AUGAS DE CÉLTIGOS.- BALNEARIO DE CÉLTIGOS (828 )
AUGAS DE CÉLTIGOS - BALENARIO DE CÉLTIGOS ( 828 )
1919
CÉLTIGOS
AUGAS MINEIRO-MEDICIONAIS DE CÉLTIGOS.- BICARBONATADO SÓDICAS, SILICATADAM CLORUDADO SÓDICAS, SULFHÍDRICAS, FLUORURASM LITÍNICAS , DADIOCTIVAS.
TEMPERATURA DO MANANCIAL 19º 9º C. CAUDAL : 18 LITROS POR MINUO-
TEMPORADA OFICIAL DE 1 DE XULLO A 20 DE SETEMBRO
Aos enfermos e aos médicos
O coñecemento das augas de Céltigos arranca da prenoción vulgar , é puramente empirico en principio. De moi antigo viñan notándose s curacións por elas que sosprendían . O Doutor D. Nicolau Taboada nunhs obra, " Hidrología Médica de Galicia", Madrid, 1877, enomiaas como magnífica fonte de saúde. Nos nosos primeiros anos oiamos loaas, mesmo aos médicos, e o mesmo pai dicía : "Ese Céltigos é unha xunqueira e ten mérito". Foi xenial , sen dúbida, a intuición do pai dos actuais popietarios , D, MANUEL VIVERO , ao denuncialos e soster teimudo un pleito costoso por esas augas . No pobo de Céltigos recordan aínda o que decía delas o ex-Presidente da República Española don NICOLÁS SALMERÓN, cando se curou na xunqueira ou "POZA DAS CALDAS ", hoxe pisciao Exército .
Os eczemas que curou esa fonte son innumerables , polo que vai resultando da historia de Céltigos.
Non ían as nosas aficións clínicas, en principio, pola Hidroloxía. Despois do servizo ao Exército , estudos da Faculdade e exercizo profisional , voltamos a Galicia e abrimos clínica temporal na casa nadal, pero de Céltigos, e o 1911, por razón sen dúbida de proximidade ás augas, fumos convidados a dirixilas, continuando até a actual tempada de 1919 , sen interrupción.
Inicialmente vacilamos en aceptar este cometido , por varias razóns, entre outrasn ae que Céltigos non tiña construción balnearia, se se exceptúa o taboado que fai circundo ás augas e aisla as piscinas de ambosdous sexos e o manancial. aMais o creto tradicional de que viñan rodeadas, os casos clínicos que coñeciamos e outras da nosa particular clentela curados alí , e o excelente da súa composición química descoberta pola analise , nos fixeron treflexionar.
O " quid ignotum " das fontes mineiro-medicinais de España , tan rica nelas que no a aventaxa o estranxeiro , é determinar clínicamente o xenio propio de cada fonte m é decir , a súa finalidade terapéutica , a súa especialización , como din nun traballo presentado ao XIV Congreso Internacional de Médicos direitores de baños , os Doutores Aleixandre e o malogrado amigo e condiscípulo Arturo Pérez Fábregas ( Reseña de los principales balnearios de España, Madrid, ) . Din estes eminentes médicos na introdución da obra citada, páxinas 21 e 22.
Todos os estudos hidrolóxicos que se realizaron nestes últimos tempos converxen a unha fin determinada , que non é outra senón averiguar , descobrir a acción especial das augas minerais nas nosas doenzas. As investigacións da súa composición química , a observación clínica, o coñecemento das accións fisiolóxicas e terapéuticas, destes axentes; todos os estudos que á auga se refiren , como aos diferentes medios con que aplicalas ; o coñecemento das condicións climatolóxicas das estacións termais, e todas as demais circunstanzas que as arrodean , tenden a procurar e obter determinadas, e , se é posible, exclusivas indicacións. E así como na terapéutica a aspiración de sempre é achar médicamente ebspecíficos, de igoal maneira a Hidroloxía médica procurou e conseguiu en moitas das súas fontes determinar a súa " especialización " para unha doenza determinada ou para grupos depadecementos. Non foi nin é cousa doada chegar ao coñecemento da verdadeira " especialización " de cada auga , como si o foi para achar a pertencente aos "gruoos taxonómicos ": foi necesario para coñecer a individualidade terapéutica hidrolócica sumar o estudo químico duha auga coa observación clínica científica : e isto conseguiuse nalgunhas fontes minerais b e irase conseguindo noutras con grande paciencia e meditación....
