SÁRRIA : EDIFICIOS SINGULARES ( 813 )
SÁRRIA: EDIFICIOS SINGULARES ( 813 )
Nada darredor de 1194 fortemente unida ás peregrinacións xacobeas a Vilanova de Sárriafundación do rei Afonso IX, deixou de ser vila real cando pasou a ser de señorío da casa codnal de Lemos- Como A Pobra de Sárria. despois Vila de Sárria, tivo esa dependencia señorial até 1820.
Ao longo dos séculos o espazo xeográfico onde asentou a vila, un preguntoiro entre a veiga do río Sárria e a Veiga Pequena do río Celeiro ( o medieval río Barbadelo ), mantivo até 1855 un número casi clonstante de edificacións que albergou un número de habitantes con poucas variacións nas súas dúas parroquias de San Salvador e Santa Mariña de Sárria. E na segunda metade do século X XIX a vila foi ocupando os terreos de entre ríos e os cinco centos de habitantes acabaron sendo os máis de 10.500 alcanzados no ano 2026.
As sucesivas xerazóns de sarriaos foron alzando casas das que se manteñen algunhas e outras foron derrubadas para ocupar o seu lugar outras novas.
Eis a relación dos edificios merecentes de atención que na Sárria moderna amosan cal foi o seu pasado e tanta foi a forza dos seus moradores.
MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA ( CONVENTO DA MERCÉ ) Situación: Praza de San Roque. ( Séculos XIII a XVIII ) conserva unha porta e un arco toral románicos da súa primeira igrexa, o pórtico gótico e unha roseta e enterramentos da segunda igrexa gótica e elementos góticos en enterramentos da súa terceira igrexa e no claustro baixo. O claustro alto presenta elementos renacentistas presentes tamén na escaleira. A porta do convento , a torre, fachada e a Obra Nova coa Porta dos Carros presentan solucións entre barrocas e neoclásicas. O conxunto presenta un bon número de escudos da Orde de Santo Agostiño e de familias nobles e fidalgas ( Castro. Lemos, Ribadeneira, Balboa, Osorio, Enríquez, Armesto.... ). Son de destacar os nichos dos Condes de Lemos, Núno Álvarez de Guitiá, Iñigo Sánchez de Armesto, Señores de Castelo dos Infantes .
Os muros leste e norte sufriron unha forte trasformación con nova obra , con desafortunada alteración sobre o conxunto monumental, alzada sen sometemento a criterios de protección do patrimonio histórico.
Históricamnte tivo anexo un Hospital de Peregrinos ( Hospital de San Roque ), onde agora está o Cemiterio Novo, desaparecido no século XVIII , ao que seguiron os Hospitaliños Novos, en parte no semisoto e baixo da Obra Nova, e nunha casoup anexa que foi derrubada.
EDIFICIO DO POSTULANTADO MERCEDARIO . COLEXIO DA MERCÉ.- Situación : Rúa da Mercé.Edificación moderna feita para a destinala a fins formativos do Postulantado da Orde da Mercé , nos anos finais da década dos anos 1950, en terreos que foran a horta alta do antigo Mosteiro da Madalena. Ëstá destinado actualmente a Colexio Concertado baixo no nome de Colexio da Mercé e a Conservatorio de Música " Cantiga".
PRISIÓN PREVENTIVA.- Situación : Rúa da Mercé nº 4.-No Camiño de Santiago. Edificación alzada pola Xunta Carceraria do Partido Xudicial de Sárria para sustituir o cárcere carente de condicións de salubridade que estaba na parte traseira do Edificio do Xulgado. Foi Prisión dende 1928 á década dos anos 1950, tendo grande ocupación nos anos de politica represeiva que van de xullo de 1936 a 1940. Na actualidade alberga a Oficina de Información aos Peregrinos, unha sala de exposicións, a mostra expositiva das Pampónigas de Sárria e salas para usos culturais.
Nun resío da Horta do Hospital ten anexo un Miradoiro no que hai un cruceiro , da autroría de Manuel Mallo, e un escudo de Sárria nun mosaico.
TORRE DA FORTALEZA.- Situación: Na Horta da Casa Batallón ( Casa de Cima de Vila ), delimitada pola Rúa da Mercé, Rúa do Castelo e Campo da Feira.
CASA DE BATALLÓN- CASA DE CIMA DE VILA.- Situación : Rúa da Mercé, números 1 e 3.
RÚA MAIOR
HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE- TRIBUNAL DE INSTANCIA.- Situación : Rúa Maior 1 e 3 . No Camiño de Santiago.Ten a súa orixe no Hospital de Santo Antón Abade, onde eran acollidos os pelegríns que ao voltar de Santiago presentaban a " Compostela". O Hospital foi creado por don Dinís de Castro e Portugar, crego, fillo natural do Conde de Lemos. Darrededor da metade do século XVII paso a ser sede da Xustiza e Reximento da Vila e Marquesado de Sárria, e houbo un alargamento do edificio para instalar a Escola de Gramátia e Escola de Primeiras Letras na década final dese século.
En 1820 pasou a ser a casa consistorial do Concello Constitucional de Sárria, compartindo tamén espazo co Xulgado de Primeira Instancia. A parte traseira , ao ser abandoada a Escola de Nenos en 1896, pasou a estar destinada a Cárcere do Partido, xestinada por unha Xunta Carceraira formada polos concellos do partido xudicial , e tamén a vivenda do Alcaide. Foi Casa do Concello até 1920, pasando o Xulgado de Primeira Instancia e Insrucción a ocupar a maior parte do edificio até a supresión do Partido Xudicial en 1965. Pasou entón a albergar o Xulgado de Distrito e o Rexistro Civil, que ocupaban o baixo da Casa de Vaamonde- Casa do Concello . Ademais unha das salar de ras de chao estivo ocupada polo Arquivo Notarial de Protocolos e na parte traseira funcionou durante algúns anos a Escola da Banda de Música de Sárria. Na antiga Horta do Hospital fíxose un edificio anexo que, xunto co que até 1928 fora Cárcere do Partido foi adicado a Clube de Atención á Terceira Idade, chamado " Anduriña". As edificacións e o que restaba do que fora a Horta do Hospital, até a estrema coa Prisión Preventiva, foi cedido á Xunta de Galicia que, conservando só o muro frenteiro á Rúa Maior fixo nova edificación para o recuperado Xulgado de Primeira Instancia e Instrució- agora Tribunal de Instancia.
CASA MONTEAGUDO- CASA DO PURO.- Situación: Rúa Maior números 13 e 15. Rúa da Calexa 1 . No Camiño de Santiago.É edificación alzada no século XVI , que conserva unha interesante balcoada e un artístico empedrado de coios no seu portal. Foi casa de comidas, tenda de ultramarinos e estanco de tabaco. O nome popular de " Casa do Puro" veulle de que a banderola coa bandeira española anunciadora súa condición de estanco remataba cara fora co deseño dun home fumando un grande puro. Durante algún tempo albergou o cuarteñiño da Policía Local e os Servizos Sociais municipais.
CASA DE GUERRA.- Situación : Rúa Maior nº 10 e Rúa Conde de Lemos 2 . Casa brasonada, alzada a finais do século XIX en terreos que foran da Casa de Novoa, unha de cuxas mulleres casou co Rexistrador da Propiedade Xesús Guerra, da casa dese nome en San Miguel de Vila de Mouros.Por varios anos estivo nela ubicado o Rexistro da Propiedade o que fixo que popularmente fose coñecida como Casa de Guerra. Adqurida polo médico forense Álvaro López-Vizcaíno Rodríguez pasou a ser a " Casa de Don Álvaro. E ao ser vendida a edificación co seu xardín e cocheira anexa foi adiacada a albergue de pelengríns baixo o nome de " Albergue Don Álvaro".
CASA NOVOA .- Situación : Rúa Maior nº 12.- Praza da Constitución números 2 e 4- Rúa Conde de Lemos. Alzada no primeiro terzo do século XIX ocupando o soar de varias casas preexistentes, entre elas a de baixo e un andar que fora Cárcere señorial da Vila ( propiedade do Conde de Lemos , por membros da familia Novoa, orixinaria de San Vitoiro de Ribas de Miño ( O Saviñao ). Tiña un amplo patio e unha horta anexa. Nas décadas finais do século XIX foi ocupada polo Batallón de Deposito e o Batallón de Reserva onde prestaban servizo un bon número de ofciais militares. Ao longo do século foi ocupado, entre outras avtividades, polo Bar Español, o Novo Club, unha pastelaría, unha notaría, unha carboaría, unha ferretaría, unha casa de comidas, un mesón, unha chacinaría de tipo familar, un ferrador e nun novo edificio anexo o Hotel Novoa.
CASA DON FRANSCISQUITO.- Situación : Rúa Maior nº 19. No Camiño de Santiago. Nesta casa estivo a escola particular de Rosario Cabada, a Casa Vilaesteva ( casa de comidas , ultramarinos, distribuidora de pensos, gasosas viños e cervexas ), sucesivos bares e casas de comidas.
CASA DO CONCELLO- CASA VAAMONDE.- . Situación Rúa Maior 14- Praza da Constitución nº 2. No Camiño de Santiago. Construída a finais do século XIX segundo proxecto do arquitecto municipal de Santiago de Compostela Daniel García Vaamonde, da familia propietaria, tiña un pombal e un pequeno horto , Foi residencia familiar con curiosa tulla para cobramento de rendas . Ao falecemento de Camilo García Vaamonde herdouna a súa viuva Concepción Ulloa Lois que lla deixou á Orde da Mercé. En 1920, aportando o diñeiro necesario varios veciños podentes da vila que por sorteo e pagamento de intereses polo Concello de Sárria, foi adquirido o edificio para ser Casa Consistorial. No baixo, con entrada pola Praza da Constitución, estivo até 1965 o Xulgado Municipal- Xulgado Comarcal-Xulgado de Distrito e posteriormente o local do Centro Cultural Meigas e Trasgos e as Aulas de Educación de Adultos , e as dúas dependenzas foron, coa formación do primeiro concello democrático ( 1979 ) destinadas a Salón de Plenos. Con obras de fonda remodelación e co enadido dos soares das casas de Rivas e de Luis Yebra, con acondicinamento do andar baixo teito, a Casa do Concello pasou a acoller a maior parte dos servizos administrativos e o cuarteliño da Policía Local. Beira da entrada pola Praza da Constitución está a estatua sedente de Alfonso VIII, rei fundador de Vilanova de Sárria, onde morreu o 24 de setembro de 1230. Para unha desexable ampliación da Casa do Concello foron adquirios a Casa de Pardo, o xardín e o Caseto de Rivas, con fronte á Travesa dos Fornos,
CASA GRANDE DE SÁRRIA- CASA GRANDE DOS SAAVEDRA Situación : Rúa Maior, númrEos 21 a 31 ).- No Camiño de Santiago.Casa brasonada coas armas dos Saavedra, Figueroa, Balboa e outras familias . Foi obra do século XVI cun corpo central de dous andares altos , e a esquerda e dereita outros corpos de baixo e un andar. Tivo pombal e pozo e unha galería ao norte montada sobre columnas no baixo e no andara, ademais de forno conde cocián semanalmete esmola para pobres e unha palleira , cortes, cabalariza e cortellos. No corpo central , ao norte, conserva un amplo arco. A entrada ao patio da casa facíase dende a Ruela ou Viela da Calexa, por camiño propio no que se abría un arco do portón, que aínda se conserva ( Ruela do Arco ).Tiña anexa unha grande superficie cara o norte nos nomeameentos do Pombal, Horta, Os Barredos, O Campiño e o Prado Grande,- Onde agora está a casa número 23 houbo unha capela adicada a San Xosé , propiedade da familia, e tamén había outra , cecais adicada a San Lucas, que estaba no paraxe do Campiño, estrema das parroquias de San Salvadro, Santa Mariña e Maside, que tamén pertencía aos Saavedra. Na década dos anos 1940 a Casa Grande foi dividida en seis casas e os terreos anexos parcelados en soares con fronte ás rúas da Calexa, Rosalia de Castro, Padre Sarmiento , Frei Luis de Granda e Ruela do Barredo - Rúa Andrés Piquero. A edificación primitiva e as casas resultantes albergaron ao longo dos anos actividades varias: Administración do patrimonio familiar , capela, mercearía, bazar, tenda de material fotográfico e estudo artístico, libraría, barbearía, cento recreativo Círculo das Artes, clínica médica, oficinas de Previsión, oficinas municipais temporais, bar, Albergue de Peregrinos ( Bordón da Casa Batallón ), forno, ultramarinos , Pensión Taboada e Albergue de Peregrinos ( Los Blasones ).
