SÁRRIA: ALTAR MAIOR DE SANTA MARÍA MADALENA ( 669 )

 SÁRRIA :     ALTAR MAIOR DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA ( 669 )

BOLETÍN. SEMINARIO DE ESTUDOS SARRIAOS  F.V.S. 2º TRIMESTRE 1990. Nº 10.

                                             MONOGRAFÍA

***********************************************************************************

                                                       ADRO

As dificultades  que temos para que os exemplares  do noso Boletín podan  saír á rúa , fan que as entregas  se demoren moito máis aló  do que sería de desexar.

Os traballos  pendentes de publicación  son moitos, e por iso  estamos  analisando a posibilidade  de achar novos xeitos  de edición. Cremos que vale a pena.

Este número 10 , que ve a luz en 1992, aínda  que correspoinde  a súa elaboración ó ano  1990, é unha monografía  sobre o altar maior  do Mosteiro de Santa María Madalena  de Sárria,  do que é autor SEGUNDO LÓPEZ MÉNDEZ, lucense,  Director do Centro  de EPA, que fixo este traballo  de investigación  como tesina final  dos seus estudos  de Artes Aplicadas  e Oficios  Artísticos.

A calidade  do traballo  é moi  boa, e é gratificante  que haxa  quen se preocupe  por aspectos  concretos da nosa historia  local, máis se temos  en conta a vinculación profesional  do autor  á vila de Sárria.

Agardamos  que outros investigadores  , nun futuro inmediato, boten riba deles  o labor de espallar o  coñecemento  dos nosos propios valores. Este BOLETÍN estará sempre  aberto  para eles-

                                              ............................................................. 

SUMARIO.- ADRO.-  RETÁBULO DE SANTA MARÍA MADALENA  DE SÁRRIA  ( ESTUDO  HISTÓRICO-ARTISTICO ) por  Segundo López Méndez.- Portada.- Segundo López Méndez. Fotografía:  Segundo López Méndez- Ilustracións: Segundo  López Méndez.

                            ......................................................................

BOLETÍN DO SEMINARIO DE ESTUDOS SARRIAOS " FRANCISCO VÁZQUEZ SACO".- Nº 10. 2º  TRIMESTRE DE 1990 ( EDITADO EN 1992 )

..................................................................................................................................................................... 

RETÁBULO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRI.- ESTUDO HISTÓRICO-ARTÍSTICO

                                                       SEGUNDO LÓPEZ MÉNDEZ

....................................................................................................................................................................... 

                        MOSTEIRO DE  SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA

                                   O Mosteiro de Santa María  Madalena de Sárria. 

Fundado no albor  do século XIII  nun pequeno preguntoiro  que separa as veigas  dos ríos Sárria e Celeiro  ( daquela chamado Barbadelo ) , na tradicional ruta das peregrinacións  a Compostela, e estramuros  da entón chamada Vilanova de Sárria , o Mosteiro de Santa María Madalena cubriu unha función  asistencial que corréu paralela  coa dos Hospitais de Santo Antón  e San Lázaro.

Nado do pulo duns frades italianos e despóis de ter  presentado  un certo vencello  cos templariuos, o Mosteiro pasóu  a estar suxeito á Orde de Santo Agostiño.

Gozóu de protección   dos Condes de Lemos e Marqueses de Sárria, así como das familias fidalgas  da comarca , que o elexían  para os seus enterramentos , o que o fixo disfrutar  de considerables  rendas.

En 1568 pasóu a depender  da Regular Orde  da Ouservancia  de Santo Agostiño, adscrito  á provincia  de España, até a exclaustración , chegóu  a súa  ruina.

Restaurado polos PP Mercedarios , segue hoxe  cumprindo  o seu labor  asistencial  aos peregrinos.

O antigo convento  de Santo Agostiño , é hoxe coñecido como Convento da Mercé.

                                                     A  IGREXA

Máis que dunha igrexa sería preferible favor de tres igrexas . pois tres  foron as fundacións. e estas darían lugar , por acumulación, a unha planta atípoca con capela maior ao Sur, unha  nave lateral, capela e mave  principal  que vai de Norte  a Sur.

Nesta igrexa  documéntanse  os altares  Maior, de San Xosé, de San Nicolau de Tolentino,  de San Xoán de Sahagún, da Nosa Señora de Graza. de San Lourenzo e da Vera Cruz.

A esclaustración  e a chegada dunha nova Orde  relixiosa  supuxeron  a desaparición  da case totalidade  deses altares  e das súas advocacións , perdéndose  a maior parte  das imaxes dos séculos XV, XVI e XVII que neles había.

Somente se conservan os altares  Maior e do Santo Cristo, aínda con algunha trasformación, como máis adiante veremos.

                        ( Fotografía : O retábulo na actualidade )

                                      O RETÁBULO NA ACTUALIDADE

                                         DESCRIPCIÓN  XERAL

O retábulo adáptase  á forma da Capela Maior, sen formar  crebaduras as calles principais, seguindo  unha planta  poligonal. Presenta tres corpos  e tres calles, ocupando  todo o testeiro  da dita Capela  chegando até a bóveda.

A calle central  adícase ás  imaxes principais: Cristo  no ostensorio riba deste Nosa Señora da Mercé , padroa da Orde Mercedaria; no ático do retábulo , Santo Agostiño, fundador da Orde á que pertencía  o convento primitivo.

Ao lado esquerdo, calle con fornela  e imaxes. De abaixo a arriba: na predella primeiro rexistro  unha cartela ou tarxeta ; no primeiro corpo , San Pedro Nolasco, fundador da Orde ; segundo corpo, San Pedro Pascual e rematando a calle no terceiro corpo o blasón da Mercé.

Ao lado dereito, calle con fornelas e imaxes. De abaixo a arriba:  na predella, primeiro rexistro outra cartela ou tarxeta ; no primeiro corpo , San Ramón Nonato; segundo corpo Santa María de Cervelló; remata a calle  xa no ático o escudo de Aragón.

Nos tres corpos  mantense a mesma disposición  : pedestal , corpo de imaxes, relevos e entablamento. Corpo superior  semicircular  con remate de escudo  da Orde agostiña.

Riba   das imaxes  e decoradno os friso  das fornelas  dispóñense relevos , os do segundo corpo , de moito bulto. As xambas  das fornelas  deste corpo  están ornadas  con labores de media cana. O primeiro  corpo do retábulo  presenta  nas súas columnas  capiteis xónicos , e as do segundo, capiteis cortintios. As columnas  do ático son claramente neoclásicas,

En liñas xerais , as columnas presenta  unha ornamentación  de grinaldas, zarciños, cogols, eses , et.

No cabe dúbida que os corpos  segundo e terceiro  son a todas luces de estilo barroco; o terceiro  é de realización máis tardía , presentando  un claro  estilo neoclásico como antes mencionamos.

É  de grande adorno en relevos, e a iconografía mantén  criterio  de ordenación xerárquica , en canto que os motivos  centrais os máis importantes,

Hai que destacar  como elemento importante aunque múltiple , a presencia de vinte e oito cabezas  de anxos en distintos puntos do retábulo, así como seis máis de corpo enteiro.

Esta constante presencia de anxos fainos pensar dalgunha maneira , que son os elementos introdutores  do mundo superior.

As medidas do retábulo son aproximadamente  duns cinco metros  na súa base e oito na súa  altura.

Unha visión  máis particular , fainos apreciar unha significativa  representación de San Miguel , como sabemos arcanxo xefe da milicia  celestial, vencedor  na loita contra as potestades  do mal ;  situado na base da primeira  columna  divisoria  das calles  central e izquierda , facéndonos  patente unha clara representación  da apertura do Antigo  Testamento.

E na columna que flanquea coa citada, a calle central, recoñecemos a San Xoán Bautista, que nos fai presente a apertura do Novo Testamento.

Non podemos deixar de citar   os dous relevos que coroan as fornelas  do segundo corpo , calles esquerda e dereita, neles, Davide  e Moisés  son tamén coa súa presencia , portadores de mensaxe . No caso do Rei hebreu  que rexiu os destinos  do reino unido de Xudá  e Israel, sendo punto medio cronolóxicamente  entre Abraham e Cristo, reside a súa grandeza e a súa mensaxe  na súa categoría relixiosa  e nas súas xestas politicas, Non foi só o "doce cantor " de Israel , o criador da  salmodia , senón que fundóu unha forte monarquía  riba das ruinas da débil dinastía  de Saúl.  Representóu a estirpe  da que dez séculos  máis tarde  nacería o Mesías Prometido.

Polo que se refire a Moisés , poderiamos dicir  que se considera profeta, lexislador, xuiz e caudillo , sabio e sacerdote, así como tamén o promulgador  do núvleo da Lei ( Thora ).

No ANEXO  IV , adicamos máis información  a estes personaxes.

Abondando algo máis neste retábulo barroco , diremos  que presenta unha redución a conciencia  de espacios , empregando con abundancia  a decoración. Como en case todas  as igrexas-mosteiros , o seu retábulo  caracterízase  pola profusión  de volutas , roleos e outros adornos  nos que predomina a liña curva , que se desenvolve  como algo esencial e específico nos séculos  XVII e  XVIII, período  do estilo barroco.

No estudo de detalle , presentado máis adiante , irase complementando o traballo que nos ocupa.  supoñendo  que sería  un entallador  dalgunha circunscrito á área Sárria- Samos, dado o número  destes que por aquel entón habitaban  a zona, aos que, no ANEXO  I  describirémolo  con máis detalle.

...................................................................................................................................................................... " 

........................... Entre os documentos do Mosteiro de Santa María Madalena, e datado en 1568, figura esta anotación " ................... Retábulo e sillaría   No ano de 1568 concertouse o convento con GREGORIO FERNÁNDEZ  , entallador, que se obrigóu e fixo o retábulo do altar maior e sillaría do Coro , e imaxes do retábulo , da maneira  que está en prezo de douscentos e vinte ducados , en diñeiro , comida e pousada  para el e oficiais  todo o tempo que duróu a obra, Máis deu o Convento  , toda a madeira  necesaria , serrada de serra maior e posta no Convento . Máis deulle toda a cravazón e cola necesaria, dar madeiras  e facer estadas . Máis deulle catro ducados  e medio por cada cadeira  , que son vinte e seis, co que ademáis da comida , cama, pousada e materiais custaron as ditas duas obras trescentos  e setenta ducados.  Pasóu  perante Diego López e Rui López," .................................

O ALTAR MAIOR DA IGREXA DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA E AS SÚAS IMAXES PRIMITIVAS FORON OBRA DO ENTALLADOR GREGORIO FERNÁNDEZ, PAI DO INSIGNE ESCULTOR GREGORIO  FERNZ. A IMAXE DE SANTO AGOSTIÑO  DO ALTAR MAIOR  E A SANTIAGO APÓSTOLO ACTUALMENTE  NO ALTAR MAIOR DA IGREXA DE SANTIAGO DE FARBÁN, SON AS ÚNICAS TALLAS  QUE  SE CONSERVAN  DAS FEITAS NO ANO 1568.

O altar maior , imaxes  e sillaría  contratadas en 1568  foron promovidas  pola Orde da Regular Ouservanza de Santo Agostiño, que o 6 de xaneiro  de 1568  , despois de ser suprimida a Orde  dos Frades da Penitencia dos Mártires de Cristo ( "Madalenos" )  entróu na posesión do Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria  na que estivo até 1836.

.......................................................................................................................................................................

O que si sabemos sen dúbida algunha , é o nome do pintor  que dará  : " pintado, dourado, estofado, colorido e perfecionado   consonte a arte o pide e require...."  segundo o texto  do contrato entre o convento de agostiños de Sárria e o pintor  Baltasar Rey de Terán,  sobre pintura  de retábulo e imaxe, no ano 1643 . E  que tamén recollemos no ANEXO I.

                 FOTOGRAFIA :   Fachada  exterior do convento con campanario e prta de acceso ao templo ( dereita ),

A previa orfandade  documental darredor da autoría , só  ven  salvada por algunhas aportacións  rescatadas  do esquezo  por Don  Francisco  Vázquez Saco , e a recente  publicación  do Libro de Sepulturas , permitieanos datar  un tanto as etapas dos retábulos conservados,

              FOTOGRAFÍA : Imaxe de Santo Agostiño, obra do escultor Gregorio Fernández 

(  Presenta   certo paralelismo  coa  imaxe de Santo Agostiño que preside na actualidade  o altar maior , que foi obra realizada polo entallador Gregorio Fernández ( pai    ).

................................................................................................................................................................  

                            SUCESIVAS ETAPAS EVOLUTIVAS  DO RETÁBULO 

                                            DE !568  ATÉ 1705

A Capela Maior foi dotada   por Nuno Álvarez de Guitián , que alí estaba enterrado, e é en 1511 cando se pode datar a súa construcción.

Se en 1643  encárgaselle ao pintor Rey de Terán (  ANEXO I ) o pintado e dourado do retábulo do altar maior , podemos pensar que as datas pobables do alzado  se establecerían algúns anos antes ( foi en 1568 ).

No dito alzado , que presentamos en páxinas seguintes, podemos apreciar que foi construido con tres calles  e dous corpos, estes mantendo paralelismo  e as calles exteriores simetría, a diferencia  do que dende 1763 xa presenta movimento na súa calle central .

O retábulo na súa calle esquerda  tiña dúas fornelas; na  inferior Santa María Madalena , advocación do Convento. Na superior , San Nicoláu de Tolentino, agostiño. Calle dereita, fornela inferior , Santa Mónica, nai de Santo Agostiño . Fornela superior Santiago Apóstolo, de  fonda tradición na zona , por ser parte esencial na Ruta Xacobea (ANEXO IV ).

Xa na calle central  : fornela inferior " Camerín.Ostensorio", que a xulgar  polo debuxo presentado no "Libro de Sepulturas" , era de constitución  diferente ao actual , datado en 1763, e que segundo o libro citao , xunto co remate do retábulo , a custodia, gradaría, credencias e adornos das columnas, fíxose novo tamén o camerín, podemos apreciar sen temor a nos trabucar , que o dito camerín-ostensorio  presentaba unha posición avanzada  con respecto ao resto do retábulo, de maneira que entraba sobre da mesa do altar.

No dito camerín tampouco figuraba o grupo de pelícanos  que hoxe aínda podemos observar e que de forma moi clara é independente do conxunto , sendo enadido  en época posterior  á que aquí estamos a describir-

Na  fornela superior, Santo Agostiño.

O ático, nas súas beiras, estaba coroado con dous escudos realizados en 1639 por Moure ( fillo ),ANEXO I, timbrados  con sombreiro e cordóns episcopais, recibindo nos seus interiores o corazón seteado , símbolo da Orde Agostiño. No centro , cruz flanqueada por unha pluma e unha espada ;  aquela como triunfo da fe, a espada, loita pola súa propagación.

  .....................................................................................................................................................................  

DEBUXO A MAN ALZADA: Documento obtido do "Libro de Enterramentos ". Altar Maior con retábulo até 1705.

DEBUXO :  O retábulo do Altar Maior . Até 1705 ( Ricardo Segundo López Méndez )

........................................................................................................................................................................ 

                                             PERÍODO 1705 - 1763 

Como podemos apreciar na representación  da páxina seguinte , a estrutura xeral do retábulo  mantense como até 1705, mais baseándonos en documentos obtidos do "Libro de Protocolo" , podemos apreciar  que o ático foi lixeiramente  modificado, xa que aos dous lados  da cruz primitiva, antes lobulada, agora liñal, antes sen Xesús Crucificado , agora insinuado con lixeiras  liñas, aparecen dúas figuras debilmente  marcadas con  rasgos  aínda que non moi  claros , si polo menos  significativos , e que poden ser a Virxe María e San Xoán, que en etapa posterior pasarán a formar parte  do novo  corpo  construido en 1763 e que forma até o dia de hoxe o ático do retábulo.

                                                          ......................................................... 

PORTADA DO "LIBRO DE PROTOCOLO":  Protocolo de  toda a renda deste Convento  da Madalena de Sárria , así  da que  ven á Tulla e Convento  como tamén  da que se xunta na Granxa de Pacios. con índice dos Capítulos  que contén  este Libro  e a  razón  pola que se paga  citando o Caixón  onde está as  esctrituras e o libro Mestre, Fíxose  o ano de MDCCV  a dilixencias e coidado do PP Frei Xosef  Mosquera, quen apeó  todos lugares  nos que se cobra a Renda .  cuxos apeos  están xuntos e cosidos aos instrumentos   de foros, vendas e doazóns  e todo  fixose sendo Provincial  NPMF  Antonio Gómez  e Prioiro  deste Convento  o P. Pregador Frei Antonio de Castro, Mestre de Novicios Xubilado , fillos todos tres do Convento  da Nosa  Señora da Cerca,

                                                               ..........................................................

DEBUXO A MAN ALZADA : Documento obtido do "Libro  de Protocolo " Altar Maior con retábulo até 1763.,

                                                             .......................................................

DEBUXO    :  O retábulo  do Altar Maior  até 1763 ( Ricardo Segundo  López Méndez )

.......................................................................................................................................................................... 

                                            PERIODO 1763-1797

O retábulo  descrito anteriormente , mantívose así até  1763.

No cuatrienio  do P. Prioiro xubiladp Frei Xoán Pumares , e sendo Sancristán  o Padre Frei Francisco  Fernández , fíxose de movo  o remate do retábulo  do altar maior , o camerín e custodia , con toda a gradaría , credencias  e adorno de columnas , e dourouse  novamente o retábulo  e retocaron as imaxes, Tamén se levantóu o presbiterio , rebaixouse o pavimento e  lastrouse , así  como  tamén puxeron  ás lámpadas  aos lados - " Libro de Sepulturas"-

No terceiro  corpo ou 

atico , estrutúraronnse tres novas  fornelas , a central de maior tamaño   que as colaterais, na que se incorpora Cristo Crucificado  e nas dúas máis pequenas  as  imaxes que co Cristo  coroaban  o remate do retábulo  no periodo anterior.

Quixeramos facer constar  neste momento , a grande similitude  existente entre este Calvario  e o que se acha  na igrexa  de " San Xoán de Lóuzara" , parroquia  do concello e arciprestádego de Samos.

No templo parroquial  consérvase  un interesante retábulo  renacentista  de dous pisos e tres calles , con esceas  do nacementi e degolación de  San Xoán Bautista , pinturas e outros relevos.

 Non  nos debe extrañar a similitude apuntada  anteriormente ,  dado que, moi fácilmente  tanto un como outro puideron  ter sido  realizados  por entalladores da área Sárria.Samos., aínda que non tallados pola  mesma gubia , polo menos pertencentes  á mesma  escola que  durante  tantos anos, os entalladores sarriaos, demostraron  o seu bon facer  en todas e cada unha  das obbras  que ao longo e largo do mapa  espallaron.

Este terceiro corpo enadido nesta época , é claramente  de estilo neoclásico , recordemos  que este movemento xorde a partires do ano 1762.

A cornixa  que o remata  presenta forma semicircular  crebada, estrutura dabondo utilizasa  polos tallistas do momento. 

                                                          ......................................

DEBUXO :  O Altar Maior. Até  1797 ( Ricardo Segundo López Méndez )

................................................................................................................................................................

                       PERIODO POSTERIOR A 1797

En 1797 as imaxes  do remate  foron trasladadas á capela do Santo Cisto , retocándose as imaxes-

DEBUXO A MAN ALZADA: Capela do Santísimo Cristo. Capela Primitiva do Santo Cristo

..................................................................................................................................................................    

                        FOTOGRAFIA :  Altar do Santo Cristo.

                            CAPELS ACTUAL DO SANTO CRISTO E IMAXES

É posible  que neste mesmo ano a imaxe de Santo Agostiño  pasase a ocupar  a fornela  central do remate e que a imaxe  da Nosa Señora de Graza aquela, ao pasar o seu altar  á capela de San Lourenzo.

Os escudos da Orde Agostiña  pasaron a ocupar  as fornelas pequenas do remate, que máis tarde  serán sustituidas polos da  Orde mercedaria.

Cando a finais do século XIX  os Padres Mercedarios tomaron posesión do Mosteiro, as imaxes do retábulo, agás Santo Agostiño ,  serán sustituidas  por outras  de Santos e Santas da nova Orde, ocupando  lugar de honra a Virxe da Mercé , imaxes procedentes de Catalunya.

Por tempo que non puidemos concretar, a mesa do altar, sagrario e camarín , estiveron arredados do retábulo, deixando un espazo de relativa separación.

Despois do Concilio Vaticano II , a mesa do altar foi retirada e sustituida  por outra de pedra, o  camarín  e sagrario integráronse no retábulo de novo e ao desaparecer as gradarías houbo necesidade de acondicionar a parte baixa do retábulo.

Tamén se acondicionóu  a fornela da Virxe da Mercé.

Coñecemos  a identidade  dos artistas  que tomaron  parte no desenvolvemento  do retábulo: Gregorio Fernández ( pai ), Rey de Terán e  Moure ( fillo ) , este encargado de facer os escudos do remate, e de todos  eles podese presumir  traballaron  en Samos, Lugo e Monforte, porque nesas época deuse unha febril actividade nas igrexas e conventos deses puntos.

Actualmente, pois,  as imaxes do altar maior  primitivo  que se conservan son : a ) Santo Agostiño. b ).- Santiago Peregrino na igrexa de Farbán. c ).- Posiblemte a Virxe e o San Xoán  Evanxellista  postos no altar maior   aos dous lados do Santo Cristo  procedan  das fornelas laterais do remate  do  retábulo maior da igrexa conventual.

No altar maior de  Santiago de  Farbán tamén hai outra imaxen, a de Santa Catarina, que estaba no altar da Nosa Señora  de Graza, na igrexa da Madalena.,

Por averiguacións  que praticamos soubemos que até darredor dos anos 1950 varias das imaxes primitivas  conserváronse no Convento, e por seren consideradas un " estorbo" foron destruidas ou pasaron a mans de anticuarios, nunha época na que a sensibilidade artística non era moi acusada.

Porén custódianse no Mosteiro as imaxes de San Miguel  e San Xoán, procedentes da igrexa parroquial  de San Salvador de Sárria, das que foi  autor o entallador Gozalvo Álvarez  ( século XVI ).- ANEXO IÇ

                                                      .......................................... 

DEBUXO: O RETÁBULO NA ACTUALIDADE   ( Ricardo Segundo López Méndez )

                                                     ............................................

                                       O RETÁBULO NA ACTUALIDADE

                                        DESCRIPCIÓN POR ELEMENTOS 

                                                      PREDELLA

REXISTRO INFERIOR OU ENADIDO-  Este rexistro formado  por distintos elementos . baixorrelevos e pinturas , foi enadido cando tralo  Concilio Vaticano  II   se fan desaparecer as gradarías. Por ese motivo  houbo que reprantexar  esta parte baixa do retábulo.

                                           PRIMEIRA FIEIRA  DA COLUMNATA ESQUERDA

                                                         ELEMENTO FRONTAL

( FOTOGRAFÍA :   Cristo  azoutado atado á columna )

Baixorrelevo rectancular  representando  a flaxelación  de Cristo  atado  a unha columna- A situación desta , partindo a escea, de consiustenza  e pesadez ao grupo , saións á dereita e á esquerda con vergallos en actitude  agresiva.

As figuras presentan unha certa deproporcionalidade , sobre todo  a nivel de extremidade superiores, podese apreciar  unha  composición  primitiva, tanto en  movementos como en talla. Esta claramente elemental. Os rostros son enérxicos , sobre todo nos saións, mais a musculatura  preséntase  demasiado feble, reflectindo  desta maneira un descoñecemento da anatomía por parte do artista .

Este baixorrelevo  parece ter pertencido a un antigo viacrucis , aproveitado para encher este punto.

                                                       ELEMENTO INTERIOR DEREITO

Baixorrelevo  rectangular sen demasiada importancia , colocado como recheo.Presenta motivos florais e de composición vexeta.

                                                              CALLE ESQUERDA

                                                              ELEMENTO FRONTAL

Relevo formado por unha serie de volutas sen demasiada pretensión.Talla sinxela. Elemento de recheo.

           FIEIRA DE COLUMNATA DIVISORIA  DE CALLES CENTRAL  E ESQUERDA

                              ELEMENTO  INTERIOR  ESQUERDO

Non presenta ningún tipo  de relevo nin pintura.

                                                       ELEMENTO FRONTAL

Pintura reflectindo  unha mada de espigas. , cores moi escuras, predominan  grises e negras. Sinxela.

                                                         CALLE CENTRAL

                                                       ELEMENTO FRONTAL

(  FOTOGRAFÍA :  O Sagrario. Imaxe do Agnus Dei )

      Peza  de prata repuxada e de grande ornamentación.

No centro, porta do  sagrario , decorada con dúas volutas  nas que se apoian sete columnas , que nos  recordan o Candelabro dos Sete Brazos, rememorando o     Antigo Testamento , Riba daquelas descansa un   " Agnus Dei" portando estandarte. Abraza este conxunto  xa no seu fondo , grande abano de raios.  Nas beiras grandes froitos  que se nos antollan granadas das que saen pendurados motivos florais. Son estes  símbolo indiscuible de eternidade.

Na parte superior , ao centro, cabeza de anxo con aureola e aás, nos estremos  outros dous de corpo enteiro, como suxeitando  unha especie de arco. Rebordan  todo este elemento frontal , dúas pequenas  columnas decoradas  con volutas,  cunchas mariñas e cabezas de anxos.

FIEIRA DE COLUMNATA DIVISORIA  DE CALLES CENTRAL E DEREITA 

                                                  ELEMENTO FRONTAL

Como no caso simétrico a este , pintura reflectindo  un acio de uvas , que xunto que con aquel fan  clara referenza á Eucaristía.  Cores moi escuras  con predominio de negros  e grises-.

                                              ELEMENTO INTERIOR DEREITO

Non presenta ningún tipo  de relevo e pintura.

                                              FIEIRA DE  COLUMNATA DEREITA

                                                      ELEMENTO FRONTAL       

       Baixorrelevo  rectangular sen  demasiada importancia. , colocado  como recheo.  Presenta motivos floráis  e de composición vexetal..         

                                                         ELEMENTO FRONTAL

Baixorrelevo  de labor claramente  igual ao seu simétrico . Nel apreciamos tamén  talla sinxela e elemental  representando a Cristo coa cruz ás costas , axudado polo "Cirineo".

         Ao fondo soldados con armas.

Esta peza, como a xa citada , pertencía a un antigo Viacrucis , de cuxas catorce pezas, só estas dúa se aplicaron  ao novo recheo  deste recheo inferior  ou enadido.

Como se pode apreciar  polo até dagora descrito , esta parte da PREDELLA   non é realmente un conxunto esencial, xa que foi formado  con pezas de procedencia diversa  e para cumprir  unha función de compleentación, 

            ( FOTOGRAFÏA : Xesús coa cruz  ás costas )

                                               PREDELLA

                     REXISTRO SUPERIOR OU PRIMITIVO 

                     FIEIRA DE COLUMNATA ESQUERDA

                              ELEMENTO FRONTAL

Baixorrelevo rectangular , con figura en movemento e sen grande perfeción de liñas na súa talla. Musculatura feble , sen atractivo anatómico, Certa desproporción corporal, que recorda talla primaria . Parece indicar o home  envolto no seu pecado , dada a similitude  entre a fita negra que o arrodea e a serpenta bíblica. A dita sensación é enviada polo movemento envolvente, xa que o pecado  circunda  e ata ;  enténdase tamén como os vicios  aos que o home pode estar apegado.

Este relevo  presenta un corido  agradable  no que se refire á figura humá , con tons carne  nas súas partes descobertas e rosas nas  cobertas . Isto fai sentir  unha situacíon de contraste co negro da fita  e a superficie  riba da que se apoia a figura.

 ( FOTOGRAFÍA :  Elemento interior dereito )        

                                                                ( FOTOGRAFÍA :  Pontíficc )

Pode considerarse  como altorrelevo, no que podemos ver  a representación da autoridade pontificia-- Posicion frontal en actitude de abenzoar , vestido  con alba adornada de multiformes  motivos vexetáis. Cubre o seu corpo  unha capa de cor averemellado  e cenefas douradas. A cabeza  cuberta  coa tiara de tres  coroas, indícanos o seu poder de remisión  - atar e desatar ( poder espiritual ) , Xefe supremo da Igrexa, Poder temporal  como rei de Roma.

Rostro sereo , lixeiro movemento, pregues de tecidos  febles sen grande profundidade, certa desproporción nas mans.

                                              CALLE ESQUERDA

                                              ELEMENTO FRONTAL

Cartela ou tarxeta  na que apreciamos baixorrelevo  con óvalo central  do que desaparecéu  a inscrición orixinal. adornado por unha serie de bucles e rizos  que parecen estaren  convintemente estilizdos.

Non  se aprecia ningún tipo de simetría  nas súas formas.

Dalgunha maneira  recórdanos as panoplias tan abundantes  no estilo barroco-

A  talla está ben realizada, con bon ritmo  e boa harmonía.

Toda a peza está dourada e resulta agradable á vista.

FIEIRA DE COLUMNATA DIVISORIA DE CALLES CENTRAL E ESQUERDA .- ELEMENTO INTERIOR ESQUERDO.

Altorrelevo  rectangular no que aparece  figura humá  tomando froitas dun conxunto susprndido riba da súa cabeza,

                       ( FOTOGRAFÏA :  Adán nú baixo froitas )

Neste relevo  cremos ver unha reprsentación  da inocencia, e máis claramente  a  un Adán antes da caída, pois observamos  que está totalmente nú, e como sabemos despóis daquela corréu  con Eva a se agochar  e cubrir a súa nueza,

                   Talla sinxela, de grande bulto e lixeira desproporción.

                                             ELEMENTO FRONTAL

Representa  este elemento  a dous anxos con talla de bulto redondo . situados en posición superior e inferior.

Son os anxos  motivos moi utilizados  moi utilizados  e até certo punto  preferenciáis en todo traballo de retábulo  durante o barroco, pois son até certo punto  os embaixadores da divinidade, portadores de movemento . graza e espiritualidade  cara o home; é por este motivo  que alí onde hai un oco non moi amplo , o artista utiliza o anxo.

Aquí queremos destacar  que estes dous anxos   son  independentes en canto que foron enadidos  a unha base ,sen pertenceren a ela. Tamén consideramos que non son do mesmo autor ( FOTOGRAFÍA  : anxox )  abonda  con miralos, pois se no superior se destaca  a súa graza  de formas, típica da dozura anxelical, non así  no inferior , que presenta unha maior rudeza de rasgos. Ademáis os adornos  do anxelote superior son  máis traballados e máis gráciles, a súa decoración floral  é máis patente  en canto á súa execución, e no caso do inferior  é máis pobre e menos floral. Pensamos entón  que neste panel utilizáronse estes motivos para encher o espazo.

Abondando  un pouco máis na decoración  que os arroupa , dirase  que o estilo é completamente  barroco ao se presentar rítmico con certa elegancia.

A presenza de lixeiras volutas con algo esencial  ao estilo , é aquí tamén manifesto

As caras están  policromados e o resto  dourado, con lixeiros desperfeitos  en algúns puntos,  sobre todo  máis exteriores.

                                                       CALLE CENTRAL

                                                     ELEMENTO FRONTAL

    (  FOTOGRAFÍA :  Crucifixo do  ostensorio e  ostensorio )

Este conxunto é o chamado lugar do oestensorio , isto é, fornela que serve para recibir a custodia que garda a Sagrada Forma e así poder ser exposta aos fieis.  No seu lugar figura un Cristo crucificado, que en certa medida é de boa realización, mais as mans presentansenos  defectuosas, debido á  desproporción  que reflicten  Se nos fixamos ben nos brazso do Crucificado , notaremos que estes foron enadidos, xa que a súa feitura  é totalmente diferente das estremidades inferiores , máis  perfeitas na súa execución . Con isto  chegamos á conclusión  de que  por algún  motivo que descoñecemos , tiveron que se realizaren de novo , co que se observamos  o baixorrelevo  do elemento frontal  da primeira  fieira  da columnata esquerda, primeiro rexistro da predella,  notaremos a grande similitude  existente entre a feitura  das ditas mans  e brazos, e as mesmas estremidades  que ali se confeccionaron  Todo isto móvenos  a   ( FOTOGRAFÍA : Crucifixo do oestensorio  ) que foi a mesma gubia , a execución dun e  outro traballo.

Exceptuando  isto, a figura  de bulto redondo  está bastante ben confeccionado , con graza e sensibilidade. tocado  con pano de pureza  e coroa de espiñas , Cabeza lixeiramente inclinada cara a dereita, deixa caer os seus cabelos  riba do mesmo hombreiro.

A fornela no seu conxunto  presenta unha decoración floral , enmarcada con  dúas columnas típicamente  barrocas, cos seus capiteis corintios , tan utilizados por este movemento. As ditas columnas están adornadas  na súa parte inferior  con motivos da Paixón, a esquerda , cos tres cravos, martelo e escada; a dereita coa coroa de espiñas, a lanza e o hisopo ( vara con esponxa ).

Nas súas partes cenrrais, tanto unha como a outra, ornaméntanse  cunha  especie  de zarcillos que as rodean , Soportan  esta columnas  outro capitel  cunha decoración de volutas.

Coroando todo o conxunto  ,preséntase un copete , chamado de media laranxa, dividido en cuarteróns  con vaos que a circundan  na súa parte inferior, para ir subindo na súa semiesfera con motivos vexetais.

 ( FOTOGRAFÏA : Remate do copete.

Soporta esta peza o grupo formado por un pelicano  dando o sangue aos seus fillos. Conxunto este claramente alusivo  a Cristo como dador  de vida eterna a traveso do seu cruento sacrifizo.

Bordea o grupo unha serie de volutas  e algún que outro motivo  vexetal.- floral.

A talla é sinxela  e sen grandes prtensións . O conxunto  dos pelicanos , é totalmente  independente e colocado riba do camerín  nunha época posterior á execución deste.

FIEIRA DE COLUMNATA DIVISORIA  DE CALLES CENTRAL E DEREITA ,. ELEMENTO FRONTAL.

Como xa se dixo noutro apartado  referido á  , parte simétrica deste o que limita  ao lugar do ostensorio  pola esquerda, podemos comprobar unha vez máis , que efectivamente se ve  con claridade  que o artista que realiza  o anxo superior  non pode ser o mesmo  que executa o inferior , pois se aquel é rico  en  adorno  e graza , isto recórdanos polos seus rasgos e dureza, máis un rostro  ( FOTOGRAFÍA :  Anxos )  romano que un anxo, podendo concluir  que neste parecen  reflectirse tendenzas  neoclásicas.

                                         ELEMENTO INTERIOR DEREITO

O  motivo  que presenta este baixorrelevo , é variado  e multiforme.

En primeiro lugar  e de abaixo arriba, aparece unha grande copa  chea de froitos , abrazada na súa parte inferior  por unha especie de fita.

No punto  medio do relevo hai unha cartela ou pergameo  do que colga  un pano até as froitas antes citadas.

Na súa parte superior , abundancia de tamén de froitos  e un conxunto de ornamentación  a base  de roleos  e volutas , que nos fan ver claranente que a zona non ten  grande interese ,  sendo presentado  como complemento da peza á que pertence, 

A  talla é sinxela, predomina a redondez  en todos os seus elementos constitutivos e unha vez máis compróbase  para cubrir algo.

 ( FOTOGRAFÏA :  Calle Dereita. Elemento frontal ) (  FOTOGRAFÍA :  Cartela  )

Como  no caso  da cartela  esquerda , apreciamos  un óvalo  central  do que tamén desapareceu  a inscrición orixinal . O dito óvalo  adornado con abondosos motivos de bucles e rizos , que nos recordan motivos máis ben vexetais, está penetrado  por dúas terminacións  dos citados adornos , por suposto  para romper a monotonía. Talla  sinxela, mais ben executada

                                   FIEIRA DE COLUMNATA DEREITA

                                   ELEMENTO INTERIOR ESQUERDO

           (  FOTOGRAFÍA :  Relevo de San Marco )

Relevo de bastante bulto que sen dúbida representa ao padroeiro de Venecia, San Marco ,  evanxellista  a San Paulo  na súa viaxe  a Chipre e Asia Menor, martirizado en Exipto e trasladado o seu corpo  a Venecia  por uns mercaderes.

Fainos afianzar na idea  a presenza dunha cabeza de león , que situada na parte baixa, fai referenza inequívoca  ao  citado anunciador da Boa Mova. Leva ademais un libro nas súas mans , sinal dabondo indicativa de evanxellista. 

Está coberta a súa cabeza con chapeu  e cordóns episcopais  que o artista utilizóu para ennoblecelo. Talla  sinxela de agradables curvas , Policromía con dourados.

                                              ELEMENTO FRONTAL

                ( FOTOGRAFÍA  : Anxelote )

Relevo rectangular  lixeiramente deteriorado , presenta na súa parte baixa unha cabeza de anxo  con áas  cara o fronte, riba del, un conxunto de froitas   de abondoso bulto ; coroando todo , especie de baldaquín  do que pebde  un motivo téxtil.

Anxelote policromado , froitas douradas , tea en negro.

Talla sinxela e primitiva sen maiores pretensións.

                                FIEIRA DE COLUMNATA ESQUERDA

                                COLUMNA DO PRIMEIRO CORPO

Este elemento pertence  á orde xónica , pois nela podemos apreciar  claramente todas as partes  que a caracterizan  :  ábaco , volutas. colariño. astrágalo. estrías no seu fuste  e xa na basa  : astrágalo.  escocia e tóros.

No seu terzo  inferior , aparece unha figura episcopa, a xulgar pola súa mitra , mais cremos que non é un bispo, senón o papa  San Martiño , representado aquí como bispo de Roma. Este pontífice  convocóu un concilio en Letrán, onde se condea o monotelismo, herexía que admitía  en Cristo as dúas naturezas divina e humá, mais só unha vontade divina, O emperador  Constante II  ao que o santo tamén atacóu , condéao  por blasfemo  e traidor ,  arroxándoo  a prisión e máis tarde desterrado a Crimea,

Neste relevo faltan as mans m  nunha portaría cecáis o  báculo . As súas vestiduras  son clásicas; con alba  decorada  con motivos floráis, cinguida na súa cintura  producindo  unha lixeira ondulación. Capa abrochada riba do peito.

Talla bastante ben realizada, case de bulto redondo, Apoyase nunha especie  de saíntes por riba do astrágalo  . Completan esta parte inferior  motivos frutáis e téxtiles.

Na parte alta do fuste, as acanaladuras ( estrías )  son circundadas con motivos floráis  consecutivos colocados en espiral.

 Remata a peza un capitel xónico.

Por riba da columna  que estudamos  aparecen dous frisos, un frontal e outro interior dereito, Tanto un como o outro teñen dúas cabezas de anxos dirixindo  a súa mirada oblicuamente  cara o camarín  - ostensorio  por ser este lugar preferente en todo o conxunto. 

                                 CALLE ESQUERDA PRIMEIRO CORPO

                                 FORNELA DE  SAN PEDRO NOLASCO

(   FOTOGRAFIA :  Imaxe de San Pedro Nolasco )

               No ANEXO III damos máis información sobre San Pedro Nolasco.

Diremos agora  e de xeito resumido   , que foi cofundaor  dos mercedarios con San Reimundo de Peñafort. Sitúase  o  seu nacemento  no Languedoc, antiga provincia no sur de Francia, entre o Garona e o Ródano, Participóu na cruzada albixense e foi titor de Xaime I. Entregouse  á redención de captivos  dende 1203 e fundóu a orde en 1218. A súa festividade é  o  31 de xaneiro.

Na historia  da arte  occidental cristiá , a  figura de San Pedro Nolasco  foi tratada case con exclusividade  pola escola española e especialmente  no século XVII , motivado isto pola súa cosagración  serodia.  Hai que destacar así  , entre outras obras    de foco sevillano  as de Murillo ( San Pedro Nolasco ). A Virxe da Mercé, Museu do Prado. Zurbarán ( doce teas contratadas  polo convento  dos Padres mercedarios de Sevilla, das que o Museu do Prado posúe dous, a catedral de Sevilla catro  e unha o Museu do Louvre.

Aquí a imaxe  ( probablemente realizada  en Barcelona ) , suxeita doble cruz na dereita e cecáis  Libro de Fundación. Hábito branco ( mercedario ) , decorado con cenefas  e ribetes,  Riba do peito escudo con blasóns da Mercé e Aragón.

Peza  moi ben realizada e con detalle , bonita policromía  que  da a esta  un certo encanto.

A fornela  presenta nas súas xambas, á fronte  estrías  e no seu interior motivos floráis e vexetáis, rematan volutas  que suxeitab o arqutrabe. Xa no arco , na súa parte  interior dous anxos  flanqueando a imaxe , e no seu exterior motivos  vexetáis,

Coroando a fornela , un baixorrelevo con anxos á dereita e esquerda suxeitando  unha especie de pergameo , do que desaparecéu  a inscrición orixinal , vam tocados  con lixeiras teas,  como cubrindo  o seu  poder , a difrenza do friso da fornela de San Ramón Nonato, onde están nús.

  FIEIRA  DE COLUMNATA  DIVISORIA DE CALLES CENTRA E ESQUERDA

                        COLUMNA DO PRIMEIRO CORPO

Como no caso  da columna antes estudas, presenta  esta as mesmas caracteristicas., e así  na súa parte do terzo inferior , decórase con figura en relevo  representando o arcanxo San Miguel , como xefe da Milicia Celestial  ( Conm, 29 de setembro ).

Está tocado  con peitoral de guerra  en actitude  de suxeitar estandarte ou espaa, non se conserva ningún  destes elementos. É entón sen dúbida o  triunfo da Luz riba das Tebras, o seu rostro  reflicte unha actitude de triunfo.

Bordean  a base columnal  dous anxelotes a dereita e esquerda  da citada figuram ademáis de teas ondulantes.

Na súa parte máis superiorn do fuste  e a diferenza  da citada anterormente, os motivos son menos floráis  e máis ao estilo  das palmetas, as estrías  ou acanaladuras  mantéñense  e o capitel  tamém xónico  remata a estrutura.

Predominan oa dourados, con excepción  de teas escuras e cores carne ali onde a hai, A técnica de estofado  segue presente  con lixeiros deterioros nas súas partes máis saíntes.

Esta columna non soporta frixo.

                            ( FOTOGRAFIA ) 

FIEIRA DE COLUMNATA DIVISORIA DE CALLES  CENTRAL E DEREITA

                                    COLUMNA DO PRIMEIRO CORPO 

( FOTOGRAFIA : Columna )       ( FOTOGRAFÍA :  Sam Xoán Bautista )

Esta columna é prácticamente simètrica  á citada no apartado anteror, coa única particularidade   que no seu terzo inferior do fuste  e en contacto coa basa, áchase outra figura de case bulto redondo 

Representa esta a San Xoán Bautista coberto con prles e cinto suxeitándoas, deixab ver estas as súas pernas  dende os xeonlloa aos pés. Longa barba e cabelo abondoso  danlle  a cacaterística  específica de home ermitán. Na man esquerda sustenta un año, que como sabemos  representa  a Cristo  enviado mansamente ao sacrificio . Tamén  é interpretado  como precursor da era de Piscis ( Cristianusmo ) , sendo  San Xoán Bautista a porta de paso  da vella era Aries ( año ) , á nova, citada anteriormente, Piscis.

Os seus pés descansan  nunha das volutas  que circundan o fuste na súa parte inferior bordeando a basa.

Aparecen   a dereita e esquerda  da figura  , caras anxelicáis, simplemente como motivo ornamental. Completan o conxunto  roupaxes que son fixados en varios puntos.

A talla preséntase sinxela , pero con graza, e o que pertende  representar  consígueo  sen maior esforzo . Rostro expresivo . Conxunto vistoso.  Teas como sempre  de cor escura, resto de policromía correcto.

                                   CALLE DEREITA    PRIMEIRO CORPO

                    FORNELA DE SAN  RAMÓN NONATO E FRISO             (  ANEXO IV )

                           ( FOTOGRAFIAS :   Friso e imaxe de San Ramón Nonato )

Poderiamos describir esta fornela  exactamente igual ca de San Pedro  Nolasco, por ser esta de igual feitura  no seu labor  e na súa simetría  que aquela, ademáis de presentar  os mesmos motivos ornamentais.

Entre as xambas  que soportan o arco e este, aparece o chamado arquitrabe , que como sabemos, aquí por se enmarcar  dentro da orde xónica , presenta tres partes  igual co corintio, diferenciándose  deste pola non presenza de follas de acanto . Ademáis  no xónico aparecen  outros elementos  conformando o capitel como son o colariño  e o astrágalo.

Por outro lado  o dórico como sabemos , só presenta no arquitrabe  unha soa parte.

Completa  o decorado interior da fornela, dúas cabezas de anxos cos súas áas extendidas . Os  motivos laterais do arco son de tipo vexetal.

En canto  á imaxe de San Ramón Nolasco (ANEXO IV ) , é de moi boa feitura, o seu labor presenta perfeición  en liñas e complementos , A man dereita suxeita unha custodia , a esquerda  unha palma, como portador eucarístico e admirador de mártires .

Colga  do seu colo doble cruz lobulada. Os seus hombreiros cobertos  por esclavina , baixo do que aparece un branco roquete e hábito mercedario. Figura  con boa policromía , realizada con seguridade en Cataluña.

O friso  da fornela que estamos estudando , presenta dous anxos nús nos que mesmo se aprecia o sexo. a diferenza dos que se sitúan  riba da fornela  de San Pedro Nolasco  que van tocados  cunhas teas recollendo o seu pudor. Suxeitan coas súas mans unha cartela ou pergameo do que tamén como no caso citado, desapareceu a inscrición primitiva.

                                     FIEIRA  DE COLUMNATA DEREITA

                                     COLUMNA DO PRIMEIRO CORPO

Como na  súa simétrica , este elemento pertence á orde xónica, xa que aparecen tamén aquí todas as partes  que a caracterizan : ábaco, volutas. colariño, astrágalo, estrías no seu fuste e xa na basa : astrágalo, escocia e tóros.

No seu  terzo inferior , presenta unha figura de monxe da que desapareceu a súa man esquerda.

Coa súa dereita suxeita unha cadea, símbolo indiscutible  de monxe redentorista, aínda que non mercedario, xa que o seu hábito é escuro , cinguido por un cíngulo que cae até o solo.

A talla está bastante ben realizada, mantén as proporcións, esguía , elegante, pregues de hábito axustados, ornamentación no seu hábito  de tipo afiligranado . Rostro con barba , expresivo  e sereo.Perna esquerda lixeiramente adiantada.

  ( FOTOGRAFÍAS :  Columna  e imaxe de monxe )

A imaxe é un grande altorrelevo, prácticamente bulto redondo. Aos dous lados  de esta aparecen medallóns  con remates de voluta.  Circunda  a columna  e á altura dos hombreiros  sitúase un motivo téxtil con amplos pregues.

En canto aos frisos que suxeita a columna que estudamos, podemos dicir que consta de dous elementos : interior e exterior, formando  ambos ámgulo recto e  sobre cuxos planos  insertáronse senllos anxos, que a diferenza  dos seus simétricos , a súa ollada é máis frontal.

As estrías, colocadas ao longo do fuste da columna, son abrazadas de forma espiral por motivos  florais  que dan a este elemento beleza e ritmo.

Non debemos  rematar este apartado  sen antes  facer mención  da estupenda aplicación de  cor e filigrana que presenta  o hábito da figura enriba mencionada; polo seu detalle, cor e perfeción no trazado , aínda que diminuto, prácticamente perfeito.

              ORDES  PRESENTES NAS COLUMNAS DO RETÁBULO

                (  Esquemas  columnas  Xónico  e Corintio )

FIEIRA  DE COLUMNATA ESQUERDA

COLUMNA ESQUERDA DE SEGUNDO CORPO E  FRISOS

                     ( FOTOGRAFÍAS :  columna  e alegoría da Prudenza )

Esta columna podería  considerarse  unha especie híbrida , en tanto que parece creada por dous estilos diferentes : xónico e corintio.

A verdade é que debe catalogarse como de transición entre un e outro . A razón débese a que mentres o capitel ofrece  caracteres  corintios , o fuste coas súas acanaladuras ou estrías m  preséntaos  xónicos. Desta maneira non poderemos  encaixala de maneira clara nalgún deses ordes.

En canto a súa estrutura , manifesta o clásico terzo inferior con baixorrelevo, tan característico  de case todas as que compoñen o retábulo que estudamos. 

Nas súa  dúas terceiras partes superiores, o fuste está  acanalado  ou estriado como antes sinalamos , ao longo  do que baixan grinaldas  e ramalliños , con algunhas " eses"  ou dobles " ces " moi estilizadas.

A figura femenina  que se sitúa no terzo inferior antes sinalado, é un baixorrelevo de moito bulto  cun lixeiro movemento de xiro cara a esquerda.

Man esquerda con índice  extendido , sitúase sobre a boca. Roupaxe abondosa con certo estilo.

Sen dúbida , esta pequena talla  algo deteriorada, representa unha das catro virtudes cardinais  ( Prudenza, Xustiza ,Fortaleza e Templanza ) concretamente a " Prudenza "  , atendendo o xesto que antes sinalabamos.

Afianzámonos nesta idea , dado que como veremos  na columna simétrica  a esta, situada no estremo dereito , aparece outra virtude , a " Fortaleza ".

                                          FRISOS DESTA COLUMNA 

         (   FOTOGRAFIA  : os frisos )

Suxeitan esta columna  dous frisos : frontal e interior dereito, riba destes, remate de cornixas.

Presentan  os ditos frisos, dous bustos de moito relevo, o frontal , figura masculina con barba , o interior dereito  figura feminina.

Estes altorrelevos  poderían ser catalogados como  elementos  decorativos  , cecáis querendo representar  a San Pedro  como Primeira  Cabeza da Igrexa, A súa situación  refórzanos nesta idea, pois recordemos  que nesta columnata se fai referenza á Xerarquía  Eclesiástico ( papado e bispado ).

Por outro lado, e referíndonos  xa ao busto feminino, podeiamos consolidalo  como  recordo figurado de María Madalena, fiel seguidora  de Xesús, e advocación do Convento.

A talla en xeral  vese ben realizado , aínda que non moito detalle. Roupaxe  ptopio da época á que fan referenza. Pezas estofadas e policromadas.

                                          CALLE CENTRAL SEGUNDO CORPO

                                            FORNELA DE SAN PEDRO PASCUAL ( ANEXO IV )

    (   FOTOGRAFÍA : imaxe de San Pedro Pascual )

Esta  fornela e a súa simétrica , de Santa María de Cervelló  ) , presenta unhas xambas con acanaladuras ou estría a diferenza das do primeiro corpo.

Entre os arcos rebaixados e as citadas xambas  sitúanse arquitrabe  e friso que  nos recordan  o estilo corintio , moi propio deste corpo , son claras as súas volutas.

Como nas demais fornelas, tamén esta se adorna con anxos na parte superior , e motivos vexetais  nos dous lados do arco.

A imaxe de San Pedro Pascual  preséntase con todos os seus atributos , como Bispo que foi de Xaén , mitra e báculo , ademais de portar  na súa man esquerda un libro, forma indicativa  de ser autir de obras apoloxéticas da Fe.  Colga do seu colo escudo con  brasóns da Mercé e de Aragón. Cobre  os seus hombreiros  capa vermella con cenefa simulando traballo de pasamanería. Roquete branco  riba de hábito da Orde Mercedaria,

                     FRISO DESTA FORNELA            REY DAVIDE ( ANEXO  IV )

                 ( FOTOGRAFÍA  :    Rei Davide )

Este relevo que agora analizamos representa ao rei Davide portando a súa clásica harpa , instrumento co que relaxaba ao colérico Saúl  nas súas  crises , e aquí situado este Rei, como símbolo indiscutible  de organización , pois até a súa chegada ao poder o exército israelita  non  tiña prácticamente armas e a disciplina brillaba pola súa  ausencia ( ANEXO IV ) 

Ademáis  foi o trasmisor ao pobo  do sentido de patria , pois baixo o seu mandato logra impoñer  a súa impoñer a súa autoridade riba da casa  de Saúl.

Porén  cando se sitúa en lugares de culto m a referenza hai que buscala como ascendente de Xesús, pois como sabemos , Xosé, o seu pai, pertencía á casa de Davide. 

Flanquean este relevo  dous cornos da abundancia, motivos típicamente característicos da  época barroca , xa que a abondanza de adornos , é algo connatural ao estilo.

A talla en xeral  está ben realizada , mantendo as constantes de sinxeleza  e unha certa elegancia . Estofada e policromada.

FIEIRA DE COLUMNATA DIVISORIA CALLES CENTRAL E ESQUERDA

                              COLUMNA DO SEGUNDO CORPO

Ë aquí este elemento , unha clara e fiel representación  do estilo corintio , pois nel comprobamos  de forma ben clara como se cumpren e constitúen  todos os compoñentes  que caracterizan  unha columna de estilo corintio.

E así os seus factores :  ábaco , volutas , follas de acanto, fuste liso , e xa na basa : astrágalo , escocia e tóro  manténense  constantes.

Tamén presenta esta  unha parte diferenciada  no seu terzo inferior , podéndose  apreciar unha especie de latiguiños  ou " eses "  que a bordean , rematándose en palmetas  que nos recordan as cunchas maiñas.

Na parte máis extensa  do fuste  e xa até chegar ao capitel , encontrámonos  cunha estrutura semellante  a unha rediña  que a arroupa  e envolve darredor. , situando o artísta onde por natureza corresponde un nó  , fíxolle  coincidir  unha flor.

O friso que suxeita esta columna m adórnase en todas as súas partes con motivos  vexetais e volutas, elemento que coa súa estilización  de esbelteza a zona na que está inmerso, e dalgunha maneira sendo partícipe na conformación dos frisos que este corpo ofrece.

                  (  FOTOGRAFIA   columna )

                           CALLE CENTRAL              SEGUNDO CORPO

                      FORNELA DA NOSA SEÑORA DA MERCÉ E FRISO

                        ( FOTOGRAFÍA : Imaxe da Virxe da Mercé  co Neno no colo )

Situada  esta entre os corpos  primeiro e segundo  é practicamente igual á descrita no caso de San Pedro  Pascual .

Só algunhas diferenzas como o corido dos anxos  situados na parte interior  do arco, que aquí é de medio punto , e a decoración lateral deste . na que se aplicaron dous relevos cos socorridos anxelotes portando o esquerdo motivos florais e o dereito unha fita. A policromía destes  é moi agradable, sobre todo polo sonrosado das súas caras.

En canto á  imaxe da Nosa Señora da Mercé  , é esta unha obra realmente bela . A súa dozura e a do seu fillo  no colo, están aquí realmente reflectidas . Roupaxe pertectamente  realizados  e policromados  con tons moi suaves. O Neno en actitude  de abenzoar , leva na súa man esquerda un escapulario  formado polo escudo  da Mercé e as siglas da salutación  mariana "Ave María".

A Nosa Señora da Mercé  sostén na súa destra , un cetro e unha cadeiña, o primeiro símbolo da súa dignidade e a segunda como " Nai Redentora de Captivos ". 

Fixándonos agora no friso que coroa a fornela  que estudamos, comprobamos  que na súa parte central  colocouse e de forma enadida  unha grande panoplia  na que  se situou  o escudo da Mercé, como sabemos formado  pola cruz mercedaria e as barras de Aragón (ANEXO II ).

A  panoplia está constituida por elementos  radiais  que parten do citado escudo, completándose por "eses" rematadas  en palmetas, na súa parte inferior, e motivos vexetais na súa parte superior. 

Aos dous lados deste motivo central indicado , sitúanse  senllos anxelotes que dirixen  a súa ollada cara o escudo sinalado . Un conxunto de elementos de forma harmónica  complétano.

FIEIRA  DE COLUMNATA DIVISORIA DE CALLES CENTRAL E DEREITA

                                 COLUMNA DO SEGUNDO CORPO

            ( FOTOGRAFÍA  :  columna )

Non poderemos enadir  nada novo  ao dito no caso da que flanquea  a fornela  da Nosa Señora da Mercé  polo lado esquerdo.

Se ali diciamos  que era  un claro exemplo de columna corintia , repetímonos  ao afirmarmos o mesmo , xa que os seus elementos constitutivos  son exactamente iguais , cos seus adornos  e motivos colocados  nos puntos que alí describiamos.

Tanto  é así  que se non tivesemos unha referenza  da súa situación  e se presentasen por separado , sería imposible diferencialas.

Se da columna dicimos iso , do friso que por riba dela  se sustenta  teremos que afirmar o mesmo  que o citado, cando falabamos  dese elemento  como este aporta tamén  conformación  ao conxunto horizontal. 

                       CALLE  DEREITA                              SEGUNDO CORPO

                      FORNELA  DE SANTA MARÍA DE CERVELLÓ E FRISO

                      (  FOTOGRAFÍA :  imaxe de Santa María de Cervelló )

É o  dito no caso  da fornela de San Pedro Pascual   válido totalmente  para o caso que agora nos ocupa, xa que nesta os elementos constitutivos e ornamentais  son de igual factura  que a citada , de tal maneira  que non se distinguirían  en nada. Xambas , arco rebaixado , anxos interiores, etc. son copia exacta  de aquela con pequenas  diferenzas  só  no tamaño dos anxiños  que na parte interior do arco se sitúan, xa que nesta que agora estudamos , son algo máis pequenos  e as súas áas  diferen livianamente  en canto á súa forma-

Tamén neste caso a policromía  outorga beleza nas súas caras de inocenza..

Polo que respecta á imaxe da Santa , de feitura catalá como todas as demáis, coa excepción da de Santo Agostiño ,  pertencente ao antigo retábulo ; diremos  que prsenta hábito   mercdeario con cofia, moi ben realizado no seu conxunto.

Entre as súas mans sostén  unha nao, símbolo de protección aos navíos redentores . Conta a tradición que a viron sobrevoar   as ondas mediterráneas en auxilios  de aquelas, e baixar ao Hospital da ribeira catalá  en cuxo lugar erean recebidos  os captivos liberados.

Foi unha das primeiras colaboradoras da Redención , da man  do Santo Frei Bernardo de Corbera ( ANEXO IV ) , íntimo este de San Pedro Nolasco. Dende sempre foi considerrado  a protectora dos captivos e dos remeiros.

               FRISO DESTA FORNELA                            MOISÉS        ( ANEXO IV )

                                 (  FOTOGRAFIA :  relevo de Moisés )

Relevo elegante , vistoso e engaiolante, no que podemos comprobar  que se trata de Moisés, liberdador e dador da Lei, abonda con ver as Táboas na súa man  dereitam e o fabuloso caxado na súa esquerda.  

Rostro firme , ollada ao horizonte , longa barba , roupaxe  frouxa  e abondosa  que  alonga para formar carapucha . Son todos estes caracteres de xesto que lle dan á figura  prestanza e maxestuosidade.

Recoñeceremos que o artista soubo neste caso plasma perfeitamente a súa intención.

Tamén neste lugar  , non aparece Moisés  por simple casualidade, pois se falabamos do Rei Davide como impulsor  do sentimento patrio dos israelitas, non menos  poderemos dicir  de Moisés , figura prócer  do Antigo Testamento ,  xa que adenais de liberdador  do pobo oprimido  , é tamén quen marca  definitivamente aos hebbreus a sensubilidade de se sentiren pobo - nación  escollido por Iavé , peregrinando cara a Terra Prometida.

A fita  estirada ao longo do friso , antóllasenos  simplemente como de recheo.

Talla  ben realizada , dourada e policromada, conseguíndose  expresión e sentido estético.

                                                 FIEIRA  DE COLUMNATA DEREITA

                                    COLUMNA DO SEGUNDO CORPO  E FRISOS

                                 (  FOTOGRAFIAS :  columna e alegoría da  Fortaleza )   

Non consideramos  repetir aquí  o que xa se dixo ao falar da simétrica  situada  na fieira de columnata  esquerda , xa que unha e outra  na súa estrutura son iguais.

Porén diremos  que se alí no seu terzo  inferior  aparecía a virtude da Prudenza, é aquí   a Fortaleza a quen o artista desexóu representar,

Figura feminina  de abondosa roupaxe e lixeiro movemento de rotación.  Suxeita nas súas mans unha columna crebada  pola súa metade , referenza clara á terceira das catro virtudes  cardinais , que consiste en romper  o temor, fuxir da temeridade  e vencer o pecado.

A talla , lixeiramente  deteriorada, co seu movemento ofrece certa graza  e estilo harmonioso . Policromada e estofada.

                                                   FRISOS DESTA COLUMNA     

                          ( FOTOGRAFÍA : friso )

Suxeita esta columna  dous frisos : frontal e interior esquerdo. O primeiro claramente representando  un motivo grutesco, que como sabemos é un adorno caprichoso de bichería, animalias ou quimeiras. Coñécense con este nome por seren  imitación  dos que se acharon  nas " grutas" do pazo de Tito  Flavio Sabino  Vespasiano ( 40-81 d. Cristo ) , emperador román fillo de Vespasiano , sendo o que mandou unha lexión baixo das ordes do seu pai na campaña  na contra dos xudeus.

Neste caso que nos ocupa , o grutesco  é unha Quimeira, monstro imaxinario que, segundo a fábula . agolsaba chamas  e tiña rasgos de  león na súa cabeza, ventre de cabra e rabo de dragón. A Quimeira era filla de Tifón  e Edquna.  Foi criada  por Amisodoro e morta por Belerofonte coa axuda de Pegaso , o cabado con áas.

Foi este un motivo ao principio utilizado como tema renacentista ( lembremos que o retábulo  é un barroco serodio ), mais axiña segue en desuso.

Como nota curioso diremos que en 1963 , descúbrese  en Hinton St. Mary , Dorset, Inglaterra  ) un mosaico  do século IV da nosa era, no que aparece o tema  de Helerofonte  matando a Quimera . Nas postrimerías  da antigüidade  adquiriu  un significado cristián como loita victoriosa do Ben na  contra  do Mal-

O busto nu e mutilado do friso interior esquerdo , interpretámolo  como home indefenso fronte ao pecado e a maldade, se no seu orgullo  non pon a ollada no Todopoderoso . Observemos  mtamén que está situado  riba da columna da Fortaleza, e que sen esta, o ser humán perde a súa integridadencomo tal converténdose  en tolleito e eivado polo vicio e o pecado.

Estes altorrelevos  están policromados, e en xeral consérvase  bastante ben.

                                            TERCEIRO CORPO OU ÁTICO DO RETÁBULO

                                                           DESCRICIÓN XERAL 

                          (  FOTOGRAFÍA  :  ático, imaxe de Santo Agostiño e escudos ) 

Unha vez chegados a este punto , é de facer notar a coincidencia  estrutural existente entre o terceiro corpo ou ático  do retábulo  que estudamos , e o mesmo  conxunto pertencente  ao retábulo do altar maior , realizado por González  Riobó , e situado  no conventi monfortino de San Xacinto  ( Adxúntase fotocopia ).

Comezaremos dicindo que se existiu  algún  tipo de relación  e inluenza entre ambos. non cabe dúbida  que o sarriao  foi adaptación  do de Riobó , máis complexo e abondoso na súa realización e maxestuosidade respectivamente. 

                    ( FOTOGRAFÍA :  retábulo  do altar maior do Convento  de San Xacinto ) 

                                                        *  *  *

Non sabemos  se o dito Riobó  tivo algo que ver direita ou indireitamente  co de Santa  María Madalena , mais indudablemente a gubia anónima  que executou este , debeu inspirarse  o citado de San Xacinto.

Podemos  comprobar  como este terceiro corpo máis sinxelo. presenta como o de Riobó  tres fornelas: central. , flanqueada por dúas columnas de liña neoclásica, laterais con cartelas de rebordos ondulados, portando os atributos  da Mercé  e de Aragón cada unha delas.

A cornixa, semicircular , que bordea  este ático , é tamén  de estatura crebada  e claramente semellante  ao monfortino , dándose ademáis outro punto coincidente , e é , a colocación  nos dous lados  de dous corazóns  na citada cornixa  a ambolosdous lados  da fornela central  e riba das laterais , que no de Riobó  confórmanse en óvalos , sendo estes, centros de panoplias tamén situados  riba dos nichos naturais.. 

Outro factor  que nos afianza na idea que tratamos  de demostrar , é o remate que coroa os dous áticos, sendo este  nun e noutro caso  un escudo  cos emblemas alusivos ás súas respectivas  Ordes. Estando  cada un deles timbrado co chapeu e cordóns episcopais.

                        FORNELA DE SANTO AGOSTIÑO  E COLUMNAS LATERAIS

                     FOTOGRAFIA :  fornela coa imaxe de Santo Agostiño e escudo da Orde =

Situada  no ático do retábulo , o ático  é cecáis máis a parte máis sinxela , por ter sido realizado  con posteriridade ao conxunto que nos ocupa , pois sabemos que este corpo  foi enadido no ano 1763.

Partindo deste feito , é precisamente o século no que aparece o estilo neoclásico, concretamente cara 1762-64, cando o alemán Winckelmann publica a " Historia da  Arte na Antigüidade", precedido  xa por outros  como Leroy  co seu  " Ruines  des plus beaux monuments de Gréce ", o marqués de Marigny e o seu equipo  , protexidos de Madame de Pompadour, cos planos dos monumentos  vistos durante as súas viaxes  pola península italiana , o grabador  e arquitecto  italiano Piranesi  cos seus belos grabados " Le Anichita  Romane " e outros. 

Desta maneira, volvendo a nosa ollada ao tema que nos ocupa , podemos apreciar  unha maior rixidez no seu deseño , polo predominio da liña recta, ofrecendo  un aspecto algo máis severo , aínda que o autor   seguindo este estilo , non despreza a curva  graciosa nin a decoración ondada. Unha proba máis  de que isto é así, témola  se trazamos o eixo de simetria polo arco de medio punto , comprobando que esta é perfecta, aspecto este claramente neoclásico.

A decoración das columnas laterais  e xambas  da fornela, está localizada nas superficies da estrutura especialmente para iso destinada, con algunha grinalda , motivos florais, eses, palmetas, etc.

A imaxe de Santo Agostiño, obra do entallador Gregorio Fernández , pai do insigne escultor do mesmo nome afincado en Valladolid , feita en 1568, policromada  e lixeiramente deteriorada , é a única que se conserva  neste retábulo  das que a el pertencían primitivamente , ofrécenos  unha boa realización , con rasgos moi expresivos no seu rostro barbado , Roupaxe abondosa  e con estilo ,  que confiren  prestanza e maxestade . Mitra sobre a súa cabeza e no seu tempo báculo  na dereitam hoxe desaparecido, outórganlle ao Santo  os atributos de Bispo  que foi de Hipona. A man esquerda sostén  unha capela, símbolo das futuras fundacións , en cuxa porta principal  distínguese o corazón  traspasado por setas, que constitúe  por si mesmo o blasón  adoptado pola Orde agostiña  ( ANEXO II ). Santo Agostiño  ( ANRXO IV )

                       FORNELAS   LATERAIS E  ESTREMAS  DO ÁTICO

Estes nichos  que nunha época albergaron á Virxe María e a  San Xoán, segundo sinalamos ao escribirmos   encol das épocas do retábulo , reciben na actualidade  senllos escudos  cos brasóns  da Mercé  e de Aragón ,  timrados como xa citamos  noutra ocasión, co chapeu e cordóns bispais. Coroan ambas fornelas  dúas eses afrontadas. Nos seus rebordos  e tocando as cartelas  de estremas ondadas, sitúanse respectivamente  dúas pezas abastoadas,

 Nos límites  exteriores  do ático  aparecen  dous motivos  xa deteriorados  que no seu día pertenceron  ao remate  do antigo retábulo.  Son estes  dúas estruturas  planas , en cuxas bases  foron talladas  suaves volutas  e  nas súas partes superiores  remates ondados,

                                       REMATE SUPEROR DO ÁTICO 

                      ( FOTOGRAFIA :  escudo da Orde Agostiña )

Coroando a estrutura  xeral  do retábulo  áchase  o escudo  da Orde  agostiña.

Non debemos confundir este con ningún dos dous que foron encargados  a Francisco de Moure , ANEXO I ,  xa que aqueles , a difrenza deste e segundo a información obtida , recibían  nas cartelas ou tarxetas timbradas  co chapeu  e cordóns   episcopais, os corazóns con tres setas, que durante  un tempo  estiveron no lugar  que hoxe ocupan  os brasóns da Mercé  e de Aragón ; que anteriormente  á construción do ático  formaban parte do retábulo  , como se pode comprobar  nos gráficos que adxuntamos.

É pois este escudo de feitura posterior , e con seguridade  realizado no período 1763-1797,

Consta de cuarteis cos emblemas alusivos á Orde, enmarcados  por labores de media cana que na súa parte inferior, rematan en palmetas de cuxo centro  parten radialmente  as follas  que se ondean  e rizan  nas súas estremas  dunha maneira absolutamente simétrica e cun ar de nobreza.

Na súa parte apuntada  inferior, cabeza de anxo con áas extendidas  . Ver ANEXO III

************************************************************************************* 

                                                 ENTALLADORES SARRIAOS

                                                                ANEXO  I 

                                                OS ENTALLADORES SARRIAOS

Nos séculox XVI e XVII  , Sárria presenta un elevado número de persoas que se adican á imaxinaría.  Don Francisco Vázquez Saco  destaca   no traballo que recollemos en anexo documental I , a importancia da escola sarriá de entalladores.

Oriundo de Sárria  foi o insigne GREGORIO FERNÁNDEZ , cuxa naturez sarriá non ofrece na actualidade  dúbida algunha, e viría a confirmar  o nivel de calidade que os entalladores sarriaos e a súa escola alcanzarían.

          ( DEBUXO :  Gregorio Fernández , natural de Sárria , da autoría de Rubén Santiago ).

Non foi gratuita  esa coincidencia espacio-temporal de entalladores  nunha vila de 350 habitantes . Sárria era a primeira vila  importante de Galicia no Camiño de Santiago , o que permitía  un cómodo  desprazamento por Galicia  e a proximidade de cidades episcopais  como  Lugo e Ourense  , sendo a vila máis de perto a Castela. Aspectos estes que permitían  que aqueles entalladores poideran  manter en Sárria  familia e obradoiros  estables e difunfir  por toda Galicia a súa obra.

Aparte  dunha imaxe  de San Xoán  e outra de San Miguel  procedentes do retábulo da igrexa de San Salvador de Sárria e uns medallóns  coas figuras de San Pedro e San Paulo  de igual procedencia , e da autoría de Gozalvo Álvarez, non cremos haxa no Mosteiro obra atribuible aos imaxineiros anteditos.

Con todo , a proximidade a Samos, Lugo e Monforte, unha vez decaída a escola de entalladores  sarriaos, lévanos a pensar  que a imaxinaría  e retábulos  actualmente  conservados no Mosteiro de Santa María Madalena, sairían  máis ben de mans  que laboraron neses puntos e polo seu renome foron chamados a traballar  en Sárria.

                               ( PLANO contendo a localización das obras de Gregorio Fernández ) 

                                     DOMINGOS DE LA FUENTE  VILLAARTA

Pintor  e entallador. Chega o seu nome até nós a traveso do seu inventario xudicial datado o 25 de febreiro de 1599.

Polo interesante  documento , enterámonos da tráxica morte do artista, que tiña o seu obradoiro  nunha casa  da Pedreira, onde vivía coa súa muller e fillos, mortos tráxicamente coma el.

Don Pedro Díaz de Guitián , Xuiz de Orfos da vila, di  no precitado documento  que chegara á súa noticia que   Domingos  de la Fuente Villaarta, pintor,  e a súa muller  María González e os seus fillos  morreran todos eles  de enfirmidade  de peste e mal contaxioso , e sen deles  quedar fillo nin herdeiro  nin persoa sabida que deba herdar  os seus bens , ao menos que el saiba, e quedara a casa  na que vivían a portas pechadas  ,  e aínda que  había  días que morreran   até dagora , non se fixera  inventario dos seus bens polo temor  que a  dita casa  na que vivían   e os bens dela quedaran inficionados  da dita enfirmidade. por cuxa causa entendíase que se terían perdido..... porque non se perdesen do todo  e porque el , como tal Xuiz de Orfos, convíñalle facer reconto e inventario dos ditos bens e depositalos nunha persoa que os teña e dea conta  deles con pagamento  á persoa ou persoas que deba ter, e porque ademáis deles  foralle  mandado polas Xustizas desta vila. , nomee  aos ditos bens de un curador e defendedor  que os defenda e saia á causa e defensa  dos ditos bens contra dalgunhas persoas  que veñen pedido  a súa xustizs contra os ditos bens,,,,,,, unha  vez que María  Vázquez , viuva que fincóu de  Antonio López, silleiro , ten as chaves da dita casa para ver os bens que nela hai, para facer o dito reconto  e inventario  deles e o máis necesario, a que logo no seu cumprimento abriu  as portas da dita casa onde viviron os sobreditos, e  en entrando nela  foron achados  e inventariaron os bens seguintes...

Prosegue a continuación  a relación anunciada , e dela extractamos  os asentamentos relacionados coa especialidade que cultivaba o artista ;

Once pezas de madeira dun retábulo labradas  en talla.

Cinco pezas de madeira de retábulo labradas de talla  tanto grandes como pequenas.

Unha imaxe da Nosa Señora , grande, pintada e dourada co seu Neno.

Outra imaxe da Nosa Señora, pintada, pequena, 

Outra   imaxe doutro santo pintado e dourado, cun libro  debaixo do brazo esquerdo 

 Seis imaxes de anxos e serafíns ; son, ao parecer de retábulo , máis dúas estampas en táboas.

Umha  estampa de xeso cunha cruz e outras figuras.

Enriba dunha mesa, moitas miudeces de pinturas e pinceis. Catro tocas de seda que din foron da imaxe da Nosa Señora da igrexa de Santa Mariña.

Un crucifixo cun Cristo, e no pé  un  Calvario pequeno, que logo pareceu Pedro López, crego de San Pedro de Froián . que xuróu en forma sobre o seu sacerdocio , ser o dito Cristo  seu e foille entregado.

Dous formóns gubios de entallador.

 No inventario non aparece diñeiro algún e para que o Xuiz de Orfos  poidera cobrar os seus dereitos      foi suhastada  unha roupiña cos seus pasamáns ; a subhasta fíxoa o pregoeiro da dita vila, e o maior postor  foi Pedro Lournço, veciño de Lugo,  que a levóu por 28 reais, importe dos dereitos.

Eis cantas novas coñecemos , por hoxe, do pintor e entallador Domingos de la Fuente Villaarta, cuxo nome  cremos se incorpora  por primeira vez á relación dos artistas que floreceron en  Galicia no século XVI . Dende logo descoñéceo  Pérez Constanti , o historiador máis completo  da nosa arte  no dito século  e no seguinte, que, ademáis da súa copiosíma  investigación  persoal , aproveitou canto se escribira antes que el encol da materia.      

Temos  que recordar   en fin que con Villaarta compartían  en Sárria na arte da decoración , da pintura e da escultura os seus contemporáeos  Gregorio e Bieito Fernández  e Gozalvo  e Xiraldo Álvarez, cecáis estes dous homes non corresponden a unha mesma  persoa.

Estes datos permiten pensar nun considerable florecemento  artístico na Sárria  do último  cuarto do século XVI , tanto máis de apreciar canto que a poboación da vila era entón moi  pequena.

( DEBUXO:  área de influenza da Escola Sarriá : Sárria, Samos, Monforte, Ourense. Betanzos,  A Coruña, Santiago, Noia e Pontevedra )

                                                         GONZALVO ÁLVAREZ

Por primeira vez  incorporase este  nome á lista dos artistas que floreceron en Galicia no último terzo do século XVI. 

Ë  contemporáneo  de Gregorio Fernández  e, como el, entallador e veciño de Sárria.

Non achamos o seu rastro fora da  vila, e aínda nela  só coñecemos  unha obra do artista , que consta na cláusula que transcribimos  literalmente  e pertence  ao testamento de Don Antonio Díaz de Guitián , escribán da maxestade real. Este testamento está extendido  en oito folios e medio  e foi outorgado  perante o escribán de Sárria  Gómez Arias o 6 de novembro de 1582. 

Consérvase  o arquivo notarial  da vila.

" Item digo que eu mandei facer  un retábulo   a Gonzalvo Álvarez , entallador , veciño desta vila  , para o altar maior da dita igrexa de San Salvador , que o ten empezado   e mandeille por el douscentos reais e dúas fanegas de pan  e un porco cebado ; non lle teño dados máis de catorceb reais ; mando que se acabe  o dito retábulo  que a de levar    unha custodia para o sacramento e lugar decente para Señor San Salvador e para o arteficio que ha ir arriba, que ha facer dúas imaxes, unha de señor San Xoán Bautista  e outra do señor San Miguel , e nos lados  de abaixo dúas medallas de señor San Pedro e San Paulo ; mando que se  remate o dito retábulo  e que o vaian pagando , conforme  vaia traballando , e se valese máis o miren ben co dito Gozalvo Álvarez os meus cumpridores, e poñan as miñas armas no dito retábulo ".

Descendía Don Antonio Díaz de Guitián  da liñaxuda familia  dos Cervelas  e estaba emparentado con outras  de non menos ilustre prosapia. Entre os seus  antepasados figura  Gonzalo Eanes, meiriño que foi de Sárria  e don Rodrigo de Páramo , señor de Crecente .  que foi avó de  Díaz de Guitián, 

Coa nobreza  do seu sangue debeu correr  parella a sua educación artística , do que parec ser expoñente outra cláusula do seu testamento  na que se di :

"Item  mando pintar e poñer os doce apóstolos  na dita igrexa de San Salvador, que estean mellor do que están... e mando que  fronteiro dos doce apóstolos  onde está mal pintada a imaxe da Nosa Señora   co anxo e Santa Lucía .... mando  tamén  se pinte e se poña coas mesmas imaxes  alí  e poña a miña muller  Milia Vázquez  de Quiroga  as súas armas arriba ;   a cal obra   se faga  toda a costa dos meus bens  e encargo  á dita Milia Vázquez que dos seus bens e facenda  pinte o dito retábulo  e gaste alí  por vía de obra pía o que lle parecere. e a Diego Fernández  de Cedeón  encárgolle o mesmo....."

Nada resta destas obras na igrexa actual de San Salvador  nin se menciona no testamento  a quen  se habían de confiar estas ; máis a honradez  artística que se reflicte nas palabras de  Díaz de Guitián  ao censurar  como malas  as pinturas da igrexa de San Salvador , pode ser interpretado como un voto de calidade en favor do entallador  Gozalvo Álvarez.

                  (  FOTOGRAFIA :  Imaxe de San Xoán Bautista, Autor  : Gozalvo Álvarez =

                              Conservada polos PP Mercedarios no Convento de Sárria )

                                              MAURO FERNÁNDEZ  

Non consta a súa veciñanza no libro de contas do Hospital de San Lázaro de Sárria única fonte que nos dá a coñecer o nome do artista.... folio 280 voto, onde consta  esta nota- "  Por  decreto do Reximento  de 12 de abril de 1662, axustiuse  pintar  o retábulo de señor  San Láçaro  co licenciado  don Mauro Fernández , pintor en 219 ducados.

Chámase  sempre licenciado  e foille encomendada a pintura  do retábulo  e imaxes do Hospital de gafos , obra que axustou en 219 ducados, como citamos anteriormente e que equivalen a dous mil catrocentos reais.

Cantidade tan importante para aqueles tempos  ( pagáronlla en varios prazos  e o último leva  data de 12 de agosto de 1664 ) dá a idea das dimensións da obra.

                                                BIEITO FERNÁNDEZ

 Coñecemos del unha soa obra, por certo de pouco empeño,  a traveso das contas rendidas  polo mordomo do Hospital de San Lázaro de Sárria o ano de 1582, que lle foron tomadas  o 13 de decembro de 1585 polos ilustres señores o bacheler  Vasco de Cuéllar , tenente de meiriño, e Xoán López de Barrio alcalde pola Sua Señoría ( o Marqués de Sárria )

 No descargo do mordomo , Baltasar de Torres,  consinuase  a seguinte partida  ......." máis vinte e seis reais por pintar a cruz de San Lázao. Libro de contas do Hospital de San Lázaro, Folio 61. volto. "

Como entallador encóntrase documentado  nos autos de reducción do Mosteiro da Madalena, polo que é de supoñer  traballase na súa igrexa. 

                                                       XIRALDO ÁLVAREZ

O  terceiro entallador  que achamos en Sárria no último terzo do século XVI  e nas que se tomaron  a Domingos Fernández, merceiro ,  mordomo  que foi da orde de señor San Lázaro  desta vila os anos de mil cincocentos  e oitenta e cinco , e oitenta e seis e oitenta e sete.

Trascribimos  a continuación  os asuntos  que se refiren a Xiraldo Álvarez :

....." máis catro reais que pagou a Xiraldo Álvarez, entallador, pola cruz que fixo".

.... " máis corenta e seis reais que pagou a Xiraldo Álvarez duns talóns que se fixeron para San Lázaro". 

                              XOÁN DE LA FLOR  BAAMONDE

Entallador.-  Debeu espertar a súa vocación  á arte no obradoiro do seu pai, Xoán de París ,  escultor  francés que traballou  en Santiago, adscrito ,  como extranxeiro , á parroquia  da Corticela. .

Xácome, outro fillo de París e escultor, como el, deixou  bon número de traballos na arquidiocese  de Santiago de Compostela .

Xoán  de la Flor , pola súa parte, desenvolveu en Lugo a súa actividade artística .

Nesta cidade residía  en 1622 , no que , apadriñado polo grande Francisco Moure, contraeu  matrimonio con Sabela Gómez.

En 1633, compraba  a María Fernández unha casa sita  na rúa da " Tinería"  da mesma cidade. 

En Sárria asina  unha carta de pagamento , o último documento  que del coñecemos , o 27 de marzo de 1647. A carta de pagamento  obedece a un  mandamento no que o Provisor  e Vigairo  Xeral  do Bispado  de Lugo chama  a Xoán de la Flor  " ensamblador , veciño  desta cidade ".

  Reseña  as obras que deste artista nos  quedaron , o infatigable historiador  da nosa arte nos séculos XVI e XVII Don Pablo Pérez Constanti.

Entre elas figurao retábulo  que Xoán de la Flor  construiu  co tamén escultor  Alonso de Canabal , para a igrexa  de San Martiño  de Oleiros, na comarca e alciprestádego de Sárria, obra que tiña que facerse  do xeito e trazo do que está na capela de San Uxío  da Santa Igrexa de Lugo, aínda que máis grande, con catro  caixas  para outras tantas figuras ;  e unha ha ser  un Cristo crucificado  para a caixa de cima, e a do medio , de San Martiño, e as outras dúas, do modo  que tivese trazado  Xoán de la Flor , quen  recibiría  polo seu traballo  corenta e oito ducados.

A esta obra,  a única construida en Sárria  das que reseña Pérez Constanti , hai que enadir  outro retábulo tallado  por Xoán de la Flor  para a parroquia  de Santa María de Vilambrán , parroquia suprimida no arranxo parroquial  de 1891  e pertencente ao antigo alciprestádego de Sárria.

Foille encargado  polo Arcediago de Sárria , don Fernando Ares e Saavedra  , e había ser pago o seu custe  da fábrica da Igrexa  e alcances que dela se debían.

O 18 de marzo de 1647 , o Licenciado  Don Leones de Abrey  e Acevedo,  provisor e vigairo xeral  do Bispado , expide , a instancias do escultor , un mandamento, polo que....."  en virtude de santa obediencia  e so pena de excomuñón maior" , ordea  a don Xoán Díaz de Guitián , párroco de San Salvador da vila de Sárria  , que tiña no seu poder  o diñeiro  da fábrica de Vilambrán ; e a cantas  persoas afectadas....."

                                               .....................................................

OUTROS DOCUMENTOS  RELACIONADOS  CO CONVENTO E ARTISTAS  QUE NEL TRABALLARON

               CONTRATO  ENTRE O CONVENTO DE AGOSTIÑOS  DE SÁRRIA E O ESCULTOR FRANCISCO DE MOURE,  SOBRE A CONSTRUCIÓN  DUN RETÁBULO  E UNHA IMAXE PARA A IGREXA CONVENTUAL. ANO 1639.