O labor químico en Céltigos polo dagora está feito , e figura no cadro da súa composición ( análise polo Doutor Llord ) que inseraremos a continuación , seguido das indicacións terapéutias das augas-
O labor clínico que integre o recto xuizo da dita " especializacíón " han de dala cantos médicos comproben coa observacióndos seus efectos , e os enfermos-
Nós como encargados algúns anos das ditas augas, aparte os deberes para cos doentes e para co Estado e demais entidades , procuramos obter e anotar cantos datos puidemos adquirir dos 5.000 bañistas , que nos últimos anos concorreron a Céltigos , entre pobres e non pobres . Entendiamos , e esta foi a razón principal da nosa aceptación da dirección médica das augas , que era un ideal patriótico e recoller cantos datos fora posible en clínica para para fixar dunha maneira imparcial o concepto de especialización das mesmas. A ese fin gardamos até dagora silenzo e fumos nos libros de cada tempada, consinuando os feitos patolóxicos e terapéuticos que observamos. Nos libros das temadas constan referidos dunhas a outras por ver se se podía desta maneira embastar a marcha e historia de cada padecemento en relación coa acción das augas-
Ese estudo merecerá un libro que non creo sexa tempo de escribir até xuntar maior número de obseevacións . Cecais nel se poida decir algo tamén do nexo que haxa entre algunhas doenzas da pel e as nervosas, capítulo dabondo escuro da Patoloxía-
Por hoxe limitarémonos a unha información simple e fundamental do que son as augas de Céltigos e daremos unha relación dos principais efectos que se viron na tempada de 1918 e o resultado terapéutico até dagora coñecido deixando os das anteriores para un vindeiro estudo que seguirá ao presente.
Temos no noso poder xa testemuños de moitos médicos prácticos que nos ilustran a prol dos efectos que ouservaron nos seus enfermos que usaron as augas , e agardamos que , coa axuda de todos os que senten amor aos seus enfermos e o sagrado da patria, suplirán o que falta ás nosas faculdades para fixar o concepto clínico dun veneiro medicinal complexo e que, polo que resulta do sabido até dagora , é importante e operou e operará o ben de moitos pacentes.
É de tal identidade o fixar polo modo clínico o xuizo que merezan unhas augas mineiro-medicinais , que sen el non é posible da mesma maneira ofrecer garantías suficientes o capital para afluia e facilite grandes construcións balnearias. Cecais tamén por esa razón fundamental non adiantaron máis as melloras e comunicacións de Céltigos , por máis que no fondp deste último hai inconsciencia por uns einxustiza por outros,
O erro nace de que o indiferantismo e as pasións privadas prtenden algunhas veces afogar o interese xeral e iso non será progreso nunca,
Vigorizar por todos os medio, física e moralnente, o cidadán , será sempre e patriótico, As augas minerais que son medicinais son grande factor no rexurdir das enerxías de España,
Melloralas , vulgarizalas é un ben,
RICARDO NÚÑEZ
********************************************************************************
AUGAS MINEIRO-MEDICINAIS DE CÉLTIGOS
Pertence
******************************************************************************
AUGAS MINEIRO.MEDICINAIS DE CÉLTIGOS
TEMPADA DE 1918
DIAGNÓSTICO ( Resultados )
1.- Eritema mans ( 1 curado ) 2.- Herpetismo ( 1 , resultado ignorado ). 3.- Dermatose vesiculosa , fronte ( 1, resultado ignorado ). 4.- Varices perna esquerda ( 1, resultado ignorado ). 5.- Eczema , perna e brazos ( 1 curado ). 6.- Úlcera varicosa, perna ( 1, resultado ignorado ). 7.- Ülcera, perna ( 1 curado ). 8.- Escrofulismo ( 1 mellorado ). 9.- Eczema, mans ( 1, resultado ignorado ). 10.- Eczema, cara ( 1, resultado ignorado )
Comentarios
Publicar un comentario