HOSPITAL VELLO- CASA DE PUCHE.- Situación: Rúa Maior nº 16. No Camiño de Santiado, Casa brasonada co escudo dos Díaz de Guitián que está na cornixa cara a esquerda, Até o século XVI, finais, estivo ali o Hospital Vello de Sárria, destinado ao acollemento de peleriños, Tiña entrada por portas en arco que daban á Rúa Principal ( agora Rúa Maior ). Tiña capela no interior, da que se conserva a porta en arco que lle daba entrada, ademais dun corpo para as camas de acollida e outro corpo traseiro onde había unha cámara na que estaba un cuarto destinado a acoller aos sacerdotes que paraban na vila facendo noite. Na traseira ten un estreito retallo de horta. Cando deixou de ser hospital, porque ao estar ruinoso foi cando se alzou o Hospital de Santo Antón Abade , acolleu a fundación da Obra Pía creada polo párraco de San Salvador de Sárria Xoán Díaz de Guitián que fixo dotación dunha Tulla para facilitar pan centeo en gra aos labregos pobres e unha institución para " casar doncelas pobres", preferentemente achegadas á súa liña familiar. Actualmemte ten fachada modernista feita na década de 1930 , pasando a ter dúas portas e un escaparante, sendo modificada. con supresión do escaparate e unha das portas para facer unha ampla entrada para garaxe. Ademais dos usos históricos ocuparon a casa un lugar de venda de prensa, unha tenda de cortumes que daba saída aos coiros obtidos na Fábrica de Requeixo ( Maside ) , unha mercearía e unha tenda de tecidos.
CASA GALLEGO.- Situación : Rúa Maior nº 20. Camiño de Santiago.
CASA MARZÁN.- Situación : Rúa Maior números 22 e 24. Camiño de Santiago.
CASA MACÍA.- Situación : Rúa Maior, números 39 e 41. Camiño de Santiago.
CASA MACÍA.- Situación ; Rúa Maior nº 43. Camiño de Santiago.
CASA SERRADOR.- Situación : Rúa Maior nº 45, Camiño de Santiago
CASA YÁÑEZ.- Stuación : Rúa Maior nº 47, Camiño de Santiago.
CASA VERA.- Situación : Rúa Maior . No Camiño de Santiago-
HOTEL ( Casa Cabarcos de Arriba ). No Camiño de Santiago.
CASA CASTRO.- No Camiño de Santiago.
CASA CACHETE( Casa de Armindo ).No Camiño de Santiago
CASA BARÁN.- No Camiño de Santiago
CASA MIRANDA.- ALBERGUE INTERNACIONAL.- No Camiño de Santiago-
CASA DA BOTICA.- CASA DE PEÑA.- No Camiño de Santiago
CASA DE NEIRA ( CASA SOLANCE ).- No Camiño de Santiago
CASA BUXÁN.- CASA PINTOS.- No Camiño de Santiago
CASA SACO.- No Camiño de Santiago
CASINO DE SÁRRIA.- Rúa Maior-Rúa do Murallón. No Camiño de Santiago.
IGREXA NOVA DE SANTA MARIÑA.- Rúa do Murallón-Praza de Xoán María López de Almance- Adro de Santa Mariña. No Camiño de Santiago. Acolle o sartego que contén os restos de Xoán María López de Almance, Párraco Castrense de Sárria, a cuxa testamentaría se debe a construción do novo templo ( 1883 /1885 )-
CASA DA ESTAFETA.- CASA DE QUIROGA .- Rúa Maior - Praciña da Estafeta. No Camiño de Santiago.
CASA DOS CEDRÓN-CASA DE CENTEAIS.- Rúa Maior. Praciña da Estafeta. No Camiño de Santiago.
CASA DO CIRCO.- Rúa Maior- Praza de Bela Vista- Circo antecedente do " Casino de Sárria "
CASA DOS ULLOA.- Rúa Maior- Travesa da Igrexa.( Praza de Bela Vista ) No Camiño de Santiago-
CASA REITORAL DE SANTA MARIÑA.- Travesa da Igrexa. No Camiño de Santiago.
CASA NADAL DE MATÍAS LÓPEZ.- Rúa Maior-Travesa da Igrexa. No Camiño de Santiago. Casa Moreno. Baixo e andar. No baixo porta e "táboa" para actividade de comerzo. Lápida en mármore.
ALBERGUE DE PEREGRINOS.- Rúa Maior. No Camiño de Santiago-
CASA DE FREIXO.- Rúa Maior ( antiga Rúa do Arrabaldo )
CASA CASTIÑEIRA.-
RÚA MARQUESA CASA LÓPEZ
CAPELA DA NOSA SEÑORA DO PERPETUO SOCORRO
RÚA MARQUÉS DE UGENA
CASA DE PAZOS.-
CASA DE DIMAS.- Casa da Marquesa.
CASA ACEVEDO.-
CASAS DE MORENO.-
CASA HOTEL DE VENANCIO VÁZQUEZ - CASA QUIROGA.-
CINE SALÓN.-
CINE CISSA.-
CASA DA CULTURA-ESCOLAS PÚBLICAS
RÚA DO PORVIR
CASA DE BARRIDO.-
CASA DA DULCE ALIANZA.-
CASA DE VENTO
RÚA XELA ARIAS
CAPELA DE SAN LÁZARO
RÚA DA ESTRELA
CASA DE DON FERMÍN
RÚA MATÍAS LÓPEZ
CASA CHALÉ DE BATALLÓN.-
CASA VILLA AURELIA.-
CASA VILLA ANDREA.-
PRAZA DE ABASTOS.-
CASA DE DON AUGUSTO.-
RÚA BENIGNO QUIROGA
CASA DE NULLÁN-CASA DO BARRIO
CASA DE PINTÍN.-
HOTEL VILLA DE SÁRRIA
CASA DE PACIOS.-
RÚA DIEGO PAZOS
CASA DO MALLORQUÍN.-
RÚA DA LIBERDADE
CASA DA ESTACIÓN.-
HOTEL BURGALESA.-
HOTEL ROMA,.
HOTEL .-
CASA DE ZAERA.-
CASA BARREAL.-
CASA GUTIÉRREZ.-
RÚA DO PEREGRINO
MUIÑO DA PONTE RIBEIRA
HOTEL ALFONSO IX.-
RÚA DO TOLEIRO
MUIÑO DO TOLEIRO.- Propiedade da Xunta de Galicia. Foi muiño de auga e nela estivo a Elécrrica do Toleiro que en 1915 deu electricidade a casas da vila en competencia coa Eléctrica Sarriana da familkia Marzán , que a acabou absorvendo.
RÚA FORMIGUEIROS
HOTEL MAR DE PLATA
IGREXA DA NOSA SEÑORA DO ROSARIO.-
PRAZA DE GALICIA
COLEXIO FREI LUIS DE GRANADA
RÚA ANXEL FOLE
INSTITUTO XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SÁRRIA
PISCINA MUNICIPAL
RÚA CASTELAO
CUARTEL DA GARDA CIVIL
INSTITUTO GREGORIO FERNÁNDEZ
PAVILLÓN DE DEPORTES DOS INSTITUTOSS
PARQUE DO CHANTO
EDIFICIO O CHANTO
PAVILLÓN DE DEPORTES MARIO GONZÁLEZ
LAR SOCIAL DE MEIGAS E TRASGOS
Comentarios
Publicar un comentario