SÁRRIA : AS FAMILIAS " PALLARES" NA VILA E A COMARCA ( 483 )
SÁRRIA : AS FAMILIAS " PALLARES" NA VILA E A COMARCA ( 483 )
O apelido PALLARES orixinariamente, xa na Idade Media, indica procedencia xeográfica referida á Teeea de Pallares , denominación que pervive no nome do concello lucense de Guntín de Pallares. Na parroquia de Baamorto , do concello de Monforte de Lemos, hai un lugar que responde ao nome de " Pallares" e no concello de Montemolin ( Badajoz ) hai unha aldea tamén chamada " Pallares". A terra e lugar existetes na provincia de Lugo son sen dúbida a orixe dos Pallares galegos.
1.- SÁRRIA: PALLARES OS FORNOS DE ATRÁS E DA RÚA MAIOR
FORNOS DE ATRÄS ( SAN SALVADOR DE SÄRRIA )
ANTONIO PALLARES CARROZAS casou con MANUELA VARELA LÓPEZ , e tiveron por fillos a : 1.- María , 2, Adriana, 3.- Concepción, 4.- Adoración, 5.- Antonio , 6.- Pilar PALLARES VARELA.
RÚA PRINCIPAL / RÚA MAIOR
FAMILIA GARCÍA PALLARES
XOANA PALLARES CARROZAS casou con MARIANO GARCÍA PÉREZ, e tiveron por fillos a : 1.- Delfina , 2.- Concepción , 3.- Xosé , 4 .- Pedro, 5.- Elisa, 6.- Manuel GARCIA PALLARES.
FAMILIA CASTRO VILARO
1.- TOMÁS CASTRO PRADO ( Lugo, * 1866, + Sárria ) casou de primeiras nupcias con BALBINA NEIRA DARRIBA. matrimonio do que foi froito: 1.- Amador CASTRO NEIRA,
2.- TOMÁS CASTRO PRADO como froito das súas segundas nupcias con FRANCISCA VILARO ,tivo por fillos a : 1.- Tomás , 2.- Carme , 3 .- Amalia , 4,- Antonio, 5.- Valentín, 6.- María CASTRO VILARO.
.............................................................................................
***NOTA : A Estrada de Samos, chamada Avenida Alfonso XIII, Rúa da Liberdade, Avenida da República Rúa José Calvo Sotelo , e agora Rúa da Liberdade foi aberta na década final do século XIX, con orixe na Estación do Ferrocarril de Sárria para por Samos seguir a Pedrafita do Cebreiro cun ramal polo Incio á Pobra do Brollón ).
Nesa estrada con treitos urbáns en San Salvador e Santa Mariña de Sárria as primeiras casas que se alzaron xorden entre 1896 e 1910. Unha delas foi a destinada por Tomás Castro Prado para instalar un forno ( FORNO DE TOMÁS ) a quen seguiron na actividade o seu fillo TOMÁS CASTRO VILARO e a súa neta MARÍA CASTRO LÓPEZ A casa e o frno anexo foron derrubados e no soar alzaron a casa sinalada co número 100 da Rúa da Liberdade ).
TOMÁS CASTRO VILARO casou con MARÍA XENOVEVA LÓPEZ DÍAZ, e tiveron por fillos a MARÍA CASTRO LÓPEZ E TOMÁS CASTRO LÓPEZ
a : MARÍA CASTRO LÓPEZ que casou con MATEO ROBLES PEREZ, e tiveron por fillos a : 1.- MARÍA SOCORRO ROBLES CASTRO. 2.- MARÍA TERESA ROBLES CASTRO. 3.- ANTONIO ROBLES CASTRO
b ; TOMÁS CASTRO LÓPEZ , que se estableceu na Republica Arxentina, casou SUSANA ALEXNDRA LÓPEZ, e non tiveron descendenza.
..............................................................................................................................................................
ENTRONCAMENTO DOS GARCÍA ( PALLARES ) COS CASTRO VILARO ( Rama familiar que herdeou a denominación " Pallares" na actividade " Forno de Pallares ) Establecemto na Rúa Matías López, en 1928
MANUEL GARCÍA PALLARES casou con MARÍA CASTRO VILARO e tiveron por fillos a : 1.- XOSÉ GARCÍA CASTRO 2.- RAFAEL GARCÍA CASTRO 3.- FRANCISCO GARCÍA CASTRO 4.- MARIANO GARCÍA CASTRO 5.- XESÚS GARCÍA CASTRO. 6.- MANUEL GARCÍA CASTRO
FRANCISCO GARCÍA CASTRO casou con MARÍA CARMEN CONDE GÜISAN, e tiveron por fillos a FRANCISCO GARCÍA CONDE e MARÍA CARMEN GARCÍA CONDE
MARIANO GARCÍA CASTRO casou con MARÍA MAO , e tiveron por fillos a MARIANO GARCÍA MAO e PEDRO GARCÍA MAO
( Liña do Forno / Panadaría " Pallares ·)
Con actividade na Rúa Matías López
XESÚS GARCÍA CASTRO casou con LEONOR PIÑEIRO, e tiveron por fillos a MARIA DELFINA e MARÍA PILAR García Piñeiro
MARÍA PILAR GARCÍA PIÑEIRO casou con XABIER FERNÁNDEZ VILARO e tiveron unha filla chamada ANTÍA FERNÁNDEZ GARCÍA.
........................................................................................................................................................
AS FAMILIAS PALLARES DA VILA DE SÁRRIA EN 1889
NA CASA Nº 35 ( antigo ) DA RÚA MAIOR VIVÍAN AS SEGUINTES FAMILIAS
Cabeza de Familia_: MARIANO GARCÍA PÉREZ , alférez do Exército, natual de Noves ( Toledo ). nado o 21.07.1851 , casado con XOANA PALLARES CARROZAS, nada en Sárria o 27.11.1857. Fillos, nados todos en Sárria : XOSÉ GARCÍA PALLARES ( 21.11.1884 ); CONCEPCIÒN GARCÍA PALLARES ( 21.07.1886) ; PEDRO GARCÍA PALLARES ( 25.08.1887 ) ; ELISA GARCÍA PALLARES ( 21.12.1888 ). Convivía coa famiia Francisca Requejo Fernández ( Aián- Samos ) . 21.10.1872 ( posiblemente criada )
....................................................
PEDRO PALLARES QUIROGA : Xornaleiro, nado en Sárria . o 24.05. 1829 e DORES PALLARES, nada en Sárria o 11.04.1845.
********************************************************************************
.......................................................................................................................................................
2.- Outros PALLARES asentados na vila de Sárria-
.......................................................................................................................................................
3.- OS PALLARES DE SANTA MARÍA DE VILAMAIOR
.......................................................................................................................................................
4.- OS PALLARES DE SAN MIGUEL DE PARADELA
.......................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario