SANTA MARIÑA DE SÁRRIA: PROPIETARIOS DE BENS E RENDAS EN 1753 ( 818 )

 SANTA MARIÑA DE SÁRRIA : PROPIETARIOS DE BENS E RENDAS EN 1753 ( 818 )

A parroquia de Santa Mariña de Sárria, en 1753 , na vila de Sárria,  agrupaba 46 casas nos nomeamentos de Santa Mariña (  21 casas ), Adro de Santa Mariña ( 2 casas )  Ferradores (  5 casas ) ,  Calellón ( 4  casas ) , Arrabaldo ( 22 casas ) , Alvareda ( 1 casa ) , A Pedreira  ( 3 casas ) , As Airas  ( 1 casa ) e A Ponte Ribeira ( 5 casas ).

A igrexa romámica de Santa Mariña  é o seu  monumento máis significativa, destanaco ademáis a Ponte de Sárria ou Ponte Vella  ( agora Ponte Ribeira  ) e a Fonte Ribeira , único manantío de augas permanente  da vila de Sárria  até o ano 1920 , cando  se estableceu o servizo municipal  de augas  coa traída con orixe en Rego de Cervos. 

                                                       PROPIETARIOS 

1,.- DON ANTONIO LOSADA.- 1ª.-  UNHA CASA DUN ANDAR  AO SITIO DE SANTA MARIÑA, ten de fronte catorce varas  e de fon dazaoito . Estrema  á dereita   con Diego Gómez  e á esquerda con camiño público. Regulado  o seu aluguer   anual en dez reais de veludo. 2ª.-  A cuarta parte dun ferrado  de hortaliza  , de terceira calidade , ao sitio de TRAS CASA , murada. 3ª.- Aoitava parte dun ferrado  de hortaliza de segunda calidade , ao sitio de CALELLÓN, murada. 4ª.-  Un ferrado  de souto , de primeira calidade, un de segunda   e outro de terceira, ao sitio de LOURATOS, murado. 5ª.-  Un ferrado de semeadura  , de segunda calidade, e outro de terceira  ao sitio de PONTE RIBEIRA. Estrema a Levante e Sur con Xulián Díaz.  Poñente dona Rosa Valcarcee a Norte, murado . 6ª.-  Un ferrado de semeadura , de primeira calidade  , dous de segunda  e tres  de terceira , ao sitio da Ponte . Estrema a Poñente  con Xosé Macía, Norte . Xulián Díaz , Levante e Sur, murado. 7ª.-  Ferrado e medio de segunda calidade , ao sitio de PORTO DA VEIGA ,Estrema a Levante  co río Sárria, Poñente, Norte e Sur, murada, 8ª.-  A oitava parte dun ferrado  de hortaliza, ao sitio da PONTE, murada. 9ª.-  Un ferrado de cortiña de primeira calidade , un de segunda e dous de  terceira ao sitio da CARREIRA , murada. 10ª.- Un ferrado de cortiña de segunda calidade , ao sitio da CARREIRA, murada. 11ª.-  Un ferrado de semeadura  de primeira calidade  e outra de segunda, ao sitio da ALBAREDA . Estrema a Levante con don  Plácido Sarmiento, Poñente Roque Arias , Norte e Sur, igrexario. 12ª.-  Un ferrado de semeadura  de terceira calidade  ao sitio da ALBAREDA. Estrema a Levante  con Roque Arias,  Poñente don Plácido Sarmiento, Norte, Santiago Díaz e  a Sur murada. 13ª.-  Medio ferrado de semeadura , de segunda calidade , ao sitio da ALBAREDA, Estrema  a Levante e Norte con Roque Arias , Poñente don Plàcido  Sarmiento , Norte, Santiago Díaz  e a Sur murada. Gados propios:  Unha vaca de ventre;  unha xovenca de ano e medio  e tres porcos de a ano. Asina: Anonio de Losada Quiroga.

Rendas :  Polas pezas deste asento  percibe: a )  O Convento de Santo Agostiño  da Vila de Sárria corenta e cinco reais de veludo , esmola de misas de aniversario. b )  O Pàrraco desta freguesía  doce reais de veludo , esmola de seis misas, tamén de aniversario, c )  Don Froilán Pallares , veciño da cidade de Lugo , seis ferrados de trigo  por ouservanza  antiga . d )  Don Pedro Cidre de Yebra , veciño de San Pedro de Läncara , tres ferrados de centeo pola mesma ouservanza. e ) A Fábrica da Igrexa de Santa Mariña , un real de veludo por primicia. f )  O Apóstolo  Señor Santiago, medio ferrado de centeo por voto, todas pensións anualmente:  Total :  6 ferrados de trigo (   quilos ), 3 ferrados e medio de centeo (    quilos ) e 58 reais en diñeiro.

......................................................................................................................................................... 

2.- ANTONIO COLOMO.- Gados propios : Dous marranquelos de cinco meses . Asina: Por ausencia,  Mateu de Armesto.

.................................................................................................................................................... 

3.- ALEXANDRE  LÓPEZ.- 1ª.- UNHA CASA  TERREA AO SITIO DA PONTE RIBEIRA, ten de fronte  dezaseis varas  e de fondo seis. Estrema á dereita  coa Ponte Ribeira  e á esquerda  co dono.  Regulado o seu alugar anual  en catro reais  de veludo  2ª.-  A cuarta parte  dun ferrado de hortaliza  de primeira calidade  ao sitio da PONTE RIBEIRA , murada. 3ª.-  Un ferrado de cortiña de primeira calidade ao sitio de OUTARELA. Estrema a Levante  coa freguesía de Vilar de Sárria , Norte Xulián Díaz, Sur  Simón Rodríguez, e  a Poñente, murada. 4ª.-  Medio  ferrado  de semeadura de segunda calidade , ao sitio da CARREIRA . Estrema Norte , don Manuel Pradeda ,  Sur, Andrés Rigueiro, Levante e Poñente , murada. Gados propios:  Unha vaca de ventre, un tenreiro  de oito meses, tres ovellas matrices , dous años de dez meses e cinco porcos de nove meses. Asina: A rogo, Mateo de Armesto.

Rendas:  1.- Polas pezas deste asento percibe o Marqués de Viance , dous ferrados de centeo, un de trigo e vinte e oito reais. 2.- A Fábrica  desta freguesía de Santa Mariña un real de veludo por Primicia, 3.-  O Apóstolo Señor Santiago medio ferrado de centeo por Voto.  Unhas e outras pensións  en cada un ano. Total : 2 ferrados e medio de centeo, un ferrado de trigo  e 29 reais de veludo en diñeiro. 

........................................................................................................................................................... 

4.- ANTONIO LÓPEZ, VECIÑO DE SAN MARTIÑO  DE REQUEIXO.- 1ª.-  Un ferrado de cortiña  de primeira calidade, outro de segunda  e dous de terceira  , ao sitio de FORMIGUEIROS  , murada . ( Finca :  5 ferrados, m /2 ). Asina : a rogo, Mateo de Armesto.

............................................................................................................................................................ 

5ª.- ANTONIO LÓPEZ, VECIÑO DE  SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA.- 1 ª.-   Ferrado e medio  de cortiña de primeira calidade , ao sitio dos LOURATOS , Estrema  a Poñente ,con Pedro Vázquez, Levante, Norte e Sur, murada. 2ª.-  Medio ferrado de souto  de primeira calidade  ao sitio dos LOURATOS, Estrema a Poñente co Dono, Norte Pedro Vázquez ,  Levante e Sur , murado . ( Fincabilidade :  2 ferrados ( m /2 ). Asinado: a rogo Mateo de Armesto.

Renda: Por virtude  dúas pezas  percibe en virtude de foro  don Xosé de Armesto  de San Salvador da  Vila de Sárria  seis ferrados de centeo. Total: 6 ferrados de centeo.

............................................................................................................................................................... 

6ª,. ANDRÉ RIGUEIRO, VECIÑO DA FREGUESÍA  DE SAN MARTIÑO DE REQUEIXO.- 1ª.- Un ferrado de  semeadura de primeira calidade , ao sitio da CARREIRA,  estrema a Norte  con don Manuel Pradeda, Sur , Xosé Teijeiro, Levante e Poñente, murada. Finca : 1 ferrado ( 628,76 m/2 ). Asinado: a rogo Mateo de Armesto.

Renda : Por esta peza  percibe o Marqués de Viance  dous ferrados de centeo  por foro, anualmente .Total:  2 ferrados de centeo.

............................................................................................................................................................... 

7ª.- BARTOLOMEU DE ULLOA.- 1ª.- UNHA CASA  DUN ALTO AO SITIO DE FERRADORES, ten de fronte doce varas  e de fondo sete. Estrema á dereita con camiño público  e á esquerda con dona Lucrecia Valcarce . Regulado o seu aluguer anual  en sete reais de veludo. 2ª.-  A cuarta parte dun ferrado  de hortaliza  de segunda calidade , ao sitio de TRAS AIRAS , murada.  Gados propios :  Tres porquiñas  de cinco meses  e un marranquelo do mesmo tempo. Casa :  12 varas X 7 varas ( 84 varas cadrados  ).  Finca :  1 / 4 de ferrado. Asina:  por ausencia Mateo de Armesto.

Renda:  Por estas dúas pezas percibe  o Convento de Santo Agostiño desta vila dazaoito reais de veludo  por foro anual.

Nota:  Na actualidade é á casa nº...... da Rúa Maior, mo espazo coñecido como Praza de Vista Alegre. Coñecida como Casa dos Ulloa,  nalgún tempo popularmente chamada Casa do Cura

 de  Barán  ou Casa das  Arsenias, foi herdada  pola Orde da Mercé á morte de dona Concepción Ulloa Lois, última posuidora da  familia Ulloa, estabñecida en Sárria a mediados do século XVIII ) 

................................................................................................................................................................. 

8ª.- BENITA PARDO.- 1ª,. UNHA CASA TERREA  AO SITIO DE SANTA MARIÑA , ten de fronte cinco varas  e de fondo vinte e catro. Estrema  á dereita con don Lucas Somoza , e á esquerda con don Xoán de la Vega . Regulado o seu anual en seis reais de veludo , 2ª.-  A oitava parte dun ferrado de hortaliza , de segunda calidade , ao sitio de TRAS CASA , murada.  Gados propios :  Unha porca de ventre,  tres recos dun mes, outro porco dun ano.  Casa: 5 varas X 24 varas  ( 120 varas cadradas ( m/ 2 ), Finca ,  1 / 8 de ferrado m/2. Asiina. Por ausenca; Mateo de Armesto.

Renda  : 1.- Por estas  dúas pezas   e máis que ten na  freguesía  de Maside  e outra  na de San Salvador de Sárria , percibe o Hospital de Santo Antón Abade  desta dita  Vila  vinte e dous reais  de veludo. 2.-  Don Lucas Somoza , veciño de San Martiño de Laiosa, ferrado e medio de centeo, 3.-  Antonio Arias, veciño de Santiago de Barbadelo , un ferrado de centeo . Total. 2 ferrados e medio de centeo   e 22 reais de veludo en diñeirol

.................................................................................................................................................................. 

 9ª.- BERNARDO RIVERA,  VECIÑO DE SAN MARTIÑO DO FONTAO..1ª,. UNHA CASA TERREA AO SITIO DO ARRABALDO , ten de fronte catri varas  e de fondo seis .Estrema á dereita con  Pedro Vázquez e á esquerda  con Xoán Teixeiro  Regulao seu aluguer anual en  un real de Veludo. Casa : 4 X 6 varas ( 24 varas cadradas , 25, 96 m/2 ) Asina : Rivera.

............................................................................................................................................................. 

10ª.. CRISTOVO RIVAS, VECIÑO DA FREGUESÍA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA .- 1ª.- A oitava parte dun ferrado de hortaliza de segunda calidade ao sitio de FORNOS , murada , 2 ª.- Un ferrado de cortiña  de primeira calidade ,dous de segunda  e dous de terceira , ao sitio do CHAO, murada.Asinada : Mateo de Armesto. Fincas : ( 5 ferrados e 1 /8 . 3.222,39 m/2 )

................................................................................................................................................................  

11 ª.-  CLARA MÉNDEZ, VECIÑA DA FREGUESÍA DE SANTIAGO DE FARBÁN.-  Medio ferrado de cortiña  de primeira calidade  e ferrado e medio  de segunda ao sitio do CHAO, Estrema  a Levante e Sur  con Domingos Díaz, Poñente, don Francisco  Armesto  e a Norte, murada,. Asinado : Mateo de Armesto. Finca:  2 ferrados, 1.257,52 m/2.

............................................................................................................................................................. 

12 ª.- DIEGO VARELA.. 1ª,. UNHA CASA  DE UN ALTO AO SITIO DO ARRABALDO,  ten de fronte oito varas  e de fondo quince, Estrema á dereita con  Domingos López e á esquerda con Xosé Teixeiro, Regulado o seu aluguer anual en oito euros. 2 ª.-  A oitava parte dun ferrado de hortaliza de segunda calidade  ao sitio de TRAS CASA ,murada.  Gados  ;  Dous recos de a seis mesesAsina: por ausencia Mateo Armesto ) Casa : 8 varas X 15 varas  ( 120 varas cadradas, 129,79 m/2 ). Finca ; 1 / 8 de ferrado, 78,59 m/2.

Rendas ;  Por estas dúas pezas  percibe o Hospital de Santo Antón Abade  desta Vila  vinte e catro reais de veludo .2.- A Fábrica da Igrexa  da dita freguesía  un real de veludo  por Primicia, anualmente, Total :  25 reais en diñeiro.

............................................................................................................................................................ 

 13ª.- DIEGO GONZÁLEZ ROBINOS.- 1ª.- UNHA CASA DUN ALTO AO SITIO DE SANTA MARIÑA , ten de fronte catro varas  e de fondo catorce . Estrema á dereita con don Lucas  Somoza  e á esquerda con  don Antonio Losada . Regulado o seu aluguer anual en seis reais de veludo. 2 ª.- A dazaseisava parte  dun ferrado de hortaliza  , de segunda calidade, ao sitio  de TRAS CASA , murada.  Gados propios :  Cinco marranquelos de  a seis meses . Casa: 4  varas X 14 varas ( 56 varas cadradas, 60,57 m/2 ). Finca : 1 /16 de ferrado: 39,30 m/2. Asina : por ausencia, Mateo de Armesto.

Rendas :  1.-  Polas pezas deste asento  percibe o Convento de Santo Agostiño dazaoito reais de veludo  po ouservanza antiga, 2.- Don Lucas Somoza, veciño de San Martiño de Laiosa, trece reais de veludo pola mesma razón. 3.- A Fábrica da Igrexa da dita freguesía  un real de veludo  por Primicia,todas pensións anualmente. Tota: 30 reais de veludo en diñeiro.

............................................................................................................................................................. 14 ª. -DOMINGOS LÓPEZ, DA PONTE RIBEIRA.- 1ª.- UNHA CASA DUN ANDAR AO SITIO DA PONTE RIBEIRA, ten de fronte  dez varas e de fondo  seis ,estrema  á dereita con Francisco López e á esquerda con camiño publico. Regulado o seu aluguer anual en seis reais de veludo. 2 ª.- OUTRA CASA TERREA AO MESMO SITIO DA PONTE RIBEIRA, estrema  á dereita co Dono   e á esquerda con camiño publico. Regulado o seu aluguer anual en  un real de veludo. 3ª,.  Un ferrado de semeadura  , de primeira calidade , ao sitio da FONTE,  Estrema a Poñente  coa freguesía de Vilar de Sárria , Norte e Sus, Francisco López  e a Levante , murada. 4ª.-  Un ferrado de cortiña de segunda calidade  ao sitio do BARREDO . Estrema a Poñente, Norte e Sur co Dono  e a Levante, murada. 5ª,. Sete ferrados de semeadura  , de terceira calidade , ao sitio do BARREDO . Estrema  a Levante e Sur co  Dono, Poñente e Norte, murada. 6ª.-  Dous ferrados de monte  , de primeira calidade, ao sitio dos BARREDOS . Estrema a Levante co Dono , por Poñente, Norte e Sur, murada, 7ª.-  Ferrado e media de devesa , de primeira calidade, ao sitio de BARREDOS . Estrema a Norte  co Dono,   Levante, Poñente e Sur , murada, e outro  medio de segunda. 8ª.-  Un ferrado de souto  de primeira calidade , ao sitio dos BARREDOS,  murado. 9ª.-  Un ferrado de cortiña, de primeira calidade , ao sitio dos BARREDOS, murado. 10ª.- Tres ferrados  de segunda calidad , ao sitio do CHAO. Estrema  a Levante con Domingos Díaz, Poñente, Francisco López , Norte, don Francisco de Armesto, e a Sur , murada. 11ª.-  Un ferrado de semeadura  de primeira calidade, outro de segunda  e outro de terceira  ao sitio do PEDREGAL . Estrema Levante e Poñente con Domingos Díaz, Sur, Francisco López  e a Norte, murada . 12 ª.- Un ferrado de semeadura , de primeira calidade, catro de segunda  e outro de terceira m ao sitio do PEDREGAL, Estrema a Poñente   con Francisco López , Levante, Norte e Sur, murada. 13 ª,.  Medio ferrado de devesa, ao sitio do ALBAREDA . Estrema a Levante con Roque Arias, Poñente don  Plácido Sarmiento , Norte, Santiago Díaz ; e  a Sur, murada, 14ª,.  Un ferrado de souto   de segunda calidade   e outro de terceira  ao sitio da AMIEIRIZA .Estrema a Norte co Dono ;  Levante, Poñente e Sur,  murado. 15ª,-  Un ferrado de prado  sequeiro  , de  primeira calidade .Estrema a  Sur  co Dono, Levante, Norte e Poñente ,  murada, 16ª,.  A cuarta parte dun ferrado   de prado sequeiro, ao sitio da PORTA  , murada, 17ª,.  Un ferrado de cortiña  , de segunda calidade ,  ao sitios das RIBEIRAS. Estrema a Levante,, Norte e Sur, con Franxisco López e  a Poñente , murada,  18ª.-  A cuarta parte   dun ferrado de hortaliza  de primeira calidade, ao sitio das RIBEIRAS , murada, 19ª.-  A cuarta  parte dun ferrado   de semeadura de segunda calidade e outro de terceira , ao sitio da CARREIRA . Estrema a Poñente  con André Rigueiro  , Norte, FranciscLópez, Levante e Norte,  murada, 20ª.-  Ferrado e media   de cortiña  de primeira calidade . ao sitio das AIRAS . Estrema   a Norte, Domingos Díaz  , Sur, Francisco López, Levante e Norte, murada.21ª.-  Un ferrado  de cortiña de segunda calidade  e outro de terceira  ao sitio das AIRAS , estrema a Norte  con Francisca  López, , Sur, Domingos Díaz, Levante e Norte, murada . 22ª.-  A oitava parte dun ferrado  de  hortaliza, de primeira calidade , ao sitio das AIRAS. 23ª.-  A dazaseisava parte du ferrado   de hortaliza,  de segunda calidade, ao sitio  das AIRAS , murada. 24ª.-  Un ferrado de semeadura de segunda calidade ao sitio da PONTE . Estrema a Poñente   coa freguesía de Vilar de Sárria  , Norte Francisco López , Sur , Xosé Macía , e a Levante,  murada. Gados propios :  Dúas vacas de ventre,  Dous bois de arada. Un tenreiro  de nove meses.  Cinco ovellas matrices.,  Tres añas de once meses.  Unha porca de ventre, Tres  prcos dun ano e dous de seis mesea. Asina; A rigi, Mateo de Armesto, Casa : Fincabilidade . 

Rendas : 1.- Polas pezas  deste asento , percibe o Doutoral  da Santa Igrexa de Lugo e Arcediago de Sárria  dezaseis ferrados de centeo por foro. 2.-  A Obra Pìa dos Guitián  desta vila oito ferrados   de centeo e medio  leitón   cebado tamén por foro. 3.-  Don Lourenzo Pardo, veciño de Santa María Madalena de Sbarei,  tres ferrados de centeo por ouservanza antiga. 4.-  Don Baltasar Valcarce  , veciño de San Mamede  de Mañente  , tres ferrados   de centeo  pola dita ouservanza, 5,. O Párraco desta freguesía   un ferrado de centeo  pola dita ouservanza, 6.-  O Párraco de San Salvador   da dita Vila  vinte ferrados  de centeo   por foro. 7.-  A Fábrica   desta freguesía   de Santa Mariña  , un real de veludo por  Primicia  , 8.- O Apóstolo  Señor Santiago , medio ferrado por voto, todas pensións anualmente, TotaL  51 ferrados e medio de centeo ( quilos ),  medio porquiño leitóm  e  1 real de veludo en diñeiro.

Nota :   Esta casa   e a maior parte dos seus bens eran do dominio direito do Arcediago de Sárria , dende a Idade Media, xa que as casas e lugar  da Ponte ( Ponte de Sárria e Ponte Ribeira  )  naceron antes da fundación da Vilanova de Sárria,  estando unha boa parte da fincabilidade entre o río Sárria. Ribeira dos Cucos .Castreliño da Nogueia e O Chao da Viña

 .............................................................................................................................................. 

15 ª .-  DOMINGOS LÓPEZ, DO ARRABALDO

................................................................................................................................................... 

DOMINGOS LÓPEZ QUIROGA , DO CALELLÓN

DOMINGOS ARES

DOMINGOS LÓPEZ SANTOS

DOMINGOS GONZÁLEZ,  VECIÑO DE SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA

DON DOMINGOS  QUIROGA, VECIÑO DE  SANTA MARÍA DE PIÑO

DOMINGOS DÍAZ,  VECIÑO DE SANTIAGO DE FARBÁN 

A EXCELENTÍSIMA  CONDESA DE LEMOS, COMO MARQUESA DE SÁRRIA

FRANCISCO LÓPEZ " ROXO"

FRANCISCO FRANCO

DON FRANCISCO ILLANES,  VECIÑO DA FREGUESÍA DE SAN COSME DE FIOLLEDA

DON FRANCISCO DE ARMESTO,  VECIÑO DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA

DON GASPAR VALCARCE, VECIÑO DE SANTALLA DE TOIRIZ

GREGORIO LÓPEEZ , VECIÑO DE  SANTIAGO DE FARBÁN

INÉS FERNÁNDEZ, VECIÑA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA

DON XOSÉ DE LA PEÑA

XOSÉ TEIXEIRO

XOSÉ MACÍA

XOSÉ LÓPEZ  DE ARMESTO

XOSEFA FERNÁNDEZ

DON XOÁN  DE PRADEDA

DON XOÁN DE NEIRA

XOÁN TEIXEIRO

XOÁN FERNÁNDEZ

XOÁN MANUEL QUIROGA

XULIÁN DÍAZ GUITIÁN

DON XOSÉ ARMESTO  , VECIÑO DE SAN SALVADOR DA VILA DE SÁRRIA 

DON XOÁN DE LA VEGA , VECIÑO DE SAN PEDRO DE MASIDE

DOÑA LUCRECIA VALCARCE

MANUEL DE CASTRO

MANUEL LÓPEZ

MANUEL GARCÍA

MANUEL LOUREIRO

MIGUEL QUINTEIRO CARRAL

MIGUEL LÓPEZ

MARÍA LÓPEZ

MARÍA GONZÁLEZ

DON MANUEL CEDRÓN , VECIÑO DE SAN PEDRO  DE FARNADEIROS

DON MANUEL PRADEDA , VECIÑO DA FREGUESÍA  DE SAN SALVADOR DE SOUTOMERILLE

DON MANUEL DE MONTEAGUDO  , VECIÑO DA FREGUESÍA   DE SAN SALVADOR DA VILA DE SÁRRIA

DONA MARÍANA  ROSA SACO , DE SAN SALVADOR DA VILA DE SÁRRIA

MARIA LÓPEZ , VECIÑA DE SAN SALVADOR DA VILA DE SÁRRIA  

DON PLÁCIDO SARMIENTO

PEDRO VÁZQUEZ

PEDRO DÍAZ

DON PEDRO ISIDRO DE YEBRA, VECIÑO DE SAN PEDRO DE LÁNCARA

PEDRO LÓPEZ  DO PORTO DA VEIGA , VECIÑO DE SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA 

DOÑA ROSA VALCARCE

ROQUE ARIAS,  VECIÑO DE SAN PEDRO DE MASIDE

SANTIAGO DÍAZ 

SANTIAGO DÍAZ " FLORIDO"

SIMÓN   RODRÍGUEZ,  DE SAN MARTIÑO DO FONTAO 

Dª  TEREIXA PRADEDA

TOMÉ DÍAZ

EMOLUMENTOS DO COMÚN .- Monte no Campo do Rolo.

O antigo Monte Común de Santa Mariña de Sárria ,  finalmente coñecido como " Devesa de Pepe" ou " Devesa da Ponte Ribeira" é o espazo  delimitado pola Praza de Galici, Rúa Anxel Fole  e  Rúa do Peregrino  ocupado   polo Colexio de Ensino Primario " Frei Luis de Granada", antiga Escola Fogar e Escola Infantil, e casas e terreos particulares., no desaparecido nomeamento das Pedredas.

........................................................................................................................................................... 

                                     OS TOPÓNIMOS  DA PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA

Fincabilidade .- Adro.- Adro de Santa Mariña.- Aira.- Aira Vella.- As Airas.- Albareda.- Albarediña.- A Amieiriza .-Baixo das Casas.- O Barredo.- Os Barredos.- Calellón.- O Caneiro.- Carnecerías.-  Carreira.- Carreira de Santa Mariña.- O Casarón.- Castiñeiros.-   O Chao.- A Costa.- A Cruz.- A Devesa.- Ferradores.-  Fornos.- Igrexario .- Os Louratos .- Outarela .-Os Outeiros.-  As Pedredas.- O Pedregal.- O Pombal.-O Pombal Vello.-A Ponte.- Ponte Ribeira.- A Porta.- Porto da Veiga.-  Rego da Lama.- As Ribeiras.- O Toleiro.- Tras Airas.- Tras  do Adro.- Tras Casa.- Tras Forno.-Vales.-  A Xesteira.....

Camiño de Triacastela.- Castreliños.- Corga da Albareda.- Corga do Forno.- Corga da Ponte Ribeira.-  Corga de Vales.- Costa de Santa Mariña.- Cruz de Pradeda.-  Fonte das Augas Ferras.- Marco de Outarela.-  Marco do Pombal Vello.-Fonte Ribeira.- Ponte de Sárria.-  Portela da Lama da Gándara.- A Poula.-  Ribeira dos Cucos.- Ribeira das Amieirizas.-  

 

 

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares