. No
Muro da dereita do prebiterio hai un cadro ao óleo adicado a San Pedro Nolasco. E na na vidreira do duplo arco gótico , regalao por Vernancio Vázquez, vése a representación de dous santos mercedarios. Outro cadro que estivera no muro da esquerda, baixo do nicho dos Condes de Lemos non foi reposto no seu lugar.

ALTAR DO SANTO CRISTO.- Contén as imaxes de CRISTO CRUCIFICADO, A VIRXE e o APÓSTOLO SAN XOÁN EVANXELISTA. Na capela están depositadas as imaxes do CRISTO XACENTE ( propiedade da parroquia de San Salvador de Sárria ), da NOSA SEÑORA DA PAZ e a imaxe de vestirdo NENO XESÚS, co escudo mercedario.Nesta  capela , o día de Xoves Santo, instalan  o Moimento Eucarístico e polo Nadal o Nacemento. Hai unha vidreira no muro esquerdo cunha imaxe de San Xosé.

ALTAR DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS:-  Feito de novo  no lugar do antigo Altar de San Xosé.Na parte superior está a imaxe dunha santa mercedaria- Na fornela central a grande imaxe do SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS ( do Apostolado da Oración ) , e recentemente foron mudadas de alí as imaxes de San Xosé e...., poñendo no seu lugar as figuras de SAN PEDRO ARMENGOL e SAN SERAPIO. No altar hai tamén dous anxelotes.

ALTAR DA NOSA SEÑORA DO ROSARIO.- Instalado despois da chegada  dos mercedarios  a Sárria, que constituiron unha Confradería do Rosario, foi eliminado cando se fixeron obras de restauro na igrexa  para poder recuperar a antiga porta de entrada á sancristía A imaxe da Virxe do Rosario pasou  para a sancristía e as de San Serapio e San Pedro Armengolñ reubicáronse  no altar do Sagrado Corazón de Xesús

ALTAR DA NOSA SEÑORA DE FÁTIMA: Instalado na década do 1950  na parte interior do portico da primeira igrexa gótica de Santa María Madalena.

IMAXE  SEDENTE LA NOSA SEÑORA DA MERCE.- Imaxe posta no lugar que antigamente ocupara o altar da Nosa Señora de Graza, é unha imaxe procedente de Cataluña, que ten adiantado o pé cun zapato de prata para ser beixado polos fieis.

IMAXE DA NOSA SEÑORA DA MERCÉ NO CORO.- Pequena imaxe  posta  no Coro Grande.

IMAXE DA NOSA SEÑORA DA MERCÉ NO CLAUSTRO BAIXO.- Situada nunha xaneliña cegada que daba luz á parte posterior da igrexa.

SANTO CRISTO DA ESCALEIRA.- Debe ser o que antigamente ocupou a parte alta do retábulo maior. 

CADRO DO TRUNFO DA ORDE DA MERCÉ .- Cadro ao óleo situado  riba no Nicho de Orozco, actual entrada para a sancristía.

IMASE DE SAN MIGUEL ARCANXO.- Procedente da igrexa de San Salvador de Sárria, obra do entallador Gozalvo Álvarez, depositada no pequeno Museu conventual.

IMAXE DE SAN XOÁN.- Procedente da igrexa de San Salvadro de Sárria, obra do entallador Gozalvo ¨Álvarez, depositada no pequeno Museu conventual

                                   NOVAS IMAXES

SAN BRAIS.- Lembra a advocación da capela existente a finais do século XII. E aínda que a capela desareceu cando se fixo a terceira igrexa, mantívose a veneración dos "Corpos Santos" no dito espazo e anualmente celebrouse  de contino a súa veneración como "avogoso das doenzas da gorxa "

SANTA  MARÍA MADALENA.-  Ë posible que a imaxe primitiva , obra de Gregorio Fernández "pai ", se conservase aínda nos primeiros anos 1950 , até que debeu ser vendida a algún anticuario. Recuperando  a súa veneración  foi adquirida unha imaxe de medio corpo cunha cruz alegórica.

SANTA LUCÍA.-  A nova imaxe  garda a memoria da que houbo na igrexa no tempo dos relixiosos agostiños.

SANTO ANTÓN ABADE.-  Nova imaxe que manten acesa a devoción ao santo amparador dos animais que, no seu día, preside a benzón das "mascotas" dos fieis sarriaos.

SANTIAGO APÓSTOLO.-   A antiga imaxe de Santiago que estaba no alatr maior, e era obra de Gregorio Fernández "pai", foi  doada polos mercedarios á parroquia de Santiago de Farbán, en agradecemento pola axuda dos veciños nas obras de restauro do mosteiro . Co novo pulo das peregrinacións xacobeas  unha imaxe de Santiago Peregrino foi situada  á man dereita da Porta de Grazas ( acceso ao claustro ).-

SAN XUDAS TADEU .- Introducida recentemente a súa devoción.

SANTA RITA.- Tamén de introdución recente

......................................................................................................................................................................

 ADVOCACIÓNS DE ERMIDAS E CAPELAS  NA PARROQUIA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA

CAPELA DE SAN BRAIS.- Documentada, cando menos nos anos finais do século XII, foi cedida polo bispo de Lugo a dous frades italianos, para que fundasen un Hospital de Peregrinos. Ocupaba o espazo inmediato á Porta de Grazas (     que dá entrada ao Claustro do Mosteiro ), onde forn enterrados os fundadores, coñecidos como "Corpos Santos" foron obxecto de especial veneración.  Esta capela desapareceu cando se fixo a terceira igrexa ( segunda gótica ) nos primeiros anos do século XVI-

CAPELA DE SANTIAGO DO MERCADO- Alzada no ´seculo XIII na Vilanova de Sárria  e aínda estba en pé darredor de 1853.Estaba vencellada ao Arcediago de Sárria e ao Mosteiro da Madalena. Estaba a Leste do actual Campo da Feira, nos leiros de baixo dos alpendre do pulpo, onde estivo a primitiva Vilanova de Sárria.

CAPELA DE SAN MARCO .-Situada na parte baixa do actual Campo da Feira. Estaba vencellada ao Arcediago de Sárria. No seu interior facíanse enterraementos cando non había posibilidade de  abrir foxas nss igrexas. Derrubada a capela  , darredor dos anos 1840, nese espazo fíxose o primeiro cemiterio municipal.

.-CAPELA DE SAN XOSÉ DA CASA GRANDE.- Capela de propiedade privada,pertencente á Casa Grande dos Saavedra, baixo a advocación de San Xosé, que tamén era a da capela que tiña esa familia dotada no Mosteiro da Madalena. Tiña no altar un cadro ao óleo que se conserva no Pazo de Bóveda. Ocupaba o espazo da actuasl cas nº 23 da Rúa Maior ( Casa de La Palma )

CAPELA DE SANTA MARÍA DE BARBADELO.- Vencellada ao Mosteiro da Madalena, foi lugar de enterramento de mebros de familias que a dotaron de rendas. Estaba  no lugar que  ocupou a partir de 1820 a Feira do Vinte, fronte aos depósitos da auga.

CAPELA DE SAN ROQUE.- Estaba dentro da Casa do Hospital de San Roque ( ou da Madalena ). Foi derrubada na segunda metade do  século XIX.  A imaxe de San Roque foi levada para a igrexa conventual, onde ocupou espazo en dous altares. Posiblemente sexa unha das tallas de San Roque da igrexa de Farbán-

CAPELA DE SAN LÁZARO ( nas antigas parroquias de San Vicenzo e San Pedro de Maside ). Incopporose á aprroquia de San Salvador de Sárria a partir de 1891.  Estivo vencellada ao Hospital de San Lázaro, que acollía doentes de lepra ( gafos ou malatos )  que debeu estar activo dende o século XIII ao XVII.Darredor do Hospital e a Capela naceu a Feira de Lázaro, que era a máis multitudinaria da comarca. O proxecto de convertila en igrexa parroquial que se chamaría de San Lázaro de Sárria non saiu adiante, como tampouco o proxecto de facer un novo e máis amplo templo na Horta da Casa do Roxo, en troco do soar da capela, cuxo derrube fora autorizado polo bispo lucense nos anos 1920.

CAPELA DO CAMPIÑO  ( Estaba  na parroquia de  San Pedro de Maside ) Era de propiedade particular da Casa Grande de Sárria, e nela estremaban as parroquias de Santa Mariña de Sárria, San Salvador de Sárria e San Pedro de Maside.  Descoñecemos cal era  a advoicación que tiña. En 1878 aínda estaba en pé.

CAPELA DA NOSA SEÑORA DO CARME.- Foi a capela do Hospital da Nosa Señora do Carme, promovida pola Marquesa de Casa López ( dona Andrea de Andrés  Sánchez ), e nela recibiu especial devoción a imaxe da Virxe dos Desamparados, introducida polas Irmanciñas da Caridade, que ao ser derrubada a edificación para facer a Residencia de Anciáns, estivo por algún tempo na Casa de Babío, nas Casas Baratas, pasando depois  para a Capela de San Lázaro. As outras imaxes foron retiradas polo Concello para a Capela do Perpetuo Socorro, e algunhas foron cedidas para parroquias da comarca.Da Virxe dos Desamparados había dúas imaxes, unha no altar e outra de vestiir, para sacala en procisión. No Hospital-Asilo había un capelán. sacerdote nomeado polo bispo lucense,  e ás misas e oficios diarios e dos días festivos asistían  veciños do Mazadoiro, Treilán, San Martiño e Barrio da Estación , por lles quedar máis perto das súas casaa que as  igrexas de San Salvador e a Mercé. Cando falecía algún dos acollidos no Asilo o capelán facía as honras fúnebres e enterro sen precisar do ecónomo mercedario. Hai que sinalar que os enterros de veciños do Mazadoiro  e os demais lugares da parroquia de San Martiño de Requeixo ían até o cemiterio pasando pola Rúa Xela Arias, A Calexa. Rúa Maior e Rúa da Mercé. con participación de maior ou menro acompañamento,  e os enterros dos acollidos no Asilo dende San Lázaro alcanzaban o cemiterio subindo pola Corga do Convento. Levaban os cadaleitos empregados do Concello e sen acompañamento o capelán  presidía o traslado  e a benzón das foxas anónimas abertas polo enterrador na parte baixa do cemiterio, perto da caseta das autopsias...

 .....................................................................................................................................................................

CRUZ DE PEDRA  (MARCO ). Posta nunha casa da Rúa Principal ( Rúa Maior ), sinalou a esgtrema entre San Salvador e Santa Mariña até 1890.

CRUCES DE PEDRA DO VIA CRUCIS.- Situadas no camiño de San Salvador ao Mlosteiro da Madalea. Descoñecemos cal era o seu número.

A CRUZ DA VERÓNICA.- Cruz de pedra que sinalou  o lugar que ocupaba a desaparecida Capela de Santa María de Barbadelo  ( espazo de diante da  Casa do Campo da Feira )

CRUCEIRO DE SAN ROQUE.-  Foi posto no século XVIII no lugar que ocupara o altar  da Capela do Hospital de San Roque ( ou da Madalena ). Descoñecemos cando foi retirado.

.-CRUCEIRO DE SAN LÁZARO.- Colocado polo Ministerio de Información e Turismo  como símbolo vencellado ao Camiño de Santiago. Está  a carón da Capela de San Lazaro, no Xardín Xela Arias.É obra de Manuel Mallo.

CRUCEIRO DO MIRADOIRO DO CÁRCERE.-  Promovido polo Centro Cultural Meigs e Trasgos con aportación ecoómica da Delegación Provincial de Información e Turismo. É obra de Manuel Mallo.

.........................................................................................................................................................................

                                         FESTAS RELIXIOSAS E POPULARES

ROMAXE DE SAN LOURENZO.- Foi festa relixiosa e romaxe que se facía diante do Mosteiro da Madalena

ROMAXE DE SANTA MARÍA MADALENA.- Festa relixiosa e romaxe que tamén se facía diante do Mosteiro da Madalena.

FESTA DE CORPUS CHRISTI.-  Festa principal da parroquia de San Salvador e festa oficial do Concello de Sárria.

FESTA DE SAN XOÁN.- O día 24 de xuño na igrexa de San Salvador e da Madalena  celebrábsnse numerosas misas dotadas, Na parroquia de Santa Mariña  de Sárria había altar e capelán de San Xoán  e por iso nesa parroquia aínda se daba unha maior participación dos cultos.  Iso explica que dende finais do século XIX , como festa popular  o San Xoán tivese unha boa acollida, pasando a partir dos anos 1920 a ser consideradas como Festas Patronais da Vila.   Dentro dos actos relixiosos  a procisión eucarística  e coa imaxe do padrón  chegaba até a  igrexa de San Salvador e deseguido baixaba cara Santa Mariña e as capelas  do arrabaldo,

FESTA DO SANTO ANTONIO  DOS ASENTOS.-  A parte relixiosa tiña lugar  no altar a el adicado na igrexa parroquial, e a festa profana no Barrio dos Esqueiredos, e levaba ese nome polo banco corrido de pedra existente na beira da estrada.

FESTA DE SAN LÁZARO.- (  até 1890 en Maside ).- Feira e festa relixiosa no Campo de San Lázaro ( despois  Barrio de San Lázaro )

FESTA DE SANTA LUCÍA.- Tamén na Capela e Barrio de San Lázaro.

FESTA  DE SAN MARTIÑO- No Barrio do Mazadoiro, na honra do titular da parroquia de San Martiño de Requeixo.

FESTA DA NOSA SEÑORA DA MERCÉ .-  Festa relixiosa con celebracións multitudinarias e procisión polas rúad da vila.

FESTA DA VIRXE DOS DESAMPARADOS.-  Promovida polos veciños do Barrio da Estación-. Actos relixiosos na Capela da Nosa Señora do Carme ( Asilo ) , procisión até a Estación, ás veces xantar extraordinario ofrecido aos acollidos no Asilo, concerto, baile e verbea no Cruce da Estación

( No Barrio da Estación tamén organizaron festas na  honra de San Pedro e de Santiago Apóstolo)

FESTA DA VIRXE MILAGROSA .- Nos anos 1980 os veciños do Barrio das Insuas  organizaron a festividade da Virxe Milagrosa, con celebración de misa solemne  ao aire libre  presidida pola súa imaxe baixada dennde a igrexa parroquial.  Cando o Barrio das Insuas pasou a estar integrado na parroquia de Nosa Señora do Rosario, encargaron ao seu veciño Segundo Sexto  a talla que agora se ve na Capela do Santísimo da nova igrexa parroquial

 

Comentarios

Publicacións populares