SÁRRIA : OS MORTOS DOS QUE NINGUEN FALA ( 819 )
SÁRRIA : OS MORTOS DOS QUE NINGUÉN FALA ( 819 )
A FAMILIA BILBATÚA ZUBELDÍA
Tomás Bilbatúa Rureirino , contratista de obras, natural de Durango, casado con Luisa Zubeldía Oraz, natural de Plasencia ( Biskaia ) , residiu en Sárria , onde naceu o seu fillo Antonio Desiderio , e na vila viviron tamén nos seus primeiros anos os irmáns Demetrio, Luis e Luisa Bilbatúa Zubeldía. O feito de se establcer en Sárria obedeceu á posta en marcha as obras da estrada da Estación de Sárria a Samos, obra que incluía obras de fábrica de singular feitura como a Ponte de Ferro da Estación ( no río Celeiro ). a Ponte de Ferro do Toleiro. a Ponte de Frollais e a Ponte Nova do Vao ( todas tres no río Sárria ). Rematadas as obras e cumpridos os acordos contractuais. a familia perdeu toda relación coa vila e a comarca.
O verán de 1936 resultou tráxico para tres daquelas nenos criados en Sárria e que xa adultos asentaron na cidade de Vigo.
ANTONIO DESIDERIO BIBALTÚA ZUBELDÍA , nado en Sárria o 23.05.1894 , naquel verán de sangue e trunfo da sinrazón, residía en Vigo , na 2ª Travesa de Taboada Leal nº 8 , exercendo a Xefatura do Negociado de Telégafos e estaba casado. Era Vicepresidente da Agrupación Socialista viguesa e deputado nacional pola provincia de Pontevedra. Cando os militares de Vigo se levantaron en armas contra a Constitución republicana foi encausado xunto con outras autoridades olivicas e sería posteriormente separado da Causa 142 / 36 , sendo finalmente xulgado o 22,08. 1936 no Pazo de Xustiza de Vigo, e o mesmo ca os seus anteriores compañeiros foi condeado a morte e fusilado o 27.08,1936. Do seu matrimonio con Soledad Suárez quedaron orfos os seus fillos Antonino, María do Carme, Luis e Soedade Bilbatúa Suárez.
Antón Alonso Ríos en " O Siñor Afrasio" ao se referir ao deputado da Fronte Popular da provincia de Pontevedra, o socialista Antonio Bilbatúa Zubeldia, dí:
" O caso da familia Bilbatúa de Vigo, que foi fusilado, e está recente por demais, Antonio foi executado en unión do seu irmán Demetrio tras do tapal do Cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936,
Con eles morreron o alcalde da cidade D. Emilio Martínez Garrido, o médico D. Waldo Satostegui, o impresor e vello líder socialista D. Henrique Heraclio Botana, D. Apolinar Torres López, D. José Antelo Conde, D, Ramón González Brunet e o xa lembrado D. Ignacio Seoane Fernández.
Outro irmán Bilbatúa foi "paseado" a primeiros de setembro , xuntamente con D. Eugenio Arbones Castellanzuelo, D. Segundo Echegaray García, D, Inocencio Taboada Montoto e outros bos e xenerosos.
A nai dos tres irmáns Bilbatúa volveuse tola...."
"Ás cinco da mañá do 27 de agosto de 1936, nun autobús que facía a liña de Vigo a San Miguel de Oia, os condeados foron trasladados desde o cárcere ao Cemiterio de Pereiró. Alí foron executados por un pelotón do Exército ao mando do capitán Carreró , ao que acompañaba o tenente Francisco Rodríguez . Momentos antes de caer baixo da descarga do pelotón, o líder socialista Henrique Botana gritou con todas as súas forzas.
"NON QUEIMEDES NIN DESTRUADES AS ACTAS DO NOSO XUIZO, PORQUE ALGÚN DÍA O MUNDO ENTEIRO COÑECERÁ O CRIME QUE SE VAI A COMETER AQUÍ CONNOSCO ! "
( Carlos Fernández, en " Alzamiento y Guerra Civil en Galicia " )
DEMETRIO BILBATÚA ZUBELDÍA.- Fillo de Tomás Bilbatúa Rureindo e Luisa Zubeldía Oraz naceu en Plasencia de las Armas ( Gipuskoa ) . Establecido como industrial en Vigo, faleceu fusilado na cerca do Cemiterio de Pereiró nas primeiras horas da madrugada do 27.08.1936 xunto co seu irmán Anonio Desiderio e outros destacados cidadáns vigueses , Tiña 40 anos
LUIS BILBATÚA ZUBELDÍA.- Fillo de Tomás Bilbatúa Rureindo e Luisa Zubeldía Oraz . Naceu en Estremadura . Faleceu " paseado " en Lavadores ( Cabral-Vigo ) nas primeiras horas da madrugada do 15.09.1936 a consecuencia de destrución da masa encefálica . Tiña 32 anos.
..................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario