O MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA E A ORDE MERCEDARIA ( 1896 / 1932 ) ( 667 )

 O  MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA  E A RESTAURACIÓN MERCEDARIA  (  1896 - 1932 )                                             ( 667 )

                    NOTAS DO PRIOIRO ( COMENDADOR  ) FREI XOSE MARÍA VALLEJO

                                   ******************************** 

SEMINARIO DE ESTUDOS SARRIAOS " FRANCISCO VÁZQUEZ SACO" - III Curso de Historia Comarcal.- Centro de Educación Permanente de Adultos ( Abril de 1992 ).

                                                          ADRO

Presentamos  as notas inéditas  que, sobre o Mosteiro de Santa María  Madalena de Sárra , e os 26 primeiros anos  da Orde da Mercé en Sárria, compuxo  o Prioiro ( Comendador  Frei  Xosé María Vallejo 

Certamente  non enaden , na súa primeira parte, nada novo  e coñecemento  actual  do pasado  do mosteiro,  froito das publicacións  do Seminario  de Estudos Sarriaos, nos seus Boletíns.

Con todo,   estas páxinas inéditas, merecen  ver a luz, porque os documentos  fanse para  seren coñecidos, e en Vallejo  temos que destacar  a moi axeitada interpretación   do pleito  cos señores do  Couto de San Sadurniño de Froián  e a contínua  referenza documental. 

Cecáis  hoxe, con relación á evolución  da igrexa   e do mosteiro  teñamos unha visión  moito máis clara, pero non podemos deixara de destacar a  contribución de Vallejo  ao coñecemento do noso pasado, pois,  este traballo, aínda que inédito  foi tido  moi presente por Vázquez Saco  ( en realidade  procede dos seus fondos documentais , amablemente facilitados  para o Arquivo Comarcal, polo Doutor  Vázquez Vallejo ).

Por seguir a Diuego Pazos incorre no erro xeralizado de  dicir que a redución dos  agostiños sarriaos ( " Os Madalenos" )  foi de maneira pacífica , cando só despois de varios días o Prioiro  Älvaro  Pérez de Sárria, con  reservas  cede o mosteiro á Provincia de Castela da Orde da  Regular Ouservanza de Santo Agostiño 

A precipitada lectura de  Diego Pazos , correxida  agora polas  publicacións do Seminario de Estudos Sarriaos,   deu lugar a esa tacha.

Con relación á segunda  parte das notas, referida á restauración  da vida conventual, prima nela máis a visión  personalista e relixiosa , de quen tivo  vivencias dos primeiros anos  e conviviu con rexedores  da comunidade.

Coa publicación destas notas , que agardamos poder complementar  con novas referenzas  da Orde Mercedaria en Sárria,  que axiña cumprirá  os cen anos da súa presenza  na vila,  principiamos o estudoi  dos últimos 100 anos do convento.

O Seminario de Estudos Sarriaos,  e o complementario labor do Curso de Historia Comarcal  que se segue no Centro de Educación Permanente de Adulos, fan posible  con estas páxinas a recuperación  da nosa memoria histórica.

                                            Sárria, 1 de abril de 1992

                                                                          Xaime Félix López Arias

************************************************************************************  

                                           NOTAS DO PRIOIRO FREI XOSÉ MARÍA VALLEJO

                                                          ANTECEDENTES HISTÓRICOS

Oscura é en verdade  a priimitiva fundación  deste convento da M adalena  de Sárria para poder  determinar  con precisión e claridade  as orixes e o primeiro  desenvolvemento do mesmo.

Crese, dende logo,  tivo a súa orixe nun albergue  que xuntamente con outros dos arredores ( o antigo Barbadelius  e o que parece ser existiu na parroquia de Goián  ) era destinado para refuxio  dos peregrinos  que recorrenco o camiño francés  se dirixían a honraren  o sepulcro do Apóstolo  Santiago en Compostela.

É moi verosímil o que dí Villa-Amil e Castro, fundado nun  protocolo  do Prioiro de Sárria  Frei Marcos Quesada, escrito cara mediados so século XVII , que o citado albergue  se coverteu moi axiña en magnífico hospital  destinado  ao mesmo   obxecto  de facilitarlles comodidades aos peregrinos  cre que está fundado  xa a primeiros do século  XIII  por dous relixiosos italianos  que viñeron  en peregrinación a Santiago  e quedaron nesta  vila  co obxecto de construiren  o benéfico establecemento.

Destes relixiosos que segundo o citado protocolo vestían  hábito branco cunha cruz vermella  como os Trinitarios non teño a menor dúbida  que pertencían  a unha das  variadas e tan distintas  comunidades de ermitaños  de Santo Agostiño,  os que constituían  nos séculos X e XI , seguindo as regras do Santo Padre, o que hoxe chamamos a orde de agostiños tal e como hoxe é coñecida , debe a súa orixe  á fusión que mandou facer  das ditas comunidades e ermitaños  Alexandre IV,  movido, sen dúbida,  polas diverxenzas  que se orixinaban  entre  estas a causa de non teren  unha determinada  norma de vida  común. Isto  verificouse nunha  asemblea  xeral celebrada  en Roma  no ano  1256 na que non só se adoptou a regra  chamada de Santo Agostiño e dotada por Inocencio IV  en 1244  senón tamén  e por imposición  do citado Alexandre, o hábito  único de cor negra   con cinto e capucha.

Co dito veño a desbotar  o que sostén o Sr. Amor Meilán na obra " Geografía del Reino de Galicia, Provincia de Lugo ", ao admitir que este convento pertenceu  aos Cabadeliros  de Rodas  ( dende o século XVIII de Malta ), habitándoo até os anos de 1550, data na que  segundo el , o cederon aos ermitaños de Santo Agostiño; o que aconteceu neses días  explicamolo logo.

Vexamos como  se desenvolveu  o hospital-mosteiro  fundado polos dous relixiosos  dos que fixemos mención. Sábese  que no comezo  do século XIII  estaba fundado  e se se quere gozaba de certa importancia , como o proba unha escritura de empréstito feita polo bispo don"  Ordoño a favor de Vidal Pérez, veciño da Vilanova de Sárria, no ano 1219 , que aparece asinada  polo Comendator Fernandus  Petri, Petrus Michael, hospitalarius, et Fernandus Petri , frater  hospitalis"  relixiosos que peetencen ao convento desta vila como xulga o P. Risco. ( O que apareza nesta escritura  o nome de "Comendator" é unha obxeción  a que estes relixiosos  non fosen  dos Cabaleiros de Rodas , máis é claro que aparecen  os agostiños posuíndoo  xa noi século XIV e XV, o que non me fai dubidar  da tese ou opinión que sosteño ).

O Sr. Diego Pazos refire na súa " Historia de Sárria" que nas memorias do bispo de Lugo D. Miguel, hai unha escritura  do ano 1250 da que consta  que neste pobo había un convento de relixiosos distinguido  co nome de "Laudantes Deum"  , cuxo perlado  dicían Comendador  e chamábase  Frei Abril.

 Tamén achamos  mención deste convento  a primeiros do século XIV , na sinatura de Frei Xoán , Prioiro de Santa María Madelena de Sárria  que aparece asinando  un aprazamento  que o bispo de Lugo   D. Frei Xoán  fixo a un Don Alonso Pérez  e  á súa muller Dona María , Se ao dito se endade a morte  do Padre Mestre de Novicios  xubilado Frei  Agostiño García , acontencida neste convento  o ano de 1489 , creo poder concluir  que este relixioso agostiño  non era de diferente orde  ca os citados anteriormente : aqueles como estes  pertencen pois  á orde de relixiosos agostiños  coa particularidade notable  que os deste  Convento de Sárris , como tamén entgre outros , o de Santa María Madalena da Arzúa  ( máis tarde trasladado a Santiago )  eran dos chamados Convebntuais ou claustrais , conservándose independnetes  até que D. Fernando Velosillo , Bispo de Lugo,  uniuno coa provincia de Castela  en xaneiro de 1568  ( Malñia aos  sucesivos breves pontificios  deran a instancias dos nosos Reis  para desterrar a vida  claustrral, conserváronse  restos dabondo , sobre todo  en Galicia , até finais do  século XVI.

Esta unión ou redución  dos agostiños claustrais , á regular ouservancia dos ermitaños de Santo Agostiño  levouse adiante  cun ambiente de harmonía e tranquilidade   grandes, segundo  consta dunha acta  importantísima  que tomo do Sr. Diego Pazos e que a continuaciòn trascribo :

" Sábado,  tres días do mes de xaneiro ; ano do Señor  1568  anos, que foi día da Oitava de San Xoán Evanxellista ; presidiendo na Sela Apostólcois  no noso moi santo  padre Pío papa  V ; e reinando nas Españas  o Rei Don Filipe  ,noso Señor,  segundo desde nome , reformouse  e reduciu á regular ouservanza  da  Orde dos ermitaño d N.P.S, Agostiño, este Mosteiro de Santa María Madalena  da Vila de Sárria  por mandato da Súa Santidade   e a Maxestade Real.  Tomóu posesión do dito Mosteiro , e o relativo  á regular ouservanza  o M.R.P. Frei Diego López, Prioiro de Santo Agostiño  de Salamanca no nome  do N.M.R.P. Francisco Serrano,  Provincial  da Provincia de España  da ouservabza  da dita Orde. Viñeron xuntamente  con el  á redución  deste dito Mosteiro os reverendos Padres ., Frei Rosendo de Chaves , que foi o primeiro Prioiro  de Observantes  que houbo neste dito Mosteiro, e  Frei Xoán Gutiérrez , Procurador xeral da Provincis e Frei Pedro García, Frei Atanasio Rodríguez , Frei Antonio de Valderrama , Frei Martiño de  Velasco , frei García Hernández , Frei  Francisco García ,freires profesos da  dita orde  e  ouservanza ".

" Foi Deus servido  que a redución deste Mosteiro fíxose con  tanta paz e tranquilidade , que o mesmo día  que se tomóu posesión del  díxose o Oficio Divino  no coro  e cantouse a misa  polos relixiosos que nel había  e polos que viñeron á reformación  con toda conformidade ; e aquel mesmo día  e dende en adiante  seguiron todos a Comunidade , así no coro como no refectorio  e as demáis cousas da relixión".

"  Asistiron a entregar  este Mosteiro , e a dar posesión ao dito Visitador,  o moi magnífico e  moi Reverendo   señor o Doutor  Antonio López Corujo, coengo de Ourense  e Provisor de Lugo , que  veu como Xuiz Apostólico, en nome do Ilmo.  e Reverendísimo  señor D. Fernando de Velosillo, Bispo de Lugo, e o moi magnífico  Sr. Rodrigo de Yebra, Alcalde da  Fortaleza de Sárria, e Meiriño, e  Xustiza maior  deste Marquesado , por D., Fernando de Castro, Marqués de Sárria,, que asistiu ao de susodito , por mandamento da Súa Maxestade".

" E despois do de susodito, en 6 días do mes de Xaneiro  do dito ano, que foi día dos Reis, estando xuntado  o convento do dito Mosteiro  no coro a campá tanguids  , como se acostuma  axuntar  os Relixiosos capitularmente , e estando alí presente o dito  Sr. Xuiz apostólico , e Escribán da causa  ,e moitas persoas  seglares reducíronse  da súa propia vontade  á regular ouservanza  da nosa Orde , e déronlle a obediencia  ao dito P. Visitador , todos os relixiosos   que estaban , e residían  neste dito Mosteiro, convén a saber,  o P.  Frei Álvaro Pérez  de Sárria, que fora Prioiro ,  e o P. Frei Sebastián da Cerbela,  que fora Vigairo,  e Frei  Xoán de Rosende,  Frei Alonso de Padriñán,  Frei  André de Aián,  Frei Alonso de San Xulián , e Frei  Xoán Sánchez de Alahejos, Pregador,  Frei Miguel de Quiroga , Frei Xoán Díaz de Guitián , Frei  Pedro Sánchez de Orozco , Frei Pedro de Vilarrairo , Frei  Xoán de Abuin, todos sacerdotes e Frei Xoán  de Mera, corista,  e Frei  Enriquez,  freire leigo" ( 1 ),

"  A partir deste suceso  temos aos agostiños de Sárria  formando parte da provincia  de Castela e así  permneceron  habitando o  mosteiro até a exclaustración do ano 1836"

                                                    .....................

( 1 ).- Nota :  Aínda que Vallejo recolla  esta apreciación de Diego Pazos , o certo é que a redución  fíxose con moitas  dificuktades  e con fortes presións , segundo  figura  na trascrición feita  por Xaime Félix López Arias , e publicada  no Boletín do Seminario de Estudos Sarriaos ( Nº 8 )

                                                     ......................

                                           DOAZÓNS  AO MOSTEIRO

Varias foron as  doazóns que obtiveron  os relixiosos deste convento , en especial dos Condes de Lemos .

Poderéi citar  a concedida no ano 1502  polos citados condes cuxo  tíduo levaba neste tempo D, Rodrigo  Enríquez Osorio , en cuxa carta de doazón  feita perante  o notario de Lugo  Alvar Pérez  comprométese a  pagar en cada un ano  2.000 maravedís na portaxe  de Triacastela  " con tal condición  que el ( o prioiro ) e  os freires  do dito Mosteiro que agora son e serán  de aquí en diante  para sempre xamáis  sexan obrigados de deciren  unha misa de requiem  rezada cada semana  en día luns  e o primeiro sábado de cada mes  unha misa da nosa Señora cantada  co seu responso  riba da sepultura de don Alonso  de Castro, o meu tío, fillo  do Duque de Arjona  Don Fadrique, meu señor,  que santa gloria haxa , o cal  dito don Alonso está enterrado na  Capela Maior do dito  Mosteiro".

 Aos poucos anos ( 1527 )  outra carta de doazón outorgada pola Condesa de Lemos Dª  Beatriz de Castro , filla de  D. Rodrigo confirma algunhas  doazóns feitas  polos seus antecesores , como son o casar da Veiga de Arriba  por D, Pedro, pai do Duque de Arjona e o beneficio  de Céltigos por D, Rodrigo, e ela á súa vez cede  as fincas de San Pedro de Froián, baixo determinadas condicións  por parte dos freires.

É de supoñer  que existiran outras doazóns, ademáis das ditas, aínda que eu  só coñezp outra do ano 1643, pola que o Sr. Conde de Lemos, Francisco Fernández  de Castrolignan outorga  os beneficios de San Pedro, Santalla e San Vicenzo de Maside ao prioiro da Madalena de Sárria Frei Diego de Deza  e aos demáis freires  da comunidade  para que teñan con que mellor se sustentaren e  " eles ( os fteires )  recíbeno por padrón e protector  en condicións   como se o dito  Sr. Conde  tivera fundado, edificado  e dotado ao dito mosteiro, casa, capela maior, igrexa e convento, sen que agora nin en tempo algún, nin por causa, nin por consideración  doutra doazón  opulenta e magnífica, e de maior beneficiencia  por grande e  incomparable que sexa , poidan recibiren nin admitiren   nin recoñeceren  por señor da dita capela maior  e padrón da dita igrexa, casa , mosteiro  e convento  a outra persoa  de calquera calidade que sexa , senón que  aínda e en todo tempo , para sempre  xamías como dito é , terán  e recoñecerán  como dende logo recoñecen  debaixo do dito beneplácito  ao dito Sr. Conde  de Lemos e os seus sucesores  e a cada un  na súa vida  por únicos propietarios  e verdadeiros padróns  "pribatibe" sós e "insolidum" que na dita capela  Maior os ditos Señores Condes  poidan poñer estrado e dosel ao seu gusto e vontade, ter cadeiras e asentos  para as súas excelencias  sen que por ningún caso , aínda que sexa por só unha hora  sen licenza e vontade da súa excelencia  e os seus sucesores se poida quitar nin mudar  aínda que sexa  para facer comodidade ou festas das que na dita capela  maior se fixesen , "Item , que na capela maior  como dito é  e vai referido  na terceira condición  e capitulación  se poidan sepultar e enterrar  as súas excelencias  e os seus sucespores, fillos  e depositarios  na forma que lles pareza  sen que  dentro dela se poida  entrerrar outra persoa  algunha de calquera calidade  e condición, agás as que dea licenza  a súa excelencia  e os sucesores na súa casa e maorazgo".

(  Nesta carta-doazón  que teño á vista  dase conta  do dereito que D. Nuno Álvarez de Guitián   ten sobre a súa sepultura  o nicho que fixo ao lado da Epístola cadno ás súas expensas levantóu  a capela maior  como máis adiante diremos  e recoñécese como dono  "por canto  na capela  da dita igrexa  ( palabras do documento ) queda coa súa excelenza  na forma  que vai referida  e nela hai  un nicho e sepultura na que está enterrado  Nuno Álvarez de Guitián, mestrescola  que foi da Santa Igrexa de Ourense por ter sido benfeitor  do dito Mosteiro e terlle dado hortos, etc. etc, porque o deixasen enterrar  no nicho de suso referido  declárase  que haxa de estar como está ao presente ao lado da Epìstola" ).

************************************************************************************  

                O MOSTEIRO E O SEU HOSPITAL VISTO ARQUEOLÓXICAMENTE 

A fábrica do mosteiro é obra realizada a traveso de diversas épocas. O claustro baixo lévanos  a mediados do século  XIII polos seus arcos apuntadose sostidos por pastras  e pequena elevación  e de forma cadrada , facendo oficio de capiteis  unhas molduras entre as que  hai unha coroa  o colar de pérolas  cuxa grande magnitude  fixo afirmar ao Sr.  Giner Pantoja  nunha entrevista con el neste mosteiro , que probablemente era obra  do século XV, Esta  interesante e atenta  observación é moi digna de ter en conta  para fixar con certeza  a época á que pertence o claustro. O superior ou claustro alto é obra de máis elegancia  e esbelteza non se alonxando máis aló do século XVI. A principios di pasado século ( 1806 ) tapiouse por non poder soster  o empuxe do teitto  que facían moi pesado as lousas do tellado tan comúns nos destas terras.

Os canteiros, os albaneis ou quen  foran os encargados de faceren as obras  executárono  tan despiadadamente  que as súas mans destrutoras  deixaron sinais  imperecedeiras da pouca maña que tiñan.

O restante do mnosteiro constuiuse case todo a fins do século XVIII , Os dous pavillóns que tan agradable axpecto  ofreceen aos viaxeiros do ferrocarril  levantáronse sendo Bispo  de Lugo o Ilustrñisimo  D, Francisco Armanyá , relixioso que custeou as  obras e máis tarde  foi elevado á  cadeira arcebispal de Tarragiona . Por dúas inscicións  que hai na parte alta  consta  que o do Norte foi feito en 1776 , e o outro, o da fachada, no 78,

                                     HOSPITAL DE SAN RQUE OU DA MADALENA

Referente ao Hospital  que adxunto ao mosteiro tiveron  os agostiños  sabemos como no dito tempo tivo grande importancia.

Os Hospitaliños  construidos  en 1777 non foron o primeiro edificio  que vencellado ao mosteiro  se adicou aos peregrinos.  Consta  que no citado ano aínda  había a carón do convento  unha casa grande destinada  a peregrinos e doentes  segundo o din uns apuntes  que recolleu  sendo aínda novicio  o meu irmán  de hábito   o hoxe benemérito  e grande pregador o  Padre Nolasco Gaite que polo intereseante poño aquí :"   Fronte do que son agora  Hospitaliños había unha casa grande coa súa capela terrea  e coro alto, e debaixo deste ( dividido da capela  con balaustres  de madeira ) , había sitio para as camas  dos peregrinos capaz dabondo, na dita capela estaba a imaxe de San Roque , en cuxo día se cantaba  ali a misa, e era celebrado como padrón  do dito Hospital , até que ( segundo parece )  a comezo deste século, ou algo máis , puxose a dita imaxe  no altar antigo  da Nosa Señora de Graza  e seguiuse celebrando  a súa festa  con rito de duplo maior e festivo  ( como porsegue  en canto a este último )".

"Había tamén un cuarto alto para o hospitaleiro, con cociña baixa separada de esta. Polos anos 1777 fixeronse os Hospitaliños Novos< e  obra nova de enfronte , e quedando o vello sen  servizo,  foi derrubado o ano de 1786, e no sitio onde estivo o altar  puxose o cruceiro de cantaría. O demáis da dita casa  foi reducido a cortiña, a que ocupaba dende o cubo baixo até  o cruceiro de cantaría ( non se puxo onde estaba o mesmo altar , senón a unha beira, pois o altar estaba  no medio da testeira ). No demáis quedou  a Praciña  e camiño  que está enfronte dos Hospitaliños, o mesmo que estaba  a parede do Hospital, agás  a lápida ( que o Hospital Vello tiña riba da súa ports principal  ) que está  nos Hospitaliños  no medio das dúas portas.

 ************************************************************************************

                                                    A IGREXA DO CONVENTO

Tres naves  de reducidas  dimensións  forman o templo  que os freires construiron a carón do mosteiro. A que comunmente chamamos  Capela do Santo Cristo parece ser obra do século XIII, malia o seu acentuadísimo  carácter románico. nos século  XIII e XIV e con mestura de renacemento  no século XVI.   A esta nave ou capela  deu acceso  durante  moito tempo unha porta , estiño románico  de transición , cegada e mutilada   no mesmo ano  que o foi o claustro, o claustro superior. Sinxeleza e elegancia  son as características  das citadas porta e capela cuxos respectivos  e fermosos  arcos están ornados  pola xeralizadas  puntas de diamante  e as imprecindibles  pérolas , neste caso tres veces máis  pequenas  ca as do clautro.

Fermosa tamén e de maiores proporcións  é a Capela Maior levantada a expensas  do coengo de Lugo  e Mestrescola  da Catedral de Ourense  D. Nuno Álvarez de Gutián polos anos de 1485. Digo polos anos porque non se ten data fixa. No que estou certo  é que no ano 1489  xa construido  por terse enterrado nela  ese ano  o Mestre de Novicios  Frei Agostiño García, como o acredita  extracto do "Libro  de las sepulturas, nichos y capillas  que tiene este convento de la Magdalena  de Sárria", escrit polo Padre Xosé Mosquera  sendo Prioiro o Padre  Presentado Frei  Antonio de Castro, ano de 1705". " En 9 de febreiro , di, do ano 1489 morreu o Padre Mestre de Novicios Xubilado  Frei Agostiño García. Está enterrado na seoultura insinuada  " ( refírese á 6ª da primeira fieira na Capela Maior, desaparecida  hoxe  con todas estas sepulturas  por terse entarimado a igrexa ). Continúa dicindo  que foi relixioso de exemplar caridade cos pobres  e especialmente cos peregrinos  e por último enade  nunha nota. " Téndose aberta  esta referida sepultura para enterrar  outro relixioso no ano 76 ( 1676 ) achouse o seu corpo enteiro e o hábito  sen perder a cor e san".

Don Nuno Álvarezde  Guitián  é descendente dos señores do "Couto de San Sadurniño en terra de Froián  sobre o monte "Doral" ( Oural ), couto  que fora outorgado por Dona Orraca  a Rodrigo Suárez e  á súa muller por grandes servizos prestados. O pai de  Don Nuno, Álvaro Díaz de Gutián , casou con María  Álvarez Balboa , dona da Casa de Guitián  ; deste matrimonio naceu o dito  Nuno e o seu irmán Vasco, herdando este último a casa e patrimonio e Nuno, que era máis xove , seguiu a carreira eclesiástica. chegando a ser abade da Abeleda  no Bispado de Ourense , Mestrescola desta Catedral e Coengo de Lugo . ( Estas novas  e algunhas máis  que han seguir , tomeinas da árbore xenealóxica  dos Señores de San Sadurniño , que xa que eran  os ditos documentos interesantes , púxoos ao meu dispor   un herdeiro  dos Señores Gayoso desta  vila ).

É tradición  que Vasco matóu  ao cura de Guitián , perdendo el e os seus descendentes  por este feito a casa  do mesmo nome, o que  moveu sen dúbida  a Nuno Álvarez  para dicir no seu testamento  que fixo o 8 de novembro de 1506  en San Vicenzo de Pinol . " O  meu Couto  de San Sadurniño  a  Álvaro   Díaz, sobriño meu,  fillo de Vasco Díaz , o meu irmán,   co que quedaba  resarcido este  e non perdía a familia a súa posición".

Don Nuno Álvarez de Guitián  ao facer a capela maior  mandóu tamén construir un nicho  no que foi enterrado, segundo reza a inscrición que leída é como segue "AQUI YACE  NUNO ALVAREZ DE GUITIAN MAESO ESCOELA QUE FUE DE ORENSE Y MANDO HACER ESTA CAPILLA ANO 1511".

Tense dubidado  de se foi ou non  enterrado  no mencionado nicho. Eu poido confirmar  o que di o epitafio  cun documento de xullo  de 1715  no que afirma  ter sido enterrado nel , O mesmo di o que referin  atrás  nas doazóns  do Conde de Lemos.

Os  freires do Convento  en pagamento da  capela e outras doazóns  que lles fixo Nuno  comprometéronse  para asistiron  ao enterro  dos da Casa de San Sadurniño e os seus descendentes , Así o cumpriron  indo o Prioiro  e os Freires  á igrexa de San Sadurniño  sempre que acontecía  a morte de algúns deles.

A principios  do século XVIII  ardeu a casa  dos Señores do Couto  e os freires  aproveitaron a ocasión  para  deixar a asistenza  aos enterros  entrementres   non se achase algún " papel".  Estes queimáranse  e don Fadrique Antonio de Loaada  Rivadeneira, presentóu  unha denuuncia na contra do Prioiro  e relixiosos do Convento da Madalena  de Sárria , porque esta Comunidade  negábase a cumprir  coa súa asistenza aos enterros de señores  desta casa  e outras regalías  que expresa lle eran debidas  como padrón do citado  Convento, descendentes  de Nuno Álvarez de Guitián , Mestrescola da Catedral de Ourense,  que como tal Padrón  fixera a capela maior  do dito convento , onde fora enterrado  e estaba o seu nicho  e que dotara  aquel  con varias rendas  para a súa conservación, etc, etc. A infromación  de cada unha das testemuñas  en número de doce, . está acordes  na existenza do Padorado  e obriga dos freires . Dous anos máis tarde  D. Fadrique consigue  que fora librada  unha " Paulina"  ao seu favor  para axudar ao esclarecemento  do pleito , mais non se sabe o resultado  desas dilixenzas.

Estas foron as principais  relacións  dos freires deste convento   Don Nuno.,

************************************************************************************

                                                     RETÁBULOS E  ALTARES 

Existiron nesta igrexa  varios retábulos  de recoñecido mérito, como  o que fixo  D. Francisco Moure  ( fillo  do  famoso artista  do mesmo nome )  en madeira de nogueira  coa figura de San Xosé  de seis cuartas de alto . No mesmo ano de 1639  fixo ademáis , por un custe total  ( altar e escudos )  de 540 reais.

Anos antes , en  17 de xaneiro  de 1628 o pintor veciño de San Cobade , no concello de Samos, Baltasar Rey Terán , concertou  coa Comunidade  deste  convento de Sárria , pintar o retábulo  da Capela Maior  por 5.000 reais .  E noutro contrato habido  coa mesma comunidade  en 13 de maio do 1642 aparece comprometéndose  a pintar e dourar  o retábulo de San Xosé  " estofado coas súas teas, brocados, brutescos , dándolle o ser compelente  a cada cousa segundo  a arte o pida ".  Por cuxaa   obra pagaranselle mil reais , comida e cama ( " Diccionario  de artistas que florecieron en Galicia  durante los siglos XVI y XVII ",  por  don P.  Pérez Constanti ),

Debido a reformas  e arranxos  non se conserva casi nada  de todo isto.  O mesmo  retábulo do altar maior  foi trasformado  durante o cuatrienio  do Prioiro  Padre Lector  xubilado Frei Xoán Pumares  ( 1763-67 )  quen fixo novo  o remate do retábulo  do altar maior, o camarín  e custodia , con toda a gradaría, credencia, adorno de columnas   e dorouse todo o  dito retábulo  e retocaron as imaxes  dos santos  do mesmo altar . Con un pouco  de atención obsérvase  en efecto como o remate é posterior  ao restante do retábulo  e como os adornos  das columnas foron superpostos  máis tarde , perdendo  estas a súa sinxeleza  e elegancia ao achar  adxunto ás súas estrías  adornos de outro xénero..

Estas  e outras moitas  cousas fixeron  os agostiños  con maior ou menor acerto  no seu convento e igrexa  da Madalena de Sárria  até a exclaustración  do ano 1836 no que tiveron que abandoalo. 

                                                     .............................................................. 

( Sobre  o altar maior  véxase o  documentado traballo  de Ricardo Segundo López Ménedez , publicado no Boletín do Seminario  de Estudos Sarriaos nº  9 ).

                                                      .............................................................

*************************************************************************************

                                           RESTAURACIÓN  MERCEDARIA  DE 1896

                          R.. P.   ANTONIO HORTAS  ( 1896-1900 )...

Durante un periodo de trinta anos un carcereiro con algúns presidiarios  fooron os habitantes do convento  de Sárria, 

Os Mercedarios da Provincia de Castela , cuxa restauración comezara  había  varios anos antes , viron a posibilidade  de se estableceren  neste convento, cuxas negociacións empezou e levou  a cabo o M.R.P. Frei  Buenaventura  de Boneta , co entón Bispo  de Lugo Ilmo.  Sr. D. Bieito  Murúa . Este, previo  consentemento dos Agostiños , ofreceu  o convento coa súa igrexa  aos Mercedarios. O Padre Boneta como Vigairo Provincial  de Castela , aceptouno  e  de seguido mandou a este  ao R.P.  Antonio Hortas  e ao irmán de obediencia  Frei Ramón  Fernández  a preparar  o máis indispensable  para a toma de posesión,

O día 2 de agosto de 1896  viñeron de Poio , único convento que tiña a  Provincia,  quince relixiosos , a saber : tres sacerdotes,  RRPP  Frei Antonio Hortas, natural de Santiago, como  superior e logo Comendador ; Frei Pedro  Pascual Miguel, natural de Burgos  e Frei Luis  Suárez, de Santiago . Sete estudantes :  Frei Inocencio López,  Frei Xoán  Iglesias,  Frei Xoán Salcedo,  profesos de votos solemnes;  Frei Pedro Armengol Fernández , Frei Martiño  Torres  e Frei Ricardo Delgado, profesos de simples; Frei  Xoán María Olleros, novicios ;  os cinco restantes eran  irmáns leigos, Frei Ramón  Fernández, profeso, e catro noviciod , Frei Domingos  González, Frei Modesto ....

Todos eles  alegres   e dispostos a ofreceren  ao Señor os sacrificios  que impoñería a fundación, Chegaron a esta  vila de Sárria ás 7  da tarde do mesmo día ,Na estación do ferrocarril  foron recibidos  con verdadeiro entusiasmo  polo pobo de Sárria , que acodira  coa banda de música , até o convento  onde lles proporcionaron o necesario . Non seiu como descansarían aquela noite  os recén chegados , máis ao xulgar  polos  leitos  onde habían de se deitaren , é de sopoñer que moi mal . ¡ O sacrificio xa comezaba !,

O santo e sabio Bispo  de Lugo, Doutor  D. Bieito Murúa  visitaba ao pouco tempo  o convento  na compaña do  Ilmo. Sr. Nuncio da Súa Santidade  e outros perlados  e " como vira  que os nosos relixiosos  dormían no chan  riba dunhas humildes pallas  preguntou se isto  o facían por regra  e  contestándolle  que era por non teren camas quedou tan edificado  da r esignación daqueles relixiosos  que moi axiña foi a Providencia  da  nacente comunidade .

" Tiña  a súa complacencia  en pasar longas  tempadas entre os relixiosos  e éralle moi grato  vir e sorprendernos   ( fala o  Padre Alberte Barros ), ocupados na  restauración do Convento".

Estes  sacrificios e outros moitos  maís que eu coñezo , soportaron   os  fundadores   do noso Covento. Fiestras,  portas, corredores , claustro, sancristía , coro, refectorio , etc., todo estaba inservible  e os  súbditos  do boismo  Padre Antonio  foron facendo e   reformando  estas cousas con grandísimo interese  e constancia   levados soamente do  amor a  Deus  e á súa orde  bendita , Mais o Señor  que se comprace  nos humildes quixo  premialos nesta vida  anticipando algo  do que lles daría no ceo.

Ao  amparo  do pobo  foi desemvolvemento  o singular  Padre Antonio Hortas   a obra restauradora . O seu corazón bondadoso  e amable,  o seu espirito   fino e delicioso atraeron  as simpatías  dos bons e os malos  , deixando sempre perene  recordo  para aqueles  que o trataron.

 ( Hoxe mesmo 17  de setembro sentinme  altamente conmovido  diante do espectáculo seguinte :  Un sacerdote de aspecto groso , alto e descoñecido para min, entra na nosa libraría  en actitude escrutadora.... mira o retrato do seu padriño de Misa   Padre Antonio Hortas , diante do que cae de xoenllos  por  espazo dalgún tempo . " Perdoe Padre  este proceder  tan espontáneo  - dí ao final  cos ollos empapados  en bágoas . , eu non poido  conterme diante do amor e bondade deste  Padre,,, deste....Santo" ) ¡ Así son queridos os que fan ben !.

Outro feito importante do Padre Hortas foi  o terse encargado da parroquia de San Salvador de Sárria ao acontecer  a morte do que era o seu párroco D. Anxo Ferreira. Isto sucedeu en febreiro de 1898. Ao mes iniciara xa o seu labor apostólico de óptimos froitos coa institución da Adoración Noiturna ao Santísimo Sacramento, cuxo número de asociados creceu rápidamente chegando ao pouco tempo de fundada 81 adoradores. Cheo de gloria e méritos cede o Padre Hortas o seu cargo de comendador ao entón Reverendo, e hoxe Ilmo. Sr. Bispo de Trebenna....

                    PADRE INOCENCIO LÓPEZ SANTAMARÍUA (  1900- 1906 )

O 9 de maio  tomou posesiòn este padre  e con grande entusiasmo continuou a obra restauradora  do seu predecesor.

A igrexa viuse moi axiña  trasformada  cun novo piso de madeira quedando en condicións favorables  para a comidade dos fieis . A teitume  recibiu tamén nova forma , facéndose en estilo gótico  e imitación pedra.Tan grandes foron os desvelos   deste santo relñixioso  por coidar a Casa do Señor  que este escolleuno  para elevalo   á máis alta dignidade  da terra, dende cuxo punto  poidese exercer con esplendor  o oficio de Bon Pastor , Sárria chorouno como o padre das nosas simpatías.

                    REVERENDO PADRE PEDRO PASCUAL MIGUEL ( 1906-1907 )

Curto foi o superiorato  do Padre Pascual , cuxa toma de posesión tivo lugar  o 20 de abril de 1906.

Porén aínda que curto  non deixa de ter interese . A súa sinxeleza e franqueza  conseguiron o corazón do  Bispo de Lugo, Murúa ,  quen o aprecióu  como a irmán.  Sen dúbida debido a este  cariño constuiu  o Sr Bispo os cuartos  que levan o seu nome  para morar nelas  durante as súas longas estadías cos frades.

Este e todas as persoas  de Sárria sentiron  a súa marcha que  tivo que se efectuar  por mor de  ter sido nomeado  superior de Lagos  de Moreno ( México )  a onde se dirixiu  en agosto de 1907 , acompañado do Padro Xerome  Álvarez.

                    REVERENDO PADRE  NOLASCO GAITE ( 1907-1914 )

O M, R, P,  Frei  Ramón  Sarratosa  nomeóu  para sustituir  ao Padre Pascual   no cargo de Comendador  ao que foi primeiro Segredario  Provincial  R.P.  Nolasco Gaite ,  durante 6 anos de  supeior,  soubo darlle  o seu axeitado coroamento  á obra de restauración,.  Segundo o Libro de Memorias  do Convento , moi detallado por certo  nestes anos, vemos  nsucederse obras  e feitos moi significados  e importantes. Vaian  entre outras a inauguración  do Monumento de Xoves Santo , obra do pintos sevillano  D. Ricardo  Escribano e os cadros do V.  Pedro Nolasco Jarro , da V.  Sor María da  Santísima Trindade  e os Venerables Scheverz  e Madalena do Cristo , todos do mesmo pintor.

Aos poucos meses , en 24 de setembro de 1908,  foron rematadas e inauguradas as obras  da portaría, recibidos e refectorio , colocándose nestes dous últimos  lugares varios cadros  do xa repetido pintor  R.Escribano . Todas estas obras  e moitas máis foron diririxidas  polo mestre D. Francisco Cabarcos.

Non quero  tampouco  deixar sen mencionar  a celebración do primeiro  capítulo provincial  da nosa provincia de Castela  despois da restauración , qye tivo lugar neste convento  dende o 30 de abril  até o día 10 do seguinte  mes, no que foi clausurado. 

Tamén  é merecente de contar aquí  a visita das  Súas Maxestades  os Reis de España , Afonso XIII  e dona Victoria Euxenia , que oiron misa nesta  igrexa conventual  o 4 de febreiro de 1912 , cando se dirixían a Ferrol  coa fin de asistiren  á botsdura do  acorazado " España".

O culkto na igrexa  estivo durante estes anos  a unha altura inusitada . Ademáis da grabnde concorrenza de fieis , foron presididos moitas veces  polos Ilmos,  Srs, Bispos,  Nuncio e Provincial.

Remata o Padre Gaite o seu sesenio  completamente acreditado  das  súa relevantes dotes de  goberno.

                    REVERENDO PADRE  MIGUEL LÓPEZ ( 1914-1918  )

O día 6 de agosto  era elexido para Comendador  deste convento  o R.P. Miguel López , mertitosísimo relixioso  como se bota de ver  polos diversos altos cargos  que ocupóu até a data.

Tranquilos  e en vías de normalidade  desenvolvéronse os seus catro anos  de superiorato , non dando lugar  a feitos extraordinarios , por estar a  restauración do convento , podemos dicir,  rematada.  Feito máis que extraordinario  é en verdade o  ter sido amado  e estimado  polos seus súbditos  que sempre o recordan con cariño.  Debo dicir tamén  que ma novena do Sagrado Corazón  de Xesús estreouse  o alumeado eléctrico desta  igrexa.

                    REVERENDO PADRE  SEVERINO VEGA (  1918-21 ;  1924-30 )

Nove anos  estivo á fronte  desta Comunidade  o venerable Padre Severino Vega , deixando grata memoria  nesta vila pola súa bondade  e celo apostólico , Dende o primeiro momento  da súa elección  comezóu a preparar  as festas que para conmemorar  o VII Centenario da  fundación da Orde  se celebrarían  neste convento. Fooron, en efecto,  solemnes compo se pode colexir  do libro de "Memorias " .Despois da misa  ás 12 da noite do día 2  de agosto, e do solemne triduo  dos días 9, 10 e 11  do mesmo mes,  celebrouse no seguinte  a novena da Nosa Señora  " con grande concorrenza  e tomando parte os máis valiosos  elementos  musicais da Capela  de Ourense.  Na misa do último día  que celebróu o que suscribe (  Padre Guillerme Vázquez )  pregóu o  Ilmo.  Sr, Bispo (  Domine Murúa ) , un dos ,mellores  panexóricos que teño ouvido.

Ao Padre Severino débense tamén , entre outras moitas cousas,  a adqusición do  órgano  que hai no coro da igrexa , da horta  que hoxe se usa  para divertición  dos xoves. 

                                         .................................................

Nota:  O Padre Severino Vega  Cid , que gozóu de grande veneración polos sarriaos, foi homenaxeado  como Fillo Adoptivo de Sárria,  e deu nome á rúa que vai dende a Rúa Xela Arias  ao Río Celeiro ( Casas Baratas ). O nicho para o seu enterramento  foi adquirido polo pobo de Sárria.

                                          ................................................

                     REVERENDO PADRE  ANTONIO RODRÍGUEZ ( 1921-1924 )

O Padre Antonio ,  e espiriuto entusiasta como o que máis,  empremde o arranxo  do claustro alto, con todo interese , conseguindo ao pouco tempo  no estado actual.  Sostén o culto na igrexa ao nivel  que se viña  tendo , sendo de notar especialmente , un grande pulo dado ás festas do Nadal , que deixaron particular  recordo nos  frades de Sárria,

                         REVERENDO PADRE FERNANDO DIAZ    ( 1930 )

Viña precedido o actual comendador  Padre  Fernando , de garndes éxitos  alcanzados na vila de Herencia , durante os seis anos  que foi superior daquela casa. Estes triunfos  repetíronse aquí  no tempo que leva á fronte  do noso convento. As súas dotes de oratoria  e excelente organizador  faciltáronlle o bon suceso  en todas as súas empresas.  El, como todos os demáis que o precederon no cargo, que ocupa,  foron insignes  mantedores da ouservanza regular , fonte de paz e alegría  para todos os relixiosos  e por iso nós  os xoves  achamos sempre  durante o noso periodo de formación  aquel arelado amor  e reverenza á Santa Regra e Sagradas Constitucións.

Teñan  pois paz uns e benzóns os outros por teren contribuido todos, coa axuda do fidalgo pobo sarriao, á restauración da provincia de Castela que hoxe vemos, a Deus graza,chea de gloria.

¡ Bendita  e alabada sexa  a nosa Nai da Mercé  e o seu predileto fillo , o noso Pai San Pedro Nolasco !.                             

                                  Sárria, 19 de decembro de 1932

                                        Frei Xosé Mª Vallejo

 

 

,

 

Comentarios

Publicacións populares