PLEITO DOS LIBERTOS DE SAN MARTIÑO E SAN XACOBE DE BARBADELO (985)

 PLEITO DOS LIBERTOS DOS MOSTEIROS DE SAN MARTIÑO E SAN XACOBE DE BARBADELO NA MANDACIÓN DE BARBADELO ( 985 )

Os saións e homes do rei Vermudo II  e os de dona Palla, a quen correspondía a "mandación de Barbadelo " reclamábanlle ao abade  Veremudo de Barbadelo a propiedade  de dous servos libertos  de San Martiño e San Xacobe de Barbadelo

MANDAMENTUM  DE BARUATELLO:  Espazo de terreo  cos servos nel residentes, na bacía do río Barbadelo, no que, por concesión real imperaba dona Palla-

RÍO BARBADELO.- Río con nacemento en Santa Icía ( Loureiro de Froián ) que atravesa as parroquias de Loureiro, Santo Estevo do Mato, San Pedro de Froián, San Mamede da Chanca, San Miguel de Piñeira, Santiago de Barbadelo, San Pedro de Maside e San Martiño de Requeixo, antes de render as súas augas ao río Sárria. Na actualiade é coñecido como Río Celeiro.

MOSTEIRO DE SAN XACOBE DE BARBADELO .-   O primeiramente coñecidocomo "Casa Domni Adilani" e "Loci Sancti Iacobi " é o Mosteiro de Santiago de Barbadelo. do que na actualidade perviven a igrexa mosteiral  e a casa chamada do Mosteiro.

MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO DE BARBADELO.-  Vencellado ao anterior e ao de San Salvador de Rosende ( ou de Nespereira ) e ás Casas Maiores de San Pedro de Taíde, San Pedro de Barán , San Salvador e San Mamede na Pinza, a súa memoria pervive  no lugar de San Martiño ( na actual parroquia de Barbadelo ) e nas paredes  da capela do mesmo nome no paraxe da Ermida--

Os libertos  ALVARO e  ARXERICO  e os seus irmáns eran fillos de  RANIMIRO  e netos de NONNOY  E SISIBERTO.

Entenderon do asunto os xuices  GUTIER OSORIZ,  PINIOLUS  TRUCTINIZ,  SARRACINO SILIZ, VIOLENTIUS  ALDERETIZ , ALOYTUS SILONIZ e outros moitos.

ARIAS FORTUNIZ, en nome de dona Palla, defendeu  que os fillos de Ranimiro pertencían ao mandamento de Barbadelo e que por moitos anos  renderan tributo  para a mandación por saións e xuices esixido.

O presbítero DIDACUS, na voz do abade Veremudo de Barbadelo e do mosteiro de San Martiño e San Xacobe de Barbadelo, respondeu que eran netos de Nonnoy e Sisiberto libertos propios de San Martiño e San Xacobe de Barbadelo., , e que os abades antecesores até Veremundo os tiveron en pacífico dereito como propios da igrexa santa e por cartas e patrocinios.

RECEBIMENTO DE TESTEMUÑAS.- Ordenaron os xuices que cada parte presentase  testemuñas en ELARÍN ( na Casa do Rei na actual parroquia  de San Salvador de Larín-.Láncara ) aportados polo demandante ( pulsator ) e polo demanadado ( responsor ), en número de doce por cada parte, para depoñer perante os eleitos Gudesteo Segimariz , Gutinus Uidramiriz, o presbítero Martinus e outros moitos xuices por autoridade do rei e da lei gótica, e pola autoridade do saion Monio-

PRESTARON XURAMENTO en San Miguel  na ribeira   de Barbadelo ( hoxe San Miguel de Piñeira ) frei Gundesindo, frei Belliti, frei Nantildo, o confeso Eroigius, Gunderedus Fredenandiz,  Ariaster Utiz,,  Ueremudo Cartiniz,Felix Adaulfiz, Pelagius Gisulfiz, Sendino Rabinatiz, Arias Odoni  e o presbítero Didacus, en número de doce. Afirmaron que eses homes  e os seus irmáns, eran fillos de Ranimiri, netos de Nonnoy e de Sisibewrto, libertos da igrexa santa segundo resoaba naa escrituras. Estas testemuñas  afirmaron as súas firmezas  na presenza  de outras testemuñas ali presentes.

Diante destas manifestacións os xuices e os  homes magnates do pazo do rei  asinaron a escritura  ordenaron  que os homes polos que se litigara quedasen consinuados  para a parte da igrexa de San Martiño e San Xacobe de Bardadelo  por todos os séculos  en firme posesión.

CENSURAS contra aqueles que vaian na contra da sentenza ;  Que non teñan voz  voz nin licenza e  sexan excomungados  e arredados  da fe católica  e con Xudas, traidor ao Señor, teña participación  en eterna condenación, e pola pena temporal pague para  a parte da igrexa eses homes duplados  e para a parte do rei  dous talentos de ouro.

Esta escritura de agnición foi feita no día VI das nonas de abril da Era 1023 ( ano 985 )

ASINANTES DA ESCRITURA: O presbítero Ariani   (defensor de dona Palla ), O frade Ero Fortuniz ( defensor do Mosteiro ); Sarracino Siliz, xuiz; Piniolus Tructiniz: Gundemarus Pinioliz: Gutier Caruisciz   Citi Didaci ;  Pelagius....: Monnio Nuniz; Uiolentio Alderetiz; Aloyto Siloniz; Gutinus Uidramiriz, xuiz; Martinus , xuiz ;  Gudesteo Sagionariz, xuiz;  Ero Bisotiz;  Nunus Catoniz;  Baltario Scandiniz, Arias Luciti.- Ueremuduus , principe, confirma;  SignoVERMUDUS.- Sampirus, presbítero.-Palla Didaci. Signo PALLA.- Pelagio Elperici.- Quintila  Alderitiz.- Uimara Utiz.- Fredennando Rademiriz.-  Frater Quendulfus.- Seniorino.- Didacus, presbítero.- Sanpirus, diàcono.- Mandinus, diácono.Donelo.- Sandino ( testemuñas )

                                           ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,

Esta escritura aparce recollida baixo do número 95 en " 3 GALICIA . A CORUÑA. FONDO ANTIGUO ( 788-1065 ) ", de Carlos Saéz, Mª del Val  González de la Peña ( Universidade Alcalá . 2003 )  referíndoa a " la contienda  que enfrentaba  al monasteriode San Martini ( Pinario ) con la citada doña Palla". 

Esa atribución  é errónea porque a "mandatio de Barbadelo", o "rivulo Barbadelo" e os mosteiros de San Martiño de Barbadelo,San Xacobe de Barbadelo e San Miguel de Piñeira estaban dentro dun espazo  que se contrae ás actiais `parroquias de Santiago de Barbadelo e San Miguel de Piñeira, no actual  concello de Sárria, e o abade Vermudo de Barbadelo  ningunha relación tiña con San Martiño Pinario ( en Compostela ). 

A ubicación deste documento como do Fondo Antigo da Coruña non se sostén, e hai que entendelo como un documento  dos fondos do Mosteiro de San Xulián de  Samos , ao que acabaron pertencendo os mosteiros de San Martiño de Barbadelo, San Xacobe de Barbadelo e San Salvador de Rosende,


Comentarios

Publicacións populares