" VILLA ANDREA" .- SÁRRIA

                                        "VILLA ANDREA".- SÁRRIA  ( 1884 )

"VILLA ANDREA "  foi a primeira das chamadas " Quintas dos Madrileños" construídas na vila de Sárria nas décadas finais do século XIX e primeiras do XX.

Para alzar o " hotel" ( así é como denominaron ao primeiro o palacete  ) Matías López López comprou varias parcelas de terreo no nomeamento da Alvareda, na parroquia de Santa Mariña de Sárria, con fronte á estrada de Valdeorras  , e estremando  coa Corga da Alvareda e o chamado "Calellón de Moreno", que ía dende o Barrio da Duquesa ao Agro da Poula.

A chegada do tren dende Castela en 1882 permitiu  a chegada de materiais innovadores  para facer na súa vila nadal a magnífica casa que debía ser sinal do bon suceso de aquel mozo , fillo de familia pobre, que en Madrid fora quen de  labrar un emporio industrial e , froito do seu traballo e valor persoal, e de chegar a ocupar postos representativos na vida social e económica do seu tempo como deputado en Cortes e senador , gozando do recoñecemento xeral  da cidadanía e sendo honrado con distincións españolas e estranxeiras .

A autoría do proxecto  non se pode precisar e estamos  na agarda de achar documentos que  confirmen o nome do arquitecto. A obra  ubicouse  na "estrada nova ", abandoando a "Vila", o espazo histórico da poboación, onde residían as familias da vella  fidalguía  e rendistas que controlaban a vida social e politica da comarca,  Ademais do edificio, de certo aire francés, composto de baixo, andar principal e outro abufardado. O amplo parque-xardín  no que había pozo con depósito de augas,un ceador,  unha cava ou "soto", cabaleriza e a Casiña do Hortelán foi  embelecido co chantado de árbores nobles , entre elas o abeto pinsapo, alevosamente  feito desaparecer , que se prantara para celebrar o nacemento do neto de Matías López López, Matías Oñate López.

Daba acceso ao parque unha grande portada con remate semicircular onde se lía " Villa Andrea", nome  dado en honra da súa esposa Andrea de Andrés Sánchez. En 1888 o Concello de Sárria acordou darlle o nome de Rúa Matías López á Estrada de Valdeorras, , entre o hoxe chamado Cruce do Avenida e a Corga de Formigueiros,  e as placas desta rúa e das outras rúas e prazas da vila de Sárria foron pagas por Matía López López.

Varias décadas despois de  ser alzada " Villa Andrea", dando fronte ao Calellón de Moreno ( Hoxe Rúa Marquesa Casa López, tíduo de concesión pontificia dado á Sra de Andrés Sánchez ) foi fundada unha capela baixo a advocación da Virxe do Perpetuo Socorro,

Utilizada  como residencia de verán pola viuva e fillas de Matías López , en tempos da Ditadura de Primo de Rivera foi domicilio habitual de Matías Oñate López e a Marquesa de Ugena e a súa numerosa familia. En Villa Andrea foron acollidos  numerosos persoeiros , homes da politica e da Igrexa, e dona Emilia Pardo Bazán  estivo na casa  respondendo  a unha invitación da Marquesa de Casa López.

Nos anos da guerra de 1936/1939 "Villa Andrea" o mesmo que "VillaAurelia" ( La Unión ) acolleu un Hospital de Sangue, para a atención de soldados feridos. E cando se establece en Sárria a Orde da Asunción "Villa Andrea" é o punto onde de xeito provisorio se establecu o Colexio da Asunción, porque  a esa congregación pertencía  unha das fillas do Marqués de Ugena, que deu todas as facilidade para que o palacente albergase a comunidade de relixiosas e  aulas, entrementres non se remataban as obras  do Colexio na Lama da Gándara.

Foi obxecto de partillas entre os herdeiros de Matías Oñate López ( coñecido como Marqués de Ugena, a quen se adicou o primeiro treito da antiga Rúa do Porvir".  O parque foi dividido pola Rúa Nova e o espazo de perto da Casiña do Hortelán, que foi derrubada" , serve hoxe de asento ás casas  35,37 e 39 da Rúa Matías López. O resto do parque, cuxo muro frenteiro foi retirado , xunto co pequeno reixado da beirarrúa, cando se fixeron as obras do Plan de Accesos a Galicia. A monumental portada tamén foi retirada e houbo o acerto de recuperar  o remate semicicular onde sigue campando a lenda "Villa Andrea ".

Tamén  desapareceu  a cabaleriza, e a alta cerca que rodeaba a finca  pola Rúa Marquesa Casa López e Corga da Alvareda, foi derrubada cando o Concello adquiriu a Casa, a Capela e  o que quedaba do primitivo parque, espazos aos que enadiu terreos adquiridos aos donos da Casa Moreno e da Casa Quiroga e outros máis, para  destinalos á PRAZA DA VILA.

"Villa Andrea", que fora moi embelecida cando foi ofrecida para que o rei Alfonso XIII  residise nela con ocasión das célebres Manobras Militares de Bóveda, e que por motivos de seguridade  tivo estadía no Pazo de Bóveda, ao pasar a propiedade municipal  pasou a ter diversos usos: Sede da Asociación de Viuvas "Concepción Ulloa", Sala de Exposicións, sede de "Ancianos del Mundo", Asociaición de Mulleres Rurais San Isidro,  Teares de Arcas, "Saluga", Servizos Veterinarios´, Centro de Atención á Muller, "Sete Castros",,,  E está agardando que se leven adiante obras de recuperación, ademais das pouco profundas das que foi obxecto.

A PRAZA DA VILA conta cun auditorio ao aire libre  no que se programan actividades  musicais, teatrais e de lecer, exposicións  e actos orientados aos máis novos. É un espazo onde nenos e maiores teñen espazos adicados a eles,

                                 A INAUGURACIÓN DE "VILLA ANDREA"

                                            ( 15.08.1884, Festividade de Santa María de Agosto)

O DIARIO DE LUGO no seu número de 19 de agosto de 1884 recolle a nova da inauguración do "hotel" de Matías López López e a súa dona Andrea de Andrés Sánchez.

                                     CRÓNICA DE GALICIA

                                          EN  SÁRRIA

Segundo nos escriben de Sárria, os SEÑORES DE LÓPEZ co motivo da inauguración dun hotel que recentemente reedificaron ( sic ) naquela vila, agasallaron aos numerosos amigos cos que ali contan, convidádoos para unha xuntanza  de confianza, que principiou  ás nove da noite  e rematou despois das dúas da madrugada.

Dí o noso amigo  que os señores de López, que son por demais galantes e obsequiosos con cantas persoas con eles teñen trato, proporcionaron aos convidados  unha desas veladas  que deixan gratísimos recordos e nas que as horas pasan  dunha maneira insensible.

O hotel dos ditos señores , que non temos tempo para describilo en todos os seus detalles , é  unha desas moradas  que por todas partes reflicten  o bon gusto dos seus donos e que satisfai por enteiro todas as necesidades da vida de campo que se propoñen facer  nas tempadas nas que a calor obriga aos madrileños, que posúen  unha fortuna respectable, como  a aqueles acontece, a percurar o acougo  dun clima tan temperado e hixiénico como o da nosa rexión galega.

A xente moza entregouse dende os primeiros momentos  ao baile, tendo o gusto de admiraren nalgún intermedio a magnífica voz e escola de canto das señoritas Dª Emilia de Andrés, irmá dos anfitrións, e de Dª María González Neira, así como a maxistral  maneira de  interpretar e executar  ao piano dificilisimas pezas  as señoras  D Asunción López de Oñate, filla dos respectables donos da casa, e a señorita Xoaquina Bellido e González, que contribuiron co seu talento e envidiables dotes , a que a noite se pasase dunha maneira tan confidencial como agradable ,

Ao pouco de soar  as doce, os señores da casa e os seus galantes fillos conduciron  aos asistentes aos comedores  onde se serviu un exquisito "lunch", abondando os suculentos e delicados manxares , os mellores viños españois e extranxeiros , excelentes tabacos  e canto constituir pode unha selecta e confortable mesa.

Cando se destapou oo champagne , varios dos convidados adicaron sentidos e agarimosos brindes  aos señores de López e á  súa apreciable familia, contestándolles  e dando as grazas  en igual linguaxe e delicada franqueza o Excmo. Sr. D. Matías,  rematando a velada  co pesar por parte de todos , de que a noite fora tan curta e tan rápido o tempo que  destrutaran de tan agradable estancia. 

                                                   ...................................................................

Nota : É posible que entre os convidados ao "lunch" inaugural estivese o enxeneiro Xoaquín Bellido Díaz, pai de Luis Bellido González, que  dez anos depois recibiría a encarga de facer o proxecto das Escolas Públicas, o que ven explicado pola presenza documentada da mociña Xoaquina Bellido González entre os participantes no acto.

 *************************************************************************************  

 Datos facilitados polo historiador GREGORIO SÁNCHEZ MECO, estudoso da figura de Matías López e López, obtidos no  A.H.P ( Comunidade de Madrid )..   Leg. 37.220. Inventario dos ben ao falecemento de don Matías López e López. 23-Spt-1892. ( 21430-21494 ).

                                          ....................................................................

BENS INMOBLES  SITUADOS NA VILA DE SÁRRIA  E O SEU TERMO MUNICIPAL,                                                                       PROVINCIA DE LUGO 

                                                       VILLA ANDREA

                   (   A primeira " Quinta dos Madrileños" alzada na Vila de Sárria ) 

28,. 1ª.- UNHA CASA HOTEL , situada na Vila de Sárria  e a súa  Rúa  noeada de Matías López,  contruída de pedra, ìzarra e de granito , coberta de zic, composta de planta baixa, priipal e segundo andar ; cuxo hotel ten a súa entrada pola citada Rúa de Matías López, ou sexa pola Estrada provincial, que vai de  Lugo a Valdeorras, e na actualidade leva o nome de " Rúa Matás López". O referido hotel  ten de sitio cento sesenta metros, noventa e tres centímetros cadrados  (  160,0093 m m/2 ) ademáis fora dos seus muros  na fachada posterior ou traseira, que dá ao xardín  e pegada á dita fachada está establecida unha COCIÑA TERREA   de corenta e seis metros , noventa e dous decímetros cadrados (  65,0046 m/2 ), así como a GALERÍA ou TRÁNSITO que pon en comunicación  a referida cociña  co COMEDOR DOS SEÑORES  de trinta e cinco metros e dezaseis centímetros cadrados ( 35,0016 m/2 ) ; O  CELEIRO  riba da ADEGA DO COCIÑEIRO , cunha porta de entrada, que consta de quince metros, doce centímetros cadrados ( 15,0012 m/2 ), co seu piso taboado; baixo desta áchase a adega  cunha porta que mira a Poñente, e unha luz ao Nacente ,  con  chan  de cal hidráulico , mide dezaoit metros  e corenta e seis centímetros  cadrados ( 18,0046 m/2 )  , inclusa a escaleira : Linda a Norte  coa repetida  Rúa de Matías López , ao Nacente  coa mesma Rúa e patio do Hotel , e polos demais lados co xardín desta pertenza.

2ª,.  A finca chamada VILLA ANDREA , destinada a xardín e horta,  cerrada de por sí co Hotel anterior, casetas ou departamentos destinados a COCHEIRA, CORTES, GALIÑEIRO e outras, e o resto con muro de pedra:leva en semeadura cinco ferrados 3 / 4 ,  2 / 4 e 1 /2 de novecentas varas cadrados cada ferrado equivalentes  a trinta e catro áreas e vinte e nove centiáreas ( 3.429 m/2 ),  medida de muros para adentro  ; contén varias  árbores froiteiras   de esqusita calidade : tres liñas de parrais  de cento trinta e nove metros  liñais, con armadura de ferro arqueada e no seu centro sita unha glorieta, levantada por  arcos do dito metal, e outra  sostida por postes de madeira ; régase  con auga de norias  e  unha delas cun MUIÑO DE VENTO. A súa entrada principal   está situada pola Rúa de Matía López, e péchaa unha portada de ferro de bonita construcción , por onde confina polo Norte e parte do Nacente; ao Poñente con terreo dos Herdeiros de Xosé Vela e casa ou palleira  de Xoán Carreira Vázquez, polo Mediodía con terreo de don Venancio  Vázquez López ; ao Nacente con camiño que empalma na Rúa de Matías López e sobe a dar no camiño veciñal  de primeira orde, que de Sárria conduce a Portomarín. que está en construción-

3ª. O PATIO  é de douscentos cincuenta e catro metros cadrados ( 254 m/2 ) de superficie , empedrado de seixo, cunha portada de carros que lle dá entrada , confina  por Nacente  con camiño, que nace na Rúa de Matías López, e sube a empalmar co camiño  de primeira orde , que de Sárria  diríxese a Portomarín, que está en construción,. e a CARBOEIRA  e CORTES desta finca, polo Mediodía co GALIÑEIRO, a Poñente e Norte co Hotel e cociña.

4ª.-  O Departamento . ou  caseta chamada CARBOEIRA , cuberta de lousa e construida  de pedra cunha porta que dá ao patiom de trinta e un metros,  sesenta e dous  centímetros  cadrados de área ou superficie interior, (  31,62 m/ 2 ) destinada a deposito de carbón, é terrea co seu faiom que sirve de PALLEIRA, confina por Norte e Poñente co patio, ao Mediodía  coa partida que segue que é a COCHEIRA , e ao Nacente co Camiño que da Rúa Matía Lòpez empalma co camiño veciñal de primeira orde, (  1 ).

............................( 1 ) Chamado entón " Rúa dos Ausentes ", popularmente " Calellón de Moreno " e  Rúa  Marquesa de Casa López,....................... 

5 ª,.  A COCHEIRA  baixo construido como a anterior  e sucesivas, de trinta e oito metros  e dezanove centímetros cadrados (  38,19 m/2 )  cunha porta de entrada  que dá ao patiom confina a Mediodía coa partida que seguem a Naciente con camiño que emalma  na Rúa de Matías López, a Norte coa partida anterior ,e a Poñente co patio.

6ª,.  Outra caseta  chamada DORMITORIO, , de vinte e cinco metros  e setenta e  dous centímetros cadrados ( 25,72 m/ 2 )m cunha porta que mira ao patio, e linda ao Sur coa partida que segue, que é a cabaleriza, a Norte coa partida anterior, a Nacente con camiño , e, a Poñente co patio.

7ª.-   A CORTE ou CABALERIZA construido  como as anteriores de muros de pedra de lousa cunha porta que mira  ao patio, ocupa  unha superficie interior de corenta e nove metros  e dezaseis centímetros  cadrados ( 49,16 m/2 ) , e linda  a Nacente co camiño que empalma  na Rúa  de Matías López, a Poñente  co patio  e a Corte de Vacas, a Norte coa Cabalerizam e a Mediodía  con terreo de Don Venancio  Vázquez López,

8ª,.  Unha caseta  destinada a  CORTE DE VACAS ,  de vinte seis metros dezaoito centétros cadrado *( 26,18 m/2 ), cunha  porta que dá  ao patio  co que linda polo Norte, a Sur con terreo de Don Venancio Vázquez López, a Nacente coa partida anteriorm e a Poñente co Galiñeiro

9ª,.. Outra  caseta construida de pedra e coberta de lousa, chamada GALIÑEIRO , que, ten de cabida  catorce metros e noventa e seis centímetros  superficiais  de área interior * ( 14,96 m/ 2) , cunha porta ao patio, que lle dá entrada  e confina polo Norte  co repetido patio , a Sur  con terreo de Don Venancio Vázquez López, a Nacente  coa Corte de Vacas, e a Poñente coa caseta destinada a ferramentas.

10ª,.  Outra caseta  como as anterores chamada "PARA FERRAMENTAS" cunha porta de entrada que dá á horta e ocupa unha superficie  de dezaseis metros e sesenta e oito centímetros cadrados * ( 16,68 m/ 2 ). Linda  polo Norte coa horta , a Sur  con terreo de Don Venancio Vázquez López, a Nacente co galiñeiro e a Poñente co Fruteiro.

11ª,.  Outra caseta chamada FRUTEIRO   de pedra e coberta de lousa , como as anteriores,  cunha porta  á horta :  consta de vinte e dous metros , cinco centímetros  cadrados * (  22,05 m/2 ) , é terrea e confina  polo Norte e Poñente coa horta, Mediodía , terreo de  Don Venancio Vázquez . e , Nacente, coa casa para ferramentas,

12ª.-  Outra casa chamada DO HORTELÁN , composta de catro cuartos  terreos, construida de pedra  e coberta de lousa pizarra,m ten  dúas portas ao xardín  e consta de cincuenta e cinco  metros vinte centímetros cadrados * (  55,25 m/2 ) , lindante por Poñente con terreo dos herdeiros  de Don Xosé  Vela, a Norte co cuarto do Cociñeiro e a Nacente e Mediodía  coa horta , e a Norte  e Poñente con terreo dos herdeiros de Don Xosé Vela,

13º.- O CUARTO DO COCIÑEIRO  -da mesma construción  que a anterior partida, cunha porta á horta, é terrea e de vinte metros , setenta centímetros cadrados * : ( 20,70 m/2 ) Lina a Sur e Nacente  coa Horta e ao Norte e Poñente  con terreo dos herdeiros  de  don Xosé Vela

O expresado  hotel e as doce fincas que quedan descritos  anteriormente ,  corresponden á Testamentaría  do Excmo, Señor Don Matías López López , polos títulos seguintes:

..................................................................................................................................................................... 

                                       A CORTIÑA DA ALVAREDA ( 1 )

 (  1869 ) Por escritura outorgada  na citada Vila  de Sárria a cinco días do mes de Maio de mil oitocentos sesenta e nove, por Dn.   Xoán Carreira Gudín , perante o Notario Don Xoán López Yáñez  Escribán de Número da Vila de Sárria , aquel vendeulle a Don Antonio Macía  Cedrón veciño que foi  da expresada Vila  , e este adquiriu para o Señor Don Matías López, veciño  do Comerzo de Madrid, un retallo ou porción de terreo  da finca denominada  CORTIÑA DA ALBAREDA, situada en termos  da Parroquia de Santa Mariña  da citada Vila de Sárria, que levaba en semeadura  ferrado e medio  do de novecentas varas cadradas, equivalente a dita mensura a nove áres , corenta e tres centiáreas e vinte e nove decímetros cadrados ( 943,29 m/2 ), e estremaba en aquela data a Norte, coa Estrada  provincial que de Lugo vai para Valdeorras e camiño que sobe ao Barrio  da Duquesa, polo Medidía o mesmo camiño  e terreo de Xoán  Carreira Vázquez e polo Pññente   co resto da finca  que lle quedaba ao vendedor Don Xoán Carreira Gudín.

A escritura que queda relacionada, foi inscrita  no Rexistro da Propiedade de Sárria, en catorce de Maio  do citado  ano de mil oitocentos sesenta e nove, no Tomo  dez, folio cento setenta e dous, finca número mil, inscrición  número primeiro.

                                   A CORTIÑA DA ALVAREDA  (   2  )

                                     AFORA DO PEDREGAL       

(  1870 ) Por outra escritura de compravenda outorgsda  na  Vila de Sárria  a vinte e seis  días do mes de Mayo de mil oitocentos setenta , por Don Xoán Carreira Gudín , perante o Notario daquela  Vila Don  Xoán López Yáñez , enaxenou  aquel ao Señor Don Matías López e López unha porción de terreo  labradío ms CORTIÑA denominada DA ALBAREDA, sita en termos  da Parroquia  de Santa Mariña da citada  vila de Sárria, a súa cabida medio ferrado, equivalente a tres áreas, catorce centáreas e corenta e tres decímetros cadrados ( 314,43 m/2 ), e estrema a Nacente coa  Estrada de Nadela a Valdeorras, hoxe Rúa de Matías López, Poñente terreo de Xoán Carreira Vázquez, Norte e Mediodía terreo do propio comprador Matías López, cuxa escritura áchase  inscrita no Rexistro da Propiedade da citada vila de Sárria a doce de Agosto de mil oitocentos oitenta e catro , perante Don Antonio Buján e Rodríguez, Notario da dita  vila,polo Excmo, Señor Don Matías López e López, Dª Manuela López e López, de estado viuva, Don Matías Vázquez López, casado e os seus irmáns Don Venancio e Don Fernndo Vázquez e López,, veciños o primeiro e o último desta vila  e Corte de Madrid, e a segunda e terceiro , da indicada vila de Sárria, de cuxa escritura resulta qu o primeiro, ou sexa o Ecmo, Señor Dn- Matías Lópezr López  permutouc cos indicados Dª Manuela López  e López  e os seus fillos Don Matías , Don Venancio e Don Fernando Vázquez e López, na CORTIÑA titulada do TOLEIRO , situada en termos da parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria, a súa mensura  medio ferrado aproximado, equivalente a tres áreas , catorce centiáreas  e corenta e tres decímetros cadrados, destinada a labrantío, estremando a Norte con terreo de Manel Pérez, Nacentec on terreo de Don Manel López Surez, Mediodía con terreo de Pedro Varela, e a Poñente con Antonio Rivas ; pola herdade  labrantía  chamada da A LBAREDA , na que figura  unha virita , que leva o nome de AFORA DO PEDREGAL ,  que levaba en semeadura medio ferrado , ou sexa  tres àreas , catorce centiáreas  e corenta e tres   decímetros cadrados  (  314,43 m/2 ); cuxa  virita  tomada daquela finca, lindaba a Nacente ncon outra bde Dona Manuela López, camiño en medio , Mediodía  horta  do Excmo  Señor  Don Matias  , a Norte  con finca de don Xosé Vela , e a Poñente  con outra de Xoán Cabarcos,

( 1884 ) A relacionada escritura foi presentada  en vinte e seis de Agosto   de mil oitocentos oitenta   e  catro  ao Rexistrador da Propiedade  de Sárria para a súa liquidación e inscición  no Rexistro da Propiedade  e aparece dunha carta de pagamento expedida  en vinte e seis do mesmo mes de Agosto m polo Liquidadorb  Don Xesús Rodríguez Guerra, a favor do repetido  Señor Don Matías López e López, que este pagou dúas pesetas  vinte e cinco céntimos  pola mencionada permuta inscrita no Rexistro da Propiedade.

                                                  ............................................................. 

                                             A ALVAREDA E FORA DO PEDREGAL 

 (1884 )  E por outra escritura outorgada  na citada Vila de Sárria a vinte e nove de Setembro de mil oitocentos oitenta e catro, perante o referido Notario  Don Antonio Buján e Rodríhuez, Don Xosé  Díaz Vela, deestado casado, e veciño da mesma Vila de Sárria, permutou co tantas veces citado Don Matías López e López, veciño que foi desta Corte, un terreo coñecido co nome de ALBAREDA, destinado a labrantío, sito en termo da Parroquia de Santa Mariña, que entón levaba   en semeadura  dez áreas e once centiáreas,  igual a un ferrado  e cinco cuartos. Estrema  a Nacente co camiño que sobe da Estrada  de Nadela a Valdeorrasná de Portomarín , Poñente con terreo a horto, que reserva o Xosé Vela, camiño  e cerro no medio, Norte con horta de Don Matías López. e ao Sur con terras dos Herdeiros de Xosé Vázquez ; por outro que o propio Señor Don Matías López posuía notra herdade chamada A ALBAREDA, na que figura un retallo, que se denominaba de FORA DO PEDREGAL, que será como medio ferrado ou tres  áreas , catorce centiáreas  e tres decímetros cadrados ( 314,43 m/2 ); cuxo retazo  estrema por Nacente con outro de Manuela López, hoxe os seus herdeiros, camiño no medio, Mediodía  a horta cerrada do Señor López ; polo Norte estrema con finca de Xosé Vela, e Poñente con outra de Xoán Cabarcos. Esta finca pertenceu ao Señor Don Matías López e López por permuta de outra, celebrada con Dª Manuela López, Don Matía, Don Venancio e Don Francisco  Vázquez López  fillos e herdeiros  de Don Xosé Vázquez Mondelo  Vázquez López,  segundo escritura  fr doce de  Agosto de mil oitocentos oitenta e catro, perante o citado Notario Don Antonio Buján e Rodríguez.

A relacionada escritura  outorgada en vinte e nove de  Setembro  de mil oitocentos oitenta e catro , foi inscrita no Rexistro da Propiedade de Sárria o día cinco de Xuño de mil oitocentos oitenta e cinco. Polo que fai  finca DA ALBAREDA que recibiu o Señor López, ao folio trinta e nove , do tomo corenta e dous, do Concello de Sárria, finca  número tres mil trescentos setenta e catro, inscrición segunda.

Dono o defunto Señor Don Matías López dos terreos adquiridos por virtude das escrituras que quedan relacionadas, constuiu o HOTEL  referido ao comezo, que ten a súa entrada  pola Rúa de Matías López, a finca chamda VILLA ANDREA destinada a xardín e horta, que está cerrada co refrido Hotel, casetas destinadas a cocheira, cortes, galiñeiro e todas as demais que quedan inventariadas, quecon inclusión do Hotel, xardín e horta,mobles,  roupas, coches e efectos que existen na actualidade na Casa-Hotel, situada na referida Rúa de Matías López, van inculidas neste inventario, de conformidade coa Señora Viuva e Herdeiros, na cantidade de CORENTA E CINCO MIL PESETAS ( 45.000 ptas ).

......................................................................................................................................................................... 

 SOAR NA RÚA DE MATÍAS  LÓPEZ  /  CAMIÑO DO BARRIO DA DUQUESA Á PONTE VELLA

329.- UN SOAR ( * )  situado en termo da Parroquia de Santa Mariña de Sárria, na  Provincia de Lugo, cerrado en parte, a súa forma é a dun trapecio  irregularm e ten de sitio  polo Nacente  unha liña de trinta e sete metros, polo Poñente doce metros, polo Norte vinte e dous metros  e corenta centímetros m e polo Mediodía corenta e tres metros  e vinte centímetros formando  unha superficie  cadrada de oito áreas, tres centiáreas  e sesenta decímetros cadrados (  803,60 m/2 ), equivalentes  a un ferrado. dous cuartos e un cuartillo.Estrema oir Nacente con terreo do Señor Don Ramón Martínez, por Poñente coa Estrada que vai de Nadela a Quiroga ( e Valdeorras ); polo Norte con camiño que vai á Ponte Vella e terreo de don Xoán Carreira Gudín , e ao Mediodía máis terreo de Don Modesto Rivas Viñas.

O espresado  soar adquriuno o Excmo. Señor Don Matías López e López, de don Ramón Antonio Martínez por escritura pública outorgada na citada Vila de Sárria a dez de Setembro de mil oitocentos oitenta e seis, perante Don Antonio Buján e Rofríguez, Notario domiciliado nela, por prezo e cuantía de tres mil pesetas, que pagou no acto o Señor adquirente ao Señor enaxenante, sen carga  nin estipulación, que a de que quedaba de conta do Señor Don Matías López  a construción inmediata do muro, que ha separar o terreo adqurido , do que á parte posterior , ou de nacente, quedaba ao Señor Martínez, e este reserva no seu beneficio as lousas, vulgo chantos, que cerran a finca, para cando o Señor comprador o asegure noutra forma.

O mencioado soar inclúese neste inventario pola cantidade de tred mil pesetas, equivalentes a doce mil reais, que é o prezo da súa adquisición ( 3.000 pesetas ).

                                              .............................................................. 

( * )  Na actualidade ocupa o soar da Rúa de Matías López/ Camiño da Ponte Vella   unha edificación, sinalada co número 4 da Rúa Marquesa de Casa-López, promovida no seu día pola Caixa de Aforros Monte de Piedade da Coruña e Lugo, onde está instalada una oficina bancaria. Ese edificio ten ademáis  outro portal que dá á Rúa das Anduriñas-

..........................................................................................................................................................................

                                 O PRADO DA PONTE VELLA

                                    NA REGA DE PRADEDA 

 33o.- UN PRADO chamado DA PONTE VELLA, situado en termos da Vila de Sárria, provincia de Lugo, con auga para fertilizado, derivada do río Sárria, pola PRESA  chamada DO CANEIRO , produce pasto  e seco, e ten a extensión superficial  aproximada  de cinco ferrados  e cuarta, equivalente a trinta e dúas áreas, vinte e dúas centiáreas e noventa e dous decímetros  cadrados;  antes estivo destinado a leira, coñecida por "da Ponte Vella ", no  " Agro da Lama  da Gándara" ( * ) . Estrema  por Nacente co río Sárria e  a súa ponte nomeada "Vella", a Poñente con terreo dos Herdeiros de Domingo Núñez, hoxe prado de Xoán Pérez, co nome de Lama da Gándara ( * ) , Mediodía camiño dos Prados, e polo Norte con prado  de Xosé Vázquez da Casa de Sanalberte, hoxe dos Herdeiros de Manuel Vázquez da mesma. Ten servidume de paso de augas para outros prados,  por unha cal , que se divide en dúas de Mediodía a Norte, e se ben se consnuou na escritura de dazasete de Agosto de mil oitocentos setenta e seis, outrogada perante  o Escribán de Samos Don Faustino Lois e Rivas , que non a afectaba pensión ningunha, veñense pagando a Don Froilán Cabarcos, tres ferrados, tres cuartas e dous cuartillos de centeo en gra, e sete reais e medio en diñeiro, á Casa denominada "Grande" , da citada Vila de Sárria todos os anos, que representa Don Xosé  González e Somoza,

O mencionado  PRADO DA PONTE VELLA  adquiriuno o  Señor  Don Matías López, de  Don Antonio González , por escritura de venda que este outorgou  a favor daquel , na repetida Vila de Sárria  a catro de Agosto  de mil oitocentos oitenta e catro, perante Don Antonio Guerra Rodríguez, Notario da expresada Vila , polo prezo e cuantía  de tres mil  duascentas cincuenta pesetas , que satisfaceu no acto o Señor  Comprador  ao vendedor , coa reserva , para Xosé Vázquez e os seus Herdeiros , do pauto de retro estipulado, Para  o caso de evicción  e saneamento por falencia , ou por promoverse ao Comprador  pleito ou reclamación  que afecte á sustitución ou desmembración do repetido predio da Ponte Vella hipotecou o vendedor Dn, Ambrosio  González Olano, as seguintes  fincas :

1ª.-  PRADO ao nomeamento DO MAZADOIRO, cun castiro pola parte de Poñente,leva  en semeadura  un ferrado e dúas cuartas, equivalentes a sete áreas, oitenta e seis centiáreas e dazaoito decímetros cadrados : Estrema a Nacente coa vía férrea, a Mediodía  con prado de Xosé López Arias, polo Norte prado de Manuel López e Poñente con estrada  que vai de Nadela a Valdeorras. Radica en termos de San Martiño de Requeixo , paraxe de Sárria, non se lle coñece servidume, nin gravame e adquiriuno de Antonio López Castiñeira , de San Vicenzo de Betote, por escritura de dazasete  de Abril de mil oitocentos oitenta e tres , outorgada  perante o Notario Don Faustino Lois : o seu valor e responsabilidade é de cincocentas pesetas.

2ª.- Ao nomeamento DA LAMA , oito ferrados  proximamente , ou cincuenta áreas  , trinta centiáreas e noventa e un decímetros cadrados, destinados a prado  e monte : Estrema a Nacente  labradío de Xosé Vela  e Tourón, Mediodía  prado e toxeiro de Xoán Rodríguez ,  Norte , prado de Xoán López  e Herdeiros de Domingos  Gallego , Radica  en San Vicenzo  de Betote, paraxe en Sárria, non se lle coñece gravame nin servidume .  Corresponde a Don Ambrosio  González, por tela adqurido  de Ramón López , por escritura en quice de Xuño  de mil oitocentos oitenta e tres, perante o Notario  de Samos Don Faustino Lois, polo prezo  de cincocentas pesetas igual á súa responsabilidade : As dúas fincas  que quedan hipotecadas  continuarán con este gravame  aínda  cando pasen a terceiro posuidor , e responderán  na proporción sinalada, da subsistenza da venda, a cuxa seguridade  foron hipotecados.´

A relacionada escritura de compra de catro de Agosto de mil oitocentos oitenta e catro , foi inscrita, en canto á finca  compradam no Rexistro da Propiedade  de Sárria, en trinta de Setembro  de mil oitocentos  oitenta e catro, ao folio  douscentos  oitenta e catro , ao folio douscentos  trinta e oito volto, tomo vinte e cinco  do Concello de Sárria, finca número dous  mil noventa e sete , inscrición cuarta  ; e en canto á hipoeca  inscribiuse   en sete de Outubro  de mil oitocentos oitenta e cinco , aos folios  setenta e un  e setenta e tres  , do tomo  corenta e dous do Concello de Sárria , fincas números tres mil trescentos  oitenta e dous  e tres mil trescentos oitenta e tres , inscricións segundas, O mencionado prado da PONTE VELLA, inclúese neste inventario  o prezo de compra, ou sexa  o de mil duascentas vincuenta pesetas (  3.250 pesetas ).  

 .                                              ...............................................................

( * ) Con total desprezo da denominación dese espazo , na escritura lese " en el Agro  del Ama de La Gándara",  " prado .....con el nombre  del Ama  de  la Gándara ,dentro da constante actitude deturpadora  exercida por notarios e funcionariado. 

....................................................................................................................................................................... 

.......Nota : Hai erro á hora de fixar a mensura das  diferentes  fincas, porque onde din centímetros cadrados  en realidaade   habería que ler " decímetros cadrados"

............................................................................................................................................................................  

  

*

 


 

 


Comentarios

Publicacións populares