                       DATOS OBTIDOS NO BOLETÍN  DA COMISIÓN DE MONUMENTO DE LUGO

" Dentro do convento  de señor Santo Agostiño da vila de Sárria , a cinco días do mes de marzo  de mil seiscentos e trinta e nove  anos, perante min, escribán, e testemuñas  abaixo escritos  pareceu presente Francisco de Moure  , veciño da vila de Monforte de Lemos da unha parte, e da outra o padre prioiro do dito convento, f rei Xoán de Molleros in solidum  que nome do dito convento  e digo máis o padre f rei  Francisco López , procurador do dito convento, todos xuntos  por son de campá tanguida , como o teñen de costume , por si e no nome dos sucesores  por quen prestaron caución  de rato grato en forma que terán por boa o que aquí  fixemos , outorgamos e negociamos  co dito Francisco de Moure, en que ha facer un retábulo de San Xosé  coa súa figura e o Neno  e ha ser o retábulo do altor  suficiente  á figura de San Xosé , e que a figura ha ter dúas piastras  co seu arquitrabe , friso e cornixa e frontispicio ; o que ha facer de madeira de nogueira boa  todo elo, e o Neno ha ser de tres  palmos  coa súa cestiña  e o máis necesario; todo o que ha dar feito  dende aquí a día de San Xoán de xuño deste ano  presente a satisfación  do dito padre prioiro  e convento  e dándollo  ao dito prazo  de enriba o dito Francisco de Moure ha poñer máis no dito retábulo  dous escudos no altar maior  coas armas  do padre Santo Agostiño  coas súas tarxetas  e o seu capelo  e o corazón  con tres setas  e os escudos ha de dalos para Pa cscua de Resurrección , que son para o altar maior  e non para o retábulo dito : todo o que ha dar  o dito aos prazos ditos  e a satisfación  do dito padre prioiro  e demáis conventuais  aquí referidos; por razón  dos ditos dous escudos  aquí referidos  hanlle de dar  e pagar o dito padre prioiro  e convento noventa reais o día que os traia; e polo retábulo e figura  do señor San Xosé e pezas no Neno  como vai dito , hanlle dar e pagar catrocentos cincuenta reais, para o que lle deron de contado cen reais en moeda de veludo na presenza de min, escribán e testemuñas , e o demais restante hanllo de dar e pagar  o día que traia o dito retábulo , todos eles na súa man e poder do Francisco de Moure o de quen o houber, para  de que non o facendo , pagaranlle custas e danos  , xuros e menoscabos  que por non cumprilo  se lle sigan e recreszan ; e logo  Francisco  de Moure obrigouse coa súa persoa  e bens mobles  e raíces habidos e por haber , de que  dará feito o dito retábulo e figuras  del  como  vai dito  e escudos  e corazón  ao tempo e prazos ditos, pena de que non o cumprindo , consinte  que o dito padre prioiro poida ao seu custe na parte  que lle parecere facer  o dito retábulo  e figuras e escudos  pola conta del ; polo que  for concertado  polo dito padre e convento consinte ser executado na súa persoa e bens, e de pagarlle  á persoa que asistire a elo  por cada un día  trescentos  maravedís de salario  , para os que  consinte  ser executado  como polo principañ  e cen reais  que de presente recibiu . E todas  partes  para cumprimento delo  obrigáronse  , o dito Francisco  de Moure como dito vai  e o dito padre prioiro  e máis conventuais  obrigaron os bens e rendas do dito convento  e consinten seren  executados polo susodito  non o pagando  aos prazos dito ; e por todas partes para que lle lo fagan cumprir  e estar polo  aquí contido  deron  todo o seu poder cumprido  como  de sentencia definitiva  pasada en cousa xulgada, renuniaron as leis no seu favor e lei xeral , e asinaron dos seus nomes e estando presentes por testemuñas Domingos de Noba, criado do dito convento de Santo Agostiño , e Martiño de Melle, carpinteiro, veciño da parroquia  de señor San Salvador de Vilar de Sárria, e Gregorio González , criado  do dito convento  e morador na freguesía  de San Pedro de Maside, e eu escribán dou fe coñezo aos outorgantes,

Despois de correxir algúns erros  seguen as seguintes sinaturas :  Frei Xoán de Molledo, ptioiro ;  Frei Francisco de Aguilar ;  Frei Antonio de Medrano; Frei Francisco  López;   Francisco de Moure,

Nota :  A escritura  precedente  figura no protocolo  figura  no protocolo de Xácome Pedraza, correspondente ao  ano 1639. Folios 23 e 24.

O Francisco de Moure   que outorga o contrato  é fillo  do seu homónimo. o excelso escultor, entre outras  obras  , do coro da Catedral de Lugo, e do retábul  maior do Colexio  da Compañía de Monforte,

A produción daquel, coñecida até dagora, é moi escasa,

                                                  ................................................ 

CONTRATO ENTRE O CONVENTO DE AGOSTIÑOS DE SÁRRIA E O PINTOR BALTASAR REY DE TERÁN, SOBRE PINTURA DE RETABULO E IMAXES, ANO 1643. 

Dentro do convento de Santo Agosiño  da vila de Sárria, a oito días  do mes de abril  de mil e seiscentos  e corenta e tres anos, perante min  escribán  e testemuñas abaixo escrita, pareceron presentes

Da unha parte o padre frei Diego de Deza, prioiro maior do dito convento, o pai frei Bernardo  Sánchez, su prioiro, frei Francisco López , procurador  maior do dito convento , o padre fre Ambrosio de Santo Agostiño, leitor, o padre frei Gaspar Díaz de la Torre. frei Francisco  Moreno, frei  Antonio de los Ríos,  frei Inacio de Castro, frei Xoán de Salazar, frei Francisco Cabrera , frei Pedro Segura, frei Xerome de Benegasse , todos eles  frades  profesos , e conventuais do dito convento , e estando xuntos ,  segundo o teñen  de uso e costume  por son de campá  tanguida  para as cousas tocantes  ao dito convento  e vendo , entendendo  que o abaixo contido  é en utilidade súa  e do dito convento e os seus sucesores  por quen prestaron  a caución de  grato rato  que terán por bo , firme e estable , valedeiro  e pagadeiro  o abaixo contido.

E da outra Baltasar  Rei, pintor  veciño do lugar de San Cobade, abadía de Samos e da freguesía de Santalla de Pascais , e dixeron.

Que por canto  o dito convento lle dá a pintar  o retábulo da Nosa Señora  enteiro como está de madeira con todas as súas figuras  grandes e pequenas que ten  e están encaixadas  nas caixas do dito retábulo, e o mesmo ha entrar  na pintura da figura de señor San Roque, co á dita figura tocante, o que ha dar pintado , dourado e estofado, colorido e perfecionado , conforme a arte o pide e require  ; porén as coroacións que fan de remate á última cornixa  do dito  retábulo  e os tres tímpanos  que fan tres chaos  que estes han ser pintados  de pincel de tres figuras a vontade do padre prioitro  arriba dito e do dito convento e a cornixa  que cae por riba  dos tres chaos  ha ser dourada  como  o demáis do retábulo  e as dúas do señor San Roque  e señora Santa Catarina  han ser douradas  de ouro bruñido , coas súas teas, brocados  e brutescos de punta de pincel conforme o piden as imaxes  e a arte o require  ; e as demais  figuras de San Pedro e San Paulo , da mesma sorte , e as caixas   o que se descobre  das imaxes  han ser  dourados e brocados  na forma e maneira  que vai dito , antes de máis lustre  que de menos.

O dito Baltasr Rei de Terán obrigouse  coa súa persoa  e bens mobles e raíces habidos e por haber de dar feita e perfecionada dende hoxe día da data desta escritura a día de Aninovo  que virá de mil e seiscentos  e corenta e catro anos, sen que haxa falla  ningunha nelo  pena que non o facendo  e cumprindo . pagará ao dito convento , padre prioiro del  e conventuais e sucesores todas as custas e danos, xuros e menoscabos  que por non o cumprir se lle seguiren  e recreceren  e que da súa costa poidan percurar outro pintor  que o feneza  e remate  o que estiver  por facer e pagarlle  por conta do dito Baltasar Rei  e os seus bens e facenda.

E  tamén  queda obrigado  o diti Baltasar Rei de que dentro de oito días  da data desta escritura  dará traslado de  escritura de afiuzadores aboados e chaos  de qur o cumprirá  e fará a dita obra , pena tamén  de custas e danos, xuros e menoscabos e de que  en non as traendo  e  entregando  a satisfación do dito convento, consiste en ser apremiado  e executado por elo  até dar os ditos afiuzamentos,

E cumprindo as ditas condicións  de suso declaradas  e pintando como vai o dito retábulo e figuras del referidas, sen que falle cousa algunha  delo  e dando afiuzamentos  aos prazos ditos , o dito padre prioiro  e conventuais aqui declarados  e especificados todos xuntos, como dito é , obrigáronse  con todos os bens mobles e raíces , espirituais e temporais  do dito convento que ten, leva e posúe ao de presente e levare e posuire, de que por razón  do seu traballo, ouro e máis pinturas e cores que teña que gastar  na dita obra de  darlles libres e líquidos en moeda usual e corrente douscentos e trinta ducados pagos nesta maneira ; a metade deles que son cento e quince ducados para a fin de outubro deste ano e destes daranlle dentro de quince ou vinte días  os seiscentos reais e o demáis restante aos cento e quince que son para última paga dos ditos cento e quince ducados  hanllos de dar á dita fin de outubro deste ano, e os outros  cento e quince para último día do mes de decembro do ano de mil e seiscentos  e corenta e catro , con máis todos os días  que o dito Baltasar  Rei se ocupe e entenda en traballar  na dita obra halle de dar de comer e beber, cama e roupa limpa e lume para o necesario ; o que llepagarán  e darán como vai dito e aos prazos ditos, so pena  que, en non o facendo  e pagando, pagaranlle  todas as custas, danos, xuros e menoscabos   que, por non o cumprir e pagar se lle seguiren  e recrsceren.

E así o outorgaron en forma, e para  que llo fagan cumprir a todas partes e estaren polo aquí contido e pagalo, deron cada un deles todo o seu poder cumprido a todos os xuices e xustizas, cada un deled aos do seu foro, xurisdición, lles fagan estar e pagar o aquí contido  e estaren por elo  como se cada  cousa ou parte delo fose sentenza definitiva , dérono como vai dito  aos xuizos e xustizas  que de cada un deles  poida e deba coñecer lles fagan cumprir e pagar como si fose sentenza definitiva  de xuiz competente  contra cada un deles pasada en cousa xulgada, renunciaron as leis do seu favor  e a xeral que di que xeral renunciación  de leis feita non valia .

E o dito padre prioiro e convento renunciaron as demais leis, foros, dereitos  que debian renunciar, e asinárono dos seus nomes todas partes e outorgárono  en forma sendo testemuñas presentes  Gregorio González  e Lázaro López, fillo de Martiño  Martínez da Veiga  e Bartoloméu Vilarello, veciño do dito convento  e criados del, e eu escribán dou fe coñezo aos outorgantes. 

 Sinaturas: Fr, Diego de Deza,  prioiro.-  Fr, Bernardo Sánchez, Fr. Francisco López.- Fr. Ambrosio de Santo Agostiño., leitor .- Fr, Gaspar López de la Torre,. Fr. Francisco Moreno.-  Fr. Antonio de los Ríos.-  Fr. Xoán de Salazar.-  Fr, Francisco Cabrera.-  Fr. Inacio de Castro.-  Fr. Pedro de Segura,. Fr, Xerome Benegassi,. Baltasar Rei de Terán.

( En todos os documentos, Rei de Terán, di ser veciñi do lugar  de San Cobade, parroquia de Pascais, pertencente naquel tempo á Abadía de Samos )

          - Reprodución das sinaturas  de Baltasar Rei de Terá e  Francisco de Moure -  

                                   *************************************  

                                              ESCUDOS DO RETÁBULO

O retábulo que nos ocupa , presenta un total de catro escudos  distirbuidos da segunte maneira:  Un superior e frontal colocado riba da fornela  de Santo Agostiño  no terceiro corpo  ou ático. Dous a un e outro lado  da citada fornela  e diante doutras máis pequenas . Un en cada calle central  e riba da fornela da  Nosa Señora da Mercé. 

Comezando polo primeiro e remitíndonos ao libro "ESCUDOS DE SÄRRIA", de cuxa obra  é autor D. Francisco Vázquez Saco, sabemos que é unha reliquia da Orde de Santo Agostiño, ademáis  doutro como o situado no ángulo suroeste do actual edificio conventual,

Timbrado co chapeu e cordóns episcopaism é apuntado  e cuartelado en cruz, ostentando por orde de preferenza  os seguintes emblemasm alusivos ao eximio Doutor da Igrexa, autor da "Cidade de Deus" ; unha pluma de ave, un libro aberto, o corazón traspasado por dúas setas, que xa por el só constutue  o brasón adoptado pola Orde agostiña, e unha igrexa.

                           ( DEBUXO  : esquema do escudo ) 

Os dous escudos que flanquean  a fornela  de Santo Agostiño, timbrados con chapeu e cordóns episcopais , son un  desdobramento  do que de seguido falaremos, por iso consideramos superflua a súa descrición.

Este ao que nos referimos  é condensación dos citados , e seguindo as pautas  que nos marca  D. Francisco Vázquez SAco podemos saber que dende a instalación da nova Comunidade, as armas da Real e Militar Orde da Mercé, campean  en diversos lugares  do convento.

 Este escudo que nos ocupa, foi un máis dos vencellados  máis ou menos estreitamente  á historia de Sárria.

Reproducimos  no debuxo inferior coa mellor fidelidade que se puido os brasons da Orde.

É cortado  e leva en xefe a cruz branca  sobre campo de ouro, da Catedral de Barcelona, e en punta, as barras  de gules de Aragón, sobre campo do mesmo metal.

O primeiro brasón  recorda a fundación da Orde diante do altar maior da Catedral Barcelonesa en 2018; e o segundo, a participación activa de Jauma I de Aragón na institución dos primeiros cabaleiros da Orde, aos que lles deu, como emblema, co signo da cruz mencioada , as arma reais de Aragón.

                  ( DEBUXO :   esquema do escudo da Orde da Mercé ) 

**************************************************************************************  

                                   FUNDACIÓN E  PRIMEIROS PASOS DA ORDE DA MERCÉ

                       (  Inscripción de Barcelona coa fundación da Mercé en 1218 ) 

                                                                                             ANEXO. III

*************************************************************************************** 

                                FUNDACIÓN E PRIMEIROS PASOS DA ORDE DA MERCÉ

Datos obtidos do MANUEAL DE HISTORIA DA ORDE DA NOSA SEÑORA DA MERCÉ,  polo R.P. FREI GUILLERME VÁZQUEZ NÚÑEZ, da mesma Orde e doutor en "FILOSOFIA E LETRAS"

                                                            ******************* 

"Non era moi prometedro o  estado da Igrexa a comezos  do século XIII.  Continuaba nela  o grande pulo dado por San Gregorio VII, máis tropezando con graves difitades. Os pobos bárbaros, convertidos ao cristianismo, non  conseguíab frear os seus instintos salvaxes, que daban orixe a continas loitas.

Sendo isto moi grave , aínda era maior o perigo exterior, pois os musulmáns  estreitaban   a sebe de ferro o pequeno recanto de Europa ao que estaba  reducido o catolicismo. Todo  o norte de África  e a metade de España  estaban no poder  dos mahometáns , e as últimas pegadas  dos cruzados ían desaparecer no Oriente.  Os tártaros pagáns axudaban  a pechar o paso do Cristianismo  no norte de Europa-

Como sempre,  Deus Noso Señor, que vive na súa Igrexa, proveeu a esta de grandespregadores , con incomparables  modelos de mansedume.

Unha das maiores necesidades da época , era a redención dos cristiáns  que diariamente  caían en poder  dos sectarios  de Mahoma , xa nas guerras , xa no mar. Milleiros e milleiros  de cristiáns  eran arrastrados  aos países musulmáns para seren vendidos como gado , empregándoos de día como bestas e  sepultándoos  pola noite en fedorentas cadeas xeralmente soterrañas, para evitar a súa fuxida..

Os  comerciantes, nautas do século XIII, non eran homes medoñentos, senón capitáns arriscados que emprendían grandes viaxes para adquiriren  e colocaren mercancías, loitando con todo xénero  de perigos.

Cecáis nunha desas viaxes coñecéu San Pedro Nolasco   máis a fondo  as miserias do cativerio , que ninguén  iñoraba  en terras de cristiáns , e decidiu consagrar  a isto parte dos seus cuantiosos bens.

Percuróu logo  outras persoas caritativas  que lle axudaran na súa empresa, máis aínda que obtiveron algún resultado , comezóu a apoderarse deles o desalento. Deus Noso Señor  quixo fortalecelo sobrenaturalmente  con varias  revelacións, unha delas foi a que nos conta o Mestre Zumel dicindo que despóis  de pasar unha noite en oración, recolleuse pola mañá  a descansar, cando se viu nun grande patio  onde había unha oliveira fermosa. Dous maxestuosos personaxes encargáronlle que coidase delas e ao pouco tempo chegaron  outros homes que, con machetas e picos  querían  acabar coa árbore  e arrincala, pero canto máis se empeñaban niso máis florecía  e botaba fortes  agromos.

O que esta visión significaba, entendeuno o Snnto máis claramente cando na noite do 1º ao 2 de agosto  se lle apareceu a Virxe rodeada de anxos e radiante de gloria , e non só o animóu nos seus intentos , senón que mandóu instituir  unha Orde relixiosa, cuxo especial instituto  fose a redención dos captivos cristiáns.

       (  Reprodución do cadro de Murillo. Aparición da Virxe a San Pedro Nolasco. Catedral de Sevilla ) 

Cheo o Santo de   novo alento e apoiado polo Rei Don Jauma  e os seus conselleiros , entre eles San Reimundo de Peñafort, o seu confesor, decidiuse a  cumprir o mandato divino, fundando a Orde da Mercé  dos captivos o día de San Lourenzo, 10 de agosto de 1218m diante do altar de Santa Olalla da igrexa catedral . Así o declara o bispo de Barcelona Frei Pedro de Centellas no documento de 1249, no que autoriza  a San Pedro  Nolasco  para edificar  nova igrexa ,  e diante daquel altar tomaban posesión  do seu cargo os mestres xerais da Mercé , segundo declara  en 1358 o Rei Don Pere IV.

 ( Reprodución  de relevo de Pedro de la Cuadra no Museu de Valladolid :  A Santísima Virxe  dalle  o hábito a San Pedro Nolasco , con asistenza do Bispo e do Rei )

Durante os primeiros séculos chamouse " ORDE DE SANTA OLALLA OU DE  SANTA MARÍA DA MERCÉ OU DA MISERICORDIA DOS CAPTIVOS , sem dicir expresamente   que esa misericordia ou  mercé era a redención , cousa por demáis evidente . "ORDO  MERCEDIS PAPTIVORUM, chámano xeralmente os documentos da mesma. " ORDO DE  MERCEDE  " , foi máis ben  imposta pola curia romana.

..... Facemos aquí unha pequena reseña  a un dos primeiros santos da Orde Mercedaria, por estar nunha das fornelas do retábulo que estudamos.

Referímenos  a Frei Ramón Salón ou Surróns, que segundo os cronistas antigos, é o futuro San Ramón Nonato.

Florecéu este santo nos xeneralatos de Frei Albert e de Frei  Berenguel  Cantull.  Naceu en Portell, que pertencía entón á  abadía de Solsona , posteriormente Bispado, Algúns Autores como Xoán G. Atienza, sitúano  contemporáneo  de San Pedro Nolasco , pero  Frei Guillerme Vázquez Núñez, considera isto un erro. Deixamos  estas consideracións para un mellor e máis profundo estudo desta circunstanza.

San Ramón usóu sempre o apelido paterno, Posteriormente  ao Capítulo provincial de Lleida o 1335 , onde  é nomeado redentor , sofre o martirio do candado na boca e outros tormentos, co que os mouros castigaron os seus desacatos  a Mahoma , seguramente en Arxel, a onde soían dirixirse  os redentores de Aragón.

Urbano  VIII  espallóu a toda a Igrexa en 1628  o culto que se lle tributaba en Catalunya  e en toda a Orde da Mercé.

 (  Reprodución  do cadro de Vicenzo  Carducho,  hoxe na parroquia de San Xerome de Madrid :  Martirio de San Ramón Nonato ).

 Debemos facer un inciso para citar aquí outra  Orde Redentora : A chamada " Orde da Trindade".

A Orde, aprobada e confirmada por Inocencio III en 1198, tivo por fundadores ao provenzal  San Xoán de Mata  ( 1160-1213 )  e a San Félix de Valois, que estableceron  o primeiro convento.mosteiro Cerfroid, diocese  de  Meaux (  Francia ).

Axiña se espallaron por Italia, Tunicia, España, Portugal, Inglaterra, etrc, alcanzando  a súa máxima difusión  no século XV, No século XVI naceron  en algúns países congregacións  de trinitarios reformados  (  rama dos descalzos, aprobada por Gregorio XIII en 1578 ), co propósito  de voltar á  autenticidade primitiva.

A Revolución Francesa  supuxo un rudo  golpe para a Orde en moitos países. Por outra parte, a súa finalidade  orixinaria  de redención de captivos  cristiáns  en terras musulmanas , foise trasformando  co tempo ; na actualidade a dita  Orde oriéntase  cara as misións e a cura de almas-

Entre os trinitarios  sobresairon persoeiros  da ciencia e a teoloxía.

Existen tamén catro ramas femininas desta Orde.

                    ( Imaxe ;  Unha redención. Relevo de Pedro de la Cuadra en 1599. Museu de Valladolid ) 

                                                ............................................................ 

Algúns teñen  dificultade en admitiren  que a Mercé  fose militar  nos seus comezos , parecéndolles iso honroso dabondo.  Máis o era  entregar a vida polos captivos , pero  ambas honras concedíanse entón gratis  a quen os quixera.

Frei Nadal Gaver, que escribía en 1545,  coñecendo os documentos do Arquivo de Barcelona, sinala  como primeiros compañeiros de San Pedro Nolasco a Frei Guillerme  de Bas, que o sucedeu no xeneralato, Frei Pedro Pascasio  ( ou Pascual ) , que en efecto aparece xa en documento de 1226 en Perpinyan , e Frei  Bernardo de Corbera.

 O soar  que ocupa hoxe o convento de Barcelona, perto do mar, adquiriuno en 1232 Raimón de Plegamans , moi nobre cabaleiro  que foi algún tempo  gobernador xeral de Catalunya , traspasándollo de seguido a San Pedro Nolasco. 

¿ Onde viviron  até entón  os primeiros  mercedarios ?. O Padre  Gaver di sinxelamente :  "alibi  intra civitatem"  ( noutra parte  dentro da cidade ) , mais o Rvmo.  Zumel di que achóu en   códices  antigos  que o  Santo moróu algúns anos nos Pazos Reais, o o dominicano  Padre Diago  enade que o Rei deulles aos mercedarios  o Hospital de Santa Olalla,  a carón do pazo.

A admisión de  terciarios  e confrades na Orde comezóu  dende  o comezo para asegurar  a cooperación  dos seglares  en recoller esmolas, sen as  que era imposible a redención . Os que se   asociaban   á Orde  querían ter  parte na obra tan meritoria  e suplían a escaseza de persoal, Os Sumos Pontífices concedéronlles grandes privilexios dende 1246-

Por unha bulda dese ano, enterámonos  que as confrarías  estaban xa  organizadas  en moitas partes  e eran unha das bases  nas que se apoiaba  a Orde  para o seu ministerio principal. 

Unha vez  no ano pasaba un relixioso a recoller  a esmola , e á  igrexa  debía abr irse. Jauma II dicía  tamén en 1306 que os mercedarios  " públicamente pedían esmola aos cristiáns polas igrexas ". Só  en contadas veces e en épocas posteriores din  que andiveran de porta en porta. Iso tamén sería pouco doado  tendo en conta o escaso número de freires.

É verdade  que non todos  os freires servirían  tampouco  para ese ministerio , que esixía  especiais condicións , pois debían persuadiren  aos fieis  dunha das  difíciles  que hai no mundo , que é o desprendimento. "  Á súa  alegre chegada ábranse as  igrexas  todos os anos e celébrense os divinos  oficios, para que se poida facer unha exhortación ao pobo, persuadíndoo da necesidade a esmola ". 

 Xa en 1226 Pedro Nolasco recibiu  en doazón  un soar a  Perpinyan , mais con todo non sabemos  se a primeira  fundación  se fixo alí  ou en Palma de Mallorca conquistada en 1229  e onde certamente  había mercedarios en 1232.

Dase aquí unha tradución  da doazón de Perpinyan por ser unha das máis antigas que tivo a Orde, sinalada  xa como tal  polo Reverendo Gaver. "  Sexa a todos  a todos como eu  Pere Comte de Salses , por min e polos  meus  tanto presentes como futuros , non obrigado  por forza algunha , senón de boa fe e sen mal algún , con esta presente  pública escritura valedeira  para sempre , por amor a Deus.... gratis e pola miña   liberdade, entre vivos dou e entrego ao Señor Deus, aos pobres que se chaman pobres da misericordia  e a vós Frei Pere Nolasch , reitor dos mesmos pobres , e aos vosos sucesores  e a todos os freires, tanto  presentes  como futuros da mesma Orde, en man e poder de Frei Pascasio , da mesma Orde, para facer  toda a vosa vontade libremente e para sempre, cinco canas e tres palmos  de outra de Montpeller, dun patio que eu teño  e debo ter perto de San Xoan de Perpinyan , fora da porta de Mallols , para facer alí todo o que facer quixerdes".

Xa queda indicado como o moi nobre cabaleiro Raimon de  Plegamans  compróu  en 1232 un terreo  na praia de Barcelona, e ao día seguinte trasmitiullo  a San Pedro Nolasco, construindo el mesmo  un hospital  coa súa capela , á que lle deu  por titular a Santa  Olalla . Este hospital ampliado  e anovado despois, veu a ser a casa matriz da Orde, que durante dous séculos  foi designada indiferentemente co tíduo de Santa Olalla ou de Santa María da Mercé .

Así   reuníanse  nunha soa Casa a hospitalidade e a redención de captivos, como o fixeran  outras Ordes militares  e o fixeron tamén os trinitarios. Os hospitais eran unha grande necesidade  naqueles tempos , unha grande parte dos conventos  da  época tiñan anexo  un albergue para os pobres camiñantes e enfermos.

Inútil é advertir  que eses hospitais non eran os espléndidos pazos que para os doentes levantóu  despois  a caridade cristiá . Media ducia  de camas  constituían  xeralmente o seu enxoval , e algunha vez  os freires negábanse  a recibiren máis hóspedes, porque sendo eles poucos, eran incapaces de impediren que os camiñantes collesen  as roupas  ao se ergueren para  marchar.  Nas listas  dos Conventos da Mercé  figuran moitos  hospitais, tanto en Francia como en España.

O penoso dos mercedarios , como era  a obriga  de daren a vida polos captivos, era causa máis que suficiente para que os mercedarios fosen poucos, Ademais consta  por innumerables documentos , que os mercedarios empeñaban e vendían os seus propios bens para a  redención. Os conventos das demais Ordes eran tamén  pequenos naqueles tempos.

O hábito da Mercé  foi dende o principio  branco, o mesmo co dos cistercenses e agostiños, a cuxa Orde fumos  agregados. Varias razóns  moveron a iso ao Santo Fundador  e non sería a última a súa devoción á pureza da Santísima Virxe,

Parece  que dende o principio levaron a cruz branca da catedral de Barcelona, segundo o indica o bispo D. Pedro nun diploma  de 1249, Mais as barras de Aragón  non se concederon até 1251.  Aínda en xaneiro de 1250  o Rei outorga  a Frei Guillerme de Bas a súa protección e varios privilexios , pero inferiores  aos que acompañan ao escudo. Se a Orde gozara  xa deste, o privilexio de 1250 estaría de máis.

A  autoridade do mestre xeral riba de todos os individuos da Orde e a celebración anual  de capítulos  foron as dúas bases  do goberno da Orde.  Que o mestre era vitalicio  dixoo ben claro  a bulda de 1245, que é, por dicilo  así, a magna carta da Orde Mercedaria ;   " En morrendo tu, o mestre do dito lugar , ou calquera dos teus sucesores , ningún outro sexa posto alí, senón o que os freires  todos elixan  de común acordo". Os demais cargos eran anuais , aínda cabía a reelección.

Aínda  que os privilexios  dos Reis de Aragón  abondaban  para mantela  contra calquera oposición  e darlle existenza  xa asegurado , a finais de 1234 , solicitouse  a confirmación  de Gregorio IX, que a concedeu.

A palabra "Orde "  era de significado moi vago aínda e na de Santo Agostiño compreendíanse  todos os grupos de relixiosos que profesaban a súa régoa.

As ordes cun xeneral que poidese manexar libremente a todos os freires, era unha institución nova, que comezaba entón a arraizar e foi unha das mellores conquistas da Igrexa nesa época, pois poñía nas mans do Papa verdadeiros exércitos disciplinados  e aguerridos, capaces de realizaren as maiores proezas, á que non podían aspirar os antigos mosteiros independentes e isolados.

Aínda que noutras ordes  rezaban o oficio divino  os non ordeados, é indudable que os leigos da Orde Mercedaria , como os templarios , sustituíano por un crecente número  de " Painosos " , segundo especifican as Constitucións  de 1272, e nada induce a crer  que ese precepto  fose nono. ¿ Que brteviario usaban os primitivos sacewrdotes da Mercé ?.  Algúns dos innumerables  que entón circulaban , pois a anarquía era grande nese como en outros puntos. A  uniformidade, inda dentro de cada orde relixiosa, tardóu moito en acadarse.

Das Constitucións americanas dedúcese que os sacerdotes mercedarios  rezaban diariamente o oficio da Santísima  Virxe, ademáis do ordinario, e cando este era de só tres lecións, enadíase o de defuntos.

Segundo algúns cronistas  o Santo Fundador acompañóu  a Don Jauma de Aragón  na conquista de Valencia , o que é moi verosímil  dados os favores que recibiu deste a Orde. Sirva de exemplo unha das doazóns  efectuadas polo Rei.

Dí así : " Saiban todos  como Nós  Jauma pola graza de Deus Rei de Aragón,  de Mallorca e de Valencia, Conde de Barcelona, e de Urgell  e Señor de Montpeller, por Nós  e por tódolos nosos, para remedio da nosa alma  e da dos nosos pais , damos e concedemos  a Deus e a vós  Frei Arnaldo de Carcasona, ministro da Casa de Valencia , de Santa Olalla da Casa de Barcelona e aos freires todos da mesma Casa presentes  e futuros a igrexa  de Puig de Anaso ou de Cebolla, que se chama Santa María,  con todo o Puig no que está situada, para que sirvades a dita igrexa e a fagades  servir  en honra do Señor , da Benaventurada  María e de todos os santos",

 ( Encabezamento da primeira  bulda de confirmación da Mercé en 1235. REg,Vat,17, fol, 172 ) 

                                                       ................................................. 

                                              BREVE RESEÑA DA ORDE EN GALICIA 

 A Orde da Mercé espallouse rápidamente por Francia, o reino de Aragón e Castela. Mais até o ano 1482 . Galicia non posuía  aínda conventos da citada  Orde. A mediados  do século XV , hai mercedarios que desempeñan cargos por Castela.

A primeira fundación galega  débese considerar  a de Conxo , en 1482, sendo o fundador Frei Diego de Saldaña; segue a este  a de Monterrei  en 1484. Conxo foi  primeiro un mosteiro de monxas bieitas, máis tarde entregado aos mercedarios polo arcebispo Fonseca.

O de Monterrei foi fundado  por graza do primeiro conde de Monterrei, Sancho de Ulloa  , amigo persoal  de Frei Diego de Muros. Bispo de Tui, e foi o seu primeiro comendador  Frei Miguel Francés . Monterrei decaeu  axiña , ao desaparecer o perigo portugués , pola súa condición  de fortaleza  condicionada á defensa. A  xente  desta maneira comeza a baixar para o val de Verín onde ao pouco aparece unha vila á que se trasladan  tamén os mercedarios no ano 1597.

O  convento chegóu s ter 14 relixiosos  en 1771, máis tarde, en 1933 adquriron parte do antigo convento e en 1934 estableceron a casa noviciado.

Dende 1890, Poio é centro espiritual  de vida mercedaria  e en tempo de verán  funciona como hospedaría.

Deste mosteiro saíron  misioneiros , catedráticos, teólogos , escritores, investigadores , bispos  en zonas de misión. Tamén xorde unha revista, a chamada "Sal-Lux" , que canalizaba inquedanzas  intelectuais e espirituais.

En Ferrol hai presenza mercedaria  dende tempos lonxanos,  recórdanolo  da Mercé do Chanteiro  ( 1393 ) , o Pazo da Mercé de  Neda e a capela da Mercé en Ferrol  Vello, desaparecida hoxe, pero que lle deu nome á actual rúa.

Porén é en 1908   cando dunha forma real se establece  unha comunidade de mercedarios  na cidade.

Dende 1910  rexentan os "Freires o Colexio Tirso de Molina. Recordemos que Tirso de Molina era o seudónimo de Frei Gabriel Téllez (  1579-1648  ) , mercedario español , nado en Madrid. En 1600 ingresóu na Orde da Mercé  como novicio  e profesóu un ano máis tarde, Despois de voltar de Santo Domingo , é nomeado  xeneral da dita Orde,  

 O Colexio  ademáis  de atender unha pastoral da xuventude , realiza outras   actividades  darredor  da formación liberadora  e na liña mercedaria.

A SÁRRIA  chegaron os monxes da Mercé o dous de agosto  do ano 1896 , para reparar o estragado mosteiro dos agostiños, qu o Bispo lucense Murúa  lles ofrecera, sendo vigairo o padre Buenaventura  Boneta.

Pasado un ano, comezan a aparecer varios novicios que marcarán  a pauta primeira na preparación dos futuros padres mercedarios.

Esta función de Casa Noviciado seguiraa  desempeñando até o ano 1934.

Os mercedarios fixétonse cargo  da parroquia  de San Salvador , e ao mesmo tempo espallaron a súa actividade pastoral polos  veciños vales de Sárria.

Na acualidade existe no convento  reformado e ampliado  un Centro de  ensino primario e ESO. Ao longo dos anos lugar de sementeira de  futuras vocacións.

************************************************************************************** 

                          BREVE HISTORIA  DE SANTOS RELACIONADOS CO MOSTEIRO

                                                                                                                             ANEXO - IV

                                      ....................................................................

                                               SAN NICOLAU DE TOLENTINO

Non podemos falar de San Nicolau de Tolentino  sen falarmos antes de San Nicolau de Bari.

Segundo conta a tradición , as reliquias do santo de Bari ao chegar  a esta cidade, comezaron a facer miragres e a atraer peleriños de  todas partes do mundo cristián , mesmo de Rusia, e para eses romeiros  habilitouse un hospicio  que os atendía na vila. Ali acodiron tamén , a mediados do século XII, un marido e a súa esposa estéril , a pedirlle ao Santo a súa interseción  para que lles chegase o fillo que arelaban e coa promesa  de que , fose varón ou femia, encamiñaríano  cara a vida relixiosa. San Nicoláu debeu obrar o miragre pedido  e a muller, de nome Amada, trouxo ao mundo  un fillo, ao que tamén chamóu Nicolau  e foi santo : San Nicolau de Tolentino , en memoria do convento de agostiños  onde discrreu a maior parte da súa vida.

 É a vida dun humilde e devoto  frade agostiño, que se entregóu entusiásticamente ao xexún , ás morttificacións  e á pregazón, que morreu en 1305 e que foi canonizado  oficialmente por Uxío IV  en 1446, cando xa  a súa tumba  era visitada  por devotos de toda Europa e cando xa o seu brazo  comezara a  sangar  periódicamente  , candi algunha calamidade  caía riba da Igrexa.

A súa festa é o 10 de setembro, Os lugares máis coñecidos  nos que se festexa a San Nicolau de Tolentino  son : Gran Canaria nun lugar chamado La Alde ;  en Almonacid de la Sierra ( Zaragoza ( o 8 ao 13 de setembro ; en Pontedeume ( A Coruña ); en Alcaracejos ( Córdoba ). 

                                ( Estampa : San Nicolau de Tolentino )

                                .............................................................  

                                     NOSA SEÑORA DA  MERCÉ 

 É esta unha advocación mariana coa que se venera á  Nai de Deus. O seu culto  iniciouse  no Hospital  de Santa Olalla de Barcelona en 1219.

Ë a padroeira  da cidade condal  e de varias ordes relixiosas  que levan o seu nome.

En Quito ( Ecuador )  venérase unha imaxe doado por Carlos V aos mercedarios . É tamén  padroeira do Exército ecuatoriamo.

(  A festividade da Virxe da Mercé, 24 de setembro, é celebrada  nas diferentes  institucións  penitenciarias españolas ).

( Imaxe da Mercé na portaría do convento de Barcelona, feita  en 1343 , aínda que o grupo debeu ser  renovado ) 

                                       ....................................................... 

                                      SANTA MARÍA MADALENA

A María Madalena achámola  nos evanxellos  axoenllada  aos pés de Xesús  para lavarllos, perfumalos  e enxugalos cos seus  propios cabelos  ; vémola seguíndoo  nas súas viaxes ; dándolle pousada na súa casa ; presenciando a súa morte : velando diante do sepulcro e descobrindo, a primeira  entre todos, a desaparición do seu corpo.  María Madalena  é tamén a primeira en ver ao Mestre novamento despois da Resurreción . Certamente., ningún apóstolo  nin discipulo  tivo  tantas opotunidades de se encontrar  con El , de permanecer á súa beira,  de convivir  cada intre fundamental  da súa misión.

                 ( FOTOGRAFIA :   Santa María Madalea - fillo - )

                                          ........................................................

                                            SAN PEDRO PASCUAL

O seis de decembro de mil trescentos, morría  en Granada o Bispo de Xaén , Pedro, ao que se lle atribuía  o apelido de Pascual  e que fora promovido  para aquela cadeira  en mil douscentos noventa e seis .

Cando voltaba de facer a visita pastoral  no comezo de mil douscentos noventa e oito , foi  sorprendido por unha emboscada de mouros , perto xa de Xaén e levado a Granada.

Bonifacio VIII exhortóu a todos os  bispos que contribuisen  ao seu rescate, pero este non chegóu.

Durante o cativerio  escribiu o Bispo  dúas obras moi importantes : " La impugación de la secta de Mahoma" , en castelán , e a disputa  cos xudeus , en provenzal, para  confortar aos moitos  captivos  dunha e outra línguas  que nas cadeas  de Granada estaban expostos  a seren enganados ou seducidos. 

Estas obras  contribuiron  probablemente  a acelerar a súa morte , concitando contra el as xenreirras  dos mouros,  A Orde da Mercé , que  xestionóu a súa canonización  en 1675 , está na posesión de chamalo fillo seu.

Hose é venerado  como humilde mercedario  que soubo  entregar a súa vida  polos demáis, 

Non debemos  confundilo  con San Pascual ( " Bailón" ) , pois este é un frade  leigo franciscán  defensor da Igrexa  contra o calvinismo.

                               ( Estampa : San Pedro Pascual, Bispo e Mártir ) 

                                                   ........................................................ 

                                                   O APÓSTOLO  SANTIAGO

Sabemos que Santiago era irmán de  Xoán, o Evanxellista,  e que os seus pais foron Zebedeo e Salomé  cos que vivían en Betsaida Julia, pequena cidade de Galilea  na beira do lago Xenesaret.

A súa actividade preferente era a pesca no lago antes citado  en cuxa tarefa estaban asociados  con Simón ( San Pedro  ) e André , condición importante  para obter mellores resultados.  Todos eles sabedores  da chegada do Mesías nun futuro , condicionábaos de tal maneira  que lles producía  un compromiso  na defensa da xustiza  e do menos podente . Así vemos como os dous irmáns  xunto cos seus socios Simón e André , escoitar a palabra de Xoán o Bautista  facéndose axiña discípulos de  Xesús . Non tardaron estes en seren os prediletos  do Mesías,  pois como sabemos  foron escolleitos  por El para seren testemuñas  da Transfiguración do Monte Tabor , O nome de " fillos do trono" , pode ser debido a que en  certa ocasión  pedíronlle a Cristo  que enviase fogo do ceo  contra as poboacións  que se resistían  ás proclamas evanxéllicas.  Este entusiarmo  pola doutrina cristiá  faise patente cando  lle solicitan a Xesús  seren os primeiros  no reino  mesiánico , dando  Xesús a resposta  de que  o Reino precisa máis de loitadores que de xefes.

Despóis da morte de Xesús , Santiago pasa a ser o maior animador dos crentes  en Xerisalén, sendo vítima de Herodes Agripa  por decapitación  no ano 42 , convertíndose no protomártir  dos Apóstolos.

 ( FOTOGRAFÍA :  Imaxe  do Apóstolo Santiago, obra de Gregorio Fernández  - fillo - )

                                               ...........................................................

                                                         SANTO AGOSTIÑO

A vida de Santo Agostiño  discorreu entre o territorio da actual Tunicia , nacendo en Tagaste, sendo presbítero en Cartago onde tamén  ensinóu na universidade, antes da súa conversión ,  e morreu como bispo de Hipona , ao pouco tempo  da  invasión dos vándalos.

Pasa taméb tempo en Roma  onde se fai definitivamente cristián  e onde morrería a súa nai , Santa Mónica ,   que o seguiu constantemente , loitando pola súa conversión. Äfrica foi  o seu limo froitificador , base da  súa iluminación  e clarividencia.

Con todo o seu  senso cristián  ás costas , con toda a súa carga mística a flor de pel, Agostiño foi  un convencido   dauniversalidade do sentimento relixioso e posiblemente  a causa dos seus antecedentes  neoplatónicos, da validez  intrínsica  de todas crenzas , sempre que sexan acollidas en profundidade  e sinceramente. Así di nas súas " Retractacións "  : " Cousa idéntica ao que agora chamamos  relixión cristiá existiu entre os Antigos  e nunca deixóu de existir dende os principios da raza humá até a vinda de Cristo  encarnado, momentono que a  relixión  verdadeira, que xa existía , comezóu  a ser denominada  cristiá ".

 ( Estampa  : S, Agustinus Eremit  et Canon.  Regularis  Fundator ·.

                                                   ................................................ 

                                                    SAN RAIMON NONATO

Formóu parte da recén creada  Orde da  Mercé  para a redención de captivos  como ben sabemos , sendo  amigo do seu fundador San Pere Nolasco e viviu  na Catalunya de  Jauma el Conqueridor , pois nacera  nun pobo lleidán , Portell.    Formóu parte daquela fornada  de freires que querían resucitaren os tempos martiriais.  En África pregóu con tal intensidade que,  para  facelo calar , os mouros  pecháronlle a  boca  cun candado durante  oito meses, Cando morreu  aos trinta e seis anos, ía camiño de Roma para recibir o capelo cardealicio . Ninguén lle poido  dar a comuñón , mais  veu na súa axuda  un anxo do ceo  e deulla. A súa fama  fixo  que disputasen  o seu corpo  o conde de Cardona  e a Orde da Mercé , o que provocóu  que, para dirimir o litixio , puxeran o seu corpo riba  dunha mula cega e a deixasen  ir por onde quixese, A mula chegóu ao pobo do Santo  con incrible precisión  e paróu  diante da ermida de San  Nicolau , que era precisamente a que  o bon mercedario utilizara para  parolar coa Virxe, cando de mozo  fora pegureiro  dos rabaños familiares. Aí quedóu até a  guerra civil española, na que os seus osos foron esparexidos . Celebran a súa festa  en Vilalba ( Lugo ) , Boiro ( A Coruña ), Lumbier ( Navarra ),  Portell ( Lleida )....

Como sabemos  o nome de Nonato ( non nado ), ven de que  segundo a tradición, parece que foi sacado  do ventre da súa nai cando esta xa era cadáver,

                                          (   Estampa :  S.  Ramón Nonato ) 

                                           .................................................... 

                                           SANTA MARÍA DE CERVELLÓ

Non podemos  falar de Santa María de Cervelló  sen facelo antes do Rvdo.  Bernardo de Cerbera , quen foi dende o seu comezo  de San Pere  Nolasco . O seu corpo incorruto  consérvase  a carón do altar  de anta María de Cervelló  en Barcelona . Os cronistas aseguran  que lle deu o hábito  a esta santa, ademais de profesión , o venerable Cerbera.

Ao  seu lado  formáronse outras beatas notables  polo seu fervos e espírito, ente elas, Santa  Colagia.  

O corpo  da venerable  María foi  colocado no  altar  en tempos de Pere IV , e o P. Ribera achóu  nos arquivos reais  o que se pagóu pola acta.

 O método de vida  destas beatas  e os servizos  que prestaban á Orde  están indicados nas Constitucións  de 1272 , que non fan  senón  traduciren   as disposicións xerais da Igrexa na materia, Di así o capítulo  XVI :

"  Ningunha  muller sexa  de aquí adiante  recibida por irmá  nosa, se non ten tantos bens  que poida vivir  convintemente  na súa casa  ,  en tal maneira que  remanente sexa  e quede sen dificultade  para a Orde.  E en entrando na Orde  faga o seu testamento  en razón disto de tal xeito  que por aquela eazón  non poida vir  dano nin gravame  á Orde de parte  dos seus amigos ou parentes ·,

O culto á Santa  foi aprobado  por Inocencio  XII en 1292  e o seu corpo venérase  na caixa do tempo de Pere IV , con pinturas  da época, que a presentan en hábito da Orde, Esta caixa está encerrada noutra máis luxosa , noutro tempo de prata. 

        ( Fotografía :  Sepulcro de Santa María de Cervelló , na Mercé de Barcelona , co seu retrato ) 

                                         ............................................................................ 

                                                 O   REI      DAVIDE 

Rei hebreu  ( 1030-960 , a. de X.C, ) , que rexiu os destinos o reino unido de  Xudá  e Israel.

Samuel  presentándose  na casa de Davide, Xosé  de Belén , unxiu ao xove. Este, armado  dunha tirafonda , deu morte ao xigante Goliat- Despois de ser escudeiro do rei Saúl e harpista seu  até que os ciumes do monarca  obrigárono a fuxir. Entón organizóu unha guerrilla  de mercenarios   e púxose ao servizo  do príncipe filisteu  Aquis , de Geth, que lle cedeu a cidade de Siceleg.

Tras a morte de Saúl  e o seu fillo Ionatán na loita na contra dos filisteus,Davide foi unxido  rei de Xudá e gobernóu en  Hebrón os sete anos  seguintes riba de seis subdivisións  dese reino. Entrementras  foron desaparecendo  os últimos restos do exército e da familia de Saúl.

Á morte de todos eles  , os anciáns  de Israel  presentáronse en Hebrón para  ofrecerlle o reino.  Davide fixo uso dos seus mercenarios  para conquistar Xerusalén, que estaba en  poder dos canaanitas , En Sión  alzóu o seu pazo, a cidade de Davide ,  e inicióu  unha forte expansión  co sometemento  de Damasco  e as terras que se extenden  até o golfo de Akaba. 

 Apoiouse nas tradicións  mosaicas , coordinando  o seu novo reinado co reinado de Yavveh   riba de Israel. Nos seus últimos anos  producironse unha serie  de problemas por  mor  da  sucesión , en especial a rebeldía do seu fillo Absalón, que como sabemos morreu  ao quedar prendido o seu cabelo  nas polas dunha árbore, en concerto unha aciñeira, posteriormente Joan cravoulle  tres dardos  e dez escudeiros de Joab  rematárono.

O profeta Natán  que vinte anos antes acusara a Davide polo seu adulterio  con Betsabé  mentres o esposo desta, Urias , morría no campo de batalla, inflúe agora   sobre Davide  para que instaure como herdeiro a Salomón , o fillo habido de Betsabé.

Davide foi  o que levóu a Arca da Alianza a Xerusalén e estableceu ali o culto xudeu.  Fundóu  unha forte monarquía  riba  da feble dinastía  iniciada por Saúl. 

                                                  .......................................................  

                                                               MOISÉS

Descendente de Leví e irmán de Aarón e María, naceu en Exipto durante o xenocidio dos xudeus. A súa nai ideóu  depositalo  no río dentro  dunha cestiña, de onde a recolleu  a filla do Faraón  e adoptouno por fillo  Esta variante da lenda de Sargón  e outros herois poidera ter sido aplicada  a Moisés  ( en hebreu Moshe )  por asonanza cun verbo  que significa "sacar " ( da auga ).

O nome é certamente exipcio, por exemplo "Tup.mose".

Xa adulto , Moisés  fuxe do país como refuxiado político, emparents con xentes madianitas e adícase ao pastoreo.

No monte de Deus , Sinaí ou Horeb ,  aparéceselle Yahvé nunha silva ardendo m revélalle o seu nome  e ordéalle que , asistido por Aarón e con poderes sobrenaturais , xestione, perante o novo faraón , o éxodo  dos hebreus.  Así o fai , e na noite da Pascua. non sen antes ter azoutado  a Exipto  cunha serie de pragas, o consigue, Moisés diríxese ao Mar Veermello  e guía ao pobo  até o monte de Deus, onde ten lugar  a Alianza de Yahvé con Israel , formulada  no Código  da Alianza e materializada no  Decálogo  grabado en táboas de pedra.

Moisés morre na Trasxordania , á vista da Terra Prometida  que nunca pisaría , á idade de cento vinte anos .Esta idade é máis ben simbólica.  Se o Éxodo se sitúa a principios do século XIII  antres de Cristo, Moisés  tería sido contemporáneo de Ramsés II. As diferentes tradicións  presentan a Moisés como pai do Pentateuco, " Os Cinco Libros de Moisés" , porén estudos posteriores confirman  que Moisés  o que fixo foi  promulgar  o núcleo da Lei, pero que máis tarde  foi desenvolvida ao longo das xerazóns, dacordo co espirito do fundador, até o advenimento  do cristianismo . Este pola súa parte, recoñece  a súa dependenza e comuñón coa revelación mosaica, que constitúe a esenza do Antigo Testamento.

                                               .......................................................  

              ( Debuxo: A fachada do Mosteiro da Madalena  : A Obra Nova e a Torre )

************************************************************************************* 

 

 

  

 


 

 

                                       




 



 

 

 



 

 

      

 


 

 

 


 


 


                                        


 

 



 

Comentarios

Publicacións populares