ESCOLAS DA VILA DE SÁRRIA ( 1887 ) ( 670 )

                                         ESCOLAS   DE SÁRRIA                                 ( 1887 )     (  670  )

PROVINCIA DE LUGO.- PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA.-  ESTADO DA ESCOLA PÚBLICA ELEMENTAL DE NENOS  A CARGO DE  DON ELIAS   GONZÁLEZ GONZÁLEZ

OBSERVACIÓNS  DO SR. INSPECTORES  D. VICENZO  PÉREZ SIERRA.- DATOS SUMINISTRADOS  POLO PROFESOR.

1º PUNTO.-  SITUACIÓN, ESTADO E DEPENDENZAS DO EDIFICIO.

A escola está situada na rúa principal  con luces ao Norte, Leste e Oeste. Áchase en  regular estado, entra nela a auga e  a evitar  este defecto para o seu reparo púxose por escrito  en coñecemento do Sr. Alcalde , que ofrecéu  cumprir  con eles.

Consta dun só Salón  na parte baixa , segundo  está o resto do edificio  destinado a casa-habitación do Profesor.

2º.- ESTADO E COLOCACIÓN  DOS MOBLES E ENSERES.

Os mobles e enseres  áchanse en bon estado; os corpos  de carpintaría  están colocados paralelamente  á plataforma , os encerados, mapas e cadro  aos lados do edificio. 

3º.- MEDIOS MATERIAIS DE INSTRUCIÓN.

Corpos de carpintaría,  mapas, encerado, pizarrón, papele e plumas,

4º.- MATERIAIS QUE COMPREENDE  O PROGRAMA  DE ENSINO.

Doutrina  Cristiá e Historia Sagrada, Relixión  moral, Aritmética, Gramática castelá, Agricultura, Urbanidade e Nocións de Xeografía.

5º,.  NÚMERO DE ALUMNOS  MATRICULADOS CON SEPARACIÓN  DOS MENORES DE  6 ANOS, DE 6 A 10 E MAIORES DE 10.

Menores de 6 anos: 17. De 6 a 10 :  46 ; e maiores de 10 : 45 .........................Total:  108.

6º.-  IDEM DOS QUE CONCORREN DIARIAMENTE.

De 70 a 80 concorren  de ordinario.

7º.-  IDEM DOS QUE ESTÁN DISPENSADOS  DO PAGAMENTO DE RETRIBUCIÓNS:

 Están todos dispensados  por mor dunha mínima composición de 100 pesetas  que o Concello satisfai  ao profesor  sen previo convenio.

8º.-  SISTEMA ADOPTADO PARA O RÉXIME DA ESCOLA.

Adóptase  o sistema misto.

9º.- SECCIÓNS NAS QUE SE DIVIDE  CADA CLAS DE ENSINO.

Divídese en 8 seccións.

10º.- TEMPO ADICADO NA SEMANA  Á INSTGRUCIÓN  DE CADA UNHA DAS SECCIÓNS:

Doutrina Cristiá:  3 horas.  Relixión: Media hora.  Historia Sagrada: 2 horas. Leitura: 9 horas. Escritura : 9 horas, Aritmética : 4  horas e media.  Agricultura: 1 hora e media . Xeografía  : 1 hora  e media . Urbanidade :  1 hora  e media, Total: 38 horas.

11.- LIBROS DE TEXTO PARA CADA ASIGNATURA .

Para Doutrina  Cristiá o " Catecismo da Diocese".-  " Historia Sagrada"  por Guerra e Fleuri.-  Leitura, " El Juanito", por Valle.-  " Amigo dos Nenos·,  por Escoiquiz.-  " O Instrutor de Leitura",  por Pérez Sierra.-  " Guía Moral da Xuventude", por Martínez Alcubilla.-  " Un libro para os nenos", de Calleja.-  " Os Párvulos", por Calleja.-  " Cadernos manuscritos·, por Paula González.-  "Cadernos manuscritos",  por Flórez..- "Aritmética", por Guerra,. " Gramáica-Epitome", da Academia.-  "Agricultura", por Olivá,.  "Xeografía ", por Calleja.- " Urbanidade", por  Pérez Sierra.

12.-  NÚMERO DE ALUMNOS DE CADA SECCIÓN.

Cada sección consta  de 8 a 10 nenos e escedendo  deste número divídese  en dous grupos. As nocións de Xeografía só se ensinan aos discípulos máis adiantados.

13.- SISTEMA DE PENAS E CASTIGOS.

O sistema de premios consiste en ocupar os primeiros postos da sección , en billetes ou vales, cartas de satisfación, medallas, obxectos  de valor  que se adxudican  nos exames.

Os castigos consisten en reprensión segreda e pública, em facer ocupar ao neno o último posto da sección  e poñelo de pé por algún tempo.

Non se pode adoptar o encerramento como castigo por non haber local a propósito,

14.-  IDADE E ESTADO DO MESTRE , TÍDUO PROFISIONAL E ANOS DE ENSINO NO POBO.

O Profesor  é da idade de  54 anos cumpridos , de estado viuvo, con tíduo de Mestre de Insrución  Primaria Elemental.

Ten de servizo 27 anos,  7 meses e 20 días con inclusión de 6 anos , 1 mes e 17 dias neste pobo.

15.- DOTACIÓN PARA O PERSOAL E MATERIAL, FONDOS DE QUE SE PAGA E IMPORTE DAS RETRIBUCIÓNS-.

Ten de   dotación 1,100 pesetas  anuais e 275 con destino ao material, pago todo dos fondos municipais-

Abóaselle tamén por conta do mesmo 100 peseras  anuais  en cmpensació de retribución.   

16.- PUNTUALIDADE  NO PAGAMENTO DE DOTACIÓN  E RETRIBUCIÓNS.

Áchase ao corrente  no pagamento de  dotación e retribucións.

                       Sárria,   Abril, 25 de 1887

                          Elias González

........................................................................................................................................................................ 

 XUIZO DO INSPECTOR   ENCOL DA ESCOLA E DO MESTRE

Sobre os resultados da educación e ensino:  Moi favorable.  Sobre o Mestre :  Pola súa capacidade: Bon.  Pola súa  Instrución: Bon.  Pola súa Aptitude :  Bon. Polo seu celo e conduta : Bon.

                                      Sárria, 30 de Maio de 1887-

                                     O Inspecrtor:  Vicenzo Pérez Sierra

............................................................................................................................................................................  

  Don Elías González,  Mestre propietario da escola publica de nenos de Sárria-

    Certifico :  Que no libro de visita do Sr. Inspector   desta escola pública do meu cargo  áchase a acta  que á letr  di:

                                                              Hai un selo

                                                   Visita ordinaria  de Inspección.

Tendo verificado visita  neste  día con asistenza  dos Sres.  da Xunta local á escola pública  de nenos que en Sárria dirixe o Mestre  Don Elías  González  e examinados  os 75 alumnos  presentes  ao dito  acto, a Inspección  puido observar  que os resultados  da adicación  e ensino  nesta escola eran  moi favorables  e respondían  ao celo  do seu profesor; e recoñecendo  neste aptitudes especiais  para obter  proveitosos   resultados  das excursións  escolares,  non dubida en  excitalo  para qeu co beneplácito  da Xunta local, ensaie  nas tardes dos xoves nos que o tempo o permita , xa para amosar  aos seus alumnos  o funda,ento e perfecionameto  de que sexan susceptibles  as diferentes  operacións  que practique  o agricultor , xa para dar  a coñecer  os tres reinos da Naturez , e as  transformacións  que sofren  as primeiras materias.

Prosiga este Mestre amosadndo solicitóu  afán en cumprimento dos seus deberes  e non dubide  que seguirá  merecendo o aprozo dos seus superiores -

                                              En Sárria trinta de maio de 1887. 

                                               O Inspector: Vicenzo Pérez Sierra.

                                      É conforme  ao seu orixinal: Elías González

*************************************************************************************  

                                                 PROVINCIA DE LUGO

                          PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA.- POBO DE SÁRRIA 

ESTADO  DA ESCOLA  PÚBLICA  ELEMENTAL  DE NENAS  A CARGO DE DONA  SOEDADE  PARLATI GÓMEZ.

                                                         OBSERVACIÓNS  DO INSPECTOR

                                              DATOS  SUMINISTRADOS POLA PROFESORA 

1º.-  A  escola  está situada  na rúa principal (  * agora Rúa Maior ), con luces ao Sur . Áchase en irregular   estado, algo pequena  polo número  de nenas, que asisten , penetra  a auga nela  e para evitar este defecto  púxose   en  coñecemento ao Sr. Alcalde  para  o seu arranxo , ofrecendo cumprir  os ditos reparos., 

 Consta  dun só salón  na parte alta , segundo o está  parte do edificio  destinado a c asa habitación  da Profesora.

2º.-  ESTADO E COLOCACIÓN DOS MOBLES  E ENSERES.

Os mobles e enseres áchanse  en bon estado. Os corpos de carpingtaría  están colocados  paralelamente á plataforma.: os encerados,  mapas e cadros  aos lados do edificio.

3º.- MEDIOS MATERIÁIS DE  INSTRUCCIÓN.

Corpos de carpintaría , mapas, encerados, pizarras , papel e plumas,

4º.-  MATERIAS QUE COMPREENDE   O PROGRAMA DE ENSINO.

Doutrins Cristiá,. Historia Sagrada.-  Escritura.- Leitura.- Aritmética.-  Gramática.- Xeografía.- Historia de España.-  Xeometría.-  Urbanidade.- Economía e Labores.

5º.- NÚMERO DE ALUMNAS MATRICULAADS  CON SEPARACIÓN  DAS MENORES DE 6 ANOS, DE 6 A 10 E AS MAIORES  DE 10.

Menores de 6 : 19.-  De 6 a 10:  34.- Maiores de 10 :  37.

6º.- NÚMERO DAS QUE CONCORREN ORDINARIAMENTE.

De 50 a 60.

7º.- NÚMERO DAS QUE ESTÁN DISPENSADAS  DE PAGAMENTO DE RETRIBUCIÓN.

Están  dispensadas todas  mediante unha pequena  compensación de 100 pesetas  que o Concello  satisfai  á Profesora sen previo convenio.

8º.- SISTEMA  ADOPTADO PARA O RÉXIME DA ESCOLA.

O sistema é misto.

9º.-  SECCIÓNS NAS QUE SE DIVIDE  CADA CLAS PARA O ENSINO.

Divídese en 8 seccións. 

10º.-  TEMPO ADICADO NA SEMANA Á  INSTRUCCIÓN  DE CADA UNHA DAS SECCIÓNS.

Doutrina Cristiá e Historia Sagrada : 3 horas.-  Leitura: 3 horas.-  Escritura: 3 horas.  Aritmética : 3 horas.  Gramática : 3 horas.-  Economía-Urbanidade :  1 hora.-  Xeografía e Historia de España:   2 horas. Labores:   15 horas.  Total: 33 horas.

11º.-  LIBROS DE TEXTO PARA CADA ASINATURA.

Para a Doutrina:  "Catecismo da Diocese ".- " Historia Sagrada", por Fleuri. e Lloriquet.-  Lecturas: " Flora", por Sanjuán.-  " Consejo", por Comendador.-  "Cuadernos", de Avendaño  Cardorera.- "  Libros Segundos e silabarios",  por Sierra .- " Cartas familiares",  por Sierra.- " Manuscrito",  por González  Jordán.-  " Manuscrito", por Olmos.-  "Aritmética ",  por Guerra e Bustillo.-  " Gramática ", pola Academia.-  " Historia de España ", por Calleja.-  " Xeografía", por Paluzzi.-  " Xeometía", por Navas ; "  Urbanidade e Economía ", por Calleja.

 12º.-  NÚMERO DE ALUMNAS DE CADA SECCIÓN-

Cada seccións consta de 8 a 10 alumnas  e excedendo dese número  divídese en dous grupos . As nocións de Xeografía ensínanse ás  nenas máis adiantadas.

13º.- SISTEMA DE PREMIOS E CASTIGOS-

O sistema de premios consiste  en ocupar os primeiros postos  na sección, diplomas , estampas, pezas brancas  de roupa cosida polas mesmas  se son pobres  e outros obxectos de valor  que se adxudican nos exames.

 Os castigos consisten  en reprensións segredas  e publicas, en facer perder á nena o seu posto na sección  e en deixala traballando  unha hora despois da clase.

14º.-  IDADE E ESTADO  DA MESTRA, TIDUO  PROFISIONAL E ANOS  DE SERVIZO NO ENSINO  E NO POBO.

A profesora é  de idade de 29  anos  cumpridos , de estado solteira. Co tíduo de Mestra de  Instrución primaria  elemental.  Ten 8 anos  4 meses de servizo  e todos neste pobo.

15º.-  DOTACIÓN PARA O PERSOAL  E MATERIAL,  FONDO DO QUE SE PAGA  E IMPORTE DA RETRIBUCIÓN.

Ten de dotación 825 pesetas  anuais,  206, 25  con destino a material , pago todo  dos fondos municipáis. Abóaselle tamén por conta do mesmo  100 pesetas máis  en compensación de  retribución.

16º.-  PUNTUALIDADE NO PAGAMENTO  DA DOTACIÓN  E RETRIBUCIÓNS.-

Áchase ao corrente  no pagamento de dotación  e retribución.

                                  Sárria, 1º  de Xuño de  1887

                                   A Profesora :  Soedade Parlati

......................................................................................................................................................................... 

                        XUIZO DO INSTECTOR  ENCOL DA ESCOLA E DA MESTRA

Sobre os resultados  da educación e ensino :  Boa

Sobre a Mestra :  Pola súa Capacidade; Boa.-  Pola súa Instrucción ;  Boa.- Pola súa Aptitude : Boa.- Polo seu Celo e Conduta ; Boa, 

                                               Sárria, 31  de Maio de 1887

                                              O Inspector: Vicenzo  Pérez Sierra  

........................................................................................................................................................................... 

 Dona Soedade  Parlati, Mestra   da Escola Publica de  Nenas de Sárria.

Certifico:  Que rexistrado o libro  das visitas xiradas a esta escola polo Sr. Inspector e Xunta Local  aparece  unha que copiada á letra di:

                             Inspección  Provincial  de Primeiro Ensino, Lugo

                                        Visita ordinaria  de Inspección :

Verificado neste vdía  coa asistnza dos Srs, da Xunta Local , á Escola pública de nenas de Sárria que dirixe Dª Soedade Parlati e examinadas as 66 alumnas  presentes ao dito acto,  a Inapección fai constar  que as reducidas dimensións  do local impiden  desenvolver os sistemas de ensino  e procedementos pedagóxicos e  mentres  e interín   chega a se trasladar  a outro local máis amplo e coa fin  de que todas  as nenas vaian familiarizándose  cos coñecementos que demostraron  posuir  as  escolantas máis avantaxadas , o que suscribe  prométese desta profesora , cuxos bons desexos  recoñece, que xeneralizara  todas as clases de ensino de maneira  que in unha soa nena deixe de pertencer ás mesmas, agrupándoas en seccións , segundo a altura de coñecementos  posesionando á fronte de cada sección unha onstructora  e agrupándoas  en tres grupos para as explicacións xeráis, dándolle a estas e aos exercizos  prácticos a importancia debida , e retendo  presente que canti máis xeralice as clases , tantos máis resultados obterá . De agardar é que esta Profesora recorde as precedentes indicacións e as que verbalmente lle fixo esta Inspección dados os bos desexos  que animaron a aquela, e en sendo así  estea segura todas as súas discípulas  cada cal segundo a súa altura de coñecementos , evidenciarán o seu celo e acerto.

                                     En Sárria, 31 de Maio de 1887

                                     O Inspector: Vicenzo Pérez Sierra

É  copia literal do orixinal ao que me refiro en proba do que asino, en Sárria a 6 de Xullo de 1887.

                                                    Soedade Parlati

************************************************************************************  

                                                       ( fináis do século XVIII a 1896 )

A ESCOLA VELLA DE NENOS DE SÁRRIA  estivo instalada na que fora ESCOLA DE GRAMÁTICA  e ESCOLA DE PRIMEIRAS LETRAS  construida   en terreos da  horta do Hospital de Santo Antón Abade , e con cargo aos fondos  da Obra Pía a finais do século XVIII.

Ademáis do local da escola  fixeron  da Casa do Mestre , que tamén tiña un espazo adicado a cabalariza 

 Estaba na parte traseira da Casa do Hospital que acabóu sendo a Casa Consistorial e tamén sede do Concello. Tiña a súa entrada polo camiño que deende San Salvador  ao Mosteiro da Madalena , e os sucesivos Concellos gastaban poucos fondos para o seu mantemento<

A escola era un local  rectangular  que cando con cargo ao legato de Matías López e López se fixeron as Escolas Publicas ( 1896 ) na estrada de Sárria a Portomarín  ( entón Rúa do Porvir, hoxe Rúa Marqués de Ugena.- Casa da  Cultura ) acabú derrubada , e  a que fora Casa do Mestre foi convertida en Cárcere do Partido, destino que tivo até 1930.

 *********************************************************************************

 A ESCOLA PÚBLICA DE NEAS de máis tardía creación  estivo  ubicada en locáis de casas particulares, na rúa Principal ( Rúa Maior dende 1888 ) , xeralmente  en moi malas condicións, escasas de iluminación  e insalubres.

Cando estivo instalada na Casa de Marzán  ( números 22-24 da Rúa Maior ) a mestra puido disfrutar de vivenda no primeiro andar e o salón de clases, con  luces ao sur, ocupaba , tamén no alto, o  espazo traseiro da vivenda1. O Concello corría co aluguer de vivenda e escola.

En 1896  as nenas da vila estrearon  a ala esquerda  do edificio das Escolas Públicas alzadas grazas á xenerosidade de  Matías López e López , e a mestra, o memso ca o mestre, gozaron de vivendas  no mesmo edificio .

 Atrá quedaron  as noxentas aulas  nas que  durante cen anos  os nenos e nenas de Sárria  recibiron formación de  mans de mestres e mestras  mal retribuidos e cuxo labor era  pouco recoñecido.

Neste ano 2025, cando se celebra o Bicentenario do nacemento de Matías López e López ( 17 de maio de 1825 ) bon é  recordar a tan destacado benfeitor e Fillo Predileto de Sárria, 

************************************************************************************** 

 

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares